Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Próximos eventos




  • O III Encontro da artesanía tradicional e popular de Galicia amosará nos pendellos de Agolada máis de vinte oficios tradicionais diferentes
    Data de inicio do evento: 04 Xullo, 2014
    Data de finalización do evento: 06 Xullo, 2014

    Agolada (Pontevedra), 25 de xuño de 2014.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, realizaron esta mañá unha visita de traballo xunto co alcalde de Agolada, Ramiro Varela, ao conxunto histórico-artístico dos Pendellos, onde se vai celebrar do 4 ao 6 de xullo o III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, Corazón da Artesanía, organizado pola Consellería de Economía e Industria.

    No percorrido polos Pendellos adiantaron que durante o encontro, no que un ano máis tradición e vangarda irán da man, poderá verse o traballo de medio cento de artesáns galegos, que desenvolven máis de vinte oficios tradicionais diferentes, como a xoiería, a olería, a elaboración de instrumentos musicais, o téxtil, a madeira, a cestería, a marroquinería, ou a elaboración de redes ou de zocos. Entre as novas incorporacións atópanse tres artesáns especializados na montaxe de moscas para a pesca, ademais da presenza da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), finalistas do Premio Promociona para Entidades Privadas 2013 nos Premios Nacionais de Artesanía.

    O encontro servirá un ano máis para crear un espazo de interrelación con ámbitos como a música, a gastronomía ou o deseño. Así, ademais da exposición e venda de produtos artesanais e demostracións de oficios, haberá máis dunha trintena de postos de venda de produtos gastronómicos, con especial atención ás denominacións de orixe galegas. Ademais, haberá showcooking a cargo de tres cociñeiros galegos do grupo nove: Pepe Solla, Javier Rodríguez Ponte “Taky” e Héctor López, workshops e coloquios, exposicións e obradoiros, actividades para nenos e nenas e diferentes actuacións musicais e de baile.

    Neste ámbito, destacaron o concerto de Marful, que pecha a programación do venres cun espectáculo no que presentan unha proposta ecléctica no que se combinan ritmos e músicos de diferentes tendencias, mentres que o sábado á noite será o turno de Sés, compositora e intérprete cun forte carisma que está a revolucionar a escena musical en Galicia.

    Na visita a Os Pendellos salientouse tamén que por primeira vez os visitantes contarán cunha zona habilitada gratuíta para cámping, e que restaurantes locais ofrecerán menús especiais durante o encontro. Ademais, ao igual que nas dúas primeiras edicións, haberá autobuses gratuítos de ida e volta a Lalín para facilitar a asistencia.

    A organización deste encontro, que conta coa colaboración, ademais do Concello de Agolada, da Axencia Turismo de Galicia e a Consellería do Medio Rural e do Mar, así como de Fundesarte, a Deputación de Pontevedra, e Asociación Galega de Artesáns e Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, forma parte da estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Consellería de Economía e Industria, que vén de activar o novo Plan de Artesanía de Galicia.

    O obxectivo desta folla de ruta é conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.
     

    Máis información


  • Presentación en Viveiro da campaña Máis que Comercio! da Dirección xeral de Comercio
    Data de inicio do evento: 03 Xullo, 2014
    Data de finalización do evento: 03 Xullo, 2014

    A Delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, presenta hoxe a campaña Máis que Comercio! no Centro Comercial Aberto de Viveiro ás dez da mañá.


  • Presentación en Zona Centro Vigo e As Travesas da campaña Máis que Comercio! da Dirección xeral de Comercio
    Data de inicio do evento: 03 Xullo, 2014
    Data de finalización do evento: 03 Xullo, 2014

    A Directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentará hoxe a campaña Máis que Comercio! nos Centros Comerciais Abertos de Zona Centro Vigo e As Travesas á unha do mediodía.


  • Hoxe remata o prazo para solicitar a concesión da subvención para a apertura de novos establecementos comerciais
    Data de inicio do evento: 30 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 30 Xuño, 2014

    Orde do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciales e se procede a súa convocatoria para o ano 2014 (Código do procedemento IN217A).

    Máis información


  • Presentación en Sarria da campaña Máis que Comercio! da Dirección xeral de Comercio
    Data de inicio do evento: 30 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 30 Xuño, 2014

    A Directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentará hoxe a campaña Máis que Comercio! no Centro Comercial Aberto de Sarria á unha do mediodía.


  • Hoxe remata o prazo para solicitar a concesión da subvención aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán
    Data de inicio do evento: 19 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 19 Xuño, 2014

    ORDE do 30 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G).

    Máis información


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Ferrol
    Data de inicio do evento: 13 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 13 Xuño, 2014

    Hoxe ás dez da mañá a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de Ferrol os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Lalín e Ourense Norte
    Data de inicio do evento: 11 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 11 Xuño, 2014

    Hoxe, as dez en Lalín e ás once e media en Ourense Norte, a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores dos CCA de Lalín e Ourense Norte os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Peche en A Guarda da campaña "Máis que comercio" da Dirección xeral de Comercio
    Data de inicio do evento: 09 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 09 Xuño, 2014

    Hoxe ás doce da mañá a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de A Guarda os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Feira de Oportunidades en A Guarda
    Data de inicio do evento: 07 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 07 Xuño, 2014

     O venres día sete de xuño, de 10:00 a 22:00 horas, celebrarase unha feira de oportunidades na Zona Urbana de A Guarda, rúa Joaquín Alonso (Praza Nova) e Vicente Sobrino


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Carballo
    Data de inicio do evento: 06 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 06 Xuño, 2014

    Hoxe ás doce e media a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de Carballo os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Presentación en Sanxenxo da campaña Máis que Comercio! da Dirección xeral de Comercio
    Data de inicio do evento: 03 Xuño, 2014
    Data de finalización do evento: 03 Xuño, 2014

    A Directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentará hoxe a campaña Máis que Comercio! no Centro Comercial Aberto de Sanxenxo ás dez e media da mañá.


  • Hoxe preséntase a campaña Máis que Comercio¡ nos CCA de Cangas, Bueu, Moaña e Redondela
    Data de inicio do evento: 30 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 30 Maio, 2014

    Hoxe ás doce da mañá a Directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, presenta a campaña Máis que Comercio! dos CCA de Cangas, Moaña e Bueu na sede de Fecimo (avenida de Vigo, 91, Baixo) e en Redondela á unha.


  • Hoxe iníciase o prazo para solicitar a concesión da subvención aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán
    Data de inicio do evento: 20 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 20 Maio, 2014

    ORDE do 30 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G).

    Máis información


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Zona Obelisco
    Data de inicio do evento: 20 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 20 Maio, 2014

    Hoxe ás dez da mañá a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de Zona Obelisco os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Tomiño
    Data de inicio do evento: 19 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 19 Maio, 2014

    Hoxe á unha do mediodía a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de Tomiño os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de O Grove
    Data de inicio do evento: 19 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 19 Maio, 2014

    Hoxe ás once e media da mañá a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de O Grove os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Festivo hábil para a práctica comercial
    Data de inicio do evento: 18 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 18 Maio, 2014
    Lugar do evento: Comunidade Autónoma de Galicia
    Máis información


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Santiago Centro
    Data de inicio do evento: 16 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 16 Maio, 2014

    Hoxe ás dez da mañá a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de Santiago Centro os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.


  • Hoxe entréganse os premios aos gañadores da campaña Máis que Comercio! no CCA de Ourense Centro
    Data de inicio do evento: 16 Maio, 2014
    Data de finalización do evento: 16 Maio, 2014

    Hoxe ás once e media da mañá a Directora xeral de Comercio fará entrega do diploma ao comercio máis votado no xogo da campaña Máis que Comercio!

    Asímesmo  repartirá aos afortunados compradores do CCA de Ourense Centro os cheques regalo de 100  e 200 euros e os moitos agasallos cos que se premia a confianza dos consumidores nos establecementos comerciáis das súas vilas.



  • Páxina 15 de 43

  • Mostrando do 281 ao 300 dun total de 850 rexistros