Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Inscrición inicial no Rexistro de Asociacións

 

Enlace ao Rexistro de Asociacións

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=PR&codProc=308A&procedemento=PR308A


As asociacións, unha vez constituídas, deberán inscribirse no Rexistro a efectos de publicidade.


Qué asociacións se inscriben no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia?

Inscríbense as asociacións sen ánimo de lucro, así como as federacións, confederacións e unións de ámbito galego, que non estean reguladas por leis especiais como é o caso de:

  • As asociacións profesionais: Lei 19/1977, de 1 de abril. Rexistro de Asociacións profesionais.
  • As asociacións deportivas: Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia. Rexistro de Asociacións Deportivas.

Rexistros de asociacións central e provinciais

As solicitudes de inscrición presentaranse no rexistro que corresponda segundo o ámbito da asociación:

  • Ámbito autonómico: Rexistro Central de Asociacións. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Ámbito provincial: Rexistro da delegación provincial dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
     

Documentación a presentar para a inscrición, por duplicado exemplar:
 

Referencia normativa: Lei 1/2002, artigos 3-7 e R.D. 1497/2003, artigos 3-5

  • Solicitude dirixida ao rexistro competente (ver apartado anterior). A solicitude debe realizarse, polo menos, por un dos promotores ou fundadores.
     
  • Acta fundacional, que debe conter: denominación e domicilio da asociación, nome e apelidos, NIF, nacionalidade e domicilio dos promotores, a vontade de constituír a asociación, a denominación da asociación, domicilio e fins da mesma, a elección da súa xunta directiva provisional e lugar, data e sinaturas dos promotores ou dos seus representantes. Se son persoas xurídicas: certificación do acordo do órgano competente e designación de persoa física.
     
  • Estatutos, co contido que establece a Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, data e sinatura dos socios promotores en todas as súas follas.
     
  • Xustificante do pagamento da taxa correspondente.

     

Inscrición de modificación dos estatutos das asociacións

Referencia normativa: Lei 1/2002, artigo 16 e R.D. 1497/2003, artigos 8-12

Documentación a presentar:

  • Solicitude.
     
  • Acta da Asemblea Xeral na que se acorda a modificación ou certificado do secretario co visto e prace do presidente da asociación.
     
  • Novos estatutos asinados polos representantes da asociación, coa data na que se acordou a modificación.
     
  • Agás que se modifique unicamente o domicilio, os demais cambios obrigan a presentar o texto íntegro, con dilixencia ao final do documento na que conste que quedaron redactados coa inclusión das modificacións acordadas na asemblea xeral, ou de acordo co procedemento establecido nos estatutos, indicando a data na que se adoptou a modificación.
     
  • Certificado da composición da Xunta Directiva, se existisen cambios en relación coa inscrita, cos datos de identidade e NIF dos representantes da asociación e as súas sinaturas e, se é o caso, tamén as dos membros saíntes.
     
  • Xustificante de pagamento da taxa correspondente.
     

En caso de cambio de domicilio da asociación, deberá acompañarse a documentación prevista para a modificación dos estatutos, salvo o texto íntegro destes. Así entregarase, por duplicado: a solicitude e a acta da reunión na que se adoptou o acordo ou certificado desta.

 

Modificación de xunta directiva

Inscrición da identidade dos membros da xunta directiva

Referencia normativa R.D. 1497/2003, artigo 11.

Debe acompañarse:

  • Solicitude.
     
  • Acta da reunión ou do acordo adoptado, segundo previsión establecida nos estatutos, ou certificado da mesma expedido polo secretario co visto e prace do presidente. Deberá conter a referencia do acordo, data de adopción, identidade dos elixidos, data de nomeamento e aceptación dos titulares e data de revogación ou cesamento.
     
  • A acta deberá estar asinada tanto polos titulares entrantes, como, na medida do posible, polos saíntes.

     

Inscrición de federacións, confederacións e unións de asociacións

Referencia normativa, R.D. 1497/2003 artigos 16-18

Solicitude

Documentación a presentar: a mesma que para a constitución, coas seguintes variantes:

  • Na acta fundacional deberán constar, ademais da denominación, os números de inscrición e domicilio de cada unha das asociacións fundadoras e os datos de identificación dos representantes de cada unha delas.
     
  • Por cada asociación que se integre na federación, confederación ou unión de asociacións, presentarase unha certificación expedida polos cargos con facultade para certificar o acordo adoptado para a súa integración na entidade a constituír e a designación da persoa ou persoas que representen á entidade asociativa no acto constitutivo da nova entidade.
     
  • Os estatutos deben ir asinados por todos os representantes das asociacións fundadoras.

     

Inscrición da incorporación e separación de asociacións a unha federación, confederación ou unión de asociacións, ou da integración en entidades internacionais

Referencia normativa: R.D. 1497/2003 artigos 19-20

Solicitude

Documentación:

  • Acta ou certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que consten: a denominación e domicilio da entidade solicitante; a denominación, domicilio e número de inscrición no rexistro correspondente da entidade á que se incorpora ou da que se separa; e a designación de persoa representante no primeiro caso.


     

Inscricións de suspensión, disolución ou baixa dunha asociación

Referencia normativa: R.D. 1497/2003 artigos 21-23

Documentación:

  • Suspensión:
    • Solicitude e copia da resolución xudicial firme, agás que conste notificación de oficio.
       
  • Disolución:
    • Solicitude.
       
    • Cesamento dos titulares da xunta directiva, asinado por estes, ou razóns da ausencia de sinatura.
       
    • Balance da asociación na data da disolución e identificación dos liquidadores, destino do patrimonio conforme aos estatutos, e identificación das causas da disolución (causas previstas nos estatutos: acreditación da concorrencia destas, vontade dos asociados: acta da reunión ou certificado desta, por sentenza xudicial firme: copia desta).
       
  • Baixa:
    • Documento acreditativo das causas que motivaron a baixa e data destas (modificación do ámbito territorial, do réxime xurídico ou rexistral...).
       
    • Se a baixa prodúcese por disolución, documento acreditativo da concorrencia das causas da disolución e escrito dos liquidadores sobre o destino do patrimonio e solicitude de cancelación dos asentos rexistrais.


       

Outras posibles inscricións

  • Referencia normativa, R.D. 1497/2003 artigos 13 -14
     
  • Inscrición da apertura e peche de delegacións ou establecementos, inscrición dunha federación, confederación ou unión de asociacións, pertenza, incorporación e/ou separación dunha federación, confederación ou unión de entidades.
     
  • Declaración e revogación da declaración de utilidade pública das asociacións inscritas (L.O.1/2002, artigo 28).