Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 26 Xaneiro, 2016
    A Xunta destaca en Lalín a aposta polo smart commerce e a presenza na rede como clave para reforzar o comercio local
    Máis información
  • 26 Xaneiro, 2016
    A Xunta activa axudas por 5,7 millóns que permitirán continuar reforzando a competitividade do comercio de proximidade vigués
    Máis información
  • 22 Xaneiro, 2016
    A Xunta impulsa a promoción do produto artesán galego na exposición "Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI"
    Máis información
  • 20 Xaneiro, 2016
    A Xunta destaca en Mondariz a aposta polo smart commerce e a presenza na rede como clave para reforzar o comercio de proximidade galego.
    Máis información
  • 15 Xaneiro, 2016
    Economía, Emprego e Industria destaca o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio compostelán
    Máis información
  • 14 Xaneiro, 2016
    Economía, Emprego e Industria impulsa a presenza das empresas artesás na rede. A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou esta tarde nunha actividade formativa para que os profesionais do sector melloren a súa promoción e comercialización en i
    Máis información
  • 30 Decembro, 2015
    Hoxe se publican no Dog programas de apoio ao comercio que suman mais de 5,6 M€.
    Máis información
  • 29 Decembro, 2015
    A Cámara de Comercio de Lugo conta desde hoxe con novos órganos de goberno
    Máis información
  • 29 Decembro, 2015
    A Xunta concede a autorización autonómica para a implantación dun centro comercial en Vilagarcía de Arousa
    Máis información
  • 23 Decembro, 2015
    A Xunta apoia con máis de 75.000 euros a modernización e remodelación da praza de abastos do Carballiño
    Máis información
  • 21 Decembro, 2015
    A Xunta impulsa a feira Ofeitoamán en Vigo como cita de referencia da artesanía de Galicia no Nadal
    Máis información
  • 18 Decembro, 2015
    Os Premios Artesanía de Galicia recoñecen a viguesa Marta Armada, o ribeirense Domingo Ayaso e a coruñesa Verónica Moar
    Máis información
  • 15 Decembro, 2015
    Os ovos campeiros da empresa lucense Granja Campomayor contan xa co selo de garantía de Galicia Calidade
    Máis información
  • 14 Decembro, 2015
    A Xunta publica no DOG a resolución do 9 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade aos cambios producidos na Orde do 9 de outubro de 2015 de domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2016
    Máis información
  • 07 Decembro, 2015
    O Instituto Galego de Consumo reforza os controis sobre xoguetes e outros produtos de cara ás compras de Nadal

    Santiago, 7 de decembro de 2015.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo, ten en marcha unha nova edición da campaña Infonadal Consumo, unha iniciativa mediante a cal, de cara ás compras do Nadal, se reforzan as actuacións de control do mercado que a inspección de consumo leva a cabo permanentemente para garantir a seguridade dos produtos, así como as análises no Laboratorio de Consumo de Galicia. A iniciativa inclúe tamén accións formativas para atender á necesidade de orientación, información e formación dos consumidores galegos nestas datas, nas que está prevista a participación de preto de 800 persoas.

    Os controis realizados no marco de Infonadal céntranse nos xoguetes, e, entre eles, nos xoguetes para menores de tres anos, e nos xoguetes con imáns, así como as grilandas e os punteiros láser. Deste xeito garántese ao máximo a protección dos consumidores galegos durante o Nadal, época na que se incrementa a venda de produtos para os máis pequenos. A inspección de Consumo é a encargada de tomar as mostras no mercado, que posteriormente se envían ao Laboratorio de Consumo de Galicia, o único oficial público acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para o análise deste tipo de produtos.

    No caso de que se constate que algún destes produtos presenta riscos, procédese a notificar á Rede de alerta de produtos de consumo non alimenticios (SIRI), un sistema de información que funciona a nivel nacional e europeo e que permite a rápida adopción de medidas de reacción coordinadas para garantir a seguridade dos consumidores, como a inmobilización do produto, a retirada do mercado ou a modificación daquelas características que o converten en inseguro.

    Por outra banda, o Instituto Galego de Consumo tamén intensifica a vixilancia no cumprimento das obrigas dos establecementos que poñen os seus produtos a disposición dos consumidores: indicación de prezos, etiquetado, publicidade ou existencia de follas informativas.


    A posta en marcha da campaña Infonadal Consumo enmárcase na intensa labor de control do mercado que realiza durante todo o ano o Instituto Galego de Consumo, que sitúan a Galicia cada ano como unha das comunidades que máis produtos industriais perigosos detecta cada ano.

    Así, ao longo do pasado 2014, realizáronse no Laboratorio de Consumo de Galicia máis de 7.000 ensaios en máis de 500 produtos de consumo analizados, e o IGC comunicou á rede de alerta nacional un total de 70 produtos, situándose como a segunda autoridade autonómica de Consumo que realizou máis notificacións. Entre os produtos notificados, cabe sinalar que 37 eran xoguetes, tendo en conta que nas análises e inspeccións se presta especial atención aos produtos destinados aos consumidores máis vulnerables.

    Charlas formativas
    A campaña Infonadal complementa o labor de inspección e control con accións formativas a través da Escola Galega de Consumo (EGC), que oferta a colectivos e entidades a organización de charlas nas que se analizan as particularidades do consumo durante o Nadal e se propoñen alternativas para un consumo máis responsable e solidario, ao mesmo tempo que se explica, dun xeito sinxelo, que facer ante os problemas máis frecuentes coas compras do Nadal. Estas charlas participativas están dirixidas a todas as idades e o seu contido está especialmente adaptado ás necesidades propias dos grupos ao que van dirixidas.

    Consellos para mercar os xoguetes
    Á hora de mercar os xoguetes, o IGC resalta unha serie de consellos para garantir a seguridade e a idoneidade dos mesmos. Así, resulta fundamental comprobar que sexan axeitados á idade e ás habilidades físicas do neno, e asegurarse de que dispoñen do marcado CE. Tamén hai que comprobar que na etiqueta figura o nome e o enderezo do responsable do produto, ler as instrucións de manexo e as advertencias, e constatar que a etiqueta e as instrucións están polo menos en castelán. Ademais, débese asegurar que non teñan bordes cortantes, e que os xoguetes eléctricos non teñan fontes de alimentación de máis de 24 voltios.

    Máis información
  • 03 Decembro, 2015
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se conceden as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.
    Máis información
  • 30 Novembro, 2015
    O programa Venres nas Librarías clausura a actividade de 2015 en Vigo e en Ourense con encontros literarios e musicais

    Santiago, 27 de novembro de 2015.- O programa Venres nas librarías clausura a actividade de dinamización do libro e da lectura de 2015 con dous encontros literarios e musicais para o público infantil nos concellos de Vigo e Ourense, que terán lugar mañá sábado, 28 de novembro.

    Ás 12:00 horas, na libraría Andel da cidade viguesa, As Maimiñas, o grupo de autoras formado por Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, propoñeranlles aos máis novos unha viaxe musical e literaria arredor do mundo, na que presentarán o seu libro-disco ‘Unha viaxe polo mundo’, da Editorial Galaxia.

    Promovido polas consellerías de Cultura e Educación –a través da Secretaría Xeral de Cultura–, e de Economía e Industria –a través da Dirección Xeral de Comercio–, pola Federación de Librarías e pola Asociación Galega de Editores (AGE), Venres nas librarías tamén despedirá a programación de 2015 en Ourense, na libraría Káthedra. Alí, ás 12:30 horas, o músico e compositor coruñés Fran Amil fará gozar os máis novos cos poemas ilustrados e musicados do seu traballo ‘Un conto ao revés’, da Editorial Galaxia.

    Promoción do libro e da lectura
    Desde a súa posta en marcha o pasado 2 de outubro e ata o 28 de novembro, Venres nas librarías ofreceu semanalmente, os venres e os sábados, actividades para público adulto e infantil dirixidas a promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.

    Co obxectivo principal de promover o libro e a lectura, Venres nas librarías iniciou o pasado 2 de outubro a súa segunda edición, que terá continuidade en 2016 con novas actividades durante os meses de febreiro e de marzo. Neste tempo, o programa ofreceu semanalmente, os venres e os sábados, actividades para público adulto e infantil dirixidas a promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.

    Coa participación de 8 editoriais e 17 librarías
    Un total de 8 editoriais –Nova Galicia Edicións, Edicións do Cumio, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Hércules de Ediciones, Editorial Toxosoutos e Urco Editora– e de 17 librarías das catro provincias –Cartabón, Andel, Librouro e Casa del Libro, en Vigo; O Pontillón, en Moaña; Pedreira e Aenea en Santiago de Compostela; Trama, en Lugo; Káthedra, en Ourense; Suévia, Couceiro e FNAC, na Coruña; Nós, en Sanxenxo; Ler, en Cee; Day, en Narón; Bahía, en Foz; e Vagalume, en Lalín– participan neste espazo de encontro entre público lector, libreiros e libreiras, e escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.

    Concursos nas redes sociais
    Nestes dous meses, o programa tamén desenvolveu nas redes sociais, a través das contas de Twitter @conscultura e de Facebook www.facebook.com/CulturaGalegaXunta o concurso Andel do agasallo, con libros de regalo para as persoas que acertaron, a través de pistas, as publicacións das que se falou cada semana.

    Máis información
  • 28 Novembro, 2015
    A Xunta promove a diversificación do traballo das redeiras da Guarda con iniciativas de formación

     La directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, visitaron hoxe na Guarda o curso de formación para redeiras que está a impartir a artesá especializada en bixutería Alicia González. A iniciativa forma parte das novas actividades formativas impulsadas en colaboración pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería do Mar coas que se sigue afondando na promoción da diversificación profesional das redeiras artesás de Galicia.

    Con este obxectivo, estanse a celebrar seis cursos organizados pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño tanto na Asociación de redeiras Atalaia da Guarda como en Corme. As accións formativas céntranse no deseño de pezas específicas e na mellora da elaboración de complementos e presentación dos productos co fin de mellorar a comercialización dos artigos elaborados polas redeiras artesas de Galicia.

    Onte e hoxe celébrase na Guarda o curso de “Técnicas de enfiado para redeiras”, que xa tivo lugar a semana pasada na Asociación de redeiras Illa da Estrela na localidade de Corme. O obxectivo deste curso é a mellora da calidade, a aprendizaxe de novas técnicas e a elaboración de novos produtos de bixutería.

    O fotógrafo alemán residente en Lugo, Peter Schneider, impartirá o curso “Fotografía aplicada á artesanía” en Corme os días 12 e 13 de decembro e a continuación na Guarda os días 18 e 19. Con esta actividade búscase a adquisición de coñecementos e técnica que permitan realizar fotografías de calidade das pezas que elaboran as redeiras e a súa posta en valor a través de publicacións en webs e redes sociais ou comercio online.

    A deseñadora galega Montserrat Álvarez, directora do estudo de deseño de Ronan y Erwan Bouroullec de París, impartirá entre o 3 e o 30 de decembro na Guarda o curso “Deseño e produción de novos produtos de bixutería para redeiras” onde a través das técnicas e das súas posibilidades de traballo elaborarán unha nova liña de bixutería con novos materiais que permitirá ampliar o mercado das profesionais deste sector da artesanía galega.

    Na localidade coruñesa de Corme a deseñadora de moda Rosalía Castro impartirá o curso “Deseño e produción de novos complementos de moda para redeiras” co fin de achegarlles novas técnicas que potencien novos produtos de complementos vinculados ás tendencias e á moda actual.

    A formación e a colaboración entre artesanía e outras áreas de traballo forman parte da estratexia da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016.

    Máis información
  • 26 Novembro, 2015
    O Plan de inspección para 2016 busca mellorar a calidade do sector comercial e o servizo aos consumidores

    Santiago, 26 de novembro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Plan anual de inspección comercial para 2016, que incide na información e asesoramento aos comerciantes sobre a normativa comercial, así como na corrección dos incumprimentos, co obxectivo de mellorar a calidade do comercio galego e o servizo aos consumidores neste eido, e que se fixa o obxectivo de chegar a 1.000 establecementos ao longo do ano.

    Para iso poñeranse en marcha distintas campañas de información sobre normativa comercial, nas que os establecementos terán un prazo para emendar as infraccións detectadas; e de control do cumprimento da normativa. Estas últimas estarán centradas nas promocións de vendas (rebaixas, liquidacións e descontos); os prezos e os medios de pago; a devolución de produtos; as vendas a perda, os horarios comerciais e as feiras de oportunidades. Tamén se realizarán verificacións do cumprimento das subvencións.

    O publicado hoxe trátase do segundo Plan anual de inspección comercial tras a aprobación a finais de 2014 do decreto polo que se desenvolve regulamentariamente o papel da inspección de comercio de Galicia, regulada por primeira vez na Lei 13/2010 de comercio interior de Galicia.

    Este decreto contemplaba a posta en marcha de plans anuais de inspección como unha das principais novidades, co obxectivo de maximizar a eficacia e eficiencia da actividade inspectora que xa se viña desenvolvendo, e potenciando, igualmente, a actuación da inspección de comercio na súa vertente de apoio e asesoramento ao sector; así como a súa labor preventiva para corrixir determinados incumprimentos e mellorar aspectos da súa actividade en beneficio das persoas consumidoras.

    Neste sentido, cabe sinalar que dentro da campaña informativa incluída no Plan de inspección comercial para 2015, o primeiro tras a aprobación do decreto, se logrou un 96% de cumprimentos na segunda visita de comprobación. En total, no conxunto do Plan, que incluía tamén unha campaña de vixilancia e outra de verificación das subvencións, realizáronse preto de 950 inspeccións no que vai de ano.

    Máis información
  • 23 Novembro, 2015
    Os viños da adega das Neves Señorío de Rubiós contan xa co selo de garantía de Galicia Calidade

    As Neves (Pontevedra), 23 de novembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeron hoxe entrega nas Neves do certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á empresa pontevedresa Señorío de Rubiós.

    Con este recoñecemento, os viños desta compañía, certificados polas denominación de orixe Rías Baixas, poderán incluír na súa etiquetaxe este distintivo de calidade da Xunta. Coa incorporación desta nova compañía Galicia Calidade conta na actualidade con viños das cinco denominacións de orixe, cun total de doce adegas: Rías Baixas, con Adega dos Eidos, Adegas Tollodouro, Adegas Valdés, Vilarvín, e agora Señorío de Rubiós; Monterrei con Quinta do Buble e Gargalo; Ribeiro con Bodegas Narioa; Valdeorras con Bodegas Ruchel e A Coroa; e Ribeira Sacra con Regina Viarum e Vía Romana. O certificado de uso, con validez para os vindeiros tres anos, permitirá aos viños de Señorío de Rubiós incluír o distintivo nas etiquetaxes así como nas diferentes accións de promoción que estimen oportuno.

    Aposta pola calidade
    Señorío de Rubiós é unha adega da subzona do Condado do Tea que aposta desde a súa creación polos viños brancos e tintos da zona. A súa filosofía baséase en recuperar e manter a esencia dos viños de sempre, os que elaboraron os viticultores ao longo dos anos e que mellor expresan as características destas viñas.

    Desde a súa constitución no ano 2003, a adega traballou para recuperar e potenciar os viños tradicionais da localidade, como o condado branco (coas variedades treixadura, albariño, loureiro, godello e torrontés), o sousón ou o pedral, que se elabora só nesta adega. Unha aposta que lle permitiu gañar numerosos premios en diferentes concurso nacionais e internacionais

    Señorío de Rubiós conta neste 2015 cunha produción que supera o medio millón de litros, entre os seus viños tintos, brancos e espumosos. Na actualidade a adega traballa na súa internacionalización, cunhas vendas que superan o 20% do total en países como Estados Unidos, Reino Unido, Suíza, Bélxica, México, Polonia, Australia ou Xapón.

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha a Estratexia de Reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 300 produtos certificados, de 52 empresas diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario.

    Máis información

  • Páxina 7 de 79

  • Mostrando do 121 ao 140 dun total de 1564 rexistros