Presentación campaña escolar en Cambados
Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola asociación ourensana aproveitando a campaña de volta ao colexio dos escolares. Este proxecto constitúe unha ferramenta máis de traballo para os empresarios do comercio urbano local asociados a Ourense Centro, permitíndolles ser máis competitivos na súa oferta. Con ela promoven a mercadoría que venden nos seus comercios utilizando como modelos publicitarios nenos ourensanos elixidos previamente nun casting.
A Rede de Dinamización Comercial (Re-Dic) da Xunta conta con 52 puntos de información en toda Galicia (22 en Pontevedra) e cunha oficina provincial pioneira na Provincia
Economía e Industria está a abrir canles de comunicación directos e eficaces entre os comerciantes e a Administración, coa creación do Portal do Comerciante, as Mesas Locais de Comercio ou a Re-Dic
Ao abeiro do programa para á oficina Re-Dic de Pontevedra desenvolverase un proxecto audiovisual de información, instalando pantallas interactivas nas prazas de abastos de Portonovo, O Grove, Bueu, Caldas e Porriño
Darase continuidade á campaña “Merca na Rúa”
Reforzaranse os servizos da Re-Dic a través da mellora da información, asesoramento, orientación e formación do sector comercial da Provincia, contando con persoal especializado
A Consellería investiu na dinamización do comercio pontevedrés 19,2 millóns de euros.
Os responsables da Federación Galega de Comercio e o Centro Comercial Urbano de Boiro presentaron a campaña de dinamización do consumo nesta localidade barbanzanaque, baixo o lema "Ás compras na túa vila teñen premio", comezou a desenvolverse o día 12 e terá continuidade ata o día 23 deste mes. Esta iniciativa premiará cun total de 3.000 euros a confianza no pequeno comercio, co sorteo de dúas tarxetas regalo de 300 euros, cada unha, e outros 24 vales de 100 euros.
Pavillón A Seca os días 9, 10 e 11 de setembro, terá lugar esta terceira edición da mostra sectorial de Poio, que conincidirá unha vez máis coa Festa dos Calos.
O vindeiro xoves día 8 de setembro, terá lugar a presentación da XXV Feira do Moble de Galicia na Deputación de Pontevedra. Ao acto de inauguración asistirá a directora xeral de comercio, Mª Nava Castro Domínguez entre outras personalidades.
Casting de modelos para seleccionar ás persoas que participarán no desfile de moda outono-inverno o 01/10/2011, co fin de dinamizar a actividade comercial.
Actividade para o comezo do novo curso escolar, con inchables, xogos, obradoiros,...
O 29 de agosto de 2011 sae publicada no DOG a orde pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras, as bases e convocatoria de subvencións para a promoción das TICs no comercio retallista galego para o ano 2011.
Prazo de presentación de solicitudes: un mes a contar dende o seguinte ao da súa publicación.
Último día de presentación: 29 de setembro de 2011.
Máis informaciónHorario (ininterrompido): de 10.00 a 23:00 horas
Asistirá a Directora Xeral de Comercio, Mª Nava Castro Domínguez, ao acto de inauguración.
Hora: 13,00 h.
Con obxecto de dinamizar e promocionar o comercio local, exporanse 16 barcos de poliéster, decorados por diferentes artistas, en diferentes rúas do Concello de O Grove.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia