Sortearanse 3 premios de 3.000 euros
Máis información
ORDE do 26 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto de 2011), modificada pola Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG núm. 187, do 29 de setembro de 2011) e pola Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG núm. 241, do 20 de decembro de 2011), pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.
Máis información
Os comerciantes da Illa comezan estes días a repartir entre os seus clientes os boletos que prepararon para o sorteo de Nadal deste ano. Un total de 32 establecementos -entre eles, e por primeira vez, algúns do ramo de hostalería- participan nesta iniciativa coa que pretenden incentivar as compras e, sobre todo, premiar a fidelidade dos seus compradores habituais.
Cada local disporá de cen rifas para repartir entre os seus clientes. Aínda que a norma xeral é que se entregue un boleto por cada seis euros de compra, cada comerciante poderá decidir os seus criterios de repartición, en función das peculiaridades de cada un. Nesas papeletas os compradores deben pór o seu nome e o seu número de teléfono e depositalas despois nas urnas habilitadas para iso.
O día 20 de decembro realizarase o sorteo entre todas as rifas adecuadamente cubertas, e tres días despois, o 23, entregaranse os premios, que consisten esta vez en cincuenta lotes de produtos do Nadal. Os comerciantes da Illa quixeron facer fronte este ano á crise e non só aumentaron a cifra de premios, senón que estes serán tamén máis completos.
O presidente da asociación de empresarios insular, Jorge Dívos, quixo onte agradecer a colaboración do consorcio comarcal de comercio, do Concello da Illa e da dirección xeral de Comercio.
Do 12 ao 23 de decembro, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchao co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado. O 23 de decembro realizarase o sorteo e a entrega de premios.
Máis informaciónEntre os días 12 e 23 de decembro de 2011 e do 9 ao 20 de xaneiro de 2012, os clientes dos mercados municipais de Galicia recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchaos co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número de posto do seu praceiro favortio e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado.
Máis informaciónNesta campaña sortearanse 3.000 euros repartidos en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Lugo Centrum. O sorteo celebrarase o 9 de xaneiro na sede de Lugo Centrum.
36ª FEIRA DE ANTIGÜEDADES E COUSAS CURIOSAS
Desde sábado, 10 decembro 2011
Ata domingo, 11 decembro 2011
Sectores e Productos: Anticuarios, Restauración, Mobles, Libros,etc.
O horario de apertura dos establecementos comerciais abranguirá dende as 20.30 ata as 00.00 horas.
Ata o momento son un total de 46 establecementos comercias de diferentes sectores que se sumaron ao evento.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia