Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Próximos eventos




  • Cambre: "Rasca e gaña"
    Data de inicio do evento: 05 Decembro, 2011
    Data de finalización do evento: 05 Xaneiro, 2012

    Os establecementos de Cambre comenzarán a repartir as tarxetas da tradicional campaña do nadal "Rasca e Gaña".


  • Festivo hábil para a práctica comercial
    Data de inicio do evento: 04 Decembro, 2011
    Lugar do evento: Comunidade autónoma
    Máis información


  • FEMAGA XVIII Feira de autónomos de Galicia
    Data de inicio do evento: 03 Decembro, 2011
    Data de finalización do evento: 08 Decembro, 2011
    Lugar do evento: Recinto Feiral de ExpoCoruña


  • Presentación da campaña de Nadal de Fecimo
    Data de inicio do evento: 02 Decembro, 2011

    Terá lugar o reparto de material promocional da campaña: bolsas, boletos , elementos publicitarios e decorativos.


  • Inicio da III campaña "Este Nadal toca en Melide"
    Data de inicio do evento: 01 Decembro, 2011
    Data de finalización do evento: 09 Xaneiro, 2012

    A Asociación de Empresarios Terra de Melide-CCA, e o CCA Vila de Melide no marco dunha serie de actuacións encamiñadas á promoción do sector empresarial e comercial, tra-la resposta das campañas anteriores, propón a organización da III Campaña “Este NADAL toca en MELIDE” o obxectivo da cal é o fomento das compras nos establecementos de Melide premiando a fidelidade do cliente mediante a realización de sorteos que darán opción ós seguintes premios: *un (1) premio de 2.000 €, *un (1) premio de 1000 €,* dez (10) premios por valor de 200 €, * dez ( 10) premios por valor de 100 €,* cada un a canxear en calquera dos establecementos participantes na Campaña . Preténdese estimula-las compras incrementando as vendas no sector empresarial que cada vez ocupa un papel máis relevante na economía da Terra de Melide. O desenvolvemento da Campaña rexerase polas seguintes

    BASES:

    1º DURACIÓN.- A promoción, na que se inscribe terá lugar entre os días 1 de decembro de 2011 e 9 de xaneiro do 2012. Os establecementos participantes deberan recoller toda a documentación da campaña os días 28,29, e 30 de novembro ( luns e martes) entre as 8:30 e as 13:00 nas oficinas de Asetem-cca.

    2º ÁMBITO TERRITORIAL.- As rifas serán obsequiables a través de calquera dos establecementos de Melide inscritos, mediante a adquisición de calquera tipo de produtos, durante a Campaña coñecida polo slogan “Este Nadal toca en Melide” a duración da cal será do 01.12.2011 ó 9.01.2012.

    3º SORTEO.-
    Dende o día 1 de decembro de 2011 ata o 9 de xaneiro de 2012 os establecementos inscritos na Campaña entregarán entre os seus clientes rifas para o sorteo dos seguintes premios: *un (1) premio de 2.000 €, * un (1) premio de 1000 €,* dez (10) premios por valor de 200 €, * dez ( 10) premios por valor de 100 €,* cada un .O acto do sorteo terá lugar o día 9 de xaneiro de 2012 nos locais da Asociación de Empresarios Terra de Melide, Lino Sexto Sánchez, 2 Baixo, ás 21h, ante Notario. Realizarase seguindo o sistema de “man inocente”, introducindo nunha urna as matrices correspondentes ás rifas entregadas.

    • Entre cada unha das matrices e as rifas deberán estampar o cuño ou sinatura (no caso de non ter cuño) identificativa do establecemento.
    • Os titulares (ou persoa que consideren) dos establecementos participantes deberán entregar, desgrapadas, entre as 16 e 18h do día do sorteo (09/01/2011) na Notaría de Melide as matrices correspondentes ás rifas repartidas entre os seus clientes. Quedarán anuladas todas aquelas que non fosen entregadas.
    • Extraeranse os números correspondentes ós premios por valor de 100 €, a continuación os correspondentes aos premios por valor de 200 €,despois o premio de 1000 €, para rematar co número correspondente ao premio por valor de 2.000 €.
    • A continuación extraerase un número máis, en concepto de reserva, por cada un dos premios anteriormente recollidos.
    • Extraeranse, polo tanto, un total de ( 44 números, a metade como titulares e a outra metade en concepto de reserva.
    • As matrices dos números que vaian saíndo non se introducirán novamente na urna.

     

     

    • O prazo de presentación tanto dos números premiados como dos reservas (seguindo a orde de extracción) será ata o mercores, 25 de xaneiro de 2012 ás 13 h. Presentaranse na Asociación de Empresarios Terra de Melide. Transcorrido ese prazo o premio quedará deserto.

    4º PREMIOS E A SÚA ENTREGA

    *un (1) premio de 2000 €, *un (1) premios de 1000 €, * dez (10) premios por valor de 200 €, * dez ( 10) premios por valor de 100 €,* cada un Os agraciados recibirán os premios de mans dos titulares dos establecementos nos que se lle entregou a rifa premiada nun acto que terá lugar en data a definir e para o cal serán previamente avisados pola organización. Salvo causa xustificada, deberán asistir tanto establecementos como premiados. No caso de aqueles que non puideran asistir faráselles entrega na asociación de Empresarios Terra de Melide no prazo de 10 días naturais seguintes a contar dende o día seguinte ó acto de entrega.

    • Na totalidade dos premios farase a entrega da cantidade correspondente en vales por valor de 50 € cada un. Cada vale será cambiable nun só establecemento dos inscritos na campaña á elección do agraciado, tendo validez dentro dos 15 días naturais seguintes ó día do acto de entrega.

    • A organización (Asociación de Empresarios Terra de Melide- CCA) abonará ó establecemento, escollido polo agraciado para a realización da súa compra, o importe da compra previa presentación de dito vale, tendo como data límite para o cobro a que se indique no vale como data de caducidade para o cobro.

    • Tódolos números premiados estarán expostos nos establecementos inscritos na campaña mediante carteis. Tendo en conta que éstos son realizados en imprenta haberá que deixar transcorrer uns días para obtelos, polo que, mentres, estarán expostos na asociación de Empresarios Terra de Melide-CCA , e serán difundidos a través dos medios de comunicación locais. Os establecementos que o consideren poden recoller a partir do días seguinte ó sorteo unha folla cos números premiados na asociación de Empresarios Terra de Melide-CCA.

    • Quedan excluídos de acceder ós distintos premios os titulares, cónxuxe, fillos e empregados dos comercios participantes na campaña por medio das rifas adquiridas no seu propio establecemento; poden participar con rifas doutros establecementos.

    5º RIFAS.-

    Cada rifa terá asignado un número e na mesma identifícanse os premios obxecto do sorteo. Serán agrupadas en talonarios de 100 rifas.Os comerciantes inscritos na campaña recibiran de xeito gratuíto as 400 primeiras rifas. A adquisición de novas rifas será ó prezo de 0.06 € cada rifa. Queda prohibida a venda de rifas.

    6º APORTACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS.-

    A cota de inscrición será de trinta (30) euros, sendo condición indispensable ser socio de Asetem-cca.

    7º PRAZO DE INSCRIPCIÓN.- Dende a notificación da campaña, ata o 30 de novembro de 2010, as 13:00 horas, ambos días incluídos.

    A asociación de Empresarios Terra de Melide en calidade de organización, non se fan responsable dos posibles danos que dita campaña puidera ocasionar a terceiros. A participación dos comercios supón a aceptación destas bases.


  • Xornada Técnica cos Concellos para a posta en marcha da Campaña "Este inverno presume de praceiro/a"
    Data de inicio do evento: 30 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 30 Novembro, 2011


  • Activación da tarxeta de fidelización do comercio estradense
    Data de inicio do evento: 28 Novembro, 2011


  • CELEBRA, Salón de Vodas, Bautizos, Comunions e Actos Sociais
    Data de inicio do evento: 26 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Recinto Feiral Expourense


  • VIGOBODAS 2011. A feira dos noivos
    Data de inicio do evento: 26 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Novembro, 2011
    Lugar do evento: IFEVI - Vigo

    VIGOBODAS 2011. A feira dos noivos

    VigoBodas – Cerimonias e Celebracións é unha feira de productos e servizos para vodas, comunións, bautizos e actos sociais.O obxetivo principal de Vigobodas é facilitar a organización do seu evento, ofrecer nun único espazo o maior número posible de servizos e productos, a fin de que aforren tempo e cartos.

    VIGOBODAS 2011. A Feira dos Noivos. 26/11/2011 - 27/11/2011
     
    Edición  5ª Edición    
    Periodicidade  Anual    
    Sector  Organización de vodas    
    Carácter  Público    
    Ámbito  Noroeste Peninsular    
    Ano da primeira edición  2007    
    Superficie ocupada Pavillón 2    
    Organizador  BESTEVENTS - EVENTOS E COMUNICACIÓN LDA    
    Contacto  D. Jorge Ferreira    
    Dirección  Avda. Joao XXI, 627 - 1º. 4715-035 Braga (Portugal)    
    Teléfono  España: +34.648.876.139 / +34.648.876.140 // Portugal: 00.351.253.204.049    
    Fax      
    Email  info@vigobodas.com    
    Web www.vigobodas.com    
    Observacións      

     

    Máis información


  • Sábado Negro
    Data de inicio do evento: 26 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 26 Novembro, 2011

    No Centro Comercial Aberto de Noia descontos de ata o 20%


  • Feira monográfica centrada na organización de vodas
    Data de inicio do evento: 25 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Feira Internacional de Mostras do Noroeste - Ferrol

     

    XII Salón Nupcial De Blanco

    Feira Monográfica centrada na organización de vodas

    De Blanco     entre o 25 e o 27 de Novembro

    Feira Monográfica centrada na organización de vodas

    Organiza:Fimo

    Máis información


  • X Concurso de xoves diseñadores de moda
    Data de inicio do evento: 25 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Feira Internacional de Mostras do Noroeste - Ferrol

    X Concurso de Xoves Diseñadores de Moda

    Concursos de Diseño de Moda

    Concurso de Jóvenes Diseñadores     entre o 25 e o 27 de novembro

    Concurso dirixido aos novos valores do diseño de moda


    Organiza:Fimo
     

    Máis información


  • MI CASA - Salón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades
    Data de inicio do evento: 24 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Recinto Feiral Expourense


  • Vigo: Foro Melloras para Mellores Empresas
    Data de inicio do evento: 23 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 23 Novembro, 2011

    Na Sé viguesa da Fundación Barrié congregaranse os gurús españois en xestión de empresas.

     


  • Os empresarios de Celanova buscan ideas para intentar mitigar a crise
    Data de inicio do evento: 23 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 23 Novembro, 2011

    No Auditorio municipal Ilduara de Celanova, Amic convoca aos seus socios e ao resto do tecido comercial e empresarial  local para buscar novas propostas de promoción para combater a crise.


  • Relatorios informativos sobre a campaña de Nadal do IGC
    Data de inicio do evento: 23 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Ás 17 horas


  • "As compras na túa vila teñen premio" sorteará hoxe 3.000 euros en vales en Tomiño
    Data de inicio do evento: 18 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 18 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Praza do Seixo, Tomiño. 19:30 horas

    Acto final da campaña galega de dinamización comercial "As compras na túa vila teñen premio"

    Ás 19:30 terá lugar a actuación da cantante Mariana na carpa instalada na praza do Seixo.

    Ás 20:00 procederase ao sorteo dos vales.


  • 42 Feira Multisectorial e Segundo Salón de Decoración Openmoble
    Data de inicio do evento: 17 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 20 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Fexdega - Vilagarcía de Arousa

    Data de Inauguración: 17 de NOVEMBRO de 2011
    Data de Clausura: 20 de NOVEMBRO DE 2011

    Horario: De 12.00 a.m. a 9.00 p.m.
    Prezo da entrada: 1 €.
    Nenos menores de 12 anos: acceso gratuito.
    Frecuencia da feira : Anual.

    Edición: 42 Feria Multisectorial e Segundo Salón de Decoración Openmoble
    Ano primeira edición: 1967.
    Contido: A feira abarca os sectores: institucional, artesanía, fogar-decoración, industria, menaxe, confección, construcción, regalos, decoración, material de oficina, construcción, medios de comunicación, comercio e outros.
    Ámbito: Nacional.
    Organiza: Grupo Muéstralo


     


  • Presentación de cinco totem interactivos no Grove
    Data de inicio do evento: 17 Novembro, 2011
    Lugar do evento: Praza de abastos do Grove ás 12 horas

    O xoves  ás 12 horas presentarase na praza de abastos un dos cinco totems interactivos que se instalarán noutros tantos mercados da provincia de Pontevedra antes de que finalice o ano. É unha aposta da dirección xeral de Comercio, cuxa máxima responsable, Nava Castro, vai presentar persoalmente nna praza meca, xunto co alcalde e a concelleira de Comercio.

    Hai que incidir en que un tótem é unha plataforma audiovisual e multimedia capaz de ofrecer información sobre todos os servizos existentes no mercado e receitas de cociña que poden elaborarse cos produtos á venda en ditas instalacións. E incluso permite ofrecer información turística sobre a localidade.


  • Publicación das bases de concesión de subvencións para asociacións e federacións de comerciantes de ámbito supramunicipal (IN220A)
    Data de inicio do evento: 17 Novembro, 2011
    Data de finalización do evento: 17 Decembro, 2011

    ORDE do 15 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, para a incentivación da demanda comercial, en desenvolvemento do Plan ÁGORA, Agora Re-comercia 2010-2013, e se procede á súa convocatoria (IN220A).

    Prazo de presentación de solicitudes: un mes dende o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (17 de decembro de 2011)

    Máis información



  • Páxina 38 de 43

  • Mostrando do 741 ao 760 dun total de 860 rexistros