01 Febreiro, 2019
A Xunta destaca en Pontevedra o papel do asociacionismo comercial na dinamización do comercio de proximidade
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe en Pontevedra o papel do asociacionismo comercial na dinamización do comercio de proximidade, impulsando a posta en marcha de iniciativas conxuntas para atraer clientela e achegarlle novos servizos.
Vázquez Abeal participou na inauguración de Stock Pontevedra, un evento organizado polo centro comercial urbano Zona Monumental que durante toda a fin de semana reunirá no recinto feiral de Pontevedra un total de 58 expositores con ofertas de moda, fogar e decoración.
O apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos, que o ano pasado concedeu máis dun millón de euros en axudas a federacións de comerciantes, centros comerciais abertos e asociacións de praceiros da provincia de Pontevedra, entre os que se atopa Zona Monumental.
Máis información