Twittear |
A Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, establece a creación do O Observatorio do Comercio de Galicia, como un órgano asesor, consultivo, de estudo e formación en materia de comercio, adscrito á dirección xeral competente en materia de comercio, cuxa organización e funcionamento se establecerán regulamentariamente, que ten atribuídas as seguintes función:
1. Producir e xestionar os coñecementos propios en materia de comercio a través da análise da información recibida, da elaboración de informes e estudos propios e mais do deseño de instrumentos de observación sectorial e espacial da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Elaborar plans estratéxicos para a modernización, a dinamización e o fortalecemento do tecido comercial galego.
3. Xestionar o depósito de coñecementos en materia de comercio, recompilando a información xerada por outras instancias públicas ou privadas, mediante a adecuada organización dos dispositivos de conexión e seguimento destas.
4. Difundir e divulgar o coñecemento en materia de comercio a través de actividades formativas programadas, como cursos, seminarios, mesas redondas e demais iniciativas análogas, así como da elaboración e a difusión de publicacións, tanto en soporte de papel coma electrónicas.
5. Promover a participación da sociedade na mellora e no desenvolvemento da actividade comercial en Galicia.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia