Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Area de comercio da Xunta de Galicia

 

 

A Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria e da Dirección Xeral de Comercio,  ten as seguintes atribucións nesta materia:

 

  • A. EN MATERIA DE COMERCIO

 

  • A proposta da normativa relativa ao comercio interior e as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación.
  • A promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e a programación e xestión das axudas destinadas para estes fins.
  • A reforma, coordinación e mellora das estruturas e dos procesos de distribución comercial.
  • A formación e asistencia técnica aos suxeitos da actividade comercial.
  • A asistencia aos concellos en materia de establecementos e espazos comerciais.
  • A planificación, programación e execución de actuacións destinadas a un maior coñecemento dos produtos galegos no mercado interior.
  • A planificación, programación e direccións das actuacións orientadas á promoción comercial de determinados sectores da economía galega que se consideren especialmente importantes para a comunidade autónoma.
  • O fomento de proxectos de cooperación económica entre empresas do sector, o impulso do asociacionismo comercial e a asistencia técnica comercial en colaboración con outras institucións ou entidades.
  • A tramitación, información e elaboración de propostas de resolución dos expedientes en materia de grandes establecementos comerciais.
  • A coordinación, tutela, promoción e impulso da actividade das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • B. EN MATERIA DE ACTIVIDADES FEIRAIS

 

  • A proposta da normativa en materia de actividades feirais.
  • A dirección, coordinación, execución e control dos programas de actuación en materia de actividades feirais.
  • A execución da normativa relativa ás feiras internacionais.
  • A coordinación e apoio técnico da participación institucional da Comunidade Autónoma en feiras, exposicións e certames.

 

  • C. EN MATERIA DE PREZOS

 

  • A elaboración, proposta, coordinación, execución e control de programas de actuación encamiñados á execución da política autonómica en materia de intervención de prezos.
  • A tramitación, información e elaboración de propostas de resolución dos expedientes en materia de prezos que deban someterse á Comisión de Prezos de Galicia.