Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Venda en liquidación

 

Obxecto do procedemento:

Poder realizar vendas en liquidación

Solicitante:

Comerciantes

Prazo de comunicación:

15 días antes da data prevista para realizar a liquidación

A quen se debe  comunicar:

Ao departamento territorial da consellería competente en materia de comercio

Onde presentala:  

        1. Nos rexistros dos órganos administrativos aos que se dirixan

2. Ante calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado

3. Ante calquera órgano administrativo que pertenza ás Comunidades Autónomas

4. Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

5. Órganos administrativos que pertenzan a algunha das entidades que forman a Administración Local se se subscribiu o oportuno convenio

6. En calquera oficina de Correos

7. Preferentemente nas oficinas dos Rexistros dos Departamentos Territoriais da Consellería de Economía e Industria:

  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria da Coruña – Praza Luís Seoane, s/n - 15008 A Coruña. Teléfono: 981 184901
  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria de Lugo- Rolda da Muralla, 70 - 27071 Lugo. Télefono:  982 294651
  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria de Ourense - c/ Curros Enriquez nº 1-4º - 32003 Ourense. Teléfono:  988 386710
  • Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria de Pontevedra - c/ Fernandez Ladreda, 43- 5º - 36003 Pontevedra. Teléfono: 986 805204

Documentación

Escrito dirixido ao departamento Territorial da  Consellería de Economía e Industria no que conste:

1. Datos do titular e do establecemento (localidade e nome comercial)

2. Actividade do establecemento

3. Causas que motivan a venda en liquidación. Data de inicio, duración e data de finalización da devandita venda.

Trámites

1. Comunicación do titular alomenos 15 días antes do inicio da venda

2. Exhibición da copia da devandita comunicación, nun lugar visible do establecemento comercial

3. Toda a publicidade da liquidación deberá expresar a súa causa, data de comezo e duración.

Sancións

As previstas na Lei 13/2010, de 17 de Decembro, do comercio interior de Galicia (DOG nº249, de 29/12/2010).

Información complementaria

OBXECTO DAS VENDAS EN LIQUIDACIÓN:
Esta venda é de carácter excepcional e ten finalidade extintiva de existencias de produtos que ten lugar en execución dunha decisión xudicial ou administrativa, ou é levada a cabo polo comerciante nalgún dos seguintes casos:

1. Cesamento total ou parcial da actividade.

2. Cambio de rama do comercio ou modificación substancial na orientación do negocio

3. Cambio de local ou realización de obras de importancia que requiran o peche do local

DURACIÓN:
O período máximo de liquidación non excederá o seis meses, salvo no caso de cesamento total da actividade, que será dun ano.

Cando se trate de vendas en liquidación por Cesamento total ou parcial da actividade por cambio de rama do comercio ou modificación substancial na orientación do negocio o vendedor non poderá exercer o comercio sobre produtos similares na mesma localidade, no curso do tres anos seguintes.

Tampouco poderá proceder a unha nova liquidación no mesmo establecemento, agás cando teña lugar en execución de decisión xudicial ou administrativa, por cesamento total da actividade ou por causa de forza maior.


CARACTERÍSTICAS DAS VENDAS EN LIQUIDACIÓN:

1. O comerciante exhibirá, nun lugar visible do establecemento, unha copia do escrito presentado ante o Departamento Territorial da Conselleria de Economía e Industria

2. A venda de liquidación limitarase aos produtos que formen parte das existencias do establecemento.

Lexislación: