Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 30 Xullo, 2011
    Economía e industria inviste 30.000 euros na organización da feira de artesanía mostrart.


    - A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron no acto de inauguración deste evento que estará aberto entre o 30 de xullo e o 15 de agosto nos Xardíns Méndez Núñez da Coruña.
     

    - Nava Castro destacou a importancia de Mostrart como un evento de referencia en Galicia tanto polo número de expositores, que este ano rondan os 60, como pola afluencia de visitantes.

     

    A Coruña, 30 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria apoia con 30.000 euros a celebración da feira de artesanía Mostrart, que se celebra na Coruña entre o 30 de xullo e o 15 de agosto. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira e  mais a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta mañá no acto de inauguración da feira, na que participan 58 expositores.

    Nava Castro sinalou a importancia de Mostrart como unha das feiras de venda directa de maior relevancia en Galicia, tanto polo número de expositores con carta de artesán, como pola afluencia de visitantes. Durante o acto, fixo fincapé no papel deste tipo de eventos que contribúen a dinamizar a comercialización da artesanía galega, incrementan a atracción turística e, polo tanto, a actividade económica da zona.

    Mostrart permítelle aos visitantes entrar en contacto directo cos propios artesáns, que están especializados nunha grande variedade de oficios diversos: téxtil, coiro, xoiaría, bixutería, complementos, encaixes, serigrafía, vidro, cerámica, xoguetes, cartón pedra, madeira, olería, etc. Os expositores galegos que participan nesta edición de Mostrart son: A Feitura (A Coruña), A Xente das Cores (Mondoñedo), A. Outeiriño Tecido Artesán (Ourense), Ardentía Deseño en Prata (Bergondo), AreladeFe (A Guarda), Artefíos - Asoc. Padres Formación Jóvenes Límite (A Coruña), Artesanía en Plata (Marín), Belén Soto (Pontevedra), Bruxarte (Vigo), C. Canoura Deseño (Culleredo), C.G. Cristal Reciclado (Vigo), Cabuxa (Tui), Cerámica e Prata – F. Porto (A Estrada), Cerámica SUVE (Cangas do Morrazo), Charamusca (Carnota), Chueco (A Coruña), Cuaderna Maestra (Ponte Caldelas), E. Ferro (Merza), Elena Arce (A Coruña), En Lá (Monforte de Lemos), Encaixes Melania Camariñas (Camariñas), Encaixes Mónica Pose(Camariñas), Encoiros (Vigo), Estiva da Vella (Ferrol), F. Mourón – Buño (Malpica de Bergantiños), Fer (Santiago de Compostela), Ferreira Cerámica (Vigo), Fiada Tecido Manual (Carral), Flecharte (Vigo), Gelina Camariñas (Camariñas), Jatafarta (Berres), Joyas de Papel (Nigrán), La Böcöque (Moaña), Laia Zapateiros (Melide), María Feijóo (Santiago), Maysil (A Estrada), Nordes (Carnota), Pablo Leal (Teo), Plata Nativa (A Coruña), Regal Cerámica Artesán (Viveiro), Rosa Higuero (Cabanas), Rosa Méndez (Teo), Sánchez-Cano Orfebres (Vigo), Santín (Cambre), Silvereira (Teo), Suso Calo (Moaña), Taller Amona (Cabanas), Taller Sur (Marín), Taller Viola – Flor Seca (Oza dos Ríos), Tallería Cristal (A Coruña), Tragamasa Bichería Fina (Oleiros), V/M Artesanía (A Coruña), Varo Caride (Vigo), Vidal Revilla (Cervo) e Zimzelatum (Gondomar).

    A Xunta de Galicia  contará por primeira vez con un stand institucional da Fundación Centro Galego da Artesanía e do deseño dentro da mostra para a promoción da marca Artesanía de Galicia propiedade da Xunta de Galicia. Entre os obxectivos da Fundación está o de impulsar a exhibición do produto artesán galego entre a sociedade. Por este motivo, apoia a celebración de feiras de venda directa e diferentes eventos de promoción da artesanía, realizadas por iniciativa de concellos e de asociacións profesionais de artesáns, como é o caso da Asociación Galega de Artesáns (AGA), que cada ano se encarga de organizar a feira Mostrart. 

  • 27 Xullo, 2011
    Economía e industria continúa na súa estratexia de apoio ao pequeno e mediano comercio.

    - A directora Xeral de Comercio, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova imaxe da Praza de Abastos de Padrón

    - A Consellería de Economía e Industria ten deseñado unha estratexia de apoio ao pequeno comercio, que converteu a dinamización do comercio de proximidade nunha prioridade da estratexia de dinamización da comercial da Xunta, recollida no Plan Ágora- Agora Recomercia

    - Nava Castro recordou que neste exercicio a Consellería de Economía e Industria adxudicou unha partida global de presto de 3 millóns de euros, destinada á dinamización das Prazas de Abastos e Centros Comerciais Abertos

    Padrón, 27 de xullo de 2011.- A directora Xeral de Comercio, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova imaxe da Praza de Abastos de Padrón, e recordou que a Consellería de Economía e Industria ten deseñado unha estratexia de apoio ao pequeno comercio, que converteu a dinamización do comercio de proximidade nunha prioridade da estratexia de dinamización da comercial da Xunta, recollida no Plan Ágora- Agora Recomercia.

    Neste sentido, Nava Castro recordou que neste exercicio a Consellería de Economía e Industria adxudicou unha partida global de presto de 3 millóns de euros, destinada á dinamización das Prazas de Abastos e Centros Comerciais Abertos das catro provincias galegas, ao abeiro das axudas establecidas no programa de subvencións para mellorar a competitividade destas organizacións comerciais.

    A directora Xeral de Comercio  salientou a importancia da Praza de Abastos de Padrón, e sinalou que este tipo de mercados representa unha alternativa interesante ás grandes superficies porque apostan pola excelencia na prestación de servizos e fan rendible as súas maiores vantaxes competitivas: a proximidade, a calidade, a atención personalizada e a diversidade da súa oferta.

    Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria está a impulsar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos, a creación de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes que supoñan unha vantaxe para estes, a mellora das instalacións e o equipamento dos mercados, así como a sinalización comercial.

  • 26 Xullo, 2011
    Charla sobre a Lei de Comercio de Galicia

    A directora xeral de Comercio Mª Nava Castro participará nunha charla sobre a Lei de Comercio de Galicia.
    Organizada por: Asociación Centro Comercial Local ESTRELA DE MARÍN
    Lugar de celebración: Museo Municipal Manuel Torres, Avda de Ourense, 1 – Marín
    Hora: 21,00 h.

  • 22 Xullo, 2011
    Economía e Industria impulsa o comercio de proximidade coa creación do “Portal do comerciante”
    Máis información
  • 18 Xullo, 2011
    A Xunta de Galicia garante o cumprimento da nova Lei de Comercio en materia de promocións e rebaixas.
    Máis información
  • 18 Xullo, 2011
    Nava Castro destaca a importancia dos emprendedores como “auténticos protagonistas da reactivación económica”.
    Máis información
  • 18 Xullo, 2011
    Feijóo destaca que a constitución de 116 mesas locais de comercio fomenta a participación do sector e promove medidas para a pervivencia do pequeno comercio nas vilas e cidades galegas.
    Máis información
  • 18 Xullo, 2011
    A Xunta activa un novo programa de apoio ao comercio de proximidade con actividades de información, formación e promoción dotado con 700.800 euros.
    Máis información
  • 18 Xullo, 2011
    A Xunta presenta un Decreto pioneiro para a implantación dos establecementos comerciais superiores a 2.500 metros “a prol dos intereses xerais e a racionalidade no desenvolvemento comercial”.
    Máis información
  • 18 Xullo, 2011
    Economía e Industria pon en marcha o Rexistro Galego de Comercio.
    Máis información

  • Páxina 84 de 84

  • Mostrando do 1661 ao 1670 dun total de 1670 rexistros