Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Horarios comerciais en zonas turísticas

 

Obxecto do procedemento:

  • Cabe cualificar como de gran afluencia turística para a aplicación do réxime especial de horarios comerciais, aquelas en as que pola afluencia estacional a media ponderada anual de poboación resulta significativamente superior ao número de residentes, ou as que reciban unha gran cantidade de visitantes diarios.
  • A declaración de zonas turísticas poderán estenderse a todo o termo municipal ou a partes del, así como a todo ou a parte dun núcleo de poboación.

Solicitantes:

Os concellos situados en zonas turísticas no ámbito territorial da Comunidade Galega.

Onde solicitalo:

1. Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.

2. A calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado.

3. A calquera órgano administrativo que pertenza ás Comunidades Autónomas.

4. Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

5. Órganos administrativos que pertenzan a algunha das entidades que forman a Administración Local se se subscribiu o oportuno convenio .

6. En calquera oficina de Correos.

7. Preferentemente nas oficinas dos Rexistros dos Departamentos Territoriais da Consellería de Economía e Industria:

  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria da Coruña – Praza Luís Seoane, s/n - 15008 A Coruña. Teléfono: 981 184901
  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria de Lugo- Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo. Télefono:  982 294651
  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria de Ourense - c/ Curros Enriquez nº 1-4º - 32003 Ourense. Teléfono:  988 386710
  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria de Pontevedra - c/ Fernandez Ladreda, 43- 5º - 36003 Pontevedra. Teléfono: 986 805204

Documentación:

Solicitude motivada dos concellos directamente afectados.

1. Certificado do secretario do concello que recolla a aprobación por maioría absoluta do pleno polo que se decide instar a declaración de zona de gran afluencia turística, precisando a extensión territorial a que se refire e os períodos do ano para os que se solicita esta consideración, así como a franxa horaria de apertura diaria solicitada.

                2. Informe da Cámara de Comercio do ámbito territorial afectado.

3. Informe das asociacións ou agrupacións de comerciantes comerciantes polo miúdo máis representativas do sector comercial, no ámbito territorial afectado.

4. Informe das asociacións de consumidores e usuarios máis representativas do territorio afectado.

5. Informe das organizacións sindicais máis representativas no ámbito territorial afectado.

Trámites:

1. Presentación da solicitude e documentación requirida.

2. Presentada a solicitude, no caso de que resulte incompleta ou non se acheguen os informes ou a documentación preceptiva a que se refire o artigo anterior, requirirase ao Concello solicitante para que no prazo máximo de 10 días a complete ou emende, con indicación de que se non o fixese teráselle por desistido da súa petición, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

3. A consellería competente en materia de comercio, aprobará ou denegará a proposta do Concello tras o informe preceptivo da Dirección Xeral competente en materia de turismo.

4. O titular da conselleria competente en materia de comercio resolverá sobre a solicitude no prazo máximo de tres meses dende a súa presentación. Transcorrido devandito prazo sen que recaese resolución expresa, a solicitude deberase entender estimada cos efectos previstos no artigo 43 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

5. As resolucións a que se refire o artigo anterior serán notificadas ao concello interesado conforme ao establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Aquelas que sexan declarativas de zonas de gran afluencia turística ou modificativas dalgunha declaración anterior serán, ademais, publicadas no Diario Oficial de Galicia.

6. A declaración de zona de afluencia turística terá unha vixencia de cinco anos, prorrogables por idénticos períodos sempre que quede acreditada a persistencia das causas que motivaron a autorización inicial.

7. Se desaparecesen as causas que a motivaron, a consellería competente en materia de comercio procederá á súa revogación, tras a audiencia das organizacións sinaladas no apartado anterior.

Recursos que proceden contra a resolución:

Recurso de alzada ante  o conselleiro competente en materia de comercio, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da notificación, se o acto fóra expreso, ou no prazo de tres meses a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Sancións:

1. Infraccións leves (multa de ata 60.000€):
Terán a consideración de infraccións leves:

1. A apertura do establecemento comercial en horario non autorizado

2. O incumprimento do tempo máximo de apertura do establecemento comercial.

3. O incumprimento da obriga de expor nun lugar visible ao público dende o exterior do local o horario do establecemento.

4. O incumprimento das obrigas e prohibicións establecidas na Lei 13/2006 ou nas disposicións que a desenvolvan e que non sexan obxecto de sanción específica.

2. Infraccións graves ( multa de entre 60.001 e 300.500 €): 
Terán a consideración de infraccións graves:

1. A  apertura do establecemento comercial en domingos e días festivos nos casos non autorizados.

2. A reincidencia na comisión de infraccións leves dentro dun período de dous anos consecutivos ou de catro alternativos.

3. As infraccións á Lei 13/2006, se a empresa infractora   fai publicidade, mediante calquera medio de difusión, da apertura non autorizada.

4. A venda de bebidas alcohólicas en horario prohibido.

3. Infraccións moi graves (multa de entre 300.501 e 600.000 €):
Terán a consideración de infraccións moi graves a reincidencia na comisión de infraccións cualificadas como graves dentro dun período de dous anos consecutivos ou de catro anos alternativos, sempre que non fóra como consecuencia de reincidencia na comisión de infraccións leves.

Lexislación: