Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Bolsa de Locais Baleiros

 

 

Unha das debilidades do sector do comercio retallista de Galicia é, sen dúbida, a elevada idade media dos titulares de establecementos comerciais tradicionais, así como as dificultades que existen para o relevo xeracional, unido a unha crecente perda da capacidade competitiva de determinadas formas comerciais tradicionais.

Para abordar esta problemática  o Plan Ágora, agora Re-comercia, prevé entre as súas medidas a rexeneración do tecido empresarial mediante a aparición de novos comerciantes, así como o incremento no mercado inmobiliario da dispoñibilidade de locais comerciais, situados moitos deles en centros urbanos, núcleos históricos e lugares estratéxicos.

Con esta finalidade,  a Consellería de Economía e Industria pon a disposición dos emprendedores e comerciantes unha Bolsa de Locais Baleiros coa información de  todos os locais comerciais susceptibles  de ser alugados na comunidade autónoma.