Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Próximos eventos




  • FEIRA DE OPORTUNIDADES DE BOIRO
    Data de inicio do evento: 05 Agosto, 2011
    Data de finalización do evento: 07 Agosto, 2011
    Lugar do evento: Boiro


  • FEIRA DE OPORTUNIDADES DE MARÍN
    Data de inicio do evento: 05 Agosto, 2011
    Data de finalización do evento: 07 Agosto, 2011
    Lugar do evento: Marín


  • Barcos á Rúa
    Data de inicio do evento: 01 Agosto, 2011
    Data de finalización do evento: 31 Agosto, 2011
    Lugar do evento: O Grove( Pontevedra )

    Con obxecto de dinamizar e promocionar o comercio local, exporanse 16 barcos de poliéster, decorados por diferentes artistas, en diferentes rúas do Concello de O Grove.


  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, asiste á presentación da nova imaxe corporativa da Praza de Abastos de Pontevedra, como resultado da nova andadura asociativa dentro das prazas de abastos.
    Data de inicio do evento: 01 Agosto, 2011
    Data de finalización do evento: 01 Agosto, 2011

    Con isto pretendemos amosar a unión existente entre os comerciantes cara o obxetivo de representar a un unísono a súa voz fronte o resto dos axentes sociais e sumarse ao proxecto das prazas de abastos de Galicia, cara ao logro da revitalización e dinamización comercial das mesmas.


  • Economía e industria inviste 30.000 euros na organización da feira de artesanía mostrart.
    Data de inicio do evento: 30 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 30 Xullo, 2011

    - A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron no acto de inauguración deste evento que estará aberto entre o 30 de xullo e o 15 de agosto nos Xardíns Méndez Núñez da Coruña.
     

    - Nava Castro destacou a importancia de Mostrart como un evento de referencia en Galicia tanto polo número de expositores, que este ano rondan os 60, como pola afluencia de visitantes.

     

    A Coruña, 30 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria apoia con 30.000 euros a celebración da feira de artesanía Mostrart, que se celebra na Coruña entre o 30 de xullo e o 15 de agosto. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira e  mais a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta mañá no acto de inauguración da feira, na que participan 58 expositores.

    Nava Castro sinalou a importancia de Mostrart como unha das feiras de venda directa de maior relevancia en Galicia, tanto polo número de expositores con carta de artesán, como pola afluencia de visitantes. Durante o acto, fixo fincapé no papel deste tipo de eventos que contribúen a dinamizar a comercialización da artesanía galega, incrementan a atracción turística e, polo tanto, a actividade económica da zona.

    Mostrart permítelle aos visitantes entrar en contacto directo cos propios artesáns, que están especializados nunha grande variedade de oficios diversos: téxtil, coiro, xoiaría, bixutería, complementos, encaixes, serigrafía, vidro, cerámica, xoguetes, cartón pedra, madeira, olería, etc. Os expositores galegos que participan nesta edición de Mostrart son: A Feitura (A Coruña), A Xente das Cores (Mondoñedo), A. Outeiriño Tecido Artesán (Ourense), Ardentía Deseño en Prata (Bergondo), AreladeFe (A Guarda), Artefíos - Asoc. Padres Formación Jóvenes Límite (A Coruña), Artesanía en Plata (Marín), Belén Soto (Pontevedra), Bruxarte (Vigo), C. Canoura Deseño (Culleredo), C.G. Cristal Reciclado (Vigo), Cabuxa (Tui), Cerámica e Prata – F. Porto (A Estrada), Cerámica SUVE (Cangas do Morrazo), Charamusca (Carnota), Chueco (A Coruña), Cuaderna Maestra (Ponte Caldelas), E. Ferro (Merza), Elena Arce (A Coruña), En Lá (Monforte de Lemos), Encaixes Melania Camariñas (Camariñas), Encaixes Mónica Pose(Camariñas), Encoiros (Vigo), Estiva da Vella (Ferrol), F. Mourón – Buño (Malpica de Bergantiños), Fer (Santiago de Compostela), Ferreira Cerámica (Vigo), Fiada Tecido Manual (Carral), Flecharte (Vigo), Gelina Camariñas (Camariñas), Jatafarta (Berres), Joyas de Papel (Nigrán), La Böcöque (Moaña), Laia Zapateiros (Melide), María Feijóo (Santiago), Maysil (A Estrada), Nordes (Carnota), Pablo Leal (Teo), Plata Nativa (A Coruña), Regal Cerámica Artesán (Viveiro), Rosa Higuero (Cabanas), Rosa Méndez (Teo), Sánchez-Cano Orfebres (Vigo), Santín (Cambre), Silvereira (Teo), Suso Calo (Moaña), Taller Amona (Cabanas), Taller Sur (Marín), Taller Viola – Flor Seca (Oza dos Ríos), Tallería Cristal (A Coruña), Tragamasa Bichería Fina (Oleiros), V/M Artesanía (A Coruña), Varo Caride (Vigo), Vidal Revilla (Cervo) e Zimzelatum (Gondomar).

    A Xunta de Galicia  contará por primeira vez con un stand institucional da Fundación Centro Galego da Artesanía e do deseño dentro da mostra para a promoción da marca Artesanía de Galicia propiedade da Xunta de Galicia. Entre os obxectivos da Fundación está o de impulsar a exhibición do produto artesán galego entre a sociedade. Por este motivo, apoia a celebración de feiras de venda directa e diferentes eventos de promoción da artesanía, realizadas por iniciativa de concellos e de asociacións profesionais de artesáns, como é o caso da Asociación Galega de Artesáns (AGA), que cada ano se encarga de organizar a feira Mostrart. 


  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, asiste á presentación da nova imaxe corporativa da Praza de Abastos de Cambados, como resultado da nova andadura asociativa dentro das prazas de abastos.
    Data de inicio do evento: 29 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 29 Xullo, 2011

    Con isto pretendemos amosar a unión existente entre os comerciantes cara o obxetivo de representar a un unísono a súa voz fronte o resto dos axentes sociais e sumarse ao proxecto das prazas de abastos de Galicia, cara ao logro da revitalización e dinamización comercial das mesmas.


  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, asiste á presentación da nova imaxe corporativa da Praza de Abastos de Padrón, como resultado da nova andadura asociativa dentro das prazas de abastos.
    Data de inicio do evento: 27 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Xullo, 2011

    Con isto pretendemos amosar a unión existente entre os comerciantes cara o obxetivo de representar a un unísono a súa voz fronte o resto dos axentes sociais e sumarse ao proxecto das prazas de abastos de Galicia, cara ao logro da revitalización e dinamización comercial das mesmas.


  • charla sobre a Lei de Comercio de Galicia.
    Data de inicio do evento: 26 Xullo, 2011
    Lugar do evento: Museo Municipal Manuel Torres, Avda de Ourense, 1 – Marín

    A directora xeral de Comercio Mª Nava Castro participará nunha charla sobre a Lei de Comercio de Galicia.
    Organizada por: Asociación Centro Comercial Local ESTRELA DE MARÍN
    Lugar de celebración: Museo Municipal Manuel Torres, Avda de Ourense, 1 – Marín
    Hora: 21,00 h.


  • Economía e Industria impulsa o comercio de proximidade coa creación do “Portal do comerciante”
    Data de inicio do evento: 22 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 22 Xullo, 2011

    A Consellería de Economía e Industria continúa coa súa estratexia de impulsar e apoiar ao comercio galego. Neste ámbito, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe o "Portal do Comerciante Galego" (http://portaldocomerciante.xunta.es), unha aplicación web pioneira en Galicia destinada a fomentar a competitividade do comercio de proximidade, ao abeiro do Plan Ágora-Agora Recomercia.

    Máis información


  • Feira Medieval de Noia
    Data de inicio do evento: 15 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 17 Xullo, 2011
    Lugar do evento: Noia ( A Coruña )

    Feira Medieval de Noia. Noia Histórica. Durante os días 15,16,17 de xullo.


  • Sorteo do premio sorpresa CCU Sanxenxo
    Data de inicio do evento: 08 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 08 Xullo, 2011
    Lugar do evento: Sanxenxo ( Pontevedra )

    Sorteo do premio sorpresa da Campaña de Verán.


  • Fin prazo de información pública do Decreto de Autorización Comercial Autonómica.
    Data de inicio do evento: 04 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 04 Xullo, 2011
    Lugar do evento: Galicia

    Fin prazo de información pública do Decreto de Autorización Comercial Autonómica.


  • Domingo 3 xullo, Día hábil para a práctica comercial.
    Data de inicio do evento: 03 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 03 Xullo, 2011
    Lugar do evento: Galicia

    Domingo 3 xullo, Día hábil para a práctica comercial.


  • Comezo da tempada de Rebaixas de Verán
    Data de inicio do evento: 01 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 30 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Galicia

    Comezo da tempada de Rebaixas de Verán.


  • Campaña de promoción do comercio interno do Distrito Os Mallos.
    Data de inicio do evento: 01 Xullo, 2011
    Data de finalización do evento: 31 Agosto, 2011
    Lugar do evento: Distrito Os Mallos ( A Coruña )

    Farase en Xullo e agosto unha "campaña de promoción do comercio interno"; preténdese que os propios comerciantes da zona fagan as súas compras dentro da súa propia zona, co slogan "se sementas no teu propio terreo , ti mesmo recollerás o froito. Se sementas en terreo alleo... "


  • Fin do prazo de presentación de solicitudes de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.
    Data de inicio do evento: 21 Xuño, 2011
    Data de finalización do evento: 30 Xuño, 2011


  • Concurso de fachadas florales de Viveiro
    Data de inicio do evento: 15 Xuño, 2011
    Data de finalización do evento: 31 Agosto, 2011
    Lugar do evento: Viveiro ( Lugo)

    Concurso de fachadas florales con el objetivo de estimular la decoración de las calles del Casco Histórico de Viveiro.

    El montaje de las fachadas tendrá lugar durante los días comprendidos entre el 15 y el 30 de junio de 2011, ambos incluídos, teniendo que estar en perfecto estado para su valoración hasta el 31 de agosto de 2011. 


  • Fin do prazo de información pública e alegacións ao proxecto de Decreto polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio
    Data de inicio do evento: 16 Maio, 2011


  • Inicio prazo para presentación de solicitudes de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.
    Data de inicio do evento: 05 Maio, 2011


  • Feira de oportunidades do comercio
    Data de inicio do evento: 02 Marzo, 2011
    Data de finalización do evento: 04 Marzo, 2011
    Lugar do evento: Fundación de exposicións e congresos da Estrada
    Máis información



  • Páxina 39 de 40

  • Mostrando do 761 ao 780 dun total de 783 rexistros