Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 04 Marzo, 2020
    A Xunta informa aos comerciantes santiagueses das axudas para impulsar a innovación e a sustentabilidade no sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes de Santiago de Compostela dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo. Tal e como sinalou Sol Vázquez, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, que ofrece axudas para actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 20 de outubro de 2020. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up. Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño. O encontro informativo, no que tamén se abordaron algunhas das novas tendencias no ámbito da dixitalización, celebrouse na praza de abastos de Santiago de Compostela.

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros