Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Trámites laborais

 

1.- Inscrición do empresario no Réxime da Seguridade Social

2.- Afiliación e número da Seguridade Social

3.- Afiliación ao Réxime Especial de Autónomos

4.- Afiliación ao Réxime Xeral da Seguridade Social

5.- Comunicación de apertura do centro de traballo

 

1.- Inscrición do empresario no Réxime da Seguridade Social

Obxecto:

A asignación dun número ao empresario, por parte da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, para a súa identificación no Réxime que corresponda do Sistema da Seguridade Social. Dito número é considerado como principal Código de Conta de cotización.

Ao mesmo vincularanse todos aqueloutros que poidan asignárselle a un empresario. É importante sinalar que o empresario debe solicitar un Código de Conta de Cotización en cada unha das provincias onde exerza actividade, así como en determinados supostos no que sexa necesario identificar colectivos de traballadores con peculiaridades de cotización. 

Quen está obrigado á inscrición:

O empresario.

É empresario, aínda que a súa actividade non estea motivada por ánimo de lucro, toda persoa física ou xurídica, pública ou privada, á que prestan os seus servizos, coa consideración de traballadores por conta allea ou asimilados, as persoas comprendidas en calquera réxime dos que integran o Sistema da Seguridade Social.

Impresos:

Débese presentar o Modelo TA-6 para todos os Réximes,agás para o Réxime especial de Empregados do fogar, ao que lle corresponde o Modelo TA-1211E 

Documentación:

Empresario individual:

1. Modelo Oficial Solicitude

2. Documento identificativo do titular da empresa, empresario individual ou titular do fogar familiar

3. Documento emitido polo Ministerio de Economía e Facenda asignando o Número de Identificación Fiscal no que conste a Actividade Económica da Empresa (non se require este documento para o Réxime Especial de Empregados de Fogar)

Empresario colectivo e Sociedades Españolas

1. Os documentos 1, 2 e 3 indicados no parágrafo anterior.

2. Escritura de Constitución debidamente rexistrada ou certificado do Rexistro correspondente (Libro de Actas no caso de Comunidades de Propietarios).

3. Fotocopia do DNI de quen asina a solicitude de inscrición.

4. Documento que acredite os poderes do asinante, se non están especificados na escritura.

Lugar de Tramitación

Na Administraciónde a Tesouraría Xeral da Seguridade Social máis próxima ao domicilio da actividade.

Prazos de Tramitación:

O empresario que por primeira vez contrate traballadores, deberá solicitar a súa Inscrición como empresa antes do inicio de actividade, na Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social máis próxima ao seu domicilio.

Os documentos formalizados respecto da cobertura dos riscos profesionais e da retención económica da antigüidade temporal derivada de competencias comúns, manterán a súa vixencia por un período dun ano e entenderanse prorrogados por períodos de igual duración.

Variación de datos e extinción da empresa:

A empresa está obrigada a comunicar á Tesouraría Xeral da Seguridade Social as variacións seguintes:

1. Cambio de nome da persoa física ou da denominación da persoa xurídica

2. Cambio de domicilio

3. Cambio de entidade que cobre as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e, no seu caso, a presatación económica por incapacidade temporal.

4. Cambio de actividade económica

5. Calquera outra variación que afecte aos datos declarados con anterioridade respecto da inscrición da empresa ou apertura de Conta de Cotización.

De igual forma os empresarios comunicarán a extinción da empresa e/ou o cesamento temporal ou definitivo da súa actividade.

Será considerado en situación de baixa temporal o empresario ou, no seu caso, a conta de cotización do mesmo, respecto dos que se comunicase a baixa de todos os seus traballadores sen pór en coñecemento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma a extinción da empresa, ou o cesamento na actividade.

Transcorridos doce meses sen demostrar a súa continuidade, iniciarase expediente de oficio para que, en base ás alegacións do empresario debidamente xustificadas ou dos demais feitos acreditados no mesmo, se adope a resolución que proceda sobre a extinción ou o cesamento, ou sobre a continuidade da empresa.

Tanto as variacións, como a extinción ou cesamento comunicaranse no modelo TA-7 "Conta de Cotización", no prazo de seis días naturais seguintes a aquel no que se produzan.

O cambio de entidade que cobre as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e/ou, no seu caso, a prestación económica por incapacidade temporal presentarase cunha antelación de dez días naturais da súa efectividade.

Sucesión na titularidade ou na actividade:

Tanto na sucesión da empresa como na actividade do seu centro de traballo, dará lugar a que no Rexistro de empresarios se tome razón da extinción da empresa, así como da nova inscrición e anotación a nome do novo titular, se este non figurase xa inscrito.

O prazo para comunicar este feito é o de seis días naturais seguintes a aquel en que a suceción se produza.

Para facilitar a comunicación de altas e baixas de traballadores da empresa sucesora e antecesora, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, pon a dispor dos empresarios o modelo TA-8 "Solicitude de cambio de Conta de Cotización para traballadores".

 

2.- Afiliación e número da Seguridade Social

Descrición: 

A afiliación é un acto administrativo mediante o que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recoñece a condición de incluída no Sistema de Seguridade Social á persoa física que por primeira vez realiza unha actividade determinante da súa inclusión no ámbito de aplicación do mesmo.

A afiliación presenta as seguintes características:

1. É obrigatoria para as persoas incluídas no Sistema a efectos de dereitos e obrigas na súa modalidade contributiva.

2. É única e xeneral para todos os réximes do Sistema.

3. Esténdese a toda a vida das persoas comprendidas no Sistema.

4. É exclusiva

5. A solicitude de Afiliación formúlase no modelo TA.1 "Solicitude de Afiliación/Número de Seguridade Social" .

A Tesouraría Xeral da Seguridade Social asignará un Número de Seguridade Social a cada cidadán para a identificación do mesmo nas súas relacións coa mesma. Así mesmo asignarase aos beneficiarios de pensións ou outras prestacións do Sistema.

O Número da Seguridade Social:

1. É obrigatorio para todo cidadán con carácter previo á solicitude de afiliación e alta nalgún réxime de Seguridade Social.

2. É obrigatorio cando se trate de beneficiarios de pensións ou outras prestacións do Sistema.

3. Farase constar nunha tarxeta da Seguridade Social na que figurarán o seu nome e apelidos e o DNI.

4. Para os afiliados coincide co seu propio número de afiliación.

5. A solicitude de Número de Seguridade Social formúlase no modelo TA.1 "Solicitude de Afiliación Número de Seguridade Social".

Formas de practicar a afiliación:

1. A instancia do empresario: Os empresarios están obrigados a solicitar a afiliación ao Sistema da Seguridade Social de quen non estando afiliados ingresen ao seu servizo.

2. A instancia do traballador: Os traballadores por conta propia ou asimilados que inicien a súa actividade como tales e non se atopen xa afiliados, estarán obrigados a solicitar a afiliación. De igual forma os traballadores por conta allea ou asimilados cuxo empresario non cumpra coa obriga que se impón no apartado anterior, poderán solicitar a súa afiliación ao Sistema.

3. De oficio: A afiliación poderá efectuarse de oficio polas Direccións Provinciais da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administracións da mesma cando como consecuencia da actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dos datos obrantes nas entidades xestoras ou por calquera outro procedemento, comprobe o incumprimento da obriga de solicitar a afiliación por parte dos traballadores ou empresarios aos que incumba esta obriga.

Prazos:

Deberá solicitarse con carácter previo á solicitude da súa afiliación e alta ou á solicitude de calquera prestación ou servizo.

Documentación:

1. Documento Nacional de Identidade

2. Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte.

Lugar:

A solicitude de afiliación dirixirase á Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma provincia na que  esté domiciliada a empresa en que presta servizos o traballador por conta allea ou asimilado ou na que radique o establecemento do traballador autónomo.

As solicitudes de afiliación formularanse con carácter previo ao inicio da prestación de servizos do traballador por conta allea ou da actividade do traballador por conta propia.

Observacións:

Con carácter xeral a afiliación realízase de forma conxunta ou simultánea coa alta inicial correspondente á actividade ou situación que de lugar á súa inclusión no Sistema da Seguridade Social.

Impresos:

 

3.- Afiliación ao Réxime Especial de Autónomos

 

Descrición:

O traballador autónomo que non estea afiliado ao sistema da Seguridade Social, deberá solicitar a súa afiliación. Simultánea ou sucesivamente, solicitará a alta no Réxime especial de autónomos ante a Dirección Provincial de Tesouraría Xeral da Seguridade Social, onde se vaia a realizar a actividade. (www.seg-social.es)

Lugar:

A solicitude de afiliación dirixirase á Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma provincia na que esté domiciliada a empresa en que presta servizos o traballador por conta allea ou asimilado ou na que radique o establecemento do traballador autónomo.

Observacións:

Aos efectos deste Réxime Especial, entenderase como traballador por conta propia ou autónomo, aquel que realiza de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas, sexa ou non titular de empresa individual ou familiar.

Presumirase, salvo proba en contra, que no interesado concorre a condición de traballador por conta propia ou autónomo se o mesmo ostenta a titularidade dun establecemento aberto ao público como propietario, arrendatario, usufructuario ou outro concepto análogo.

Están incluídos neste réxime:

1. Os traballadores maiores de 18 anos, que, de forma habitual, persoal e directa, realizan unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición a contrato de traballo.

2. O cónxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive por consanguinidade, afinidade e adopción que colaboren co traballador autónomo de forma persoal, habitual e directa e non teñan a condición de asalariados.

3. Os escritores de libros.

4. Os traballadores autónomos estranxeiros que residan e exerzan legalmente a súa actividade en territorio español.

5. Os traballadores autónomos agrícolas, titulares de explotacións agrarias, cando teñan atribuído un líquido impoñible, segundo a extinguida contribución territorial rústica e pecuniario correspondente ao exercicio de 1982, superior a 50.000 pesetas (300,51 euros).

6. Os profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo se integrou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

7. Os profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo non fose integrado no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos. Non entanto, quedan exentos da obriga de alta no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, os colexiados que opten ou optasen por incorporarse á Mutualidade de Previsión Social que puidese ter establecida o correspondente Colexio Profesional, sempre que a citada Mutualidade sexa algunha das constituídas con anterioridade ao 10 de novembro de 1995. Se o interesado, tendo dereito, non optase por incorporarse á Mutualidade correspondente, non poderá exercitar dita opción con posterioridade.

8. Os socios de sociedades regulares colectivas e socios colectivos de sociedades comanditarias que reúnan os requisitos legais.

9. Os socios traballadores das Cooperativas de Traballo Asociado, cando estas opten por este réxime nos seus estatutos. Neste caso, a idade mínima de inclusión no Réxime Especial é de 16 anos.

10.  Os comuneiros ou socios de comunidades de bens e sociedades civís irregulares.

11.  Os quen exerzan funcións de dirección e xerencia que leva o desempeño do cargo de conselleiro ou administrador, ou presten outros servizos para unha sociedade mercantil capitalista, a título lucrativo e de forma habitual, persoal e directa, sempre que posúan o control efectivo, directo ou indirecto, daquela. Entenderase, en todo caso que se produce tal circunstancia, cando as accións ou participacións do traballador supoñan, polo menos, a metade do capital social.

12.  Os socios traballadores das sociedades laborais, cando a súa participación no capital social xunto co do seu cónxuxe e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao, cos que convivan, acade, polo menos o cincuenta por cento, agás que acredite que o exercicio do control efectivo da sociedade require o concurso de persoas alleas ás relacións familiares.

Impresos:

 

4.- Afiliación ao Réxime Xeral da Seguridade Social

Descrición:

A alta, a baixa e as variacións de datos son comunicacións obrigatorias que se farán á Seguridade Social para informar do inicio da actividade laboral dun traballador, sobre o cesamento na mesma ou sobre as modificacións de datos identificativos e laborais dos traballadores afiliados á Seguridade Social.

Quen está obrigado:

Está obrigado o empresario a solicitar a alta, a baixa e a comunicar as variacións de datos de todos os seus traballadores.

Prazos:

      1. Solicitude da Alta:

Previo ao comezo da relación laboral ata 60 días antes.

Nos casos nos que non se prevera con antelación dita iniciación, se o día ou días anteriores á mesma foran inhábiles, ou se a prestación de servizos se inicia en horas así mesmo inhábiles, remitiranse, con anterioridade ao inicio da prestación de servizos, por telegrama, fax ou por calquera outro medio electrónico, informático ou telemático.

      2. Solicitude de Baixa:

6 días naturais desde o cesamento da actividade laboral.

      3. Variación de Datos:

6 días naturais

Efectos:

      1. Alta:

As altas presentadas con carácter previo fornecen efectos a partir do día en que se inicie a actividade.

Nos casos  nos que non se prevea con antelación dita iniciación, se o día ou días anteriores á mesma fosen inhábiles, ou se a prestación de servizos se inicien en horas inhábiles, remitiranse, con anterioridade ao inicio da prestación de servizos, por telegrama, fax ou por calquera outro medio electrónico, informático ou telemático.

      2. Baixa:

A baixa do traballador producirá efectos dende o cesamento na prestación dos servizos.

A solicitude de baixa do traballador extinguirá a obriga de cotizar desde o cesamento no traballo. 

Se a baixa solicítase fóra de prazo a obriga de cotizar extínguese o día en que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento no traballo.

Cando a Tesouraría Xeral da Seguridade Social curse a baixa de oficio, a obriga de cotizar extinguirase dende o mesmo día en que se levou a cabo a actuación inspectora, ou se recibiron os datos ou documentos que acrediten o cesamento no traballo.

Lugar:

Na Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administracións. da mesma ou a través do sistema REDE.

Observacións:

Os empresarios están obrigados a comunicar o alta, a baixa ou a variación de datos dos traballadores que presten servizos na súa empresa. En caso de non facelo poderá facelo o traballador  directamente na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

As altas, baixas ou variacións de datos poderán realizarse pola Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da provincia cando non o efectuasen nin a empresa nin o traballador.

Impresos:

  • Modelo TA2/S.Solicitude alta, baixa e variación de datos do traballador por conta allea ou asimilada.
  • Modelo TA2/S simplificado. Solicitude de baixa do traballador/a por conta allea ou asimilada.

 

5.- Comunicación de apertura do centro de traballo 

Descrición:

Comunicación de apertura de centros de traballo ou de continuación da actividade.

Obxecto do procedemento:

1.      Debe efectuarse unha comunicación á autoridade laboral, tanto da apertura de centros de traballo como da continuación da actividade despois de efectuar alteracións, ampliacións ou transformacións de importancia.

2.    O empresario ten obriga de efectuar a comunicación, calquera que sexa a actividade que realice, con independencia das comunicacións que deban efectuarse ou das autorizacións que deban outorgarse por outras autoridades.

Unidade responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais

Para máis información e impresos:

http://traballo.xunta.es/apertura-de-centros-de-traballo