13 Marzo, 2019
Conde avoga por que as cámaras de comercio continúen adaptando os seus servizos á realidade das empresas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avogou hoxe, durante o acto Démoslle unha volta á Cámara, celebrado na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela, por que as cámaras de comercio sigan apostando por adaptar os servizos que prestan á realidade empresarial.
Neste sentido, lembrou que, nun momento de transformación tecnolóxica como o actual, as empresas precisan acompañamento, recursos e formación para gañar en competitividade. Ao mesmo tempo, incidiu na importancia de velar pola unidade e pola integración de todo o tecido produtivo para contar con cámaras de comercio máis fortes.
Máis información