O comercio tradicional na actualidade está sometido a un profundo proceso de cambio que exixe realizar un esforzo de renovación e adaptación continuo, co obxecto de que se volva situar na posición histórica que tradicionalmente veu desempeñando no desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades. Por isto, coa finalidade de acadar unha maior competitividade do comercio galego, así como a súa dinamización, recóllese un conxunto de obxectivos entre os que cabe subliñar:
– A incentivación da demanda comercial e mellora da loxística do comercio, así como a consecución dunha imaxe máis competitiva e dinámica do comercio galego polo miúdo.
Polo tanto, esta orde diríxese ás asociacións de comerciantes, de ámbito superior ao municipal ou federacións, sen fins de lucro que desenvolvan actuacións para a revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial, a través de fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal.