La facturación en el sector minorista cierra 2015 con una subida del 4,5%, la más fuerte del país -Es la primera vez que crecen las contrataciones en la comunidad desde 2011
Más informaciónO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala que estes galardóns teñen por obxectivo poñer en valor o talento dos artesáns galegos e impulsar a innovación e o relevo xeracional no sector
Lembra que co Plan de Artesanía de Galicia se aposta afianzar a competitividade; consolidar a marca Artesanía de Galicia; e potenciar un sector innovador e transversal
Na entrega dos premios, na que participaron tamén o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, obtivo unha mención de honra na Bolsa Eloy Gesto Eva Dávalos, residente en Vigo, mentres que a pontevedresa Viviana Araújo e o obradoiro de Bergondo Ardentia quedaron como finalistas na categoría Premio Artesanía de Galicia
Palas de Rei (Lugo), 15 de decembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixo hoxe entrega en Palas de Rei do certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á empresa lucense Granja Campomayor.
Con este recoñecemento, os ovos campeiros desta compañía poderán incluír na súa etiquetaxe este distintivo de calidade da Xunta. Coa incorporación desta nova compañía Galicia Calidade conta na actualidade con ovos certificados de catro empresas galegas: Coren, Pazo de Vilane, Avícola Tratante e agora Granja Campomayor. O certificado de uso, con validez para os vindeiros tres anos, permitirá á empresa lucense incluír o distintivo ademais de nas etiquetaxes, nas diferentes accións de promoción que estimen oportuno.
Granja Campomayor é unha empresa afincada en Palas de Rei (Lugo) dedicada á produción e comercialización de ovos para consumo e os seus derivados. Naceu en 1940 nunha antiga casa de labranza con 300 galiñas, e hoxe é unha das produtoras de ovos máis importantes de España.
En 2012 iniciou a produción de ovo campeiro coa integración de 5 naves que aloxan 120.000 galiñas campeiras. Na granxa tamén colabora con granxeiros para a produción de ovo ecolóxico e ovos de codorniz. Ao día, saen das instalacións de Campomayor arredor de 600.000 ovos, chegando a 14 millóns de ducias ao ano. A empresa vén de poñer ademais en marcha unha planta de pasteurización de ovo, que lle permite producir 100.000 kg ao mes deste produto.
Granxa Campomayor é recoñecida pola súa alta calidade no produto, froito dunha filosofía de traballo desenvolta desde hai máis de setenta anos: esforzo, calidade e coidar o benestar dos animais a súa alimentación, estando na actualidade na cuarta xeración á fronte da empresa.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha a Estratexia de Reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 300 produtos certificados, de 53 empresas diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario.
Más informaciónA Xunta publica no DOG a resolución do 9 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade aos cambios producidos na Orde do 9 de outubro de 2015 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2016, de acordo co disposto no artigo 6.2 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.
Estes cambios afectan aos Concellos de Arteixo, Betanzos, Cambre, Ferrol, Sada e Ribadeo
Más información© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia