Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Rexistros

 

1.- Rexistro industrial

2.- Rexistro de propiedade Inmobiliaria

3. - Rexistro de Plans de Autoprotección

1.- Rexistro Industrial

Descrición:

O titular ou representante dunha industria en xeral ou de calquera instalación industrial en construcións urbanas ou rurais, debe inscribila no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia (RI) antes do inicio da súa actividade industrial, para iso terá que solicitalo ao departamento territorial correspondente da Consellería de Economía e Industria.

Lugar:

Rexistro Industrial da Comunidade Autónoma de Galicia

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DA CORUÑA
Praza de Luís Seoane, s/n
15008  A Coruña
Teléfono: 981182294 / 981184906 Fax: 981184790

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE LUGO
Rolda da Muralla, 70
27071  LUGO
Teléfono: 982294656 / 982294659 Fax: 982294681

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE OURENSE
Curros Enríquez, 1º-4º
32003  OURENSE
Teléfono: 988386748 / 988386744 Fax: 988386727

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda, 43-5º
36003  PONTEVEDRA
Teléfono: 986805240 Fax: 986817580

2.- Rexistro da Propiedade Inmobiliaria

Descrición:

Inscrición ou anotación dos actos e contratos relativos ao dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles, é dicir, a título enunciativo, adquisición e transmisión dos devanditos bens e a constitución e cancelación de hipotecas sobre os mesmos.

Lugar:

Rexistro da Propiedade Inmobiliaria en cuxa circunscrición radica o inmoble. (LOCALICE O SEU REXISTRO)

Documentación:

1.      Escritura Pública de compra-venda.

2.      Xustificante de pagamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

3.      Pago do arbitrio sobre o incremento do valor dos terreos.

Observacións:

A Persoa Físicao Xurídica que decida adquirir un inmoble, pode comprobar a titularidade do mesmo ou a existencia de cargas (hipoteca ou anotacións de embargo) que o graven, solicitando unha certificación de dominio e cargas, mediante instancia dirixida ao Rexistrador da Propiedade Inmobiliaria.

O valor da inscrición é declarativo da propiedade, xa que a adquisición da mesma obtense polo outorgamento da Escritura Pública de compra-venda.

Este rexistro pode efectualo o que adquira un inmoble, o transmita , teña interese en aseguralo, ou quen ostente a súa representación. (MÁIS INFORMACIÓN)

 

3.- Rexistro de Plans de Autoprotección

A Norma Básica de Autoprotección aprobada por Real Decreto 393/2007 estableceu un catálogo de actividades afectadas pola mesma, entre as cales figuran determinadas actividades comerciais.

En concreto, no apartado 2g) do Anexo I do citado Real Decreto, recóllese, como parte do catálogo de actividades afectadas, “(...) Aqueloutras actividades desenvolvidas en centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias ou medios análogos que reúnan algunha das seguintes características: Todos aqueles edificios que alberguen actividades comerciais, administrativas, de prestación de servizos, ou de calquera outro tipo, sempre que a altura de evacuación do edificio sexa igual ou superior a 28 m, ou ben dispoñan dunha ocupación igual ou superior a 2.000 persoas (...)”

Segundo o artigo 4.2 do citado Real Decreto 393/2007, “O Plan de Autoprotección deberá acompañar aos restantes documentos necesarios para o outorgamento da licenza, permiso ou autorización necesaria para o inicio da actividade” das actividades afectadas por esta normativa.

En relación a esta Norma Básica, no Diario Oficial de Galicia do 21 de outubro de 2010, publícase o  Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galiciaque entrará en vigor en abril de 2011.

O mencionado Decreto establece a creación do Rexistro de Plans de Autoprotección, que dependerá da dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil.

 O rexistro ten como finalidade fundamental o establecemento dunha base de datos sobre o contido dos plans de autoprotección, á que poderán acceder os servizos de emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia, aos efectos de ampliar a información sobre os centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias que facilite e optimice as súas posibles intervencións en caso de sinistro.

A inscrición neste rexistro é obrigatoria para todas as actividades, centros e instalacións que se determinan no catálogo de actividades. As non incluídas no devandito catálogo poderán, así mesmo, inscribirse no rexistro con carácter voluntario.

Os titulares das actividades e dos centros e instalacións públicas e privadas que se determinan no catálogo de actividades deberán solicitar a inscrición do plan de autoprotección con carácter previo ao inicio da súa actividade ou á modificación do exercicio da xa autorizada.