Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 21 Febreiro, 2020
    Hoxe publícase a orde pola que se regula a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo
    ORDE do 31 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN225A). Máis información
  • 21 Febreiro, 2020
    Hoxe publícase a orde pola que se regulan as subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial
    ORDE do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D). Máis información
  • 21 Febreiro, 2020
    Hoxe se publica a orde reguladora das subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal
    ORDE do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300C). Máis información
  • 10 Decembro, 2019
    Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na entrega dos Premios do Comercio Galego 2019 o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos consumidores. Neste sentido, Conde sinalou a necesidade de poñer o cliente no centro da estratexia. Esta é a filosofía que guía Comercio 360, iniciativa coa que a Xunta aposta tanto pola dixitalización como pola sustentabilidade, e á que se destinan 5,6 millóns de euros nos orzamentos de 2020. Ademais, tal e como sinalou Conde, o vindeiro ano reforzarase o comercio no rural, coa creación de puntos de recollida que permitan ter unha actividade máis competitiva, e avanzarase na consolidación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño. Tamén se contemplan apoios para mercados e espazos comerciais ou a promoción de produtos galegos con especial atención á artesanía. O conselleiro, que destacou o papel cohesionador e integrador do comercio de proximidade nas cidades e vilas galegas, sinalou que os establecementos premiados hoxe son exemplo da importancia de adaptarse aos novos tempos, transformando os negocios seguindo o ritmo das necesidades dos consumidores e empregando as mellores ferramentas dispoñibles para alcanzar ese obxectivo. Os Premios do Comercio Galego 2019 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e off line. O Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 9.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros. O Premio Comercio de Galicia 2019 recaeu en Lolita Moda, que xorde en Noia en 1960 como un negocio familiar. Actualmente dispoñen de oito tendas físicas (tres delas especializadas en nenos) en Boiro, Noia, Ribeira, Bertamiráns (Ames) e Pontevedra. No 2014 lanzan a súa tenda on line, con máis de 50 marcas e 7.000 referencias. No tocante ao premio provincial da Coruña, obtívoo Olivares Shoes & Bags, empresa de venda polo miúdo de produtos de moda de muller. Fundada en Ferrol no ano 2010, conta tamén con establecementos na Coruña e Santiago, e dispón de venda en liña. Na provincia de Lugo, resultou gañador Albo Zapaterías, unha empresa familiar de Viveiro con preto de 65 anos de traxectoria e que soubo anticiparse aos cambios experimentados polo sector nos últimos anos. Na actualidade contan con catro tendas situadas no casco histórico de Viveiro. Albo Shop Online opera en toda España así como en seis países da Unión Europea. En Ourense prémiase a 4Elementos, centrada na moda urbana e o calzado deportivo, e que conta despois de dez anos con cinco tendas físicas situadas en Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Madrid, ademais da tenda en liña. O Premio Comercio Pontevedra é para Mekkdes, unha tenda que nace en 2011 a través da súa web, e que, despois de vender en establecementos multimarca de toda España, en abril de 2018 abre a súa primeira tenda física en Vigo. O premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes recaeu na Fundación Santiago Centro-Área Comercial, pola posta en marcha de diversas accións estreitamente vinculadas coa transformación dixital, entre as que destacan a creación do Grupo de Comercio Innovador, a posta en marcha dunha plataforma online de venda conxunta de produtos en outlet, ou a distribución mensual dun boletín de innovación. Máis información
  • 29 Novembro, 2019
    A Xunta anima aos comerciantes ourensáns a aproveitar as vantaxes da nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe aos comerciantes ourensáns da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, celebrado na delegación territorial da Xunta en Ourense, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural Máis información
  • 12 Novembro, 2019
    Conde apunta que o comercio de proximidade debe responder aos desafíos con innovación e centrando a súa estratexia nos clientes
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na entrega de premios da última edición da campaña Días azuis do comercio galego que os establecementos de proximidade debe saber anticiparse aos novos desafíos respondendo con innovación e buscando o grao extra de diversificación ao tempo que se pon ao cliente no centro da súa estratexia. Na súa intervención, o conselleiro apuntou que o comercio, que representa algo máis do 14% do tecido empresarial galego, significa calidade de vida para o seu entorno. Tal e como destacou, o obxectivo debe ser seguir crecendo e diversificando a actividade sen que se desvirtúe a identidade de cada negocio. Para apoiar ese crecemento, a Xunta ten en marcha Comercio 360, unha iniciativa que busca a competitividade a través da dixitalización, a economía circular e o produto local. Así, estanse desenvolvendo medidas centradas na implantación do tícket dixital, o impulso da ecoinnovación, o marketing en liña ou a reforma dos establecementos. Na campaña Días azuis do comercio galego, realizada entre o 1 e o 20 de outubro en colaboración coa Federación Galega de Comercio e Abanca, rexistráronse máis de 108.700 participacións, un 13% máis con respecto ao ano anterior e un 6% desde a convocatoria de maio. No acto de hoxe fíxose entrega aos clientes gañadores dos 16.200 euros en premios repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. O listado completo dos 80 premiados pode consultarse en https://www.diasazuis.com/ganadores. É a cuarta vez que se desenvolve esta iniciativa, e a primeira ocasión na que se celebran dúas edicións anuais, sendo o obxectivo principal dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes. Máis información
  • 04 Novembro, 2019
    A Xunta destina 160.000 euros a impulsar a competitividade do comercio de proximidade nas comarcas do sur de Lugo
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder axudas por importe de 159.200 euros para impulsar o sector comercial nas comarcas do sur lucense. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acudiu hoxe a Monforte de Lemos para explicar estas achegas acompañado, entre outras persoas, pola presidenta do Centro Comercial Urbano dese concello, María José Senra, e o xerente Ángel Folgueira. Balseiro sinalou que a Xunta destina 40.000 euros ao Centro Comercial Urbano de Monforte e outros 40.000 euros á Asociación de Comerciantes de Chantada ao abeiro dun programa para fomentar o asociacionismo do sector, e 79.200 euros en axudas para 13 comerciantes e obradoiros artesáns mediante unha orde de subvencións específica para modernizar o comercio retallista. Respecto ás primeiras, o delegado subliñou a colaboración da Consellería coas asociacións de comerciantes para dinamizar e revitalizar os centros comerciais abertos, creando espazos confortables e de lecer que incentiven as compras nos comercios das vilas e cidades galegas. Balseiro destacou como principal novidade a posibilidade de recibir axudas orientadas á posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados, para a modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web ou iniciativas de marketing dixital. Neste sentido, afirmou que o comercio local ten que “aproveitar todos os espazos de difusión dispoñibles e ter tamén presencia nas redes” e incidiu “no esforzo de adaptación que están a realizar os comerciantes”. Ao respecto, lembrou que na zona sur, os 13 beneficiarios das axudas para modernización recibiron apoio para propostas de dixitalización: creación de páxinas web, xestión de redes e mellora da imaxe dixital en xeral. A convocatoria admitía solicitudes por máis dun concepto, polo que dous dos comerciantes obtiveron tamén achegas para a reforma e acondicionamento integral dos seus establecementos, e un terceiro para un proxecto de expansión comercial, isto é, para abrir un novo local baseado no desenvolvemento da empresa xa existente. Do total de comercios beneficiarios, nove están situados no concello de Monforte de Lemos, dous en Chantada, e hai tamén un en Taboada e outro en Bóveda. Entre todos, suman un investimento mobilizado de 132.000 euros. Máis información
  • 28 Outubro, 2019
    A Xunta apoia con 220.000€ ás asociacións de comerciantes da comarca de Santiago
    O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá varios comercios da zona monumental, acompañado por José Manuel Vello, presidente da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental. Esta entidade é unha das beneficiarias das axudas ás asociacións de comerciantes con 40.000 euros, aprobadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que teñen como obxectivo reforzar o papel destas asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Como novidade, entre as actuacións apoiadas inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados. No caso das axudas para a asociacións de praceiros de Santiago recibirán achegas desta orden a asociación de usuarias Casillas da praza de abastos e a entidade que agrupa aos profesionais da praza de Padrón por un total de máis de 19.600 euros. Ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros. Finalmente, a Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén destina máis de 66.000 euros á Federación Galega de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros de Santiago e á Federación de Libreiros de Galicia. Esta liña está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios poden chegar aos 49.000 euros. Na comarca de Santiago as 8 axudas aprobadas suman un total de 220.000 euros. No ámbito provincial a Xunta concede en total a centros comerciais abertos, prazas de abastos e federacións de comercio 26 achegas cun investimento total que supera os 672.000 euros. Estas achegas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao comercio de Galicia, que ten como entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. O Teu Xacobeo A entidade Compostela Monumental tamén recibiu outra achega da Consellería de Cultura e Turismo, dentro do programa de “O Teu Xacobeo”, de case 17.000 euros para levar a cabo unha Guía Turística comercial do casco histórico e para adquisición de bolsas para a promoción de Xacobeo 2020. “O Teu Xacobeo” na comarca de Santiago permitirá impulsar 74 iniciativas de dinamización en 12 concellos desta área. Ovidio Rodeiro informou que estas actividades contan cun investimento de máis de 1 millón de euros por parte da Xunta Na comarca de Santiago apoiaranse a 4 centros comerciais abertos, concretamente, dous da cidade de Santiago, un en Arzúa e outro en Melide cunhas axudas que superan os 135.000 euros. Estas achegas destínanse a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. Máis información
  • 25 Outubro, 2019
    A Xunta aposta pola utilización das TIC para impulsar a xestión das empresas artesás e a comercialización dos seus produtos
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na entrega de diplomas do Programa de autoemprego e consolidación empresarial para o sector da artesanía e do Programa de transformación dixital en sectores tradicionais organizados pola Cámara de Comercio de Santiago coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Incyde. Preto de 50 persoas participaron nestes programas de formación, que buscan fomentar o emprendemento e favorecer o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) para mellorar a xestión e a comercialización na artesanía e outros sectores tradicionais. Máis información
  • 23 Outubro, 2019
    A Xunta convida aos comerciantes lucenses a sumarse á nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe aos comerciantes lucenses da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, celebrado na sede da Federación Galega de Comercio, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural Máis información
  • 22 Outubro, 2019
    A Xunta informa aos comerciantes da Coruña das vantaxes da nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe aos comerciantes coruñeses da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, entre os que se atopa o municipio da Coruña, e, dentro desta comarca, os de Abegondo, Cambre, Carral e Culleredo. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, celebrado na delegación territorial da Xunta na Coruña, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural. Máis información
  • 19 Outubro, 2019
    A Xunta apunta en Padrón a importancia de achegar aos consumidores a calidade dos mercados galegos
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na entrega de premios da terceira edición do concurso fotográfico Quere o teu mercado a importancia de achegar á cidadanía a calidade e a profesionalidade das prazas de abastos galegas. O certame fotográfico, impulsado pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal), tivo lugar do 25 de maio ao 25 de xullo, co obxectivo de premiar as mellores imaxes que reflectisen os valores que achegan as prazas de abastos, destacando os produtos frescos, a súa calidade, ou a atención personalizada, entre outros aspectos. A fotografía gañadora, que recibirá unha tablet, foi elixida por un xurado de entre as máis votadas nas redes sociais. Corresponde a unha imaxe presentada por Ana María Muñoz, feita na praza de abastos de Bueu. A súa foi a imaxe máis votada tanto polo público (a través do Facebook de Fepregal) como por parte do xurado profesional. A fotografía de Aida Rado do Mercado das Conchiñas, na Coruña, foi a segunda máis votada polo público, e polo tanto, a gañadora do segundo premio, dotado cun cheque regalo valorado en 200 euros de compra na plataforma de venda en liña das prazas de abastos de Galicia. O concurso formou parte das actividades organizadas por Fepragal con motivo da campaña internacional Quere o teu mercado, que en Galicia promove cada ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Máis información
  • 17 Outubro, 2019
    A Xunta colabora con dez asociacións da provincia de Ourense para continuar traballando na dinamización e revitalización do comercio de proximidade
    A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, informou que ao abeiro dos programas de apoios ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCAs) e prazas de abastos, e do destinado ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, este ano resultaron beneficiados na provincia ourensá oito CCAs, unha asociación de praceiros e unha federación cunha achega de preto de 312.000 euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente ambas as dúas resolucións da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Díaz Mouteira explicou que o obxectivo é reforzar o papel destas asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Así indicou que estas axudas permitirán realizar diferentes campañas de dinamización comercial, incorporar sistemas de fidelización, realizar melloras na sinalización comercial externa, así como financiar a unidade xerencial que inclúe os gastos de persoal e de oficina. Como novidade, entre as actuacións apoiadas inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados. Súmase a este programa por primeira vez a Asociación de Comerciantes de Celanova que, xunto cos centros comerciais abertos de Verín, Ribadavia, Carballiño, O Barco de Valdeorras e de tres existentes na capital (Ourense Centro, Ourense Norte e Couto Centro), reciben un total de 275.069 euros. Esta liña tamén se dirixe a asociacións de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros. Precisamente esta é a cantidade obtida pola Asociación de comerciantes e industriais da Praza de Abastos nº1 da cidade das Burgas. Canto á liña dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, na provincia de Ourense foi beneficiaria a Federación de Comercio de Ourense que recibiu unha axuda de máis de 27.000 euros. A delegada territorial deu conta destas axudas, coas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a competitividade do sector comercial, durante a visita que realizou esta mañá ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro que obtivo a máxima achega posible, cifrada en 40.000 euros. Asociacionismo comercial Marisol Díaz mantivo unha xuntanza con membros da súa directiva e puxo de relevo o traballo que desenvolve esta asociación comercial desde a súa constitución, a prol da dinamización dos comercios do centro da cidade coa posta en marcha de distintas iniciativas. Os responsables deste colectivo, que conta con 161 establecementos asociados dos que 120 son comercios, traballan pola revitalización integral do comercio do centro de Ourense e a transformación dun espazo comercial moderno, atractivo e competitivo. A representante do Goberno galego coñeceu as accións postas en marcha dentro do Plan estratéxico de actuación 2018-2019 deste CCA que incluíu campañas de dinamización como as que se desenvolven coincidindo co Nadal e o día de San Valentín, a Shopping Night, Black Friday e Compra sen medo. Así mesmo, esta asociación de comerciantes tamén ofertou sistemas de fidelización como o ticket gratuíto de aparcamento para facilitar as compras nos establecementos asociados e a tarxeta Socio Vip destinados aos xerentes e empregados dos comercios pertencentes ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro co fin de fomentar o consumo interno entre os comercios asociados. Máis información
  • 17 Outubro, 2019
    A Xunta convida aos comerciantes da comarca do Barbanza a sumarse á nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe en Ribeira da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa á que convidou ao unirse aos comerciantes da comarca do Barbanza e que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade dos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural. Máis información
  • 15 Outubro, 2019
    A Xunta convida aos comerciantes composteláns a aproveitar as vantaxes da nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe aos comerciantes composteláns, nun acto celebrado na Praza de Abastos, da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade de Santiago de Compostela e dos outros 137 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural. Máis información
  • 12 Outubro, 2019
    A Xunta destaca na Coruña a necesidade de sensibilizar aos máis novos sobre a importancia do comercio de proximidade
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou hoxe na Coruña a necesidade de sensibilizar aos máis novos para que coñezan a importancia do comercio de proximidade e os seus valores, ao tempo que agradeceu o importante labor que desenvolven neste ámbito as asociacións de comerciantes. A directora xeral participou na entrega de premios do certame de vídeo Os pequenos co pequeno comercio, organizado pola Federación de Comercio da provincia da Coruña e que conta coa colaboración da Xunta. Nesta iniciativa participaron nenos e nenas de entre 12 e 13 anos de toda a provincia, e outorgáronse aos mellores traballos un total de 20 premios de entre 100 e 300 euros en tarxetas agasallo para ser utilizadas nos comercios de proximidade. O respaldo ao asociacionismo comercial, no que se enmarca o apoio a esta actuación, é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Máis información
  • 11 Outubro, 2019
    Hoxe publícase no DOGA a orde pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020
    ORDE do 4 de outubro de 2019 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020. Máis información
  • 10 Outubro, 2019
    A Xunta e a Federación Galega de Comercio informan en Noia sobre a nova plataforma para empregar o tícket dixital
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta tarde en Noia nunha xornada na que se informou aos comerciantes da nova plataforma de tícket díxital que a Xunta desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Tal e como se salientou na reunión, que se celebrou en colaboración co centro comercial aberto Noia Histórica, o tícket electrónico permite achegar unha maior comodidade e garantía aos clientes, evitando a perda ou deterioro do tícket en papel, ao tempo que minimizan o uso do papel e os contaminantes vinculados aos procesos de impresión. Esta medida enmárcase no programa Comercio 360, unha iniciativa coa que se busca mellorar a competitividade do comercio de proximidade poñendo ao consumidor no centro de todas as decisións. Con 5,7 millóns de euros para este ano, búscase poñer en valor a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social e o deseño. Máis información
  • 08 Outubro, 2019
    Hoxe publícase no DOG a Orde pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    Máis información
  • 03 Outubro, 2019
    O comercio coruñés de proximidade súmase ata o 20 de outubro á nova edición dos Días Azuis para poñer en valor o sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Coruña na presentación da edición de outono dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebra en toda Galicia ata o 20 de outubro. Con esta iniciativa búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e o presidente da Federación de Comercio da Coruña, Miguel Agromayor; ademais do director territorial de Abanca, José Manuel Vilariño Orgeira; a que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro. Na Coruña, o obxectivo é superar os 27.000 tíckets de compra rexistrados na provincia na edición celebrada o pasado mes de maio. Máis información

  • Páxina 2 de 85

  • Mostrando do 21 ao 40 dun total de 1686 rexistros