A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presidiu hoxe en representación do organismo tutelante a sesión constituínte do novo pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, que conta desde hoxe con novos órganos de goberno tralo proceso electoral impulsado pola Comisión Xestora.
No encontro foi nomeado Luis Abelleira como novo presidente do ente, e tamén se procedeu á designación do vicepresidente, do tesoureiro e dos vogais do Comité Executivo da Cámara.
A Xunta de Galicia implicouse desde o primeiro momento na busca de solucións para a Cámara de Lugo, e puxo en marcha a Comisión Xestora formada por representantes da administración pública e representantes das Cámaras, nomeados polo Consello Galego de Cámaras.
Desde a Dirección Xeral de Comercio saliéntase que a Comisión Xestora cumpriu co seu principal cometido, a convocatoria de eleccións na Cámara de Lugo, e destácase a resposta do empresariado lugués, que ten permitido que o ente conte cun novo goberno que será o encargado de dirixir o ente na nova etapa que se abre agora.
O Instituto Galego de Consumo vén de activar unha campaña informativa sobre os dereitos dos consumidores nas reparacións a domicilio, que potencia a prevención como a mellor ferramenta para previr irregularidades. A información previa é clave nestes casos, xa que é difícil intentar probar os abusos a posteriori, dado que en moitas ocasións os usuarios renuncian por escrito a un presuposto previo e asinan a súa conformidade coas reparacións antes mesmo da propia obra.
Entre 2011 e 2013 realizáronse no Instituto Galego de Consumo 590 consultas e 344 reclamacións sobre reparacións a domicilio, unhas cifras que o IGC complementou, como base para a campaña informativa, cun estudo previo sobre os hábitos dos galegos neste ámbito.
A partir dos datos desa análise, o Instituto Galego de Consumo vén de activar a campaña divulgativa, con consellos para os consumidores e usuarios que publicará na súa páxina web (igc.xunta.es). O IGC destaca, entre outras recomendacións, que o usuario ten dereito a un presuposto previo por escrito salvo que renuncie expresamente de puño e letra, e o Instituto non só recomenda contar con ese presuposto, senón con outros de diferentes profesionais para poder comparar.
É máis, o servizo só se pode levar a cabo unha vez que o usuario conceda a súa conformidade mediante a firma dun orzamento ou da renuncia a este.
Ademais, apunta que os profesionais teñen a obriga de emitir factura, e o usuario debe informarse sempre sobre os prezos por hora de traballo, transporte, desprazamento e de posibles recargas en casos de urxencia. Uns prezos que deben incluír o IVE ou calquera outro imposto ou gravame. Calquera modificación do presuposto inicial deberá poñerse por escrito en coñecemento do usuario, non cabendo modificacións á alza dos presupostos nos casos de erros nas medicións e valoracións efectuadas polo prestador.
O IGC resalta, ademais, que todos os servizos de mantemento, reparación e reforma teñen unha garantía mínima de tres meses coa excepción das pezas substituídas que terán o prazo legal de garantía de dous anos, no caso de ser novas, e dun mínimo dun ano, no caso de ser usadas ou de segunda man.
Estes consellos buscan abordar varios fenómenos detectados no estudo sobre hábitos de consumo levado a cabo polo IGC. Segundo este informe, non chega ao 26% a porcentaxe de servizos nos que se entrega a obrigatoria -por lei- información sobre garantías. O análise amosa tamén que a porcentaxe final de usuarios que recibiron factura é de preto do 85%, nese sentido é clave que os usuarios -co fin de apoiar posibles reclamacións- a reclamen en todas as ocasións.
O estudo revela que o 80% dos galegos está satisfeito cos servizos obtidos, e que a maioría (nove de cada dez) encargou os traballos de reparación a profesionais que contactan a través de amigos e familiares.
E tamén, apunta, por último, que un 52% dos usuarios asinaron un documento escrito previo ao inicio dos traballos, e na maioría deses casos ese documento supoñía a renuncia á confección dun presuposto, co que en última instancia o usuario se podía encontrar con custos inesperados -por conceptos como urxencia ou desprazamento- sen antes saber deles. A firma deste documento, xa sexa como renuncia ao presuposto previo ou como aceptación da reparación, é a principal queixa que os galegos transmiten ao IGC.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o mercado de abastos de A Guarda, para comprobar o remate das obras de renovación destas instalacións municipais que servirá como motor do comercio local.
Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Manuel Domínguez Freitas, así como polo xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial e a concelleira do PP da localidade, Ortensia Vicente.
Estas obras tiveron como obxectivo a potenciación do comercio local deste municipio. Neste senso, Cores Tourís insistiu no interese da Consellería de Economía e Industria de traballar en pro da revitalización do comercio de proximidade e da creación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes.
“Seguindo esta liña de actuación, a Consellería concedeu unha subvención a este concello encamiñada ao lavado e pintado da fachada, á reparación dos canalóns e das humidades do interior e a pavimentación das escaleiras e solado da planta alta”, explicou Cores Tourís. O proxecto tivo un orzamento de case 70.500 euros, dos cales, o 70%, é dicir preto de 50.000 euros foron aportados pola administración autonómica.
As obras executáronse a través da orde de axudas publicada pola Consellería de Economía e Industria que destinou 1,5 millóns de euros á mellora de investimentos en mercados e en infraestruturas comerciais da provincia de Pontevedra, “o que significa o 32,5% do total destinado á comunidade autónoma”, explicou Cores Tourís.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo, distinguiron esta tarde a traxectoria do establecemento de bicicletas e motocicletas Anca, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, da que esta semana é protagonista o centro comercial aberto de As Travesas.
Esta iniciativa, que a Consellería de Economía e Industria achega aos cidadáns a través do enderezo electrónico portaldocomerciante.blogspot.com.es, busca resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización, así como distinguir os establecementos de maior traxectoria de cada CCA, que souberon adaptarse ao paso do tempo grazas á calidade, a proximidade e a innovación que os caracterizan, como Anca, fundada en 1959 por Anxo Carreira e que hoxe rexenta o seu xenro, Juan González-Carpintero.
Coa campaña “A semana do teu comercio”, a Consellería reafirma o seu compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria ten concedido apoios por preto de 2 millóns de euros para o impulso de accións de dinamización do comercio de proximidade nos CCAs e nas asociacións das prazas de abastos, sendo o Centro Comercial Aberto das Travesas un dos beneficiarios, con 40.000 euros. No acto, Sol Vázquez subliñou a importante labor do CCA, que desenvolve un papel fundamental na dinamización comercial do barrio vigués.
A Consellería de Economía e Industria suma preto de 3,5 millóns de euros destinados este ano ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixos da estratexia integral de apoio ao comercio de proximidade. Así, ademais do programa para CCAs e asociacións de prazas de abastos, resolvéronse axudas por máis dun millón de euros para federacións de comerciantes e asociacións de ámbito supramunicipal, e está en marcha un acordo de colaboración coa Federación Galega de Comercio.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou a feira de artesanía “Ofeitoamán”, coa que a Consellería de Economía e Industria colabora un ano máis polo seu papel na promoción e comercialización da Artesanía de Galicia. Este evento, que se celebrará en Vigo ata o vindeiro 5 de xaneiro aproveitando a época de Nadal, acolle unha ampla mostra de artigos de produción artesá, localizados en 22 postos.
“Ofeitoaman”, que se celebra na terraza exterior do Centro Comercial A Laxe en horario de atención ao público de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, está organizado pola Asociación Galega de Artesáns. Os artesáns expositores, que representan actividades tan variadas como a xoiería, o traballo do coiro, os complementos, o tratamento do téxtil, a cerámica ou os xoguetes, son Ardentía, AreladeFe, Artesanía en Plata, Artesave, Cerámica e prata F. Porto, Cerámica Suve, Chueco, Coas Mans Artesanía, Dolmen, Elena Ferro, Encoiros, Laia Zapateiros, Manolo Tojo, Manuel Figueiras Dosil, Mariaventura, Montse Betanzos, Pilar Piñeiro Cerámica, Taller Sur, Varo Caride e Zimzelatum.
Vázquez Abeal, que estivo acompañada pola xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, e o presidente da Asociación Galega de Artesáns, Manuel González, salientou que o apoio a este tipo de mostras forma parte da estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Consellería de Economía e Industria, centrada na aposta pola innovación e o deseño, a formación e a mellora da comercialización.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe na localidade luguesa de Vilalba as melloras realizadas nas rúas Foz e Basanta Silva, que supoñen un investimento de preto de 120.000 euros e que, tal e como salientou o conselleiro, darán un importante impulso ao comercio de proximidade vilalbés, facendo máis atractiva unha das principais arterias comerciais da vila.
Conde destacou a importancia do comercio na economía de localidades como Vilalba, recoñecida polas súas feiras e mercados, e citas como a Feira do Queixo de San Simón ou a do capón. Remarcou o conselleiro que, “pola súa calidade e proximidade, o pequeno comercio é un patrimonio que entre todos debemos impulsar e apoiar, e un importante motor de emprego”, lembrando que desde o 2009 a Consellería leva destinado preto dun millón de euros á mellora competitiva do comercio da localidade, cun importante acento na renovación de equipamentos comerciais.
O conselleiro sinalou que en total, a través dos diferentes programas postos en marcha pola Consellería de Economía e Industria para estimular a actividade empresarial, se levan mobilizado nos últimos anos máis de 15 millóns de euros en Vilalba, remarcando o importante esforzo investidor dos propios empresarios.
O conselleiro, que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, salientou a importancia da cooperación cos concellos como administración máis próxima ao cidadán, resaltando que froito desta colaboración, a Consellería está a impulsar este ano investimentos por preto de 300.000 euros para mellorar a competitividade empresarial e comercial de Vilalba.
Así, ademais das axudas para a mellora das rúas Foz e Basanta Silva, o Concello de Vilalba recibiu tamén apoios para o parque empresarial, coa instalación de placas fotovoltaicas e dunha liña de tratamento de augas residuais na depuradora.
“Seguindo esta liña de actuación, a Consellería concedeu unha subvención a este concello encamiñada á instalación dunha cuberta que facilitase a carga e descarga de mercadorías no exterior, ao pintado exterior do edificio así como a instalación de medios para a recollida de auga de choiva”, explicou Cores Tourís, quen matizou que tamén se levaron a cabo traballos de rotulación da praza. O proxecto tivo un orzamento de 55.000 euros, dos cales, case 41.000 euros foron aportados pola administración autonómica.
As obras executáronse a través da nova orde de axudas publicada pola Consellería de Economía e Industria destinará 1,5 millóns de euros á mellora de investimentos en mercados e en infraestruturas comerciais da provincia de Pontevedra, “o que significa o 32,5% do total destinado á comunidade autónoma”, explicou Cores Tourís.
“A adecuación e mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais, e especialmente, das prazas de abastos, constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do comercio de proximidade, que é un dos motores económicos de todos os concellos”, explicou o delegado territorial. “Para estes efectos, as actua¬cións desenvolvidas polos concellos no ámbito comercial resultan imprescindibles. É preciso, polo tanto, acondicionar estes espazos ás necesidades, tanto dos comerciantes como dos consumidores”, apuntou.
Precisamente, un dos eixos desta estratexia é a aposta pola potenciación das prazas de abastos, de titularidade municipal, como motores do comercio de proximidade. “Isto permitirá avanzar na posta en marcha dunha Rede Galega de Mercados de Abastos Excelentes e na súa consolidación como líderes na venda de produto fresco, con novos e mellorados servizos para os consumidores”, engadiu Cores Tourís.
Arias, xunto co alcalde do municipio, José Antonio García, e varios membros do seu equipo de goberno, visitou os distintos postos existentes na actualidade na praza de abastos sarriá, así como os stands do mercado temático, nos que se se ofrecían doces, viño, mel, pan e queixo, entre outros produtos, dos que se levan a cabo degustacións durante toda a xornada.
Arias valorou “o importante papel que desempeñan as prazas de abastos para dinamizar o comercio de proximidade” das vilas, ofrecendo “produtos de calidade e un servizo máis personalizado para os clientes”.
Neste sentido, Arias significou o impulso realizado nos últimos meses polo ente local para a renovación da praza de abastos de Sarria, na que, ademais dunha mellora das súas instalacións, incrementouse o número de postos existentes. Ao fío disto, a delegada animou aos veciños a realizar tamén as súas compras na praza e fixo fincapé nos máis xoves, para que poidan valorar as vantaxes que posúen este tipo de comercios.
Esforzo da Xunta
No marco da visita, Arias subliñou o esforzo e a implicación da Xunta no desenvolvemento do comercio de proximidade dos concellos, as asociacións e os propios comerciantes e emprendedores. Neste sentido, destacou o investimento de “máis de 1 millón de euros que a Consellería de Economía e Industria leva destinado dende o 2009 á mellora competitiva do comercio de Sarria”.
A través das distintas achegas realizadas, o departamento autonómico promoveu a mellora da calidade e modernización do comercio sarriao a través de liñas de actuación como o impulso ao asociacionismo ou o apoio ao Concello na renovación e mellora das infraestruturas comerciais.
O Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, vén de doar a Cáritas Interparroquial da Coruña máis de 300 xoguetes, material de puericultura e pequenos electrodomésticos procedentes das mostras tomadas para as distintas campañas de inspección e control que realiza anualmente.
Todos os produtos entregados a Cáritas foron adquiridos polo Instituto Galego de Consumo nas propias tendas con motivo de campañas anuais de control de produtos. Galicia é a comunidade que máis produtos industriais perigosos detecta cada ano, xa que é tamén a que máis investiga neste terreo. Así, Galicia detectou o 28% dos produtos notificados en 2012 á Rede de Alerta Nacional de produtos non alimentarios. Do total de 649 alertas en toda España, Galicia informou de 179, situándose en primeiro lugar, por enriba de Madrid e Cataluña.
Sarria (Lugo), 19 de decembro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, distinguiu esta tarde a traxectoria de Panadería Pallares, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, da que esta semana é protagonista o centro comercial urbano de Sarria.
Esta iniciativa, que a Consellería de Economía e Industria achega aos cidadáns a través do enderezo electrónico portaldocomerciante.blogspot.com.es, busca resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización, así como distinguir os establecementos de maior traxectoria de cada CCA, que souberon adaptarse ao paso do tempo grazas á calidade, a proximidade e a innovación que os caracterizan.
O director do Igape destacou que a nova Lei do emprendemento mellora a fiscalidade para a creación de novas empresas e facilita a eliminación de trabas, axilizando tanto os procesos de creación como os de consolidación de novos proxectos, no marco dun ecosistema emprendedor que dispoña de cobertura idónea en todas e cada unha das fases da creación e consolidación de novas empresas
Marín (Pontevedra), 14 de decembro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, fixeron hoxe entrega dos diplomas aos artesáns participantes no curso Ecodeseño e ecoconstrución en embarcacións de madeira, que se desenvolveu no Centro de Formación A Aixola de Marín desde o mes de outubro.
Esta actividade formativa dirixida a carpinteiros de ribeira en activo, tanto xestores de estaleiros como operarios, permitiu que os alumnos puideran perfeccionar os seus coñecementos na elaboración de tipos de embarcacións como as gamelas e as piraguas a través das diferentes fases do proceso de construción.
Esta acción didáctica forma parte da estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Un dos obxectivos desta estratexia é o de ofrecer aos profesionais unha formación especializada e de perfeccionamento, incidindo especialmente no deseño, a innovación, a aplicación de novas tecnoloxías e a xestión.
Galicia Emprende, aduciu, busca favorecer a creación de emprego a través da posta en marcha de novas empresas e, tamén, a consolidación temperá, durante o primeiro ano, de novas sociedades por parte dos emprendedores galegos. Segundo explicou, as axudas que recolle parten dun mínimo dun 15 por cento ata chegar a un máximo do 50 por cento do investimento solicitado.
Feijóo explicou que, no que vai de lexislatura, en programas similares ao Galicia Emprende, tense contribuído á creación de 300 novos postos de traballo constituídos en 106 proxectos presentados e financiados parcialmente pola Xunta.
Para esta nova convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes ábrese o vindeiro 2 de xaneiro e os proxectos que se desenvolvan nas provincias de Lugo e Ourense, xunto cos das comarcas de Ferrolterra e Costa da Morte, terán unhas axudas superiores ao abeiro dos seus respectivos plans de dinamización.
Os traballos que hoxe visitou son unha realidade grazas ao interese da Consellería de Economía e Industria de traballar en prol da revitalización do comercio de proximidade e da creación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes.
“Seguindo esta liña de actuación, a Consellería concedeu unha subvención a Mondariz encamiñada a executar unha zona de ocio para dar servizo ao mercado tradicional ambulante deste concello e favorecer así a afluencia das familias da contorna a este espazo comercial, fomentando, á vez, as compras no comercio local”, explicou Cores Tourís. O proxecto presentado polo municipio roldou os 34.000 euros, dos cales, o 90% (algo máis de 30.000 euros) foi aportado pola administración autonómica.
O mercado municipal de Redondela renovou as súas instalacións. As obras de mellora supuxeron un investimento de 159.876 euros, dos que un 75% corresponden a unha subvención da Consellería de Economía e Industria da Xunta. Esta intervención, que levouse a cabo coincidindo coa ponte da Constitución para evitar interferir coa actividade da praza, foi promovida conxuntamente polas concellalías de Mercados e a de Desenvolvemento.
Máis de 500 comercios de proximidade galegos están a impulsar medidas de modernización tecnolóxica co apoio da Consellería de Economía e Industria, que vén de resolver o programa de axudas por preto de medio millón de euros para contribuír á mellora competitiva do comercio de proximidade a través da incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación.
O obxectivo principal desta iniciativa céntrase no fomento do uso de Internet e a venda on line, que facilitará aos comercios unha mellor atención ao público coa fin de incrementar as súas vendas.
Entre as accións que se apoian destacan a creación de páxinas web para favorecer o acceso do público ao produto a través do comercio electrónico, con máis de 160 actuacións, ou a adquisición de equipamento tecnolóxico ou software de xestión. As axudas comprenden o 70% das actuacións subvencionables, porcentaxe que chega ata o 75% no caso de establecementos comerciais situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e para comerciantes ambulantes.
A posta en marcha deste programa forma parte da estratexia integral da Xunta de apoio á mellora competitiva do comercio de proximidade, que se centra en aspectos como o impulso ao asociacionismo, o apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais ou a a dinamización comercial
• Obradoiro de Gaitas Seivane e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) optan a estes galardóns convocados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, cuxos gañadores se darán a coñecer o vindeiro ano.
• A Artesanía de Galicia ten unha ampla presenza cada ano nestes premios, que supoñen un recoñecemento á alta calidade do produto artesán galego.
Santiago, 4 de decembro de 2013.- O Obradoiro de Gaitas Seivane, de Cambre (A Coruña) e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), con sede en Boiro, foron escollidos como finalistas na oitava edición dos Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, cuxos gañadores se darán a coñecer o vindeiro ano.
As dúas candidaturas, que contan co apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, optan a uns galardóns nos que a Artesanía de Galicia ten unha importante presenza cada ano e que teñen como finalidade dar o recoñecemento institucional ao máis alto nivel a aqueles profesionais e iniciativas artesás consideradas como excelentes e exemplares no campo da artesanía contemporánea.
O Obradoiro de Gaitas Seivane, de Cambre ( A Coruña) e que é finalista na categoría de Premio Nacional de Artesanía, ten a súa orixe en 1939 cando o seu fundador, Xosé Manuel Seivane Rivas, elaborou a súa primeira gaita, nunha época na que moi poucas persoas reunían a dobre condición de construtor de gaitas e gaiteiro. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, seguiron os seus pasos e decidiron traballar xuntos no taller familiar, impulsando así unha empresa pioneira en Galicia que modernizou os sistemas construtivos e investiga todos os aspectos relacionados coa gaita para ofrecer un produto de calidade.
Pola súa banda, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), con sede en Boiro, opta ao Premio Promociona para entidades privadas. O traballo da asociación caracterízase por manter viva a tradición na construción de embarcacións de madeira ao tempo que incorpora as últimas innovacións aparecidas no mercado. A súa aposta é conservar o saber facer dos carpinteiros de ribeira e adaptalo ao contexto dunha economía sostible, conservando o seu valor cultural, e promovendo a divulgación e o uso do patrimonio marítimo.
O presidente de Agalcari é o artesán Gerardo Triñanes, de Asteleiros Triñanes, un obradoiro que na anterior edición dos Premios Nacionais de Artesanía resultou finalista na categoría Premio Nacional de Artesanía.
Nesa mesma edición a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, resultou gañadora na categoría Promociona para Entidades Públicas, un galardón co que se resalta o traballo da Xunta no apoio aos artesáns galegos.
Os principais eixos estratéxicos desta labor céntranse na aposta pola innovación e o deseño, a formación e especialización dos profesionais e a mellora da comercialización, ao tempo que se preservan os valores que constitúen a esencia dos produtos artesanais, como son a calidade dos materiais e un coidado proceso de produción.
Fonte: Xunta de Galicia
• A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fixo entrega do diploma de recoñecemento ao traballo desenvolvido por este negocio, dentro da campaña “A Semana do Teu Comercio”.
• A iniciativa céntrase estes días no Centro Comercial Aberto Zona Centro, ao cal pertence este establecemento que iniciou a súa actividade en 1940.
Vigo, 4 de decembro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, distinguiu esta tarde a traxectoria de Mercería Sánchez, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, da que esta semana é protagonista o Centro Comercial Aberto Zona Centro.
Esta iniciativa, que a Consellería de Economía e Industria achega aos cidadáns a través do enderezo electrónico portaldocomerciante.blogspot.com.es, busca resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización, así como distinguir os establecementos de maior traxectoria de cada CCA, que souberon adaptarse ao paso do tempo grazas á calidade, a proximidade e a innovación que os caracterizan.
Este é o caso de Mercería Sánchez, un negocio que, como salientou Vázquez Abeal, iniciou a súa actividade en 1940, e que ao longo do tempo se foi adaptando aos gustos e preferencias dos consumidores.
Coa campaña “A semana do teu comercio”, a Consellería reafirma o seu compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria ten concedido apoios por preto de 2 millóns de euros para o impulso de accións de dinamización do comercio de proximidade nos CCAs e nas asociacións das prazas de abastos, sendo o Centro Comercial Aberto Zona Centro un dos beneficiarios, con 33.000 euros. No acto, Sol Vázquez subliñou a importante labor do CCA, que desenvolve un papel fundamental na dinamización comercial desta zona de Vigo.
A Consellería de Economía e Industria suma preto de 3,5 millóns de euros destinados no que levamos de ano ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixos da estratexia integral de apoio ao comercio de proximidade. Así, ademais do programa para CCAs e asociacións de prazas de abastos, veñen de resolverse axudas por máis dun millón de euros para federacións de comerciantes e asociacións de ámbito supramunicipal, e está en marcha un acordo de colaboración coa Federación Galega de Comercio.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis información
• O concello obtivo unha subvención da Consellería de Economía e Industria que permitiu facilitar o acceso dos camións e o tráfico rodado a esta zona do municipio.
• O proxecto tivo un orzamento de máis de 143.000 euros.
Tui, 28 de novembro de 2013.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de acceso ao polígono empresarial de Areas no concello de Tui, acompañado polo alcalde do municipio, Moisés Rodríguez, e o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.
O concello de Tui foi un dos beneficiarios das axudas concedidas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da orde do 2 de maio deste ano que ten, como obxectivo, a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
En concreto, no caso do polígono de Areas, destináronse máis de 143.000 euros (114.460 serán aportados pola Consellería de Economía e Industria) para a ordenación da intersección existente no acceso ao parque empresarial e para a mellora da pavimentación do acceso ao mesmo.
Con esta actuación, estanse a substituír unha serie de illetas de formigón situadas na rotonda, cunha altura de 20 centímetros, que dificultaban as manobras de acceso aos camións que acudían a cargar e descargar nas empresas do polígono. “A obra estará lista”, segundo matizou Cores Tourís, “nun prazo de arredor de dúas semanas”.
Ademais, segundo puido comprobar Cores Tourís, tamén se levou a cabo o reasfaltado dun tramo da vía de acceso, xa que existían unha zona chea de fochas que dificultaban a accesibilidade dos vehículos rodados. A lonxitude do tramo de vía de acceso que se acondicionou foi de 350 metros lineais, fresándose o pavimentado, incluíndose un rego de adherencia e dándolle á glorieta unha pendente transversal do 2% dende o centro da mesma ata as beirarrúas exteriores existentes. Tamén se deixaron acometidas de auga e electricidade na parte central da rotonda.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou para recordar que a nova orde de axudas para polígonos da Xunta de Galicia establecía as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Segundo argumentou o delegado territorial “os parques empresariais e as infraestruturas de solo empresarial creadas hai anos e cun alto nivel de ocupación de empresas, van tendo, como consecuencia do tempo transcorrido, tal e como ocorre no caso de Tui, determinadas carencias de infraestruturas e novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación ás exixencias de normas posteriores á súa creación e de servizos comúns de carácter xeral que lles permitan unha actualización permanente fronte aos seus competidores”.
Cores Tourís rematou asegurando que o investimento destinado a proxectos para a habilitación e melloras de parques empresarias da provincia supera o 1,2 millóns de euros (4,3 millóns para toda a comunidade autónoma) dos que 837.000 euros serán aportados en concepto de axuda pola Xunta de Galicia, “é dicir, o 80% do total”, explicou Cores Tourís.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis informaciónNoia (A Coruña), 30 de outubro de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, distinguiu esta mañá en Noia a traxectoria do establecemento comercial Armería Romaní, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, da que esta semana é protagonista o Centro Comercial Aberto Noia Histórica.
Conde salientou que desde que Armería Romaní abrise as súas portas a comezos do pasado século se converteuse nunha referencia do comercio noiés, sendo un exemplo de remuda xeracional polo que xa pasaron catro xeracións da mesma familia. Do mesmo xeito, apuntou que o negocio se foi adaptando ás novas demandas dos consumidores sen perder a súa singularidade.
Así mesmo, o conselleiro sinalou que con “A semana do teu comercio” se busca non só distinguir os establecementos de maior traxectoria senón tamén resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización. Neste sentido, subliñou o traballo de Noia Histórica, protagonista esta semana da campaña que a Xunta achega aos cidadáns a través do enderezo web portaldocomerciante.blogspot.com; que desenvolve, tal e como destacou Conde, un papel fundamental na dinamización comercial, social e cultural de Noia, unha vila de fonda tradición comercial. Nos últimos cinco anos a Xunta leva destinado máis de 700.000 euros ao sector comercial da localidade, e este mesmo ano apóiase con máis de 50.000 euros a renovación da cuberta do mercado municipal.
Conde asegurou que o apoio aos concellos na mellora das infraestruturas comerciais é un dos eixos da estratexia de impulso ao sector da Xunta, na que ten especial importancia o asociacionismo comercial, eido ao que se levan destinado máis de 3,5 millóns de euros este ano, ou a modernización tecnolóxica. Neste sentido, hoxe mesmo se publica no Diario Oficial de Galicia a resolución de axudas por preto de medio millón de euros coas que máis de 500 comerciantes poderán impulsar os seus negocios grazas a novas técnicas de venda.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis información© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia