Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Próximos eventos




  • Entrega dos premios ao mellor praceiro/a 2011
    Data de inicio do evento: 05 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 05 Marzo, 2012

    O día 5 de marzo terá lugar a entrega de premios ao mellor praceiro/a 2011 en Vilagarcía de Arousa. O acto realizarase as 11:00 horas na Prazade da Pescadería de Vilagarcía de Arousa e contará coa asistencia do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez, o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra e  a Directora xeral de Comercio, Nava Castro.
     


  • Feira de Oportunidades de Tomiño
    Data de inicio do evento: 03 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 04 Marzo, 2012
    Lugar do evento: Pavillón de Goián (Av. Pío Troncoso, s/n, Goián, 36750 - Tomiño


  • Feira de Oportunidades de Arteixo
    Data de inicio do evento: 03 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 04 Marzo, 2012
    Lugar do evento: Explanada do Centro Cívico Municipal situado no Paseo do Balneario, 1

    Organiza CCA de Arteixo


  • 37ª Feira de antigüidades e cousas curiosas
    Data de inicio do evento: 02 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 04 Marzo, 2012
    Lugar do evento: Fundación de exposicións e congesos da Estrada
    Máis información


  • Feira de Oportunidades do Comercio e moble
    Data de inicio do evento: 02 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 04 Marzo, 2012
    Lugar do evento: Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada

    2ª Feira de Oportunidades de Comercio e Moble


  • Feira do Comercio
    Data de inicio do evento: 02 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 04 Marzo, 2012
    Lugar do evento: Pavillón Municipal de Deportes de Noia

    Organizada pola Asociación Noia Histórica e coa colaboración do Concello, nela participarán 35 establecementos comerciais da localidade. Horario ininterrumpido: venres de 17:00 a 21:30 horas; sábado e domingo de 10:30 a 21:30 horas.


  • Sarria: Campaña do día do Pai
    Data de inicio do evento: 01 Marzo, 2012
    Data de finalización do evento: 19 Marzo, 2012
    Lugar do evento: Sarria

    A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces) pon hoxe en marcha a campaña do día do Pai.


  • VII encontro nacional de mercados municipais: novos barrios, novos retos
    Data de inicio do evento: 27 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 28 Febreiro, 2012
    Lugar do evento: Zaragoza

    Mercasa e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) puxeron en marcha a convocatoria do 7º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas, que se celebrará en Zaragoza, os próximos 21 e 22 de novembro, e reunirá máis de 600 responsables municipais e doutras administracións, xunto a comerciantes dos Mercados e expertos de todos os ámbitos sobre comercio e consumo.

    Mercasa e a FEMP veñen organizando estes Encontros con carácter bienal dende 1998, sempre cun resultado moi positivo, tanto de asistencia coma polos debates e conclusións alcanzadas, que contribuíron a reforzar a posición de liderado dos Mercados Municipais na distribución alimentaria española.

    O 7º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas convócase baixo o lema "Novos barrios, novos mercados," porque nesta ocasión os relatorios e intervencións previstas, como sempre cos mellores expertos e profesionais relacionados cos Mercados Municipais Minoristas, queren contribuír de xeito especial ao debate sobre a oportunidade estratéxica de apostar polos Mercados Municipais nos novos desenvolvementos urbanos das cidades.

    O obxectivo é dar resposta a unha demanda crecente dos consumidores por unha oferta comercial de proximidade, coa máxima calidade nos servizos e os produtos, complementaria co resto de formatos comerciais. Unha demanda que nos novos barrios se dirixe expresamente aos Mercados Municipais Minoristas.

    A organización do 7º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas conta co apoio do Goberno de Aragón, o Concello de Zaragoza, Mercazaragoza, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; e o Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño.

     

     

    Máis información


  • Apertura dos comercios en Lalin durante a Feira do Cocido.
    Data de inicio do evento: 12 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 12 Febreiro, 2012

    O concello de Lalín promoverá unha serie de actividades para dinamizar o comercio local. Entre estas actividades figura a apertura dos establecementos comerciais o domingo 12 de febreiro, día da Feira do Cocido, acontecemento declarado Festa de Interese Turístico Nacional.


  • IX Edición de Mercamelide
    Data de inicio do evento: 11 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 12 Febreiro, 2012
    Lugar do evento: Pazo de Congresos de Melide (Rúa Río Furelos, s/n)

    Horario ininterrumpido de 11:00 a 20:00 horas

     


  • Feira de Oportunidades de Pontecaldelas 2012
    Data de inicio do evento: 11 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 12 Febreiro, 2012
    Lugar do evento: Praza de España (Pontecaldelas)


  • Presentación portal do comercio electrónico comerciogalicia.es
    Data de inicio do evento: 07 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 07 Febreiro, 2012

    O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra e o Presidente da Federación Galega de Comercio, Jose María Seijas, presentan hoxe, ás 12.30 horas na Sala de Xuntas da Conselleria de Presidencia o Portal Comercio Electrónico comerciogalicia.es


  • Inicio da campaña "La Calidad divina. Entra y peca" en las plazas de abastos de A Coruña
    Data de inicio do evento: 06 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 18 Febreiro, 2012


  • Feira de Oportunidades Stock Pontevedra, organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental Pontevedra
    Data de inicio do evento: 03 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 05 Febreiro, 2012


  • Campaña de San Valentín en Lugo Centrum
    Data de inicio do evento: 02 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 14 Febreiro, 2012

     

     

     

     

     

     

    Durante estas dúas semanas, todas as persoas que realicen compras nalgun dos establecementos asociados a Lugo Centrum recibirán boletos para cubrir cos seus datos. Estas papeletas entrarán despois nun sorteo de 10 ceas para dúas persoas nos restaurantes asociados a Lugo Centrum.

    O sorteo celebrarase o día 16 de febreiro ás 13.00 horas na oficina da Asociación e sérá aberto a toda persoa que queira asistir. Os agraciados serán avisados posteriormente para recoller os vales correspondentes.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     


  • Merca coas túas pesetas no comercio de Ponteareas
    Data de inicio do evento: 01 Febreiro, 2012
    Data de finalización do evento: 31 Marzo, 2012

    Dende o 1 de febreiro e ata o 31 de marzo no comercio de Poteareas poderase comprar con pesetas

    /imagenes/articulos/DIPTICO_PESETA.pdf

    /imagenes/articulos/DIPTICO_PESETA1.pdf


  • Sorteo e entrega de premios da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”
    Data de inicio do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Nas prazas de toda Galicia

    Do 9 ao 20 de xaneiro de 2012, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchao co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado. O 20 de xaneiro procederase ao sorteo e entrega de premios en cada unha das prazas de abastos de Galicia.

    Máis información


  • Sorteo e entrega de premios no Mercado Municipal de Marín da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”
    Data de inicio do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 20 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Mercado municipal de Marín

    As 12 h terá lugar o sorteo e entrega de premios da campaña “Este inverno presume de praceiro/a” no mercado municipal de Marín que contará coa asistencia da directora xeral de Comercio, Nava Castro.


  • Sorteo "Este Nadal toca en Melide"
    Data de inicio do evento: 09 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: Local da Asociación de Empresarios Terra de Melide, Linxo Sexto Sánchez, 2, baixo. Ás 21 horas

    3º SORTEO.-
    Dende o día 1 de decembro de 2011 ata o 9 de xaneiro de 2012 os establecementos inscritos na Campaña entregarán entre os seus clientes rifas para o sorteo dos seguintes premios: *un (1) premio de 2.000 €, * un (1) premio de 1000 €,* dez (10) premios por valor de 200 €, * dez ( 10) premios por valor de 100 €,* cada un .O acto do sorteo terá lugar o día 9 de xaneiro de 2012 nos locais da Asociación de Empresarios Terra de Melide, Lino Sexto Sánchez, 2 Baixo, ás 21h, ante Notario. Realizarase seguindo o sistema de “man inocente”, introducindo nunha urna as matrices correspondentes ás rifas entregadas.

    • Entre cada unha das matrices e as rifas deberán estampar o cuño ou sinatura (no caso de non ter cuño) identificativa do establecemento.
    • Os titulares (ou persoa que consideren) dos establecementos participantes deberán entregar, desgrapadas, entre as 16 e 18h do día do sorteo (09/01/2011) na Notaría de Melide as matrices correspondentes ás rifas repartidas entre os seus clientes. Quedarán anuladas todas aquelas que non fosen entregadas.
    • Extraeranse os números correspondentes ós premios por valor de 100 €, a continuación os correspondentes aos premios por valor de 200 €,despois o premio de 1000 €, para rematar co número correspondente ao premio por valor de 2.000 €.
    • A continuación extraerase un número máis, en concepto de reserva, por cada un dos premios anteriormente recollidos.
    • Extraeranse, polo tanto, un total de ( 44 números, a metade como titulares e a outra metade en concepto de reserva.
    • As matrices dos números que vaian saíndo non se introducirán novamente na urna.


  • Apertura da campaña "Este inverno presume de praceiro/a"
    Data de inicio do evento: 09 Xaneiro, 2012
    Data de finalización do evento: 09 Xaneiro, 2012
    Lugar do evento: En cada unha das prazas de abastos de Galicia

    Do 9 ao 20 de xaneiro de 2012, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchao co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado

    Máis información



  • Páxina 36 de 43

  • Mostrando do 701 ao 720 dun total de 860 rexistros