Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 16 Setembro, 2011
    A Estrada honra a quen a converteu na capital do moble de Galicia hai 25 anos

    A Fundación de Exposicións prepara un recoñecemento a persoas que apostaron por crear a Feira do Moble

    Ao expresidente da Xuntade Galicia Gerardo Fernández Albor non lle fixeron onte falta moitas palabras para dicir grandes cousas. Hai 25 anos que, en calidade de dirixente autonómico, apoiou a iniciativa dun grupo de empresarios da Estradaque apostou por crear a FeiradoMoble. Aos fundadores deste certame, que catapultou ao sector estradenseda madeira e converteu ao municipio na capital do moble de Galicia, dedicou Albor unhas palabras de Eleanor Roosvelt: "O futuro pertence aos que creen na beleza dos seus soños". Pois o que soñaron Antonio Garrido Sanmartín, Roberto Antonio Goldar Rodríguez, Javier Durán Lago, Francisco Valcárcel Badía, José Antonio Rey Valiñas, Enrique García Lorenzo, José Pose Matoe Félix Rubial Reycomezou a facerse realidade, fai xa un cuarto de século, co Salón do Moble, un evento que non deixou de crecer ata consolidarse como unha cita internacionalmente recoñecida para este tecido empresarial. Agora, os que tomaron o relevo destes emprendedores terán que seguir soñando con superar novas metas e desafíos.
    A directora xerente da Fundación de Exposiciónse Congresos, Mercedes Cuiña, foi, tras Valentín García, que exerceu como mestre de cerimonias neste acto homenaxe, a primeira en tomar a palabra para honrar o labor, a ousadía e a ilusión dos fundadores desta feira. "Eles son e serán o embrión e xerme da FeiradoMoblede Galicia", dixo, para seguidamente engadir: "Pode que mudasen as tendencias e os desexos, pero non o espírito nin a esencia que nos legaron os nosos fundadores. Aqueles valores de traballo, esforzo, compromiso, adaptación e superación da dificultades son os que hoxe empurran á nosa fundación".
    Valentín Garcíafoi presentando cada un dos nove empresarios fundadores, aos que se lles foi facendo entrega dunha placa conmemorativa. No caso de Félix Rubial, recentemente desaparecido, os seus fillos recibiron no seu nome esta homenaxe. Moitos destes moblistascomezaron o seu camiño no seo da empresa familiar, se ben outros aprenderon o oficio nalgunha fábrica do municipio ata que se viron en condicións de fundar a súa propia.

    “Estou moi contento de que despois de 25 anos a feira siga firme, valente e cunha presenza estupenda. Cruzou fronteiras", dixo Antonio Garrido, un dos fundadores, que lucía na solapa da súa chaqueta unha insignia da segunda edición desta feira. Relatou como os empresarios do moble da Estradaacudían á feira de Vilagarcíae foi alí onde comprenderon "que o moble da Estradatiña valor, tiña entrada en toda Galicia e en toda España".
    Todos estes fundadores, a maioría nacidos en torno aos anos 40, agradeceron o recoñecemento. O máis novo era José Antonio Rey Valiñas, que apostou por esta feira con só 26 anos de idade e grazas á oportunidade brindada polo seu pai José Reye o seu padriño Antonio García, aos cales onte quixo recordar no momento de recoller a súa placa.
    Entre os que tomaron onte a palabra foi estendéndose o convite a todos os presentes para celebrar, dentro de 25 anos, as que serán as vodas de ouro da FeiradoMoblede Galicia. Fernández Alborchanceou con este convite recordando as palabras que Churchilllle dirixiu a un xornalista que o entrevistou aos 80 anos e expresoulle o seu desexo de volver facelo aos 90: Véxollo con bo aspecto, de maneira que non haberá problema,. "Dentro de 25 anos aquí estarei para izar a bandeira", dixo o presidente da Xuntaao que tocou inaugurar o orixinariamente coñecido como Salón do Moble.
    Albor aplaudiu o feito de que o certame se denomine FeiradoMoblede Galicia, subliñando que o moble da Estradaé o moble de Galicia. "Tedes un pequeñitopaís pero tedes unha gran patria", sinalou.
    O alcalde da Estrada, José López Campos, incluíu na homenaxe que brindado aos empresarios fundadores da feira ao propio Gerardo Fernández Albore ao alcalde Manuel Reimóndez Portelacomo representantes das administracións que se implicaron con este proxecto. Lópezfixo extensivas as súas palabras de agradecemento e recoñecemento aos que fixeron posible o nacemento do certame que converteu á Estradaen referente indiscutible para a industria do moble aos alcaldes destes anos: Jesús Durán, Manuel Reimóndez Portela, Elvira Fernández, Jesús Tallón, Ramón Campose José Antonio Dono. "Que esta homenaxe sirva para renovar os nosos votos e tomar impulso para seguir adiante", dixo o rexedor local.

    López Camposdestacou que as persoas que asinaron a constitución desta feira testemuñaron a súa vontade de dar un paso adiante cara a un futuro mellor para os seus veciños, estimando que é preciso ser "dignos sucesores" de todos eles.
    Contando coa presenza dun nutrido grupo de autoridades municipais e autonómicas, entre as que figuraron a directora xeralde Comercio, Lameira Castro, o director xeralde Relacións Institucionaise Parlamentarias, Roberto Castro, ou o membro do Conselo de Conincre Jesús Palmou, o encargado de clausurar o acto foi o titular da Consellería de Economíae Industria, Javier Guerra. Subliñou o esforzo dos fundadores da FeiradoMoblede Galicia e desexou que sirvan de exemplo para os mozos e os empresarios, apuntando que o acto de homenaxe celebrado onte o é tamén á figura do emprendedor. Indicou que agora, como hai 25 anos, a receita é a mesma: "Fai falta unión, fai falta innovación e hai que saír fóra". Apuntou que o goberno ao que pertence segue apostando por un sector con 13.000 traballadores e que representa o 3,5% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia.

    Fonte: Faro de Vigo

  • 16 Setembro, 2011
    Comercio do Salnés repartirá nos colexios material escolar por valor de 45.000 euros

    O Consorcio de Comercio doSalnéspresentou onte en Cambadosa súa camNava Castro, Luis Aragunde y Marcos González presentaron la campaña de los comerciantes.paña de "Voltaaocole", na que repartirá material escolar a todos os centros de Primariada bisbarra por valor de 45.000 euros, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercioe o Concello de Cambados, que subvencionan o 60% da contía total.
    Os colexios poderán recoller dende xa os seus correspondentes paquetes con (en suma) 7.000 carpetas, outros tantos lapis e miles de folios, que servirán para que os nenos das familias con menos recursos tamén poidan dispoñer deles sen desembolsar nada.
    É o pequeno granito de area que este ano quere achegar o pequeno comercio do Salnés na volta ao colexio, toda vez que, dada a época de crise na que está sumida a sociedade arousá, toda axuda é pouca para as familias.
    Así o afirmaron os tres encargados de presentar a iniciativa, o presidente do Consorcio, Marcos González, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e a directora xeralde Comercio, Lameira Castro. O acto, que se desenvolveu no Centro Comarcal Exposalnésda vila do albariño, serviu para demostrar, en palabras do propio Aragunde, "a unión do pequeno comercio", en especial todos aqueles negocios que forman parte das oito asociacións locais que integran o Consorcio.
    Para promover esta nova campaña, os organizadores idearon un vídeo publicitario que empezarán a gravar o próximo luns no colexio de San Tomé de Cambados, co consentimento dos pais e docentes do centro, que se prestaron, como os dos demais colexios de Primaria, a participar na actividade.
    "Voltaaocole" servirá deste modo para demostrar o compromiso social do pequeno comercio comarcal, "que podía ter investido o diñeiro en calquera outra iniciativa", segundo comentou NavaCastro, que mostrou o total apoio da Dirección Xerale da Consellería de Economíae Industria aos autónomos do Salnés.
    Castro recoñeceu que "hoxe en día é complicado facer iniciativas como esta" e valorou que colaboren coa xente á que lle é difícil adquirir este material".
    Tamén fixo o propio o alcalde de Cambados, que non escatimou en eloxios para cos comerciantes. "Sodes os heroes da situación que estamos a vivir. Anímovos a que continuedes co labor que estades a levar a cabo".

    Aragundecomparou ás tendas do Salnéscoa base de "unha torre de naipes que sen vós se viría abaixo" e agradeceu "o aforro que lle supoñerá as familias esta campaña, que chega nun momento idóneo,".
    Para o primeiro edil cambadés, a publicidade de "VoltaaoCole" serve para "dar imaxe de unidade entre o pequeno comercio ante axentes externos que veñan a competir contra vós". "Que hoxe en día cada sexades capaces de sacar adiante as vosas empresas ten moito mérito e ese valor hai que inculcarllo ao resto da sociedade".
    Pola súa banda, Marcos Gonzálezquixo agradecer a súa colaboración tanto ás institucións coma a "os colexios e pais que deron o seu consentimento para realizar os anuncios" e avisou de que faremos máis campañas pensando nos nenos e en fidelizaros nosos clientes, que son os que axudan ao pequeno comercio a ter grandeza".
    Os docentes poderán recoller a partir de agora nas sedes das asociacións comerciais que integran o Consorcio o material doado por estas.

    Font: Faro de Vigo

     

  • 15 Setembro, 2011
    A factura sinxela que propón Galicia gusta ás eléctricas

    A Xunta logrará mañá apoio masivo das autonomías contra a opacidade ao consumidor.

    Que tarifa contratamos; cantos megavatios horNava Castro, en primeiro plano, e Mª Jesús Muñoza consumimos e en que período; que aboamento, a quen e por que noutros custos; e por último, que cantidade debo aboar finalmente. Responder de forma clara a estas preguntas, eliminando a opacidade das minutas eléctricas que hoxe emite cada comercializadora enerxética, é o obxectivo da factura única que propón a Xunta e que o martes seduciu, nunha reunión, ás distintas eléctricas que operan en Galicia.

    Así manifestouno onte a directora xeral de Comercio e titular do Instituo Galego de Consumo (IGC), Lameira Castro, quen acompañada pola xerente do organismo, Mª Jesús Muñoz, detallou que mañá congregará en Santiago os seus homólogos da maioría das autonomías para aprobar e elevar ao Estado a proposta para implantar un modelo simplificado e único en toda España de factura eléctrica que leve a luz á actual oscuridad.Se instará ao ministerio que comanda Leire Pajín a actuar á fin e convocar unha conferencia sectorial que promulgue esta acción.

    Ambas as dúas detallaban que as eléctricas ven con bos ollos a medida, e presentarán á Xunta as súas propias achegas. Nunha rolda de prensa de balance do programa Belenus, posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria para asesorar os consumidores. O seu fin era promover o bono social que conxela as subas enerxéticas a todos os seus posibles beneficiarios e evitar recargas aos que, por pasarse de potencia contratada, tivesen que cambiar de tarifa. Grazas a Belenus, ata agosto tramitáronse 1.104 reclamacións e 2.764 consultas enerxéticas. Destaca o caso dunha pensionista con baixos recursos á que a súa eléctrica acumulaba facturas por 500 ou 600 euros.

    O IGC defende a arbitraxe para solucionar estes problemas, e onte daba outra boa noticia: Iberdrola foi a primeira eléctrica que se adhire en Galicia a esta mediación.

    MÁXIMO CONTROL

    143 Visitas
    de control que dende abril, tras conseguir o IGC as competencias sobre a comercialización de enerxía, realizou aos puntos de atención e venda das compañías. Froito desta acción abríronse 23 expedientes sancionadores que, con multas de 64.000 euros, castigan dende os cortes de subministración por non pagamento sen previo aviso, por acumular facturas de varios meses, atrasar os enganches e cambios, variar sen aviso os contratos ou por publicidade enganosa, entre outros.

    Fonte: El Correo Gallego

     

  • 15 Setembro, 2011
    Os comerciantes do CCA Ourense Centro dispoñen dun catálogo cos seus produtos para peques

    O Centro Comercial Aberto Ourense Centro pon en mans dos seus asociados unha nova ferramenta, un catálogo chamado " os peques de Ourense Centro van de compras". Con este catálogo, os asociados do CCA Ourense Centro dan a coñecer a oferta de produtos dispoñibles nos seus establecementos para a campaña outono-inverno 2011-2012. Fillos dalgúns dos comerciantes asociados do CCA fixeron de modelos.

    O Centro Comercial Aberto Ourense Centro proporciona aos comerciantes asociados unha nova ferramenta de difusión dos seus produtos. Trátase do catálogo "Os peques de Ourense Centro van de compras", un despregable no que comerciantes asociados mostran parte da oferta de produtos dispoñibles nos seus establecementos do centro da cidade para a tempada outono/inverno 2011-2012.
    A directora Xeral de Comercio, María Nava Castro Domínguez, amadriñou este mércores a iniciativa destacando a actitude emprendedora e o afán de superación que sempre caracterizou aos comerciantes do comercio urbano de Ourense.
    Tamén valorou como moi positiva o labor do CCA Ourense Centro ao facer posible coas súas campañas e promocións que a completa oferta do comercio urbano local chegue aos ourensáns atraendo o seu consumo a estes establecementos que son un sinal de identidade para a cidade e ademais proporcionan sustento e postos de traballo a moitas familias de ourensáns.
    O CCA Ourense Centro situou unha carpa na rúa Paseo para presentar aos ourensáns o despregable distribuíndo parte dos 5.000 exemplares que se imprimiron, ademais de bonos descontos para as compras realizadas nos 15 establecementos que participan nesta nova campaña de difusión dos produtos do comercio local urbano.
    José Ramón García Iglesias, vicepresidente do CCA Ourense Centro agradeceu o apoio institucional representado nesta ocasión pola Directora Xeral de Comercio e destacou que "como os demais profesionais, os empresarios do comercio urbano local estamos obrigados a reciclarnos e innovar. O noso obxectivo é seguir mantendo a proximidade co cliente e o asesoramento persoal que sempre brindamos aos que compran nos nosos establecementos pero tamén queremos que coñezan a nosa oferta e hoxe llela mostramos con este catálogo", sinalou García Iglesias.
    Xunto a membros da Xunta Directiva do CCA, a Directora Xeral de Comercio e comerciantes asociados tamén participaron no acto os nove nenos e nenas que posaron para o catálogo promovendo a oferta comercial dos seus pais.
    Patricia, a maior dos novos modelos, destacou que o pasamos moi ben facendo as fotografías e estamos moi contentos do resultado. Saímos moi guapos e axudamos aos nosos pais a que o seu traballo vaia mellor.

    Fonte: ourensedixital.com

     

  • 14 Setembro, 2011
    Poiomostrapecha a súa terceira edición con boa afluencia de público, pero con menos vendas

     

    Máis do 80% dos postos solicitaron reserva para participar o próximo ano.


    A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio(ACEP) realizou onte un balance positivo da terceira edición de Poiomostra, destacando o éxito do público no desfile de moda organizado pola Asociación Apoioe Vides Novas.
    Membros da Asociación valoraron a grande afluencia de público, similar ao das pasadas edicións, pero con menor volume de vendas.
    O pasado venres tivo lugar a apertura da feira coincidindo coa homenaxe á empresa Pescamarque este ano celebra o seu 50 aniversario. No acto estivo presente o seu xerente Guadalupe Murilloasí como varias traballadoras da fábrica.

    Durante a xornada do sábado o recinto permaneceu aberto ao público dende as 11:00 ás 21:00 horas de forma ininterrompida, sendo a tarde a que congregou un maior número de visitantes, destacaron dende ACEP.
    O domingo, último día para gozar da feira, foi a xornada con maior afluencia de público nas instalacións do Pavillón da Seca.
    Un ano máis, explicaron membros da asociación, un posto de calzado foi o que maior volume de vendas conseguiu durante o fin de semana con artigos a prezos de saldo dende os 3 euros. Así mesmo, a roupa de nenos e os artigos de regalos tamén tiveron o seu protagonismo e "moi bos resultados".
    Por outra parte os postos de promoción, entre os que había empresas de sistemas de seguridade, un policlínico ou inmobiliarias, concederon varias entrevistas e asinaron presupostos, destacaron dende ACEP.
    Ao peche da feira máis do 80% dos expositores que participaron este ano solicitaron a reserva para participar en próximas edicións. ACEPagradeceu a colaboración das administracións.

     Fonte: Faro de Vigo

  • 14 Setembro, 2011
    "A Feira do Moble sempre é positiva, senón non se faría"

     

    A Feira do Moble de Galicia celebra este anos as súas vodas de prata e a Fundación de Exposicións e Congreso quixo homenaxear os seus fundadores. Entre eles está Enrique García Lorenzo, un dos referentes do moble estradense dende hai máis de 25 anos. Hoxe bota a vista atrás con Faro.

     

     - Como recorda os inicios da industria do moble na Estrada?

    Recórdoos ben, moito mellor que nos tempos de agora. Antes había máis demanda de mobles porque non existían practicamente na casas. Xa se ve na foto que temos na feira que había xente facendo cola para entrar o día da inauguración e agora, ese mesmo día, case non hai xente na feira.

    - Como ve o sector hoxe en día?

    Non é que sexa o sector, é que non vexo ben a ningún sector. Cando vai todo a pique non hai por onde collelo.

    - Cal cre que é a solución ás crises?

    A solución é que a xente da rúa tivese diñeiro. E que os bancos fixesen caso de todos os préstamos que mandamos pedir para clientes que compraban a crédito. Nós innovamos. Pero o problema é que o pobo non ten diñeiro. Afecta a todo tipo de comercio, non só ao noso sector.

    - Cre que a feira axudará a aliviar os efectos da crise?

    Bo... polo menos hai sempre xente que di que nunca veu á feira -co tempo que a leva facendo- e te coñece...

    - Ve bo resultado nos poucos días que levan de feira?

    Algo sempre se fai senón non se faría. Positiva sempre é, por suposto.

    - Considera que A Estrada segue sendo un referente en mobles no ámbito galego?

    Pois supoño que o segue sendo porque aquí a cousa vai mal pero é en todas as partes. Se baixamos, baixamos todos e o nivel segue sendo sempre o mesmo.

    - Como evolucionou a industria do moble?

    Pois evolucionou, claro. Ao principio criticábannos aos da Estrada por facer un moble moi barroco, con liñas moi cargadas pero agora si, agora estamos todos con liñas modernas, modernizándonos e non hai problema.

    - Ve continuidade no sector?

    Si, eu por exemplo teño tres fillos nisto. Non é problema de continuidade, o problema é a clientela que non compra.

    Fonte: Faro de Vigo

  • 14 Setembro, 2011
    Os comerciantes utilizan os seus fillos como modelos para promover os seus produtos


     A área Ourense Centro edita un catálogo para dar a coñecer todas as súas propostas en material didáctico ou roupa para o novo curso escolar.


    O medio é a mensaxe. O centro comercial aberto "Ourense Centro" presenta hoxe unha orixinal iniciativa, a edición dun catálogo no que facendo uso dos propios fillos dos comerciantes como modelos, promoven algúns dos produtos que se venden nesta área comercial do centro urbano, de cara ao curso escolar que agora empeza.


    O catálogo, baixo o título "Os pequesvan de marcha", será presentado hoxe nunha carpa instalada na rúa do Paseo pola directora xeralde Comercio da Xuntade Galicia, María Nava Castro, quen estará acompañada por José Ramón García, vicepresidente do Centro Comercial Aberto e os nove nenos e nenas modelos, fillos dos comerciantes que ilustran o catálogo.


    Un catálogo que se edita agora, ante a necesidade das familias de renovar o vestiario e boa parte do material académico dos seus fillos, explica "Ourense Centro". Mediante esta publicación, queren demostrar ademais que os produtos dos establecementos da zona centro son "tan competitivos como os que poden ofrecer as grandes áreas comerciais".

    Fonte: Faro de Vigo

     

  • 14 Setembro, 2011
    “As compras na túa vila teñen premio”: Allariz e Barbadás

     

    A Federación Galega de Comercio ,en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, Novacaixagalicia e a Dirección Xeral de Comercio, pon en marcha una nova edición da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas “AS compras na túa vila teñen premio”.

    Trátase dunha acción promocional que ten por obxectivo fomentar o consumo, incentivando as compras nos pequenos comercios das vilas galegas. Nesta edición na provincia de Ourense a campaña desenvolverase en Allariz  do 19 ao 30 de setembro en Barbadás (A Valenzá) do 31 de outubro ao 11 de novembro, posto que a comezos deste ano se levou a cabo en Ribadavia e Celanova, logo de que se fixara no Barco de Valdeorras, Verín, Xinzo e O Carballiño en anteriores edicións.

    A presentación formal aos medios de comunicación da Campaña “As Compras na túa vila teñen premio” relativa a Allariz terá lugar o vindeiros luns 19 de setembro.

    A iniciativa permitirá con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose  dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros. Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional alariquense  poderán presentar os seus tíckets de compra na carpa situada na Praza A Barreia ou ás promotoras que atoparán polas rúas da vila de Allariz, que serán as que lles entreguen boletos de participación para o sorteo final. Ademais, os clientes que acrediten o pagamento da compra coas tarxetas Mastercard e Tarxeta Comercio de Novacaixagalicia Terán dereito a dous boletos por tícket presentado.

    No último día da campaña, que no caso de Allariz será o 30 de setembro, repartiranse ata 3.000 euros en premios nun sorteo que se levará a cabo na carpa situada na mesma Praza A Barreirada vila.

    O sorteo será ás 20:00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes  para converterse en gañadores.

    A festa do final da campaña desenvolverase nunha carpa de 150 metros cadrados e durante todo ese día os cidadáns poderán gozar de actuacións con malabaristas e zancudos, ademais de espectáculos de maxia, para pechar  coa actuación da cantante Mariana.

     

    Portal do Comerciante: una nova ferramenta

    O pasado 22 de xullo de 2011 o conselleiro de Economía e Industria realizou a presentación aos medios de comunicación do Portal do Comerciante Galego, dando así un paso máis no cumprimento do Plan Ágora-Agora Recomercia.

    Trátase dunha ferramenta online útil e accesible, con contidos especializados destinados a impulsar a mellora e a competitividade do comercio retallista e a creación de novos negocios.

    Os comerciantes poden acceder a información relevante para o sector, realizar consultas e relacionarse coa Administración dun xeito rápido e pouco custoso, na procura de solución.

    O Portal do Comerciante está deseñado para ser accesible. Nel pódense atopar, entre outras, as seguintes sección: o recuncho do emprendedor, un espazo para o comerciante, un área para asociación, o comercio artesán, consumo e prazas de abastos.

    Así mesmo, atopará un catálogo de servizos interactivos, abertos á participación permanente dos comerciantes e consumidores: un servizo de consultoría online para realizar consultas e plantexar dúbidas que serán atendidas de forma rápido por expertos da Dirección Xeral de Comercio. Unha ferramenta de análise autodiagnose para realizar auditorías para mellorar o potencial como emprendedor. E, por supostos, está presente en Facebook e Twitter co obxectivo de completar a imprescindible dinámica de interacción que debe establecerse entre usuarios e institucións.

    Tamén conta cun calendario coa información actualizada dos eventos relacionados co sector do comercio en toda Galicia, con indicación de prazos das ordes de subvencións e outros trámites administrativos de interese.

    Fonte: La Región

  • 13 Setembro, 2011
    Arranca a campaña “As compras na túa vila teñen premio”, que repartirá un total de 3.000 euros.

    Los responsables de la Federación Gallega de Comercio y el Centro Comercial Urbano de Boiro presentaron la campaña de dinamización del consumo en esta localidad barbanzana que, bajo el lema “As compras na túa vila teñen premio”, comenzó a desarrollarse ayer y que tendrá continuidad hasta el día 23 de este mes. Tal y como ya publicó hace unos días este periódico según las bases que rigen esta convocatoria, esta iniciativa premiará con un total de 3.000 euros la confianza en el pequeño comercio, con el sorteo de dos tarjetas regalo de 300 euros, cada una, y otros 24 vales de 100 euros.

    Durante los días en que se prolongará esta campaña, los consumidores que apuesten por el comercio tradicional boirense podrán presentar sus tickets de compra en la carpa situada en la Praza do Concello o a las promotoras que se encontrarán por las calles de la villa, y que les entregarán los boletos de participación en el sorteo final que se celebrará a las ocho de la tarde del 23 de septiembre en una carpa ubicada en la Praza A Boqueira de A Negral, dentro del programa de una fiesta final de campaña que contará con actuaciones tanto para niños y como para adultos. Los poseedores de los boletos premiados deberán estar presentes en el acto para convertirse en ganadores.

    Las entidades convocantes destacaron que los clientes destacaron que los clientes que aporten a las promotoras el justificante de pago con tarjeta Mastercard del Comercio Galego o de Comercio Novacaixagalicia duplicarán su participación, obteniendo dos boletos por cada ticket de compra.  La campaña está siendo publicitada en los establecimientos boirenses con carteles alusivos y el reparto entre sus clientes de trípticos informativos.

    Fuente: Diario de Arousa 

  • 13 Setembro, 2011
    A facturación de Gadisa aumentó un 15% dende 2006

    Pese al contexto económico, creó en el mismo periodo casi mil empleos. En la actualidad tiene 201 establecimientos.

    La compañía gallega Gadisa ha creado casi un millar de puestos de trabajo desde 2006, al tiempo que ha logrado elevar un 15% su facturación durante este período, según recoge la memoria anual presentada ayer por la firma de distribución, que sitúa ya en 201 los establecimientos propios de la enseña Gadis.

    En concreto, la firma con sede en Betanzos y que preside Roberto Tojeiro cerró el ejercicio 2010 con una facturación de 911.8 millones. Esta cifra supone un nuevo récord histórico de la compañía, que sigue mejorando las cifras de ingresos año tras año pese a la coyuntura económica.

    De igual forma, la memoria refleja un aumento continuado en el volumen de empleo. La plantilla de Gadisa alcanza ya los 6.138 trabajadores, casi un millar más que en 2006, cuando la nómina de empleados de esta compañía era de 5.183.

    En la expansión de los últimos años ha sido clave el crecimiento de la superficie de venta. Desde 2006 se han abierto once nuevos supermercados de la firma Gadis, que se unen a los 179 franquiciados de la marca Claudio, los doce de Cash Ifa y los diez hipermercados de Haley. Así, Gadisa cuenta ya con casi 173.000 metros cuadrados de supermercados propios.

    Además de su centro logístico de Piadela –en el concello coruñés de Betanzos-, la compañía gallega inició en 2010 las obras de construcción de otro centro de características similares en la localidad vallisoletana de Medina del Campo.

    Las nuevas instalaciones "permitiran incrementar el surtido de productos y la capacidad de almacenaje", así como "optimizar la distribución" . Requerirán una inversión cercana a los 50 millones de euros. 

    Fuente: El Progreso

     

  • 13 Setembro, 2011
    Economía e Industria activa un programa innovador a prol da dinamización comercial de Pontevedra ao abeiro da rede Re-Dic

    Economía e Industria activa un programa innovador a prol da dinamización comercial de Pontevedra ao abeiro da rede Re-Dic

    A Rede de Dinamización Comercial (Re-Dic) da Xunta conta con 52 puntos de información en toda Galicia (22 en Pontevedra) e cunha oficina provincial pioneira na Provincia

    Economía e Industria está a abrir canles de comunicación directos e eficaces entre os comerciantes e a Administración, coa creación do Portal do Comerciante, as Mesas Locais de Comercio ou a Re-Dic

    Ao abeiro do programa para á oficina Re-Dic de Pontevedra desenvolverase un proxecto audiovisual de información, instalando pantallas interactivas nas prazas de abastos de Portonovo, O Grove, Bueu, Caldas e Porriño

    Darase continuidade á campaña “Merca na Rúa”

    Reforzaranse os servizos da Re-Dic a través da mellora da información, asesoramento, orientación e formación do sector comercial da Provincia, contando con persoal especializado

    A Consellería investiu na dinamización do comercio pontevedrés 19,2 millóns de euros.

    Santiago, 13 de setembro de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe un programa innovador para a dinamización comercial da Provincia de Pontevedra que será posto en marcha a través da oficina provincial da Rede de Dianamización Comercial (Re-Dic) da Xunta de Galicia.

    A Consellería de Economía e Industria está a abrir canles de comunicación directos e eficaces entre os comerciantes e a Administración, co obxectivo de descentralizar as políticas de apoio ao sector, ao abeiro de iniciativas como a creación do Portal do Comerciante; as Mesas Locais de Comercio, contempladas na nova Lei do Comercio Interior de Galicia ou coa posta en marcha da primeira Rede de Dinamización Comercial da Comunidade Autónoma.

    A Re-Dic conta con 52 puntos de información en toda Galicia (22 en Pontevedra) e cunha oficina provincial pioneira na Provincia, que será a encargada de desenvolver o novo Programa de Dinamización Comercial, deseñado pola Consellería de Economía e Industria, para dinamizar o consumo no eido do comercio de proximidade e reforzar os servizos de formación, información e asesoramento da Re-Dic en Pontevedra. Neste sentido, Javier Guerra recordou que a Consellería investiu mais de 19,2 millóns de euros en apoios ao comercio pontevedrés, no que vai de lexislatura.

    Sistemas audiovisuais multimedia nos mercados municipais
    Javier Guerra explicou que este programa abarca múltiples accións, entre as que convén destacar unha campaña innovadora para a implantación de sistemas audiovisuais e multimedia de información nos mercados municipais.Trátase dun proxecto piloto orientado a modernizar e dinamizar estes centros de venda, como referentes para a compra de produtos frescos e de calidade.

    Con esta campaña desenvolverase un proxecto audiovisual de información sobre os mercados e os seus produtos, instalando cinco pantallas interactivas nas Prazas de Abastos de Portonovo, O Grove, Bueu, Caldas e Porriño. Nestas pantallas ofreceráse información sobre: os servizos do mercado, receitas que se poden elaborar cos produtos á venda, o menú do día, o menú saudable e mesmo información turística do concello.

    Ao abeiro deste programa para á oficina Re-Dic de Pontevedra tamén darase continuidade á campaña “Merca na Rúa”, destinada a incentivar o consumo no pequeno comercio, dar difusión ao seu valor, promover o asociacionismo comercial e fomentar a colaboración entre as asociacións de comerciantes locais e as administracións públicas.

    Refórzanse os servizos da Re-Dic
    Por outra banda, ademais da dinamización comercial directa, este programa integral de apoio ao comercio de proximidade, desenvolto desde a oficina provincial Re-Dic, ten unha importante vertente formativa e informativa. De xeito, reforzaranse os servizos da Re-Dic a través da mellora da información, asesoramento, orientación e formación do sector comercial da Provincia, contando con persoal especializado para asesorar aos comerciantes, así como, coa modernización dos servizos da área de comercio da Deputación.

    Ademais, o programa mellorará a formación e coordinación dos distintos axentes de dinamización comercial localizados no territorio, coa a organización de cursos de formación, xornadas, seminarios e convocatorias formativas a nivel nacional e internacional, que incrementen a capacitación técnica dos asesores comerciais.

    Asemade, esta iniciativa incluirá a celebración de encontros cos axentes de dinamización comercial identificados na Provincia de Pontevedra e un programa de visitas periódicas ás sedes das asociacións de comerciantes do persoal técnico da área de Comercio da Deputación.

    Fonte: Consellería de Economía e Industria

  • 09 Setembro, 2011
    Vilagarcía vendeu un 95,51% en relación ao gasto que se prevía en rebaixas

     

    A Federación de Comercio de Pontevedrafai un balance das rebaixas de verán no que as cualifica de discretas en relación coas expectativas que tiñan os comerciantes no seu comezo.
    En relación ao gasto neste período de descontos vendéronse en Vilagarcía de Arousao 95,51% das estimacións feitas, case medio punto menos que as vendas totais na provincia de Pontevedra. Así en vendas se deixaron nos comercios vilagarcianosun total de 1.771.831,91 euros.


    A Federación de Comercio afirma que o arranque destas rebaixas foi moi frouxo debido aos efectos da crise que aínda son persistentes no comercio. Do mesmo xeito, comentan que durante o mes de agosto se sufriu unha lixeira recuperación das vendas debido a principalmente a que as principais festas patronais dos municipios da provincia se celebran durante estas datas.
     

    Así, en Vilagarcía, que as festas de San Roquecoincidan co mes de agosto, levou consigo a que os comerciantes da localidade tivesen un maior volume de vendas.
     

    En canto aos artigos máis vendidos a federación afirma que foi a roupa o produto estrela levándose o 53% das vendas. Tras ela o calzado cuxas vendas ascenden ata o 25%. Xa nunha porcentaxe máis baixa se encontran os electrodomésticos cun 7% e os mobles cun punto por debaixo. O conxunto doutros produtos suman o 8%.

    Fonte: Faro de Vigo (Ed. Arousa)

  • 08 Setembro, 2011
    O Concello de Tui reforza o seu sector económico coa Mesa Local de Comercio

     

    A Mesa Local de Comercio acaba de crearse formalmente en Tuio pasado luns, nas dependencias do Concello. A súa constitución posibilitará afondar na colaboración xa existente entre os axentes sociais vinculados ao comercio e ao consumo, co fin de avanzar en novas medidas de reactivación deste sector que é tan importante na vida tudense.
    A Mesa é unha das obrigas que figura na Lei 13/2010 de Comercio Interior de Galicia e ten como misión a de actuar como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración e os axentes representativos do sector comercial, cunha asociación representativa deste e outra dos consumidores.
    Está integrada polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, que actúa como presidente desta, xunto a un representante da Consellería de Economíae Industria da Xuntade Galicia, un representante da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui, un representante da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui(Acitui) e a concelleira de Comercio, en representación do Concello de Tui.
    Para o rexedor local, esta Mesa "é un nexo de unión entre o comercio de proximidade, os consumidores e a Administración e conforma unha ferramenta de participación na vida social da nosa localidade".
     

    Sector económico principal
    Recorda Moisés Rodrígueza vocación comercial da cidade, onde o pequeno comercio conforma un dos principais sectores económicos ademais de realizar un importante esforzo de dinamización, non xa dos seus establecementos, senón da propia vida local.
    Engade o alcalde tudenseque este sector de comercio mantén un importante volume de ocupación laboral ao tempo que exerce unha ampla función socioeconómica que converte a Tuinun núcleo comercial no espazo transfronteirizo.
    Rodríguezagradece a participación da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, que preside Jorge Álvarez Bautista, así como da Asociación de Amas de Casa e Consumidores nesta iniciativa que, en breve prazo, comezará o seu normal funcionamento.

    Este novo órgano pode ter unha especial relevancia nesta localidade pola súa entidade fronteiriza con Portugal, sen esquecer a tradición comercial milenaria e a súa característica actual, onde prima o pequeno comercio que resiste os envites da crise con enteireza, en moitos casos reinventando a actividade e actualizando o servizo coa incorporación e utilización de novas tecnoloxías.

    Fonte: Faro de Vigo

  • 08 Setembro, 2011
    As vendas en rebaixas superaron os catro millóns de euros

    Un dos síntomas claros do final do verán é a retirada dos saldos e a renovación dos escaparates coas novas coleccións de outono-inverno. A Federación Provincial de Comercio deu onte por rematada a campaña de rebaixas cuns resultados que cualificou de «discretos» en relación coas baixas expectativas que se tiñan.

    No conxunto da provincia as vendas alcanzaron o 95,99% das estimacións previas. A previsión era chegar aos 47,5 millóns e vendéronse 45,6 millóns. E en Pontevedra capital, os consumidores gastáronse nas tendas algo máis de 4 millóns sobre unha previsión de 4,1 millóns (o 97,02%).

    En Vigo a porcentaxe de vendas foi do 96,15%, en Vilagarcía de Arousa chegou ao 95,51% e no resto da provincia o 95,78%.

    O arranque das rebaixas en xullo foi moi frouxo debido aos efectos da persistente crise económica, pero durante o mes de agosto produciuse unha lixeira recuperación das vendas debido, principalmente, á celebración das festas patronais da maioría dos municipios e cidades, segundo a valoración da Federación de Comercio.

    Debido ao retraemento do consumo durante a campaña de primavera, as rebaixas comezaron cuns descontos elevados de ata o 50 e o 65%. Á partir do 15 de xullo chegaron ata o 65-75%-75 e xa en agosto ata o 80%.

    En canto aos artigos máis vendidos, como sempre o sector téxtil foi o máis favorecido. O gasto en roupa foi do 53%, seguido do calzado cun 26%, electrodomésticos cun 7%, mobles cun 6% e outros produtos varios cun 8%.


    Reclamacións

    A oficina da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra recibiu un total de 152 reclamacións de usuarios en relación con supostas irregularidades durante a campaña de rebaixas. Delas as 121 solucionáronse amigablemente e noutras 31 o comerciante e o consumidor non se puxeron de acordo e seguiron outras canles marcadas pola lei.

    Dende a organización empresarial sinalaron, non obstante, que este número de presuntas infraccións denunciadas é moi pequeno se se ten en conta que foron máis de 3 millóns de operacións realizadas durante toda a campaña de rebaixas.

    4.044.311 € Vendas realizadas polo comercio da cidade de Pontevedra nas rebaixas

    4.168.533 € Previsión de vendas do comercio pontevedrés antes de comezar as rebaixas

    97,02% A diferenza entre as vendas estimadas e realizadas foi inferior ao 3%

    Máis información
  • 07 Setembro, 2011
    160 persoas do sector téxtil volven ao mercado laboral a través do programa Empregatex impulsado pola Xunta de Galicia

    Un momento do actoO programa Empregatex impulsado pola Xunta de Galicia e cuxo obxectivo é recolocar traballadores despedidos do sector téxtil de Galicia fixo un balance da súa primeira fase que finalizou xa conseguindo a reinserción laboral de 160 traballadores.

    A cifra das persoas que encontraron traballo agora que o plan se encontra na metade da execución, equivale ao 31,49% dos participantes e Odilio Martiñá, director xeral de Relacións Laborais, manifesta que 'se seguimos así ou remate do programa, en febreiro de 2012 pensamos que imos superar esa cifra do 50% que se marcou ou principio e estimamos que ou 60% dás persoas acadarán a inserción laboral '' '.

    Esta iniciativa liderada polas consellerías de Traballo e Benestar e Economía e Industria, en colaboración coa Cofederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) e os sindicatos UGT e CCOO, ten como obxectivo 'reconducir cara outras alternativas ás persoas desempregadas a través dá creación de itinerarios personalizados '' ' un obxectivo que Martiñá afirma cumprido na primeira fase do programa.

    Martiñá sinalou que a primeira fase deste plan comprendida dende febreiro de 2010 ata xuño do 2011 se centrou 'en localizar e contactar coas persoas desempregadas do sector téxtil '' '. A orientación, a formación e a inserción laboral foron ata agora os eixes centrais déaste proxecto no que se investiu unha cantidade de 2,9 millóns de euros.

    Empregatex contou coa participación de 508 persoas desempregadas do sector téxtil para recibir as primeiras sesións de orientación. Martiñá asegurou que " ou programa considera distintos tipos de accións en función dous obxectivos e dás necesidades de cada persoa dende titorías personalizadas ata obradoiros".

    Ademais, Martiñá manifestou que "desenvolveuse unha investigación para detectar ás ocupacións cun maior potencial de inserción nos territorios de procedencia dous participantes".

    6 ESTRATEXIAS. Orientación profesional, formación e reciclaxe (Texmellora e Insiretex), fomento do espírito empresarial (Texcreación), promoción da mobilidade xeográfica (Movetex), formación en Tecnoloxías de Información e Comunicación (Textic) e axudas para unha mellor conciliación da vida laboral e persoal son as seis estratexias nas que se basea o programa Empregatex, que finalizará en febreiro de 2012.

    Nesta última fase, Martiñá afirma que se intensificará a parte de inserción laboral. Ademais, o director xeral de Relacións Laborais avanzou que cursos como o de dependente de comercio e xestión de tendas, o de xestor de almacén e outros relacionados con ocupacións fóra do sector téxtil son exemplos dos 118 módulos formativos que se impartirán ata finais de ano.

    Fonte: Diario de Pontevedra.

    Máis información
  • 07 Setembro, 2011
    A Mesa Local de Comercio estréase co proxecto da Praza de Abastos

    A Mesa Local de Comercio de Lalínestrearase este venres tras a constitución formal do pasado mes de febreiro e neste primeiro encontro expoñerase o proxecto de acondicionamento da Praza de Abastose as distintas iniciativas de promoción do ramo nas que participará o Concello. Así mesmo, analizarase a visión dos colectivos e recolleranse as súas demandas.

    Este órgano colexiado estará integrado polo alcalde lalinense, Xosé Crespo, en calidade de presidente; o técnico de administración do Concello Jorge García Fernández; a representante da Asociación de Empresarios de Deza(AED) María Jesús García Diéguez; o voceiro do Fórum Urbano, Francisco Javier Ferreiro; o membro da Asociación de Consumidores e usuarios da AP-53, Javier Blanco Carballal; a concelleira de Comercio, María José Batán; a asesora xurídica da Oficina Municipal de Consumo (OMIC), Fátima Cortizo; e pola axente de emprego María Pérez Seoane.

    Esta mesa, que ten como obxectivo conseguir un maior dinamismo do sector e erixirse en foro de debate para actuar como órgano consultivo, participará no deseño de campañas de promoción do comercio, informará das solicitudes presentadas polos comerciantes para a feira de oportunidades e propoñerá medidas ao Concelloque considere interesantes para o ramo.

    Tamén se abordarán as distintas iniciativas de promoción do ramo.

    Fonte: Faro de Vigo
     

  • 07 Setembro, 2011
    A Consellería de Economía e Industria facilitará ás empresas a contratación de xestores de exportación

     

    Como un instrumento de valor ao servizo da internacionalización do tecido empresarial, a Consellería de Economíae Industria mantén a través do IGAPE unha bolsa de Xestores de Exportaciónna que están integrados na actualidade 352 especialistas dispostos a traballar para as empresas galegas en países de todo o mundo.
    Segundo informou o departamento nun comunicado de prensa, como complemento a esta base de profesionais, licenciados ou diplomados especializados en comercio internacional, o IGAPE convoca cada ano axudas para apoiar a contratación de xestores polas empresas e polos organismo intermedios de carácter empresarial, con subvencións que poden cubrir o 80% do salario dos profesionais contratados durante o primeiro ano.
    Ata o momento, o IGAPEaprobou apoiar a contratación dun centenar de xestores de exportación por empresas e organismos intermedios galegos como por exemplo os clústeres, asociacións empresariais ou os consellos reguladores.
    Mediante a bolsa de xestores de exportación e as convocatorias de axudas para a contratación deste tipo de especialistas, a Xuntapretende facilitar ás empresas galegas a prospección e o acceso a novos mercados, poñendo ao seu alcance información sobre o capital humano dispoñible e axudas para conseguir os seus servizos e avanzar na internacionalización empresarial.

    Fonte: Diario de Arousa

    Máis información
  • 06 Setembro, 2011
    A rehabilitación de baixos potenciará o comercio local

    Unha subvención de 100.000 euros, concedida pola Consellería de Economía, Industria e Comercio, permitirá ao Concello de Ribadavia facer fronte a un proxecto de rehabilitación de fachadas de baixos comerciais na rúa Progreso, na que se concentra a maior parte do sector. A iniciativa presentada polas autoridades municipais obtivo unha moi boa valoración por parte da Administración autonómica, segundo manifestou o alcalde Marcos Blanco.


    Con este proxecto perséguense dous obxectivos fundamentais, tal e como puntualizou o rexedor, por unha parte mellorar a estética da principal rúa comercial da vila, minimizando o impacto negativo e a mala imaxe que ofrecen os locais baleiros, por causa tamén da súa considerable deterioración, e por outra parte, poñer en valor estes inmobles para facelos máis atractivos aos posibles compradores ou inquilinos.

    Son en total seis baixos, cuxo acondicionamento estará en función do investimento que necesite cada un e tamén da autorización dos seus propietarios. Blanco indicou que tres deles xa deron a súa conformidade para o arranxo das fachadas. A cambio, e durante un período de catro anos, os locais utilizaranse como escaparate da oferta institucional ou doutros negocios, tras a selección que ao respecto realizará o propio Concello. Para o alcalde, estes céntricos establecementos serán lugares idóneos para publicitar, por exemplo, as Termas de Prexigueiro e o resto da oferta turística de Ribadavia. Este compromiso quedará sen efecto no caso de que o propietario o venda ou alugue. Unha vez que conclúan os contactos cos propietarios procederase a adxudicar as obras.

    A execución deste plan, que as autoridades municipais cualificaron de 'moi novidoso', forma parte dun proxecto global de potenciación do comercio local, tendo en conta 'o que lles custa ás vilas competir coas áreas comerciais, sobre todo agora en situación de crise' puntualizou o rexedor ribadaviense.

    A outra iniciativa orientada no mesmo sentido céntrase no centro histórico. Alí, o Concello acondicionou un inmoble para convertelo nun restaurante e dous baixos comerciais de acordo cos seus respectivos propietarios, dos que un deles xa está a punto de ser alugado.

    Fonte: La Región.

    Máis información
  • 06 Setembro, 2011
    As exportacións galegas medraron un 20% este ano

    A Consellería de Economía e Industria informa de que as exportacións galegas creceron un 20,8% durante os seis primeiros meses deste ano, o que representa máis de dous puntos por riba das exportacós españolas, que o fixeron nun 18,5%. Así, segundo a Xunta, o saldo comercial da Comunidade foi positivo en 1.873 millones de euros, en contraste cun avultado saldo negativo español, de 24.066.

    Fonte: El Correo Gallego

    Máis información
  • 06 Setembro, 2011
    Mercamelide pechou as súas portas cun balance de 22.000 visitantes

    Melide. A feira de saldos Mercamelide pechou o domingo as súas portas cun balance de "22.000 visitantes", segundo informou onte a este diario o concelleiro de Promoción Económica, Santos López. Dende o executivo local móstranse satisfeitos polas cifras de asistencia conseguidas nesta última edición da cita coas mellores gangas, que se desenvolveu no pazo de Congresos e que contou con varias novidades.

    Entre elas, cabe destacar a habilitación dun total de sete postos -dos case trinta que participaron en Mercamelide- que se dedicaron única e exclusivamente á exposición de produtos. Este foi o casode empresas como Distribucións Casa Alongos, que ofreceu unha mostra dos seus viños ecolóxicos; a firma láctea Deleitar, que tamén presentou varios dos seus produtos na cita organizada polo Concello e a patronal, Asetem-CCA, ou a compañía local de novas tecnoloxías Intermax.

    Dende a asociación de comerciantes realizaron, non obstante, un balance moi parecido ao da edición que tivo lugar no pasado mes de febreiro. Unha das diferenzas máis notables con respecto ao anterior Mercamelide foi que "a xornada que contou con maior afluencia foi a do sábado", malia que os domingos a capital melidense adoita ser punto de encontro de visitantes, dada a celebración do mercado dominical.

    López indicou, finalmente, que o Concello se poñerá xa a "traballar para que en febreiro, ou Mercamelide sexa aínda mellor". Un dos principais obxectivos será dar máis pasos "na promoción e na estética dá feira, así como nas actividades paralelas" co fin de que "Melide, siga sendo ou referente comercial do cerne de Galicia".

    Máis información

  • Páxina 82 de 84

  • Mostrando do 1621 ao 1640 dun total de 1663 rexistros