Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Trámites contables

 

1.- Adquisición e legalización do libro de visitas

2.- Adquisición e legalización do libro de matrícula

3.- Libros Oficiais de Comercio

1.- Adquisición e legalización do libro de visitas 

Descrición:

As Empresas, ocupen ou non traballadores por conta allea, están obrigadas a ter en cada centro de traballo un Libro de Visitas a disposición dos funcionarios do Corpo Nacional de Inspección do Traballo.

Establécese, con carácter obrigatorio, o modelo oficial do Libro de Visitas(Anexo I)da Inspección de Traballo, coa posibilidade de substituílo polo LIBRO DE VISITAS ELECTRONICO.

Cada un dos Libros de Visitas dilixenciarase na primeira folla polo Xefe da Inspección Provincial de Traballo, que certificará a habilitación do Libro, recolléndose ademais datos da Empresa. Será así mesmo selado o Libro en todas as follas.

As dilixencias que practiquen os Inspectores de Traballo do resultado das visitas realizadas estenderanse asemade por duplicado, quedando a copia en poder do Inspector actuante para a súa constancia e arquivo nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo respectiva.

Cando sexa necesario diligenciar un novo Libro de Visitas, por esgotarse o anterior ou por deterioración notable do mesmo, deberá presentarase asemade este último para acreditar os devanditos extremos, facéndose constar a oportuna referencia no novo Libro.

Nos casos de perda do Libro de Visitas deberá comunicarse expresamente tal circunstancia á Inspección Provincial de Traballo e proverse dun novo no prazo máximo de quince dias.

Á presentación do Libro de Visitas para o seu dilixenciamento na oficina da Inspección Provincial de Traballo acompañarase, debidamente cuberta a Ficha de Empresa.(Anexo II)

Os empresarios conservarán os Libros de Visitas a dispor da Inspección de Traballo durante un prazo mínimo de cinco anos a partir da data da última dilixencia, unha vez esgotado o mesmo.

A carencia do Libro de visitas, a súa non presentación aos funcionarios do Corpo ou a non conservación do mesmo durante o prazo sinalado, será considerado como infracción.

Impreso (1ª páxina)
Impreso (2ª páxina)

2.- Adquisición e legalización do libro de matrícula 

Descrición:

Os empresarios deberán levar en orde e ao día un Libro de Matrícula no que serán inscritos todos os seus traballadores no momento en que inicien a prestación de servizos. Cando exista máis dun centro de traballo levarán tantos Libros de Matrícula como centros.

As inscricións dos traballadores no Libro de Matrícula deberán efectuarse na forma e cos requisitos que se determinan nas instrucións que se insiran no modelo oficial do devandito Libro. En todo caso, deberá constar no Libro o número da Seguridade Social dos traballadores inscritos, os cales deberán asinalo no momento que inicien a prestación de servizos e cando se produza un cambio na súa categoria profesional.

As baixas dos traballadores anotaranse no lugar que corresponda en orde cronolóxico, ademais indicarase a data da baixa na inscrición inicial da alta ou do cambio de categoría profesional.

Os Libros de Matrícula, segundo modelo oficial, habilitaranse nas Inspeccións Provinciais de Traballo e Seguridade Social.

A Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social autorizará a substitución do Libro de Matricula por outro sistema de documentación que ofreza as mesmas garantías que aquel a as empresas que o soliciten, xustificando a procedencia da substitución.

Impreso (1ª Páxina)
Impreso (2ª Páxina)
Impreso (3ª Páxina)

3.- Libros Oficiais de Comercio

  • Libro de Inventario e Contas Anuais
  • Libro Diario
  • Libro de Actas
  • Libro de Socios.


As empresas están obrigadas a legalizar debidamente un Libro Diario, e un de Inventarios e Contas Anuais. No caso de sociedades mercantís, tamén levarán un Libro de Actas e no caso das sociedades de responsabilidade limitada, un Libro de Socios.

Os libros en branco estarán numerados correlativamente e os anotados, terán a primeira folla en branco e as demais numeradas de forma correlativa.

Todos os Libros pódense adquirir en papelerías especializadas, cuxo prezo varía segundo o Libro que se queira adquirir. Unha vez obtidos os Libros a legalización practícase en virtude de instancia subscrita, selada e datada, segundo o modelo a disposición dos interesados no Rexistro Mercantil. Nesta solicitude inclúese o nome, apelidos e domicilio do empresario individual ou a denominación da sociedade cos seus datos de identificación rexistral, ademais da relación de libros cuxa legalización se solicita e a expresión de se están anotados ou en branco e o número de follas de que se compoñen. A tramitación dura entre un e dous días normalmente.

No caso das sociedades mercantís cuxa inscrición no Rexistro Mercantil sexa obrigatoria, non poderán solicitar a legalización dos Libros de Comercio ata que non estean inscritas.