Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Consello Galego de Comercio

 


Co fin de promover a participación da sociedade na mellora e no desenvolvemento da actividade comercial en Galicia a Lei 13/2010 do comercio interior de Galicia, prevé a creación do Consello Galego de Comercio que, con carácter consultivo, constituiráse como un órgano colexiado de participación, asesoramento e colaboración coa Administración autonómica na ordenación da actividade comercial, garantindo e defendendo os intereses xerais en materia comercial e terá atribuídas as seguintes función:
 

a) Emitir informe sobre os proxectos normativos de ordenación do comercio e da actividade comercial.
 

b) Realizar os informes e as consultas sobre comercio que lle requira a consellaría competente en materia de comercio.
 

c) Formular propostas e suxestións que se estimen convenientes para o fomento e a mellora do tecido comercial galego.
 

d) Calquera outra función que, de ser o caso, se estableza regulamentariamente.