Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Próximos eventos




  • Feira de Oportunidades de Pontecaldelas 2012
    Data de inicio do evento: 11 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 12 Febreiro, 2012
    Lugar do evento: Praza de España (Pontecaldelas)


  • Presentación portal do comercio electrónico comerciogalicia.es
    Data de inicio do evento: 07 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 07 Febreiro, 2012

    O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra e o Presidente da Federación Galega de Comercio, Jose María Seijas, presentan hoxe, ás 12.30 horas na Sala de Xuntas da Conselleria de Presidencia o Portal Comercio Electrónico comerciogalicia.es


  • Inicio da campaña "La Calidad divina. Entra y peca" en las plazas de abastos de A Coruña
    Data de inicio do evento: 06 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 18 Febreiro, 2012


  • Feira de Oportunidades Stock Pontevedra, organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental Pontevedra
    Data de inicio do evento: 03 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 05 Febreiro, 2012


  • Campaña de San Valentín en Lugo Centrum
    Data de inicio do evento: 02 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 14 Febreiro, 2012

     

     

     

     

     

     

    Durante estas dúas semanas, todas as persoas que realicen compras nalgun dos establecementos asociados a Lugo Centrum recibirán boletos para cubrir cos seus datos. Estas papeletas entrarán despois nun sorteo de 10 ceas para dúas persoas nos restaurantes asociados a Lugo Centrum.

    O sorteo celebrarase o día 16 de febreiro ás 13.00 horas na oficina da Asociación e sérá aberto a toda persoa que queira asistir. Os agraciados serán avisados posteriormente para recoller os vales correspondentes.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     


  • Merca coas túas pesetas no comercio de Ponteareas
    Data de inicio do evento: 01 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 31 Marzo, 2012

    Dende o 1 de febreiro e ata o 31 de marzo no comercio de Poteareas poderase comprar con pesetas

    /imagenes/articulos/DIPTICO_PESETA.pdf

    /imagenes/articulos/DIPTICO_PESETA1.pdf


  • Sorteo e entrega de premios da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”
    Data de inicio do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Nas prazas de toda Galicia

    Do 9 ao 20 de xaneiro de 2012, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchao co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado. O 20 de xaneiro procederase ao sorteo e entrega de premios en cada unha das prazas de abastos de Galicia.

    Máis información


  • Sorteo e entrega de premios no Mercado Municipal de Marín da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”
    Data de inicio do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Mercado municipal de Marín

    As 12 h terá lugar o sorteo e entrega de premios da campaña “Este inverno presume de praceiro/a” no mercado municipal de Marín que contará coa asistencia da directora xeral de Comercio, Nava Castro.


  • Sorteo "Este Nadal toca en Melide"
    Data de inicio do evento: 09 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Local da Asociación de Empresarios Terra de Melide, Linxo Sexto Sánchez, 2, baixo. Ás 21 horas

    3º SORTEO.-
    Dende o día 1 de decembro de 2011 ata o 9 de xaneiro de 2012 os establecementos inscritos na Campaña entregarán entre os seus clientes rifas para o sorteo dos seguintes premios: *un (1) premio de 2.000 €, * un (1) premio de 1000 €,* dez (10) premios por valor de 200 €, * dez ( 10) premios por valor de 100 €,* cada un .O acto do sorteo terá lugar o día 9 de xaneiro de 2012 nos locais da Asociación de Empresarios Terra de Melide, Lino Sexto Sánchez, 2 Baixo, ás 21h, ante Notario. Realizarase seguindo o sistema de “man inocente”, introducindo nunha urna as matrices correspondentes ás rifas entregadas.

    • Entre cada unha das matrices e as rifas deberán estampar o cuño ou sinatura (no caso de non ter cuño) identificativa do establecemento.
    • Os titulares (ou persoa que consideren) dos establecementos participantes deberán entregar, desgrapadas, entre as 16 e 18h do día do sorteo (09/01/2011) na Notaría de Melide as matrices correspondentes ás rifas repartidas entre os seus clientes. Quedarán anuladas todas aquelas que non fosen entregadas.
    • Extraeranse os números correspondentes ós premios por valor de 100 €, a continuación os correspondentes aos premios por valor de 200 €,despois o premio de 1000 €, para rematar co número correspondente ao premio por valor de 2.000 €.
    • A continuación extraerase un número máis, en concepto de reserva, por cada un dos premios anteriormente recollidos.
    • Extraeranse, polo tanto, un total de ( 44 números, a metade como titulares e a outra metade en concepto de reserva.
    • As matrices dos números que vaian saíndo non se introducirán novamente na urna.


  • Apertura da campaña "Este inverno presume de praceiro/a"
    Data de inicio do evento: 09 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 09 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: En cada unha das prazas de abastos de Galicia

    Do 9 ao 20 de xaneiro de 2012, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchao co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado

    Máis información


  • Festivo hábil para a práctica comercial
    Data de inicio do evento: 08 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Comunidade autónoma de Galicia
    Máis información


  • Celebración da II Gala do comercio do Morrazo
    Data de inicio do evento: 08 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Auditorio de Cangas ás 18:00 h, Cangas

    Sortearanse 3 premios de 3.000 euros

    Máis información


  • Día hábil comercial no concello de Ferrol
    Data de inicio do evento: 07 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 07 Xaneiro, 2012
    Máis información


  • Presentación totems en Bueu
    Data de inicio do evento: 29 Decembro, 2011
    Lugar do evento: 12h. Pza de Abastos de Bueu

     

     


  • Entrega de premio campaña de Nadal
    Data de inicio do evento: 29 Decembro, 2011
    Lugar do evento: 20h. Pazo de Baión, Vilanova de Arousa


  • Modificación da Orde de 11 de agosto pola que se regula a selección de entidades colaboradoras na xestión da promoción das TICs para o comercio retallista galego
    Data de inicio do evento: 28 Decembro, 2011

    ORDE do 26 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto de 2011), modificada pola Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG núm. 187, do 29 de setembro de 2011) e pola Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG núm. 241, do 20 de decembro de 2011), pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

    Máis información


  • Presentación tótem interactivo en Portonovo
    Data de inicio do evento: 27 Decembro, 2011
    Lugar do evento: Mercado de Portonovo, ás 19h


  • Sorteo de 50 produtos de Nadal na Illa de Arousa
    Data de inicio do evento: 23 Decembro, 2011

    Os comerciantes da Illa comezan estes días a repartir entre os seus clientes os boletos que prepararon para o sorteo de Nadal deste ano. Un total de 32 establecementos -entre eles, e por primeira vez, algúns do ramo de hostalería- participan nesta iniciativa coa que pretenden incentivar as compras e, sobre todo, premiar a fidelidade dos seus compradores habituais.
    Cada local disporá de cen rifas para repartir entre os seus clientes. Aínda que a norma xeral é que se entregue un boleto por cada seis euros de compra, cada comerciante poderá decidir os seus criterios de repartición, en función das peculiaridades de cada un. Nesas papeletas os compradores deben pór o seu nome e o seu número de teléfono e depositalas despois nas urnas habilitadas para iso.
    O día 20 de decembro realizarase o sorteo entre todas as rifas adecuadamente cubertas, e tres días despois, o 23, entregaranse os premios, que consisten esta vez en cincuenta lotes de produtos do Nadal. Os comerciantes da Illa quixeron facer fronte este ano á crise e non só aumentaron a cifra de premios, senón que estes serán tamén máis completos.
    O presidente da asociación de empresarios insular, Jorge Dívos, quixo onte agradecer a colaboración do consorcio comarcal de comercio, do Concello da Illa e da dirección xeral de Comercio.
     


  • Sorteo e entrega de premios da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”
    Data de inicio do evento: 23 Decembro, 2011
    Data de finalización do evento: 23 Decembro, 2011
    Lugar do evento: En cada unha das prazas de abastos de Galicia

    Do 12 ao 23 de decembro, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchao co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado. O 23 de decembro realizarase o sorteo e a entrega de premios.

    Máis información


  • Presentación totems interactivos no Porriño
    Data de inicio do evento: 22 Decembro, 2011
    Lugar do evento: O Porriño



  • Páxina 36 de 43

  • Mostrando do 701 ao 720 dun total de 850 rexistros