¿Que se pode solicitar?
Nome do trámite
Denuncias sobre normativa comercial.
Obxecto do trámite
Denunciar algunha infracción da Lei de Comercio e normativa comercial.
¿Quen pode inicialo?
Interesados/Solicitantes
As persoas interesadas.
¿Cando solicitalo?
Prazo de presentación
Durante todo o ano
¿Onde dirixirse?
-
Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan ou ante calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera administración das Comunidades Autónomas, ou á dalgunha das entidades que forman a Administración Local se, neste último caso, subscribiuse o oportuno convenio, así como nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
-
Tamén en calquera oficina de Correos. Neste caso deberase presentar en sobre aberto para que se poida estampar o selo e a data no impreso de solicitude e na copia.
Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificios Administrativos San Caetano s/n
Tel: 012
¿Que documentación se debe presentar?
Impreso, escrito ou comparecencia: denuncia, con plena identificación do denunciante.
¿Como se tramita?
Pasos
-
Presentación de denuncia. Aquelas que non sexan competencia comercial remítense á consellería que corresponda.
-
Comprobación do denunciado. Tramítanse aquelas denuncias con contidos de infracción á Lei de Comercio e normativa comercial.
-
Inspección e levantamento de acta no seu caso.
-
Apertura de expediente, procedemento sancionador.
-
Resolución sancionadora.
Información complementaria
Poderán ser formuladas por comerciantes, gremios e asociacións de comerciantes, concellos ou Policía Local.
Fontes xurídicas e/ou documentais
Normativa
-
Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG nº249, de 29/12/2010)
-
Decreto 232/2006, de 23 de novembro, polo que se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora
-
Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE nº 285, de 27/11/92).
-
Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 189, de 9/08/93).
-
Lei Orgánica 2/1996, de 15 de xaneiro, complementaria da Lei de Ordenación do Comercio retallista, aprobada de acordo co disposto no ar. 81 da Constitución, en relación co art 150.2 (BOE nº 15, de 17/01/96).