Portal do comerciante Galego - Área da Asociación
Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Que é unha Asociación?

 

As asociacións son agrupacións de persoas constituídas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democraticamente e sen ánimo de lucro.

O dereito de asociación recoñecido no artigo 22 da Constitución está regulado na Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación, de aplicación a todas as asociacións sen fins lucrativos, que non estean sometidas a outra normativa específica.