Twittear |
As MESAS LOCAIS DE COMERCIO foron creadas e reguladas pola Lei 13/2010, de comercio interior de Galicia, o seu artigo 21, establece:
1. En cada municipio existirá unha Mesa Local do Comercio, que actuará como órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración local e os axentes representativos do sector comercial.
A correspondente deputación provincial asumirá as funcions da Administración local na Mesa Local do Comercio naqueles municipios que non conten cun número mínimo de vinte comercios retallistas ou cando non existan asociacions de comerciantes.
2. Formarán parte da Mesa Local do Comercio unha persoa representante de cada unha das asociacions locais de persoas comerciantes e de persoas consumidoras existentes no respectivo municipio e igual número de representantes da Administración local, así como unha persoa representante da Administración autonómica, esta última con carácter voluntario. exercerá a secretaría a persona designada ao efecto pola Administración local, que asistirá á Mesa Local do Comercio con voz pero sen voto.
Poderán formar parte das mesas locais das grandes cidades de Galicia, ademáis das persoas anteriores, unha persona representante das federacions de asociacions de comerciantes máis representativas da correspondente provincia e unha persoa representante da cámara oficial de comercio da correspondente demarcación. Neste suposto, incrementarase o número de representantes da Administración local ata igualar o número de representantes do sector comercial presentes na correspondente mesa local.
3. A Mesa Local do Comercio reunirase como mínimo unha vez ao ano, correspondendo a súa convocatoria ao correspondente concello. Transcorrido un ano sen que teña sido convocada a Mesa Local do Comercio, esta poderá ser convocada pola Administración autonómica.
A lei crea e define as mesas locais de comercio como un lugar de encontro, un foro de debate e participación onde terán voz e voto o comercio de proximidade, os consumidores e o propio concello.
Nas grandes cidades, ademáis dos anteriores, participarán nas mesas locais, as federacions de asociacións de comerciantes máis representativas da correspondente provincia así como a cámara oficial de comercio da correspondente demarcación.
A súa existencia radica na necesidade dunha coordinación entre a administración, os comerciantes e os consumidores no deseño e execución das políticas comerciais que lles afectan.
O Decreto ten como obxecto regular os obxectivos, as funcions, a composición, o funcionamiento e a constitución das Mesas Locais
OBXECTIVOS
Segúndo o disposto no mesmo, son OBXECTIVOS das Mesas Locais do Comercio:
FUNCIONS
Así, entre as FUNCIÓNS destas Mesas Locais de Comercio, destacamos:
CONSTITUCIÓN
As mesas locais do comercio constituiránse en todos aqueles concellos que teñan un número mínimo de 20 comercios minoristas ou dispoña de asociacións de comerciantes.
En cada deputación provincial constituiráse unha Mesa Local de comercio que asumirá as funcións da administración local nas mesas locais de comercio naqueles concellos que non conten cun mínimo de 20 comercios minoristas ou cando non existan asociacións de comerciantes.
COMPOSICIÓN
A composición das Mesas Locais de Comercio tenderá a acadar a participación equilibrada de homes e mulleres.
A Mesa Local do Comercio dos concellos que conten cun número mínimo de vinte comercios retallistas ou con asociacións de comerciantes estará composta por:
a) O/a presidente/a, ou a persoa en quen delegue, de cada unha das asociacións locais de persoas comerciantes que representen a todos os sectores comerciales no seu conxunto.
b) Unha persoa representante das asociacións locais de persoas consumidoras.
c) O número de representantes da Administración local que sexa necesario para igualar a representación municipal coa das asociacións de persoas comerciantes e consumidoras, entre os que figurará o Alcalde ou persoa en quen delegue, que exercerá as funcións de Presidente da Mesa Local de Comercio.
d) Unha persoa representante da Administración autonómica, que será designada con carácter voluntario pola consellería competente en materia de comercio.
e) Secretaría: actuará como secretario/a a persoa designada para o efecto polo concello, con voz pero sen voto.
No caso de concellos que non teñan asociacións de persoas comerciantes e que conten cun mínimo de vinte establecementos comerciais, o concello convocará ás persoas titulares deles a unha asemblea para elixiren a súa representación.
No suposto de que non existan asociacións de persoas consumidoras, o concello convocará a unha persoa representante dunha asociación ou federación de consumidores de carácter provincial ou autonómico.
Poderán formar parte das mesas locais das grandes cidades de Galicia, ademáis das persoas anteriores, unha persoa representante das federacións de asociacións de comerciantes máis representativas da correspondente provincia e unha persoa representante da cámara oficial de comercio da correspondente demarcación. Neste suposto, incrementarase o número de representantes do concello ata igualar as representacións do sector comercial na correspondente mesa local.
Naqueles concellos nos que existan máis de sete asociacións de persoas comerciantes, formarán parte da mesa local de comercio:
a) Un representante de cada unha das asociacións de comerciantes que teñan a consideración de centro comercial aberto, segundo a dirección xeral competente en materia de comercio, por cumprir os requisitos establecidos na disposición adicional única do presente Decreto.
b) As asociacións de vendedores e/ou vendedoras das prazas de abastos, cuxo ámbito de actuación se desenvolva no respectivo concello.
c) As restantes vogalías de comerciantes da Mesa Local de Comercio, ata completar o número de sete serán cubertas por asociacións exclusivamente de comerciantes dos barrios ou distritos da cidade que non estén representados polos vogais recollidos nas letras a e b do presente apartado. De ser o caso de existir máis asociacións de comerciantes que vogalías a cubrir realizaranse sorteos por barrios ou distritos ata cubrir as sete vogalías da Mesa Local de Comercio co fin de establecer unha alternancia na rotación que permita a participación de todas as asociacións de comerciantes e a representación de todos os barrios.
En calquera outro supostos diferente dos anteriores, resolverase por sorteo a cobertura de postos da mesa local de comercio.
No casos de que existan máis dunha asociación local de consumidores e usuarios, realizarase un sorteo no que se determine a rotación e alternancia na mesa local de comercio procurando a participación de todas as asociacións locais de consumidores.
SITUACIÓN ACTUAL
Na actualidade, o artigo 21 resulta de aplicación nos 315 concellos de Galicia, dos cales 168 constituiron mesa local de comercio por ter asociación de comerciantes ou por contar con máis de 20 comercios.
A Deputación Provincial da correspondente provincia asumiu as funcións da Mesa Local de Comercio naqueles concellos que ou ben non contan con asociación de comerciantes ou non disponen de 20 comercios. Na actualidade as Mesas locais de Comercio das Deputacións Provinciais xa están en funcionamento e representan a 147 concellos
Ademáis da sesión constitutiva, o 14% dos concellos celebraron xa unha segunda e incluso unha terceira reunión da mesa local de comercio. En total se celebraron 195 reunións das mesas locais de comercio dende a entrada en vigor da nova norma.
En relación ás mesas locais de comercio, sinalar por último que para os efectos de desenvolver o disposto no artigo 21 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, con data 30 de setembro de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as Mesas Locais de Comercio.
Mesas locais de comercio da provincia da Coruña
Mesas locais de comercio da provincia de Lugo
Mesas locais de comercio da provincia de Ourense
Mesas locais de comercio da provincia de Pontevedra
MESAS LOCAIS DA
PROVINCIA DA CORUÑA |
Abegondo |
Ames |
Arteixo |
Arzúa |
Bergondo |
Betanzos |
Boiro |
Cabanas |
Camariñas |
Cambre |
Carballo |
Cariño |
Carnota |
Carral |
Cedeira |
Cee |
Cerceda |
Coristanco |
Coruña, A |
Culleredo |
Curtis |
Ferrol |
Laracha |
Laxe |
Malpica de Bergantiños |
Melides |
Miño |
Mugardos |
Muros |
Muxía |
Narón |
Neda |
Negreira |
Noia |
Oleiros |
Ordes |
Oroso |
Ortigueira |
Padrón |
Ponteceso |
Pontedeume |
Pontes de García Rodríguez, As |
Porto do Son |
Rianxo |
Ribeira |
Sada |
Santa comba |
Santiago de Compostela |
Sobrados dos Monxes |
Teo |
Val do Dubra |
Vimianzo |
MESAS LOCAIS DA PROVINCIA
DE LUGO |
Antas de Ulla |
Begonte |
Burela |
Castroverde |
Cervo |
Chantada |
Cospeito |
Fonsagrada (A) |
Foz |
Guitiriz |
Láncara |
Lourenzá |
Lugo |
Meira |
Mondoñedo |
Monforte de Lemos |
Monterroso |
Palas de Rei |
Páramo, O |
Pedrafita do Cebreiro |
Pontenova, A |
Rábbade |
Ribadeo |
Samos |
Sarria |
Saviñao, O |
Taoada |
Vicedo (O) |
Vilalba |
Viveiro |
Xove |
MESAS LOCAIS DA PROVINCIA
DE OURENSE |
Allariz |
Barbadás |
Barco de Valdeooras, O |
Carballiño, O |
Castro Caldelas |
Celanova |
Maceda |
Maside |
Ourense |
Pobra de Trives |
Ramirás |
Ribadavia |
Rúa, A |
San Cibrao das Viñas |
San Cristovo de Cea |
Veiga, A |
Verín |
Viana do Bolo |
Vilamartín de Valdeorras |
Xinzo de Limia |
MESAS LOCAIS DA PROVINCIA
DE PONTEVEDRA |
Agolada |
Arbo |
Baiona |
Bueu |
Caldas de Reis |
Cambados |
Campo Lameiro |
Cangas do Morrazo |
Cañiza, A |
Catoira |
Cerdedo |
Cotobade |
Crecente |
Cuntis |
Estrada, A |
Forcarei |
Gondomar |
Grove, O |
Guarda, A |
Illa de Arous |
Lalín |
Marín |
Meaño |
Meis |
Moaña |
Mondariz |
Moraza |
Mos |
Neves, As |
Nigrán |
Oia |
Pazós de Borbén |
Poio |
Ponte Caldelas |
Ponteareas |
Pontecesures |
Pontevedra |
Porriño, O |
Redondela |
Ribadumia |
Rodeiro |
Rosal, O |
Salceda de Caselas |
Salvaterra do Miño |
Sanxenxo |
Silleda |
Soutomaior |
Tomiño |
Tui |
Valga |
Vigo |
Vila de Cruces |
Vilagarcía de Arousa |
Vilanova de Arousa |
[1]Nestes supostos, a correspondente deputación provincial asumirá as funcións da mesa local de comercio.
Os restantes concellos (91) dispoñen dun prazo de 1 ano dende a entrada en vigor da lei . Así, todas aquelas que non se constitúan antes do 18 de xaneiro de 2012, serán constituidas pola Xunta de Galicia de oficio en aplicación da lei.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia