Portal do comerciante Galego - Comercio Artesán
Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Comercio Artesán

 

A Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria e da Dirección Xeral de Comercio, ten as seguintes atribucións nesta materia:

  • A proposta da normativa relativa á artesanía.
  • A elaboración, execución e seguimento de estudos e programas de actuación dirixidos á ordenación, promoción e desenvolvemento do sector artesán.
  • A elaboración, programación, execución, seguimento e difusión de estudos  estatísticos en materia de artesanía.
  • A xestión do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  • A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, en materia de artesanía e, en particular, da Comisión Galega de Artesanía

A través da páxina www.artesaniadegalicia.org  ofrécese aos profesionais da artesanía un servizo integral que, ademais de dar información relacionada co sector, actúa como unha ferramenta de promoción  do seu traballo, que achega a artesanía á sociedade e que impulsa a comercialización dos seus produtos tanto en Galicia como no exterior.

ACTUALIDADE ARTESÁ

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se proclaman os candidatos e candidatas presentados/as á elección de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e artesás de cada provincia inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Información das persoas candidatas á Comisión Galega de Artesanía en calidade de vogais das/os artesás /artesáns.

 

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2011 pola que se publican os resultados das eleccións de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.