Portal do comerciante Galego - A rede REDIC
Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Que é a rede REDIC?

 

A Rede de Dinamización Comercial, é un instrumento mediante o cal, a Xunta de Galicia, está impulsando o proceso de modernización e ordenación do comercio local.

A estrutura descentralizada da REDE  REDIC permítenos achegar a actuación administrativa a unha alta porcentaxe dos usuarios, facilitándolles un interlocutor especializado e converténdose así en nexo de unión permanente entre os comerciantes, as súas organizacións representativas e a Administración.

Igualmente, a REDE REDIC é un compoñente básico de cooperación entre a administración local e autonómica, o cal permite unha actuación coordinada de cara ao desenvolvemento de políticas proactivas que procuren o desenvolvemento da actividade comercial local.

Por iso a REDE REDIC, a través do coñecemento especializado e das ferramentas adecuadas, está capacitada para prestar asesoramento e apoio técnico, tanto ás propias corporacións locais, en canto ás decisións que teñen que adoptar en relación co sector, como o conxunto do tecido comercial de cada localidade, xa sexa nos procesos de modernización das PEMES, na renovación e desenvolvemento comercial dos centros urbanos, así como na consolidación de espazos urbanos comerciais de preferente uso peonil ou en ampliación e reforma da estrutura física dos equipamentos comerciais colectivos.

Co obxecto de interactuar directamente co sector comercial considérase a necesidade de estar presente nas redes sociais co fin de confluír sinerxias e comunicar toda a actualidade comerciar, así como tamén consellos, técnicas e utilidades relacionadas co sector.