Portal do comerciante Galego - Coñeza as Prazas de Galicia
Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Coñeza as Prazas de Galicia

 

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas cidades e vilas, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.

 

Comprar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, avalada polo labor dos miles de profesionais que traballan nos nosos mercados e fan destes os mellores lugares onde levar a cabo a compra de alimentos frescos que compoñen a nosa dieta diaria.

 

Ofrécenlles sempre aos seus clientes a máxima calidade, fomentan o consumo de produtos galegos e ofrecen a variedade en carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas... que require unha dieta equilibrada e saudable.

 

Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados. A súa proximidade e a súa amplitude de horarios evitan a necesidade de compras fortes e permiten dispoñer diariamente dos alimentos máis frescos.

O programa da televisión galega "A vida no mercado" permítenos descubrir estes espazos de vida: