Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 01 Outubro, 2019
    O comercio lucense de proximidade celebra ata o 20 de outubro unha nova edición dos Días Azuis para impulsar as vendas
    O comercio lucense de proximidade celebrará dende hoxe e ata o día 20 unha nova edición da campaña Días Azuis, que pretende impulsar as vendas e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación desta iniciativa, que promoven a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio, en colaboración con Abanca. No acto participaron tamén o presidente da citada Federación, José María Seijas, e Javier Soto en representación da entidade financeira. Balseiro subliñou os bos resultados que está a dar esta campaña, que alcanza xa a cuarta edición. Na anterior, que se desenvolveu no mes de maio, rexistráronse 29.000 tíckets de compra na provincia de Lugo. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro Máis información
  • 27 Setembro, 2019
    Unha nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego impulsarán do 1 ao 20 de outubro as vendas do sector e a súa posta en valor
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación da edición de outono dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebrará do 1 ao 20 de outubro. Con esta iniciativa búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; a que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego contará coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro. Máis información
  • 24 Setembro, 2019
    Hoxe publícase en DOGA a ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios do comercio galego
    Hoxe publícase en DOGA a ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios do comercio galego. Máis información
  • 19 Setembro, 2019
    Rueda salienta que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasa
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago. Esta iniciativa de apoio ao pequeno comercio, que entronca co obxectivo estratéxico do Goberno galego, como é o Ano Santo, foi abordada esta mañá polo Consello da Xunta. Na rolda de prensa posterior, Rueda destacou que a Rede busca a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados na ruta; mellorar os servizos que reciban os peregrinos; e fidelizar aos clientes, fomentando a relación online cando volvan aos seus lugares de orixe. O vicepresidente da Xunta recordou que Galicia conta cun Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 e coa iniciativa Comercio 360. Así mesmo, detallou que existe unha Estratexia cara ao Xacobeo 2021. Á Rede, dixo, poderanse sumar os establecementos comerciais e os vendedores de prazas de abastos, e tamén as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. Máis polo miúdo, Rueda explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a orde que regula a Rede e que incluirá tamén axudas que poderán chegar ata 2.800 euros por beneficiario. Máis información
  • 10 Setembro, 2019
    A Xunta destaca a Feira do Moble de Galicia como un referente no impulso ao sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta mañá na Estrada na presentación da 33ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebrará do 18 ao 22 de setembro no recinto feiral do concello pontevedrés. No acto, a directora xeral destacou o papel desta iniciativa, que conta co apoio da Xunta, como un referente nos encontros feirais que se celebran en Galicia, destacando que contribúe a impulsar e dinamizar o sector comercial e da industria forestal na Comunidade. A Feira do Moble de Galicia, que na anterior edición contou con 12.000 visitantes, conta con máis de 60 expositores cunha ampla variedade de estilos, centrados tanto no mobiliario como na decoración, o interiorismo, a iluminación e os agasallos e complementos. Ademais, o encontro, que abrirá en horario de 11 a 20 horas, ofrece diferentes actividades e exposicións paralelas, como a do Camiño de Santiago debuxado, unha mostra de bonsais, outra de reciclaxe e unha de vehículos de ocasión. Ademais, os visitantes poden participar en Máis información
  • 09 Agosto, 2019
    A Xunta destaca en Ribeira o impulso ao comercio de proximidade con axudas á ecoinnovación para favorecer a economía circular
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe en Ribeira na XIV Viamare Stock 2019, Feira de Oportunidades, onde lembrou o impulso que está a dar a Xunta ao comercio de proximidade a través de diferentes medidas como son as axudas que por máis de 800.000 euros impulsarán a ecoinnovación. Vázquez, precisamente, informou sobre que hoxe remata o prazo de solicitude para acceder a estes apoios, un programa que permite aos comerciantes adherirse á plataforma de tícket dixital impulsada xunto coa Federación Galega de Comercio. Deste xeito, poderán achegar unha maior comodidade e garantía aos clientes, ao tempo que minimizan o uso do papel e os contaminantes vinculados aos procesos de impresión. Con esta iniciativa promóvese tamén a utilización de ecoenvases, a través de materiais biodegradables e a eliminación progresiva dos plásticos. Tamén se concederán apoios para a implantación e posta en marcha de proxectos que favorezan a economía circular, a través de actuacións como a reciclaxe. Do que se trata é de contar cun comercio máis moderno e competitivo e contribuír ao coidado do planeta, segundo subliñou a directora xeral. Estas axudas diríxense tanto a comerciantes e obradoiros artesanais como a centros comerciais abertos e asociacións de praceiros co obxectivo de impulsar a dixitalización e a innovación, dos aspectos que axudan á modernización do comercio de proximidade, gañando en competitividade e rendibilidade. Esta actuación enmárcase na iniciativa Comercio 360 coa que a Xunta está apostando pola dixitalización comercial, a economía circular e o produto local. O obxectivo principal desta acción é darlle un pulo ao sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización. As novas medidas, que xa están en marcha, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial. Comercio 360 desenvolverase ata 2021 destinándose neste primeiro exercicio en Galicia 5,7 M€ para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman ás de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que convocou este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria. A directora xeral mostrou, deste xeito, o apoio que a Xunta está a dar ao comercio de proximidade, salientando o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial e coa modernización e impulso á competitividade do comercio galego. Máis información
  • 02 Agosto, 2019
    A Xunta destaca o apoio ao comercio de proximidade e aos centros comerciais abertos na feira de oportunidades SaldoMarín
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na inauguración da XIII edición da Feira de Oportunidades SaldoMarín que se celebra na vila pontevedresa ata o próximo domingo 4 de agosto. A directora xeral mostrou o apoio que a Xunta está a dar aos Centros Comerciais Abertos de Galicia para seguir impulsando o comercio de proximidade. Neste caso, o CCA Estrela Marín organiza un dos eventos con máis tradición no concello marinense co obxectivo de axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos baixos. Vázquez, así mesmo, salientou o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial e coa modernización e impulso á competitividade do comercio de proximidade galego. Máis información
  • 31 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta ‘Comercio con talento’ premia as tendas coruñesas Varaston, Crafty Lu, Ai! Carmiña e a queixería da praza de Vigo
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos coruñeses Varaston, Crafty Lu, Ai! Carmiña e a queixería da praza de Vigo catro dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso da tenda Varaston, premiada a proposta de Cristina Fernández Trillo, alumna do IES Ramón Menéndez Pidal ao igual que os outros estudantes que resultaron gañadores na Coruña, defínese como a primeira utilería de Galicia. Neste comercio próximo ao mercado de San Agustín poden adquirirse utensilios de cociña, ferramentas ou xabóns, destacando a aposta pola tecnoloxía na xestión do negocio, o coidado empaquetado ou o trato ao cliente. Crafty Lu, elixida grazas ao traballo de Laura Fraguío, é unha mercería situada na avenida de Hércules que, ademais de ofrecer material para costura e manualidades, organiza diferentes cursos e actividades para os seus clientes. Ai! Carmiña, situado en Orillamar, e proposta por Judit Campoy, é un taller de flores especializado na decoración de vodas que aposta pola creatividade e a natureza. Contan con tenda en liña, reparto a domicilio en bicicleta e organizan diferentes obradoiros. Tamén conta con reparto a domicilio en bicicleta a queixería da praza de Vigo, proposto por Borja López. Este comercio especializado destaca pola calidade e a variedade, e o coidado ao produto, queixos artesanais tanto nacionais como internacionais. Máis información
  • 29 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta ’Comercio con talento’ premia o establecemento lucense Zoco Deco
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, entregou hoxe ao establecemento lucense Zoco Deco un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso do establecemento de artesanía e decoración Zoco Deco, as alumnas do CIFP As Mercedes María Armiño e Paula Vergara destacan, entre outros aspectos, a coidada selección e presentación dos produtos, e a aposta pola dixitalización e a venda a través de internet. Máis información
  • 23 Xullo, 2019
    A Xunta premia o establecemento de Ordes ‘Pepa a Loba’ no certame ‘Comercio con talento’
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe ao establecemento ordense Pepa a Loba un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook da Rede de dinamización comercial (Redic), polo que un dos 10 premios decídese polo número de “gústame” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. Precisamente o establecemento de artesanía e deseño Pepa a Loba, elixido a proposta de Ana Varela Grovas, do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, foi o comercio máis votado nas redes sociais. No seu traballo, a alumna destaca que é “unha aposta forte polo coidado esmerado do detalle, a procura da calidade nos seus produtos e a volta ao de antes, ao tradicional cun aire renovador e creativo”. Máis información
  • 22 Xullo, 2019
    Os establecementos vigueses Mkkdes e Coclub reciben os premios da iniciativa Comercio con Talento
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos vigueses Mkkdes e Co club dous dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso de Mkkdes, elixida a proposta de Xiana Giráldez, do Colexio Mendiño, foi creada en 2011 como unha tenda en liña, ata que en 2013 decidiron establecer o seu primeiro comercio en Vigo. A alumna destaca a atención ao cliente, a presenza nas redes sociais ou os servizos de personalización da roupa. Co club, proposto por Iris Martínez, tamén do Colexio Mendiño, xestiona o intercambio de roupa usada, tanto na súa tenda física como a través de internet e das redes sociais, promovendo así a reutilización e o consumo responsable. Máis información
  • 19 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta Comercio con Talento premia os establecementos composteláns Maravalla e O colmado da vila
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos composteláns Maravalla e O colmado da vila dous dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso de Maravalla, tenda de produtos cosméticos naturais situada no centro histórico, en concreto na rúa das Orfas, foi premiado a proposta de Andrea Riveiro, alumna do ciclo medio de Actividades comerciais no IES Pontepedriña. No seu traballo, destaca deste establecemento o deseño do local, o packaging do produto e o servizo e atención ao cliente, incluíndo a presenza nas redes sociais, ademais do compromiso ambiental e coa contorna. O colmado da vila, situado na rúa Alfredo Brañas, foi galardoado grazas ao traballo presentado por Uxía Jorge Pombo, tamén alumna do ciclo medio de Actividades comerciais no IES Pontepedriña. A estudante premiada resalta que se trata dun negocio de venda a granel, responsable e sostible especializado en repostería, pero que dispón dunha ampla variedade de produtos de alimentación e utensilios de cociña. Máis información
  • 10 Xullo, 2019
    A Xunta activa axudas por máis de 800.000 euros para impulsar a ecoinnovación no comercio de proximidade
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou hoxe da posta en marcha dun novo programa de axudas por máis de 800.000 euros para impulsar a ecoinnovación no comercio de proximidade galego. Conde, que participou nun encontro celebrado en Santiago da iniciativa Comercio 360, mediante a cal Galicia aposta por “liderar unha verdadeira transformación do sector” anticipándose ás novas demandas e necesidades dos clientes, apuntou que mediante os novos apoios se busca non só contar cun comercio máis moderno e competitivo, senón “contribuír ao coidado do planeta, a través dun comercio responsable e sustentable”. Mediante o novo programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 9 de agosto, os comerciantes poderán adherirse á plataforma de tícket dixital impulsada xunto coa Federación Galega de Comercio. Deste xeito, poderán achegar unha maior comodidade e garantía aos clientes, ao tempo que minimizan o uso do papel e os contaminantes vinculados aos procesos de impresión. Ademais, promoverase a utilización de ecoenvases, a través de materiais biodegradables e a eliminación progresiva dos plásticos. Tamén se concederán apoios para a implantación e posta en marcha de proxectos que favorezan a economía circular, a través de actuacións como a reciclaxe. Tal e como explicou Conde, estas axudas diríxense tanto a comerciantes e obradoiros artesanais como a centros comerciais abertos e asociacións de praceiros. Segundo o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, estas medidas demostran como a dixitalización e a innovación axudan á modernización do comercio de proximidade, gañando en competitividade e rendibilidade. Máis información
  • 09 Xullo, 2019
    Hoxe publícase no DOGA a orde do 27 de xuño de 2019 reguladora de la concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial
    ORDE do 27 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300D). Máis información
  • 22 Xuño, 2019
    A Xunta destaca a importancia das prazas de abastos de Galicia como motores do comercio de proximidade e xeradoras de emprego
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe as instalacións onde está emprazado o mercado provisional de Ourense con motivo do seu primeiro aniversario, onde destacou a importancia das prazas de abastos de Galicia como motores do comercio de proximidade e xeradoras de emprego. Vázquez sinalou que os mercados galegos son o mellor escaparate dos produtos galegos e lembrou que a praza provisional de Ourense vén de participar na campaña internacional Quere o teu mercado, que organiza a Xunta para visualizar o saber facer dos praceiros galegos. Nesta iniciativa teñen participado 86 mercados e máis de 3000 profesionais. O mercado provisional de Ourense púxose en marcha de xeito transitorio ata que rematen as obras de reforma que se están facendo na Praza de Abastos das Burgas. As instalacións provisionais convertéronse neste ano nun lugar de referencia na cidade ourensá. Para celebrar o seu primeiro aniversario, inaugurouse a exposición fotográfica Un paseo pola Praza e desenvolvéronse diversas actividades como o reparto de agasallos, música en directo e degustación de produtos Máis información
  • 17 Xuño, 2019
    A Xunta presenta en Santiago a iniciativa comercio 360 coa que aposta pola dixitalización, a economía circular e o produto local
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu hoxe en Santiago de Compostela a un curso sobre transformación dixital en sectores tradicionais, que organiza Incyde co apoio da Xunta e da Cámara de Comercio de Santiago, no que participan 25 persoas, onde informou sobre a nova iniciativa Comercio 360, coa que a Xunta aposta pola dixitalización do comercio, a economía circular e o produto local. En palabras da directora xeral, o obxectivo principal desta acción e darlle un pulo ao sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización. As novas medidas, que xa están en marcha, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial. Vázquez explicou aos comerciantes que Comercio 360 desenvolverase ata 2021 destinándose neste primeiro exercicio 5,7M€ para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman á convocatoria de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que convocou este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para promover o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360, a Xunta levará a cabo xornadas e a análise de casos de éxito, así como a posta en marcha dun espazo web específico. Por outra parte, publicará unha liña de axudas á ecoinnovación para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma do tícket dixital –que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel–; da promoción dos ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables; ou implantando proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos. Outra das novidades será a creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión, entre outros. Esta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, enmárcase na Estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade e ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades –reforzando tanto a súa imaxe física como dixital– e servizos, o que permitirá dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes. A Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen á estratexia 360; que máis de 1000 establecementos se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital. Máis información
  • 06 Xuño, 2019
    Conde salienta que o principal reto do comercio galego é seguir traballando para modernizarse, diferenciarse e fidelizar clientes
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe o traballo que está a facer o comercio galego por modernizarse, por diferenciarse e por fidelizar clientes, e destacou que é o principal reto ao que se enfronta. Así o puxo de manifesto durante o acto de entrega dos premios Días Azuis do Comercio Galego que, por terceiro ano consecutivo, desenvolven a Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta. Conde apuntou que se trata dunha campaña para poñer en valor o comercio de proximidade e premiar a confianza dos consumidores, tendo en conta que se trata dun sector ao que en Galicia pertencen máis do 14% das empresas galegas. O comercio local, dixo, é unha fonte de emprego e actividade económica nas nosas vilas e cidades, que axuda a crear e a compartir barrio porque lle dá identidade e que contribúe á transformación das cidades desde o punto de vista da mobilidade. O conselleiro sinalou a importancia de que o sector leve a cabo a integración das novas tecnoloxías porque, pese a que o centro de todo segue a ser o cliente –observou–, a maneira de chegar a el é o que está cambiando. Nese sentido, recoñeceu que hoxe en día todo xira en torno á experiencia do cliente, e cara a satisfacer esa experiencia é cara a onde ten que dirixir todos os seus esforzos o pequeno comercio. Apelou, así, á necesidade de dar unha nova imaxe ao pequeno comercio en Galicia aproveitando os valores que o fan diferente, como a proximidade ou o trato personalizado, incorporando a tecnoloxía e internet como grandes aliados. Comercio 360 Con ese obxectivo, a Xunta vén de poñer en marcha Comercio 360, un programa que busca mellorar a competitividade do sector a través da dixitalización, o deseño, a economía circular e a promoción do produto local. Trátase dunha iniciativa á que se destinan 5,7 millóns de euros este ano para axudar a máis de 10.000 establecementos comerciais galegos a modernizar a súa imaxe. Para iso, contempla medidas que van desde o tícket dixital, ata outras destinadas a impulsar a ecoinnovación nos envases, pasando polo márketing en liña ou pola reforma de establecementos. Conde apuntou que a modernización deste sector é o obxectivo macro do Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que, ata 2020, destina 70 millóns de euros a este fin: conseguir un comercio do século XXI e, polo tanto, un comercio máis accesible, moderno e competitivo. Máis información
  • 23 Maio, 2019
    A Xunta presenta ao sector a nova iniciativa comercio 360 co obxectivo de impulsar a súa competitividade e modernización
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou esta mañá en Ourense sobre a nova iniciativa Comercio 360, coa que a Xunta pretende dar un pulo a este sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización a través da dixitalización, a economía circular e o produto local. Tal e como explicou a directora xeral aos comerciantes ourensáns, as novas medidas, que se poñerán en marcha a partir deste mes, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial. Cunha visión a tres anos (2019-2021), neste primeiro exercicio destinaranse 5,7M€ para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman á convocatoria de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que está aberta ata o 27 de maio. A Consellería de Economía, Emprego e Industria promoverá o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360 coa realización de xornadas e a análise de casos de éxito, así como a posta en marcha dun espazo web específico. Por outra parte, impulsará unha liña de axudas á ecoinnovación para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma do tícket dixital –que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel–; da promoción dos ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables; ou implantando proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos. Outra das novidades será a creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión, entre outros. Esta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, enmárcase na Estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade e ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades –reforzando tanto a súa imaxe física como dixital– e servizos, o que permitirá dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes. A Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen á estratexia 360; que máis de 1000 establecementos se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital. Máis información
  • 21 Maio, 2019
    A Xunta presenta ao sector a nova iniciativa Comercio 360 co obxectivo de impulsar a súa competitividade e modernización
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou esta mañá en Pontevedra sobre a nova iniciativa Comercio 360, coa que a Xunta pretende dar un pulo a este sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización a través da dixitalización, a economía circular e o produto local. Tal e como explicou a directora xeral aos comerciantes pontevedreses, as novas medidas, que se poñerán en marcha a partir deste mes, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial. Cunha visión a tres anos (2019-2021), neste primeiro exercicio destinaranse 5,7M€ para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman á convocatoria de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que está aberta ata o 27 de maio. A Consellería de Economía, Emprego e Industria promoverá o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360 coa realización de xornadas e a análise de casos de éxito, así como a posta en marcha dun espazo web específico. Por outra parte, impulsará unha liña de axudas á ecoinnovación para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma do tícket dixital –que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel–; da promoción dos ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables; ou implantando proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos. Outra das novidades será a creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión, entre outros. Esta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, enmárcase na Estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade e ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades –reforzando tanto a súa imaxe física como dixital– e servizos, o que permitirá dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes. A Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen á estratexia 360; que máis de 1000 establecementos se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital. Máis información
  • 14 Maio, 2019
    A Xunta presenta ao sector a nova iniciativa Comercio 360 co obxectivo de impulsar a súa competitividade e modernización
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou esta mañá na Coruña sobre a nova iniciativa Comercio 360, coa que a Xunta pretende dar un pulo a este sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización a través da dixitalización, a economía circular e o produto local. Tal e como explicou a directora xeral aos comerciantes coruñeses, as novas medidas, que se poñerán en marcha a partir deste mes, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial. Cunha visión a tres anos (2019-2021), neste primeiro exercicio destinaranse 5,7M€ para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman á convocatoria de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que está aberta ata o 27 de maio. A Consellería de Economía, Emprego e Industria promoverá o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360 coa realización de xornadas e a análise de casos de éxito, así como a posta en marcha dun espazo web específico. Por outra parte, impulsará unha liña de axudas á ecoinnovación para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma do tícket dixital –que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel–; da promoción dos ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables; ou implantando proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos. Outra das novidades será a creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión, entre outros. Esta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, enmárcase na Estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade e ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades –reforzando tanto a súa imaxe física como dixital– e servizos, o que permitirá dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes. A Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen á estratexia 360; que máis de 1000 establecementos se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital Máis información

  • Páxina 3 de 85

  • Mostrando do 41 ao 60 dun total de 1686 rexistros