Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 15 Novembro, 2018
    A Xunta impulsa a modernización e o asociacionismo do comercio de proximidade con achegas de case 240.000 euros na Mariña
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu apoios na comarca da Mariña por importe de preto de 240.000 euros para impulsar a modernización e o asociacionismo do comercio de proximidade. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, expuxo este dato na presentación dunha campaña para dar visibilidade ao pequeno comercio local organizada pola Federación de Comercio da Mariña. Balseiro gabou o labor da Federación comarcal, “propulsora de iniciativas que amparan a todos os asociados como si, efectivamente, formaran un único proxecto, un gran centro comercial aberto”, afirmou. Na mesma liña, lembrou que a entidade conta co apoio da Xunta “porque compartimos obxectivos” e que recibe financiamento para iniciativas como a que hoxe se presenta, en concreto este ano 33.600 euros. Co mesmo obxectivo, engadiu, a Xunta distribuíu 130.000 euros en apoios para a Asociación de Comerciantes de Ribadeo, a Asociación de Vendedores da Praza de Abastos da mesma localidade, o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e a Asociación de Comerciantes de Foz. Igualmente, recibiron axudas por importe de 75.000 euros once comercios da Mariña para a realización de obras de modernización ou proxectos de dixitalización e comercialización en liña. O delegado subliñou que o comercio de proximidade “é a alma das nosas vilas e cidades; en torno aos comercios articúlanse espazos de ocio e de reunión que son un polo de atracción para veciños e visitantes”. Neste sentido, destacou o importante de esforzo de modernización e adaptación que están a facer os comerciantes para poder competir no novo modelo de mercado. Balseiro detallou que as axudas da Xunta para os once proxectos de mellora promovidos polos comerciantes mariñáns supoñen o 50 por cento do investimento subvencionable que declararon. “Os empresarios demostran un notable interese por incorporar a comercialización online, mellorando a súa presencia na internet e as ferramentas de xestión”, manifestou. Apoios por varios conceptos As axudas poden atender a máis dun concepto. Así, a práctica totalidade dos beneficiarios demandan a implantación ou actualización de páxinas web e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos, e catro solicitantes engaden proxectos para a implantación de ferramentas como sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa. As achegas da Xunta tamén impulsan un proxecto de deseño e implantación de packaging para a venda en liña, outro para novas fórmulas de comercialización, e un terceiro beneficiario solicita os servizos de xestión de redes sociais; neste caso, a axuda da Xunta consiste nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Por último, dous solicitantes reciben achegas para a modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo. Sufráganse obras como a reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial, adquisición de moblaxe e equipamento, e mellora da fachada exterior. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros