- A directora Xeral de Comercio, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova imaxe da Praza de Abastos de Padrón
- A Consellería de Economía e Industria ten deseñado unha estratexia de apoio ao pequeno comercio, que converteu a dinamización do comercio de proximidade nunha prioridade da estratexia de dinamización da comercial da Xunta, recollida no Plan Ágora- Agora Recomercia
- Nava Castro recordou que neste exercicio a Consellería de Economía e Industria adxudicou unha partida global de presto de 3 millóns de euros, destinada á dinamización das Prazas de Abastos e Centros Comerciais Abertos
Padrón, 27 de xullo de 2011.- A directora Xeral de Comercio, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova imaxe da Praza de Abastos de Padrón, e recordou que a Consellería de Economía e Industria ten deseñado unha estratexia de apoio ao pequeno comercio, que converteu a dinamización do comercio de proximidade nunha prioridade da estratexia de dinamización da comercial da Xunta, recollida no Plan Ágora- Agora Recomercia.
Neste sentido, Nava Castro recordou que neste exercicio a Consellería de Economía e Industria adxudicou unha partida global de presto de 3 millóns de euros, destinada á dinamización das Prazas de Abastos e Centros Comerciais Abertos das catro provincias galegas, ao abeiro das axudas establecidas no programa de subvencións para mellorar a competitividade destas organizacións comerciais.
A directora Xeral de Comercio salientou a importancia da Praza de Abastos de Padrón, e sinalou que este tipo de mercados representa unha alternativa interesante ás grandes superficies porque apostan pola excelencia na prestación de servizos e fan rendible as súas maiores vantaxes competitivas: a proximidade, a calidade, a atención personalizada e a diversidade da súa oferta.
Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria está a impulsar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos, a creación de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes que supoñan unha vantaxe para estes, a mellora das instalacións e o equipamento dos mercados, así como a sinalización comercial.
La directora general de Comercio Mª Nava Castro participará en una charla sobre la Ley de Comercio de Galicia.
Organizada por: Asociación Centro Comercial Local ESTRELA DE MARÍN
Lugar de celebración: Museo Municipal Manuel Torres, Avda de Ourense, 1 – Marín
Hora: 21,00 h.
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia