Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 19 Novembro, 2020
    A Xunta apoia con máis de 250.000 euros a 8 asociacións e federacións de comerciantes da área de Santiago para impulsar a competitividade do sector
    Máis información
  • 09 Novembro, 2020
    A nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego pon en valor o papel económico e social do sector
    Máis información
  • 05 Novembro, 2020
    A Xunta apoia con máis de 242.000 euros a 11 asociacións e federacións de comerciantes coruñesas para impulsar a competitividade do sector
    Máis información
  • 04 Novembro, 2020
    A Xunta impulsa con máis de 500.000 euros a modernización e a dinamización do comercio de proximidade vigués
    Máis información
  • 02 Novembro, 2020
    A Xunta destaca o traballo do centro comercial aberto de Ordes para dinamizar o sector con iniciativas como a Noite Branca
    Máis información
  • 02 Novembro, 2020
    A Xunta apoia a 69 comercios lucenses para que avancen na innovación e a dixitalización con axudas por 434.000 euros
    Máis información
  • 19 Outubro, 2020
    A Xunta e a Cámara de Comercio de Santiago reforzan a súa colaboración para impulsar o sector comercial e artesán
    Máis información
  • 14 Outubro, 2020
    Hoxe publícase no BOE a convocatoria para os Premios Nacionais do Comercio Interior 2021
    Máis información
  • 13 Outubro, 2020
    A Xunta publica os domingos e festivos nos que as grandes superficies comerciais poderán abrir no 2021
    Máis información
  • 30 Setembro, 2020
    A Xunta apoia con preto de 2,4 M€ a 95 asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector
    Máis información
  • 23 Setembro, 2020
    A Xunta destaca o seu compromiso co sector do libro galego na presentación de 'Volta ao libro'
    Máis información
  • 21 Agosto, 2020
    A Xunta destaca na Estrada o papel das asociacións de comerciantes na reactivación do sector
    Máis información
  • 12 Agosto, 2020
    A Xunta activa novas axudas por 330.000 euros para impulsar a comercialización dixital do sector artesán galego
    Máis información
  • 16 Xullo, 2020
    A Xunta sinala a transformación dixital e as medidas de prevención fronte á covid-19 como claves para a reactivación do comercio
    Máis información
  • 11 Maio, 2020
    Hoxe publícase no DOG a Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación dos procedementos CO300C e C0300D.

    Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interés xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos durante a vixencia do estado de alarma.

    Máis información
  • 09 Abril, 2020
    ACUERDO INTERPRETATIVO DA ORDE DO 8 DE ABRIL DE 2020 POLA QUE SE DECLARA NON HÁBIL O VENRES 10 DE ABRIL
    ACORDO INTERPRETATIVO DA ORDE DE 8 DE ABRIL DE 2020 POLA QUE SE DECLARA NON HÁBIL O VENRES 10 DE ABRIL O día 10 de abril, resultará de aplicación para os establecementos comerciais, cuxa actividade comercial non se atope suspendida polo réxime vixente derivado da declaración do estado de alarma, o artigo 8 da Lei 13/2006, de 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, polo que terán liberade para abrir, en particular: - os establecementos adicados esencialmente a venda de productos de pastelería, repostería, churrería, pan, pratos combinados, prensa, as chamadas tendas de conveniencia, - os establecementos adicados a venda de combustible e carburantes, e -os establecementos que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de ata 300 metros cadrados que teñan a condición de peme.
  • 10 Marzo, 2020
    A Xunta informa en Pontevedra sobre as axudas por 4,4 M€ para que o comercio de proximidade innove e aposte pola sustentabilidade
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes pontevedreses dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo. Tal e como sinalou Sol Vázquez no encontro informativo, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up. Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño. No encontro, celebrado no establecemento pontevedrés Las Merceditas de Iria, recoñecido nos Premios Smart Commerce 2017, tamén se abordaron as novas tendencias no sector, en ámbitos como a transformación dixital ou a sustentabilidade. Máis información
  • 06 Marzo, 2020
    A Xunta informa na Coruña sobre as axudas por 4,4 M€ para que o comercio de proximidade innove e aposte pola sustentabilidade
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes coruñeses dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo. Tal e como sinalou Sol Vázquez, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up. Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño Máis información
  • 05 Marzo, 2020
    A Xunta achega aos comerciantes ferroláns información sobre as axudas para impulsar a innovación e a sustentabilidade
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes de Ferrol dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo. Tal e como sinalou Sol Vázquez, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up. Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño. O encontro informativo, no que tamén se abordaron algunhas das novas tendencias no ámbito da dixitalización, celebrouse no Ateneo Ferrolán. Máis información
  • 04 Marzo, 2020
    A Xunta informa aos comerciantes santiagueses das axudas para impulsar a innovación e a sustentabilidade no sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes de Santiago de Compostela dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo. Tal e como sinalou Sol Vázquez, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, que ofrece axudas para actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 20 de outubro de 2020. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up. Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño. O encontro informativo, no que tamén se abordaron algunhas das novas tendencias no ámbito da dixitalización, celebrouse na praza de abastos de Santiago de Compostela.

  • Páxina 1 de 85

  • Mostrando do 1 ao 20 dun total de 1686 rexistros