Twittear |
A celebración de vendas de carácter multisectorial en condicións máis vantaxosas das habituais e realizadas fóra dos seus respectivos establecementos comerciais, permanentes ou fixos, en lugares do núcleo urbano habilitados ao efecto polo respectivo concello.
Os comerciantes ou as súas estruturas asociativas.
Polo menos un mes antes á data de celebración da feira.
1. Relación pormenorizada do número de postos a instalar e dos produtos obxecto da venda.
2. Duración e localización da feira.
3. Comunicación previa ou declaración responsable ao respectivo concello.
4. Informe favorable da Mesa Local do Comercio.
Solicitude do titular polo menos un mes antes da celebración da feira.
1. As dúas terceiras partes dos comerciantes participantes deberán exercer a súa actividade no respectivo municipio ou comarca, se o ámbito territorial da feira é comarcal.
2. Ningún dos participantes poderá ocupar máis dunha décima parte da dimensión espacial da feira.
1. Máximo tres días
2. Soamente poderá celebrarse unha vez ao ano, preferentemente en período de rebaixas. Excepcionalmente, e previo informe favorable do Observatorio do Comercio de Galicia e da Mesa Local do Comercio, poderá autorizarse pola dirección xeral competente en materia de comercio a celebración dunha segunda feira de oportunidades no período dun ano.
1.Terá a consideración de infracción grave:
Exercer unha actividade comercial sen previa autorización no caso de que esta fose preceptiva, ou sen realizar a comunicación en prazo ao Rexistro Galego de Comercio ou non realizar as comunicacións ou notificacións á Administración comercial exixidas.
2. As infraccións graves serán sancionadas con multa de 1.501 ata 50.000 euros.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia