Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

A Vida do Mercado

 

"A Vida no mercado" é unha serie documental que consta de trece capítulos nos que se narra a historia de distintas prazas de Galicia. Con esta serie documental, pódese coñecer todas as peculiaridades do mercado de onte coa vangarda do presente.

Entrar e percorrer prazas e mercados como espazos físicos onde latexa a vida das vilas e cidades galegas, para compartir a realidade dos que aman profundamente os produtos da terra cos que traballan, é o propósito de "A vida do mercado".   

Esta serie documental deixa falar os auténticos protagonistas que conviven nestes espazos e que conteñen o sentimento de cada mercado, nun universo vital moi variado que conforman unha peixeira, un carniceira, unha froiteira, un panadeiro ou unha florista, así como xente que traballa en postos auxiliares, como limpadores, administrativos, conserxes, sen perder de vista os clientes que forman parte da vida do mercado, que tamén nos contarán as súas vivencias e recordos.

Pero como o mercado é tamén un foco que proxecta a súa influencia na zona da vila onde se atopa, saberemos tamén da vida arredor doutros postos comerciais que se emprazan preto del, como restaurantes, lonxas ou ganderías. A viaxe pola vida dos mercados levará ata prazas e vilas moi diversas, desde pequenos núcleos ata cidades:

 

1. Ribadeo, coa amabilidade das mariñas
2. Carballiño, co valor do propio
3. Ourense, coa calor humana
4. Pontevedra, unha gran familia
5. Portonovo, cos sentimentos mariños
6. Praza de Lugo, na Coruña, co lema “Vivir na Coruña que bonito é
7. Carballo, coa harmonía entre o mar e a terra
8. Mercado das Travesas de Vigo, aposta polo futuro
9. Ferrol, co aroma da elegancia
10. Santiago de Compostela, co sentimento hospitalario
11. O Porriño, coa música da terra
12. Bueu, ao ritmo das ondas mariñas
13. Lugo, coa vixencia da tradición

 


 1. Ribadeo, coa amabilidade das mariñas

 

2. Carballiño, co valor do propio

 

3. Ourense, coa calor humana

 

4. Pontevedra, unha gran familia

 

5. Portonovo, cos sentimentos mariños

 

6. Praza de Lugo, na Coruña, co lema “Vivir na Coruña que bonito é”

 

7. Carballo, coa harmonía entre o mar e a terra

 

8. Mercado das Travesas de Vigo, aposta polo futuro

 

9. Ferrol, co aroma da elegancia

 

10. Santiago de Compostela, co sentimento hospitalario

 

11. O Porriño, coa música da terra

 

12. Bueu, ao ritmo das ondas mariñas

 

13. Lugo, coa vixencia da tradición