Calidade no comercio
QUE É A NORMA UNE 175001?
É unha norma de calidade que se desenvolve pensando nos elementos básicos da calidade do servizo orientando o enfoque ao pequeno comercio. Os obxectivos que se pretenden conseguir con esta norma son:
-
Mellorar a calidade do servizo prestado aos clientes.
-
Mellorar a xestión nos establecementos comerciais.
-
Mellorar a imaxe dos establecementos comerciais ante os seus clientes.
-
Mellorar as competencias profesionais.
-
Profesionalizar a xestión dos establecementos comerciais, potenciando o desenvolvemento dos recursos humanos.
-
Proporcionar aos clientes unha garantía de calidade do servizo que van percibir.
-
Diferenciar aos establecementos comerciais que adopten esta norma por medio da calidade do servizo.