Twittear |
A Rede de Dinamización Comercial, é un instrumento mediante o cal, a Xunta de Galicia, está impulsando o proceso de modernización e ordenación do comercio local.
A estrutura descentralizada da REDE REDIC permítenos achegar a actuación administrativa a unha alta porcentaxe dos usuarios, facilitándolles un interlocutor especializado e converténdose así en nexo de unión permanente entre os comerciantes, as súas organizacións representativas e a Administración.
Igualmente, a REDE REDIC é un compoñente básico de cooperación entre a administración local e autonómica, o cal permite unha actuación coordinada de cara ao desenvolvemento de políticas proactivas que procuren o desenvolvemento da actividade comercial local.
Por iso a REDE REDIC, a través do coñecemento especializado e das ferramentas adecuadas, está capacitada para prestar asesoramento e apoio técnico, tanto ás propias corporacións locais, en canto ás decisións que teñen que adoptar en relación co sector, como o conxunto do tecido comercial de cada localidade, xa sexa nos procesos de modernización das PEMES, na renovación e desenvolvemento comercial dos centros urbanos, así como na consolidación de espazos urbanos comerciais de preferente uso peonil ou en ampliación e reforma da estrutura física dos equipamentos comerciais colectivos.
- Achegar a actuación administrativa comercial aos seus usuarios, coordinando as relacións entre os comerciantes e as Administracións.
- Conseguir unha ordenación comercial eficiente e competitiva.
- Potenciar os centros comerciais tradicionais, favorecendo a súa consolidación como función de centralidade urbana.
- Facilitar o acceso á información especializada, mediante a utilización de ferramentas telemáticas especificas para ese efecto.
- Participar nos estudos sobre a situación do comercio local, que deben identificar os factores sociais, económicos e urbanísticos que condicionan a súa dinámica.
- Realizar propostas de actuación sobre as estratexias e investimentos a desenvolver, tanto nas actuacións territoriais de inspiración comercial, así como nas que afecten aos equipamentos colectivos.
- Executar actuacións de carácter promocional que dinamicen o comercio.
- Calquera outras actuacións e/ou proxectos que coadxuven á efectiva racionalización e modernización da estrutura comercial, así como a creación ou captación de oportunidades de negocio, que redunden na mellora da calidade de vida e no fomento do atractivo da cidade.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia