Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 03 Outubro, 2019
    O comercio coruñés de proximidade súmase ata o 20 de outubro á nova edición dos Días Azuis para poñer en valor o sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Coruña na presentación da edición de outono dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebra en toda Galicia ata o 20 de outubro. Con esta iniciativa búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e o presidente da Federación de Comercio da Coruña, Miguel Agromayor; ademais do director territorial de Abanca, José Manuel Vilariño Orgeira; a que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro. Na Coruña, o obxectivo é superar os 27.000 tíckets de compra rexistrados na provincia na edición celebrada o pasado mes de maio. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros