Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 17 Novembro, 2013
    A Xunta apoia con 4,5 millóns a cen concellos na mellora competitiva do comercio local

    A Xunta de Galica apoia a 101 concellos galegos no impulso á mellora competitiva do comercio de proximidade con axudas por un total de 4,5 millóns de euros destinadas á adecuación e modernización das rúas e zonas comerciais, a potenciación das prazas de abastos ou a posta en marcha de actuacións de dinamización comercial.

    Deste xeito, o Goberno galego, a través da Consellería de Economía e Industria, prosegue a súa colaboración cos municipios como administración máis próxima aos cidadáns, impulsando a cooperación cos mesmos no ámbito comercial dada a súa cercanía ao comerciante e polo seu coñecemento directo do comercio local.

    O programa que vén de resolverse, co que se mobilizará un total de máis de seis millóns de euros, enmárcase na estratexia da Xunta de impulso ao comercio de proximidade como elemento vertebrador das vilas e cidades da comunidade galega e sector de relevancia para a súa reactivación económica. Neste contexto, un dos eixos desta estratexia pasa pola potenciación das prazas de abastos como motores do comercio de proximidade, motivo polo que a maior porcentaxe de axudas, máis dun 41 por cento do total, se destina aos mercados municipais.

    Isto permitirá avanzar na posta en marcha dunha Rede Galega de Mercados de Abastos Excelentes e na súa consolidación como líderes na venda de produto fresco e de calidade, con novos e mellorados servizos para os consumidores.

    Así, entre as actuacións que desenvolverán os concellos nunha trintena de prazas de abastos inclúense a remodelación e modernización dos mercados, a supresión de barreiras arquitectónicas, a mellora da imaxe comercial ou a redución do consumo de recursos enerxéticos e dos residuos nos mesmos, así como iniciativas para a atracción de novos consumidores e promoción das vendas.


    Municipios

    Os municipios tamén reciben apoios para actuacións de creación ou mellora de rúas e zonas peonís comerciais, un apartado ao que se destina o 40 por cento das axudas; para o amoblamento urbano e sinalización comercial nos principais eixos comerciais; a mellora dos espazos nos que se celebran mercados tradicionais e ambulantes de apertura periódica ou a posta en marcha de iniciativas de dinamización comercial.

    Por provincias, Pontevedra recibirá un 32,5 por cento, correspondendo aos seus municipios máis de 1.455.000 euros.

    A Coruña percibirá preto dun 32 por cento do total dos apoios, 1,4 millóns; Lugo preto do 19 por cento, con axudas por preto de 850.000 euros; e Ourense o 17 por cento, con máis de 760.000 euros. Á hora de valorar as solicitudes primáronse aqueles proxectos que benefician un maior número de establecementos; os que contan con cofinanciamento por parte doutras administracións ou organismos e que sexan asumidos polas asociacións de comerciantes implicadas.

    Así mesmo, tamén tiveron unha valoración maior as iniciativas que supoñen a eliminación de barreiras arquitectónicas, urbanísticas e de comunicación ou a incorporación de enerxías alternativas, ademais das actuacións en mercados municipais e as solicitudes conxuntas de dous ou máis concellos.

    Fonte: El Ideal Gallego (La Coruña)

    Máis información
  • 09 Novembro, 2013
    "A semana do teu comercio" recoñece a traxectoria do establecemento Pontevedrés A Moda Dabaixo
    • A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fixo entrega do diploma de recoñecemento ao traballo desenvolvido por esta tenda a prol do comercio de Pontevedra desde 1896.
    • O establecemento está asociado ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental, protagonista esta semana da iniciativa coa que a Consellería de Economía e Industria destaca o papel dos CCAs no impulso ao comercio de proximidade.

    Pontevedra, 8 de novembro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, distinguiu esta tarde a traxectoria de A Moda Dabaixo, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, da que esta semana é protagonista o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

    Esta iniciativa, que a Consellería de Economía e Industria achega aos cidadáns a través do enderezo electrónico portaldocomerciante.blogspot.com.es, busca resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización, así como distinguir os establecementos de maior traxectoria de cada CCA, que souberon adaptarse ao paso do tempo grazas á calidade, a proximidade e a innovación que os caracterizan. Este é o caso de A Moda Dabaixo, un negocio que, como salientou Vázquez Abeal, ten a súa orixe en 1896, e polo que xa pasaron catro xeracións.

    Coa campaña “A semana do teu comercio”, a Consellería reafirma o seu compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria ten concedido apoios por preto de 2 millóns de euros para o impulso de accións de dinamización do comercio de proximidade nos CCAs e nas asociacións das prazas de abastos, sendo o Centro Comercial Urbano Zona Monumental un dos beneficiarios, con máis de 33.000 euros. No acto, Sol Vázquez subliñou a importante labor do CCA, que desenvolve un papel fundamental na dinamización comercial, social e cultural do casco histórico de Pontevedra.

    A Consellería de Economía e Industria suma preto de 3,5 millóns de euros destinados no que levamos de ano ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixos da estratexia integral de apoio ao comercio de proximidade. Así, ademais do programa para CCAs e asociacións de prazas de abastos, veñen de resolverse axudas por máis dun millón de euros para federacións de comerciantes e asociacións de ámbito supramunicipal, e está en marcha un acordo de colaboración coa Federación Galega de Comercio.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Máis información
  • 31 Outubro, 2013
    “A semana do teu comercio” recoñece en Melide a traxectoria de Casa Juanito e Ultramarinos Aceiteiro

    • A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, entregoulle un diploma aos establecementos asociados a Asetem Centro Comercial Aberto.

    • A asociación é o protagonista esta semana da inciativa coa que a Consellería de Economía e Industria destaca o papel dos CCAs no impulso ao comercio de proximidade.

    Melide (A Coruña), 30 de outubro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, distinguiu esta tarde en Melide a traxectoria dos establecementos comerciais Casa Juanito e Ultramarinos Aceiteiro, no marco da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, da que esta semana é protagonista o Centro Comercial Aberto Asetem.

    Esta iniciativa, que a Consellería de Economía e Industria achega aos cidadáns a través do enderezo electrónico portaldocomerciante.blogspot.com.es, busca resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización, así como distinguir os establecementos de maior traxectoria de cada CCA, que souberon adaptarse ao paso do tempo grazas á calidade, a proximidade e a innovación que os caracterizan.

    Este é o caso de Casa Juanito, un establecemento que abriu as súas portas en 1910, e polo que xa pasaron catro xeracións e que segue a conservar a súa localización orixinal, e Ultramarinos Aceiteiro, que ten a súa orixe en 1898, cando o bisavó do actual rexedor do comercio abriu o seu primeiro negocio, unha taberna na que pronto se comezaron a vender produtos como aceite, viño, pan, ou carburo.

    Coa campaña “A semana do teu comercio”, a Consellería reafirma o seu compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria vén de conceder apoios por preto de 2 millóns de euros para o impulso de accións de dinamización do comercio de proximidade nos CCA e nas asociacións das prazas de abastos, sendo o Centro Comercial Aberto de Melide un dos beneficiarios, con máis de 22.000 euros. No acto, Sol Vázquez subliñou a importante labor do CCA, que iniciou a súa actividade co obxectivo de poder ofrecer un valor engadido tanto aos seus asociados como aos clientes.

    A Consellería de Economía e Industria suma preto de 3,5 millóns de euros destinados no que levamos de ano ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixos da estratexia integral de apoio ao comercio de proximidade. Así, ademais do programa para CCA e asociacións de prazas de abastos, veñen de resolverse axudas por máis dun millón de euros para federacións de comerciantes e asociacións de ámbito supramunicipal, e está en marcha un acordo de colaboración coa Federación Galega de Comercio.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Máis información
  • 30 Outubro, 2013
    Galicia colócase por enriba do aumento estatal nas vendas do comercio minorista

    A taxa anual de vendas do comercio minorista aumentou en Galicia no mes de setembro nun 2,5 por cento, fronte á media estatal do 2,2 por cento, segundo o INE. En canto ás taxas de variación anual da ocupación do sector, Galicia rexistrou no mes de referencia un descenso do 2,4 por cento, maior que a media española, que tamén se reduciu, un 1,8 por cento.

    A nivel estatal, o comercio minorista viu crecer as súas vendas en setembro por primeira vez en máis de tres anos, un dato que para o Goberno mostra que a recuperación está a chegar á "economía real" e que dende o sector se analiza con prudencia, pois en setembro de 2012 as vendas se derrubaron coa suba do IVE.

    As vendas do comercio minorista a prezos constantes -eliminados o efecto da inflación- subiron en setembro o 2,2% respecto ao mesmo mes de 2012, co que este indicador rompeu cun refacho de 38 meses consecutivos á baixos.

    No que vai de ano, a facturación do sector acumula un descenso medio do 5,4%, e respecto a agosto, a actividade baixou o 1%. No noveno mes do ano, as vendas en gasolineiras creceron o 1,2% en taxa interanual, en tanto que no conxunto do resto de comercios a facturación avanzou o 2,2%.

    SEGMENTOS

    Alimentación foi o único segmento que viu caer a súa cifra de negocio, cun descenso do 2%. En equipamento do fogar, as vendas repuntaron o 4%; en produtos de equipamento persoal, o 1,2%; e noutros bens, o 6,8%.

    Por modos de distribución, todos elevaron os seus ingresos en setembro, liderados polas tendas unilocalizadas (3,1%). Por detrás situáronse pequenas cadeas (2,6%), grandes superficies (2,4%) e grandes cadeas (1,5%).

    Pola contra, a ocupación rexistrou taxas negativas en todos os modos de distribución, cun descenso do 3,7% en gasolineiras e do 4,3% en pequenas cadeas. A Confederación Española de Comercio cre que a suba das vendas debe ser interpretada con "prudencia", posto que a comparativa se fai con setembro do ano pasado, cando as vendas se derrubaron o 13,6% coincidindo coa suba do IVE.

    A patronal das grandes empresas de distribución Anged, que integra empresas como El Corte Inglés, Ikea ou Toys"R"Us, considera que a evolución das vendas do comercio minorista dos últimos meses "apuntan a unha lenta mellora ou punto de inflexión no consumo" e a que o sector comeza a recuperarse do impacto negativo que tivo a suba do IVE.

    Mentres, os autónomos pediron prudencia, pois esta melloría non se traduciu nunha recuperación do emprego.

    Fonte: El Ideal Gallego (La Coruña)

    Máis información
  • 29 Outubro, 2013
    GALICIA - As vendas do comercio minorista volven a cifras positivas tras tres anos de descensos ao crecer un 2,5% en setembro

    O emprego, non obstante, redúcese un 2,4% en relación ao mesmo mes do ano pasado SANTIAGO DE COMPOSTELA/MADRID, 29 (EUROPA PRESS) Las vendas do comercio polo miúdo aumentaron un 2,5% en Galicia en setembro, en relación co mesmo mes do ano pasado, co que recuperan as taxas positivas tras máis de tres anos de descensos, segundo os datos difundidos este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

    Deste modo, o indicador volve rexistrar un crecemento tras 37 meses consecutivos en negativo, dado que o último incremento corresponde ao mes de xullo de 2010.

    Non obstante, o emprego experimentou un retroceso do 2,4% en relación a setembro do ano pasado na Comunidade galega. En comparación coas cifras de agosto, a caída da ocupación é do 1,3% e a media no que vai de ano sitúase nun descenso do 3%.

    En canto ás vendas, a comparación co mes de agosto mostra unha caída do 11,2% e a media no que vai de ano é un retroceso do 6,9%.

    O índice sen estacións de servizo mostra un aumento interanual tamén do 2,5% e unha caída do 11,1% respecto a agosto. Sen ter en conta este tipo de comercio minorista, a ocupación caeu un 2,4% respecto a setembro de 2012 e un 1,4% en relación a agosto de 2013.

    En toda España, as vendas do comercio ao por menor aumentaron un 2,2% en setembro en comparación co mesmo mes de 2012, co que volven a terreo positivo tras 38 meses de descensos interanuais consecutivos.

    Eliminados os efectos estacionais e de calendario, a facturación do comercio minorista tamén subiu un 2,2% no noveno mes do ano, fronte ao descenso do 4,8% experimentado en agosto.

    MODOS DE DISTRIBUCION Por modos de distribución, todos eles incrementaron as súas vendas en setembro. O maior repunte foi para as empresas unilocalizadas, onde as vendas aumentaron un 3,1% seguidas das pequenas cadeas (+2,6%), as grandes superficies (+2,4%), e as grandes cadeas (+1,5%).

    Malia a mellora dos datos de facturación, o emprego no sector do comercio minorista diminuíu un 1,8% no noveno mes do ano, igualando o descenso interanual que se rexistrou en agosto, con retrocesos en todos os modos de distribución, especialmente nas pequenas cadeas (-4,3%).

    En taxa mensual (setembro sobre agosto), as vendas do comercio minorista, corrixida a estacionalidade e o efecto calendario, descenderon un 2,5%, fronte ao avance do 3,3% experimentado en agosto e a caída do 9,1% do mesmo mes de 2012.

    SÓ TRES COMUNIDADES RECORTAN as SÚAS VENDAS Segundo os datos do organismo estatístico, as vendas do comercio minorista sen incluír as estacións de servizo se incrementaron un 2,2% en setembro respecto a igual mes de 2012, mentres que as vendas nas estacións de servizo avanzaron un 1,2%.

    As vendas dos produtos alimenticios reducíronse un 2% en setembro en taxa interanual, mentres que as dos non alimenticios repuntaron un 5,2%. Entre estes últimos, os maiores crecementos das vendas déronse no segmento doutros bens (+6,8%) e equipo do fogar (+4%), seguido de equipo persoal (+1,2%).

    As vendas do comercio minorista aumentaron en setembro en 14 comunidades autónomas. Os únicos descensos interanuais producíronse en País Vasco (-2,4%), e Castela e León e Extremadura (-1,1% en ambos os dous casos).

    No lado oposto, os maiores avances apuntáronllos Baleares (+10%) e Comunidade Valenciana e Canarias (+4,1%).

    O EMPREGO REDÚCESE UN 1,8% El emprego no sector do comercio minorista diminuíu un 1,8% no noveno mes do ano, encadeando deste modo 24 meses consecutivos de caídas interanuais e igualando o descenso rexistrado en agosto.

    En setembro producíronse recortes de emprego en todos os modos de distribución. Os maiores descensos rexistráronos as pequenas cadeas e as grandes superficies, onde o emprego se contraeu un 4,3% e un 3,6%, respectivamente, mentres que as empresas unilocalizadas e as grandes cadeas recortaron a ocupación un 0,7% e un 1,2%.

    En termos mensuais (setembro sobre agosto), a ocupación baixou un 1,1% no sector. Por modos de distribución, os maiores descensos do emprego foron para as grandes superficies (-2,9%) e as grandes cadeas (-1,7%), mentres que as pequenas cadeas e as empresas unilocalizadas recortaron a ocupación un 1% e un 0,6%, respectivamente.

    O emprego no comercio minorista diminuíu en 13 comunidades durante o noveno mes de 2013, principalmente en Madrid (-4,9%), Castela e León (-4%) e Murcia (-2,9%).

    Os únicos avances rexistráronos Baleares, Canarias e Comunidade Valenciana, con subas do 1,4%, do 1% e do 0,9%, respectivamente, mentres que País Vasco non experimentou variacións no seu nivel de ocupación.

  • 28 Outubro, 2013
    ORDE do 16 de outubro de 2013 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións a concellos de Galicia para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos excelentes, cofinanciadas polo Feder, no marco

    A Orde do 30 de abril de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 88, do 8 de maio, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos excelentes, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN223A).

    No artigo 1.4, parágrafo primeiro do anexo I-Bases reguladoras, establece a consideración de actuacións subvencionables sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17.

    O artigo 17.1 do anexo I-Bases reguladoras establece que o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, na respectiva xefatura territorial, da correspondente documentación. O prazo para presentala é ata o 30 de novembro de 2013.

    Tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de avaliación, e co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o artigo 17.1 do anexo I da orde, ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte dos beneficiarios/as.

    A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería de Economía e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

    DISPOÑO:

    Artigo 1. Modificación do artigo 17.1 do anexo I da Orde do 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos excelentes, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN223A).

    O primeiro parágrafo do artigo 17.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

    «1. Para cobrar a subvención concedida, a persoa beneficiaria deberá presentar, na respectiva xefatura territorial, a seguinte documentación, en orixinal ou copia compulsada e o prazo para presentala é ata o 18 de decembro de 2013: (...)».

    Disposición derradeira

    Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013
     

    Fonte: DOG

    Máis información
  • 26 Outubro, 2013
    Conde poñerá no anzol 30 millóns para 'capturar' 150

    A Consellería de Economía aspira a atraer investimentos do exterior // Se sitúa á I+D+i como motor para o crecemento, elevando nun 33%, a máis de 50 millóns, estas partidas.

    Coa internacionalización convertida xa en prioritaria para o empresariado galego, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, pretende que as contas do seu departamento para 2014 apostan agora por un incremento dos recursos para a innovación, a I+D+i, do 33%, ata os 50 millóns de euros. Na súa comparecencia no Parlamento para detallar os seus números e prioridades, a oposición recordoulle que o seu departamento perde nos Orzamentos 2014 un 3,6% de fondos fronte a este ano, baixando estes ata os 164,4 millóns de euros.

    Unha rebaixa que non pareceu preocupar especialmente ao conselleiro, máis envorcado na calidade que na cantidade. "Trátase da maior aposta pola innovación e o talento galego dos últimos anos", sinalou Conde, sabedor de que a I+D+i "é clave para crecer e xerar emprego", obxectivo prioritario para a Xunta. Economía contará con cinco eixes, a propia I+D+i vinculada á Estratexia de Especialización Intelixente (RIS 3); o Plan Director de Industria; a Leus do Emprendemento; o Plan de Reactivación do Comercio; e unha estratexia para impulsar as renovables que detallamos nas páxinas do Primeiro Plano.

    Fonte: El Correo Gallego
     

    Máis información
  • 24 Outubro, 2013
    A Xunta destina máis de 1,2 millóns de euros aos concellos de Vigo e a súa área para dinamizar o comercio de proximidade

    • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou hoxe as tres ordes de axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria.

    • Un total de 30 entidades pertencentes á área territorial de Vigo, entre as que destacan asociacións, federacións de comerciantes e concellos, beneficiáronse destas subvencións para mellorar a competitividade do pequeno comercio.

    • As axudas son para a dinamización das prazas de abastos e CCAs, para que os concellos revitalicen e melloren os seus mercados ou zonas comerciais e para incentivar a demanda comercial a través das federacións de comerciantes.

    • Estas iniciativas enmárcanse dentro da aposta da Xunta de Galicia pola mellora competitiva do comercio de proximidade.

    Vigo, 24 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá as tres liñas de axudas e subvencións que a Consellería de Economía e Industria ven de resolver e conceder a un total de 30 entidades de Vigo e a súa área co obxectivo de mellorar a competitividade do comercio de proximidade.
    Coma explicou Bravo Bosch, no que vai de ano a Dirección Xeral de Comercio leva activado apoios a través destas tres ordes de convocatorias que ven de resolver e están dirixidas a:

    - asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCAs) e prazas de abastos de Galicia.

    - concellos galegos para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos excelentes.

    - asociacións de comerciantes sen fins de lucro, de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a incentivación da demanda comercial.

    Neste senso, os concellos de Vigo e a súa área recibiron unha cantidade superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 15 asociacións de comerciantes, 9 concellos ou agrupacións da área territorial e 6 asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións de comerciantes.

    No caso de Vigo cidade, a través destas liñas de axudas, o municipio recibiu preto de 325.000 euros que se destinaron a 8 asociacións de comerciantes (173.000 euros) e 4 federacións con sede na primeira cidade de Galicia. Concretamente, foron para Zona Príncipe; Aetravi; Zona Centro; Calvario; as asociacións de comerciantes dos mercados de Teis, Travesas, Progreso e o Calvario así coma para a Federación de Comercio de Vigo (Fecovi) ou a Federación de mercados centrais da comarca de Vigo (Mercacevi), entre outros.

    No que respecta á primeira liña de axudas, destinada ás asociacións de comerciantes para a dinamización das prazas de abastos e centros comerciais abertos (CCAs), a área territorial de Vigo percibiu case 358.000 euros repartidos entre 15 colectivos. A través deste programa poténcianse dúas figuras clave para o pequeno comercio galego, apoiando a posta en marcha de actuacións coas que poderán atraer nova clientela e mellorar os servizos que ofrecen. Así, as asociacións de comerciantes obteñen apoios para campañas de dinamización, sistemas de fidelización de clientes ou proxectos de sinalización comercial externa, ademais de axudas para o funcionamento das unidades xerenciais e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos:

    • Asoc. comerciantes empresarios Baiona - 22.240
    • Asoc. empresarios Redondela - 38.854,82
    • CangasCentro-Asoc. Comerciantes de Cangas - 40.005
    • Asoc. Praza de Abastos de Cangas - 9.758,39
    • Asoc. Praza de Abastos de Moaña - 9.800
    • MoañaCentro-Agrupación Pequeno Comercio Moaña - 32.655,32
    • Asoc. Comerciantes e industriais de Porriño (Acipor) - 31.782,08
    • Aetravi - Vigo 40.005
    • Asoc. Comerciantes e profesionais Zona Príncipe - Vigo 33.000
    • Asoc. De comerciantes Zona Centro Vigo CCA -  33.000
    • Asoc. Comerciantes e empresarios do Calvario - Vigo 31.080,18
    • Asoc. Comerciantes Mercado do Calvario - Vigo 9.800
    • Asoc. Empres. Autónomos Mercado do Progreso - Vigo 9.800
    • Asoc. Comerciantes Mercado de Teis - Vigo 6.064,69
    • Asoc. Empresarios Mercado As Travesas - Vigo 9.800
    • TOTAL ÁREA DE VIGO 357.645,48

    No caso da segunda liña de axudas, dirixida aos concellos para a mellora competitiva do comercio de proximidade, a área da delegación territorial de Vigo percibiu case 650.000 euros para un total de 9 concellos ou agrupacións entre os que se atopan Soutomaior, Porriño, Baiona, Redondela, Salceda de Caselas, Cangas, Gondomar, Moaña ou a agrupación Pazos de Borbén-Mondariz. A través deste programa, que tamén incrementou a súa aportación nun 10% con respecto á anterior convocatoria, se impulsa a renovación, adecuación, modernización e mellora das rúas e zonas comerciais e se potencian os mercados e prazas de abastos, co obxectivo de promover a súa excelencia e posicionalos como líderes na venda de produto fresco e perecedoiro:

    • Agrupación Mondariz e Pazos de Borbén  - 30.000
    • Moaña - 30.507,16
    • Gondomar - 34.163,75
    • Cangas - 75.437,61
    • Salceda de Caselas - 113.435,52
    • Redondela - 119.907,07
    • Baiona - 120.000
    • O Porriño - 77.623,98
    • Soutomaior - 43.091,03
    • TOTAL 644.616,12

    Por último, coa terceira liña de axudas, dirixidas ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións para a incentivación da demanda comercial, a área territorial de Vigo recibiu preto de 200.000 euros para 6 asociacións ou federacións de comerciantes. Estas axudas están orientadas ao comercio tradicional, sometido a un profundo proceso de cambio que esixe realizar un esforzo de renovación e adaptación continuo, para devolverlle a importancia histórica que tradicionalmente veu desempeñando no desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades. Porén, pretende incentivar a demanda comercial e mellorar a loxística do comercio, así como acadar unha imaxe máis competitiva e dinámica do comercio galego detallista:

    • Federación de comerciantes e industriais do Morrazo (Fecimo) - Cangas 42.000
    • Asociación empresarios e comerciantes do Val Miñor -  Nigrán 4.702,55
    • Federación de comercio de Vigo - Vigo 13.375,82
    • Asociación de joyería, relojería y platería de la prov.Pontevedra -  Vigo 6.161,33
    • Federación provincial de comercio de Pontevedra -  Vigo 112.000
    • Federación mercados centrales comarca de Vigo (Mercacevi) -  Vigo 19.592,38
    • TOTAL ÁREA DE VIGO 197.832,08

    Fuente: Xunta de Galicia

    Máis información
  • 23 Outubro, 2013
    O IGC premia un video elaborado por alumnado de Bergongo para promocionar o ocio responsable
    • A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez Abeal, entregou o galardón aos rapaces cuxo traballo foi o máis votado nas redes sociais.
    • O certame enmárcase no programa Lecer Consumo, que achegou este verán o consumo responsable a preto de 900 persoas de 23 concellos galegos.

    Bergondo (A Coruña), 23 de outubro de 2013.- A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo (IGC), Sol Vázquez Abeal, fixo esta tarde entrega a catro alumnos do municipio coruñés de Bergondo do premio do concurso de vídeos sobre consumo responsable organizado polo IGC a través das redes sociais.

    A iniciativa enmárcase dentro do programa Lecer Consumo, que achegou este verán o consumo responsable a preto de 900 persoas nun total de 23 concellos galegos, a través de diferentes actividades lúdicas e participativas centradas nos xogos populares.

    Entre as actividades desenvolvidas pola Escola Galega de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, incluíase a xincana de Lecer e Publicidade, para rapaces de 9 a 16 anos. Como resultado final do aprendido na actividade incluíase a gravación dun vídeo que promocionase algunha actividade de lecer existente no seu concello.

    A Escola Galega de Consumo publicou no seu facebook os 26 vídeos participantes de 11 concellos diferentes. Despois de 15 días de votacións, o vídeo elaborado en Bergondo foi o que recibiu máis votos.

    No acto, Sol Vázquez Abeal destacou a importancia da formación para a protección efectiva dos dereitos dos consumidores e usuarios, lembrando que a Escola Galega de Consumo ofrece cada ano formación a máis de 10.000 persoas cada ano.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Máis información
  • 20 Outubro, 2013
    Economía e Industria destina 250.000 euros a colectivos e prazas de abastos

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou onte os case 245.000 euros que recibirán as asociacións, federacións e prazas de abastos dos concellos do Salnés co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade, atraer clientela e estimular as vendas.

    En concreto, recibirán ao redor de 52.000 euros as prazas de abastos de Sanxenxo, Vilanova, Vilagarcía, Cambados, Portonovo e O Grove co obxectivo de dinamizar e rexenerar as prazas de abastos. Tamén recibirán subvencións económicas (preto de 153.000 euros) para o mesmo fin as asociacións que desenvolven os centros comerciais abertos de Sanxenxo, Cambados, ou Grove e Vilagarcía. Finalmente o consorcio de Comercio do Salnés recibirá case 40.500 euros para o desenvolvemento de iniciativas de apoio e potenciación do comercio de proximidade.

    Por outro lado, Cores Tourís sinalou que Caldas de Reis tambiéns e beneficiará destas axudas con case 92.000 euros. O presuposto destinarase á dinamización e rexeneración da praza de abastos de Caldas, así como ao centro comercial aberto e á Federación de Prazas Abertas de Galicia.

    Fonte: Diario de Arousa (Pontevedra)
     

    Máis información
  • 17 Outubro, 2013
    ORDE do 9 de outubro de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria e o prazo de xustificación das subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da

    A Orde do 5 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico (código de procedemento IN214A).

    No artigo 1.3 da orde e artigo 2 do seu anexo I-Bases reguladoras precísase que as ditas subvencións serán financiadas co crédito correspondente á aplicación orzamentaria 08.02.751A.770.1 - Proxecto 2013 00305 «Modernización e fomento da calidade no comercio retallista», por un importe total de 438.700 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

    Así mesmo, sinálase no artigo 8.4 que se poderán incrementar as contías previstas coa ampliación dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Por outra banda, o artigo 1.3 do anexo I-Bases reguladoras establece a consideración de actuacións subvencionables sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17.

    O artigo 17.1 do anexo I establece que o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria e ata o 31 de outubro de 2013.

    Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a anualidade 2013 para a concesión das mencionadas subvencións.

    Así mesmo, tendo en conta o volume de solicitudes presentadas e o longo proceso de avaliación e co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o artigo 17.1 do anexo I da orde ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte dos/das beneficiarios/as.
    A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía e Industria en materia de comercio interior, e en exercicio das atribucións que me foron conferidas,

    DISPOÑO:

    Artigo 1. Financiamento

    1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista para a anualidade 2013 na Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A), DOG número 128, do 21 de xuño de 2013.

    2. O incremento da dotación será de 100.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751A.770.1. Proxecto 2013 00305 «Modernización e fomento da calidade no comercio retallista».

    Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria ascende a 538.700 euros.

    3. Artigo 2. Modificación do artigo 17.1 do anexo I da Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico (código de procedemento IN214A).

    O primeiro parágrafo do artigo 17.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:
    «1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria e ata o 30 de novembro de 2013, do orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación: (...)».

    Disposición derradeira

    Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
     

    Máis información
  • 17 Outubro, 2013
    A Consellería de Economía e Industria destina preto de 400.000 euros ás agrupacións de comerciantes para accións de dinamización da demanda

    A delegada territorial, Raquel Arias, deu conta destas axudas no marco da presentación da campaña “Merca e gaña en Monforte”, que premia as compras no comercio local.

    Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a concesión de preto de 400.000 euros – en concreto 391.721 euros- a agrupacións de comerciantes da provincia de Lugo para a organización de accións de dinamización da demanda.

    Así o explicou hoxe a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, quen destacou o esforzo que realiza a Xunta para apoiar o comercio local, que é “o que máis preto está dos cidadáns, colabora no pulso da vila e na súa sustentabilidade, vive integrado na cidade e polo tanto lle afecta o que nela ocorra”.

    Arias asegurou que a Xunta traballa en coordinación cos propios comerciantes porque “son os que mellor coñecen o sector, así que os escoita nas mesas locais de comercio e adapta as liñas de axudas ás súas necesidades”.

    Así, a Consellería de Economía aprobou axudas por importe de 170.767 euros para a revitalización e dinamización dos centros comerciais abertos de Viveiro, Chantada, Sarria, Monforte de Lemos e Ribadeo, así como da praza de abastos desta última localidade.

    Igualmente, concedeu unha subvención de 109.000 euros á Federación de Asociacións de Comercio da Confederación de Empresarios de Lugo e outra de 112.000 euros á Federación Galega de Comercio, con sede en Lugo, para o desenvolvemento de iniciativas que reactiven o consumo no comercio local.

    A delegada territorial deu conta destas actuacións no marco da presentación da campaña Merca e gaña en Monforte, que, segundo afirmou, “é unha mostra do tipo de proxectos nos que se traduce o apoio da Xunta, xa que sen dúbida cumpre co obxectivo de facer máis atractivas as compras nos establecementos da cidade”.

    Así, entre os días 18 e 29 de outubro os establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte repartirán máis de 120.000 boletos entre os seus clientes. O día 31 sortearanse entre os participantes 10 bonos de 50 euros cada un para consumir novamente no comercio da zona.

    Arias aplaudiu o labor que desenvolven tanto a Federación Galega de Comercio como as distintas agrupacións municipais e supramunicipais, “constantemente preocupados por subir o listón, por mellorar a calidade, atención e o servizo que prestan aos consumidores”.

    No acto de presentación da campaña Merca e gaña en Monforte participaron tamén o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a presidenta do CCU de Monforte, María José Senra.

    Cabe lembrar que, polo que respecta á zona sur, obtiveron axudas da Consellería de Economía e Industria o CCU de Monforte de Lemos e a Asociación de Empresarios, Profesionais e Autónomos de Chantada, por un importe conxunto de preto de 73.000 euros e en ambos casos para a dinamización dos seus centros comerciais abertos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Máis información
  • 17 Outubro, 2013
    Economía e Industria apoia diversas accións de impulso ao comercio con máis de 480.000 euros para centros comerciais abertos e prazas de abastos da provincia da Coruña
    • O DOG publica hoxe estas axudas, das que se benefician 14 centros comerciais abertos e 1 asociación dos mercados.
    • Campañas de dinamización, sistemas de fidelización ou melloras en instalacións son algunhas das iniciativas que se impulsan co obxectivo de atraer clientela e estimular as vendas.
    • A iniciativa enmárcase dentro da aposta da Xunta pola mellora competitiva do comercio de proximidade, dentro da cal se levan activado no conxunto de Galicia apoios por máis de 8,5 millóns de euros este ano.

    A Coruña, 17 de outubro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria respalda a posta en marcha de diversas accións de impulso ao comercio de proximidade da provincia da Coruña con achegas por importe de 480.647 euros en apoios para as asociacións de comerciantes das prazas de abastos e os centros comerciais abertos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas, das que se benefician 14 centros comerciais abertos (CCA) e 1 asociación de mercados de 12 concellos coruñeses.

    Segundo sinalou a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, a través destas achegas preténdese potenciar dúas figuras clave para o pequeno comercio galego, a través de actuacións que permitirán atraer nova clientela e mellorar os servizos que ofrecen.

    Así, 14 centros comerciais abertos obtiveron apoios para distintas actuacións, entre as que se inclúen campañas de dinamización, sistemas de fidelización de clientes ou sinalización comercial, mentres que a asociación das prazas de abastos obtén axudas para iniciativas que inclúen tamén campañas de dinamización e melloras en instalacións e equipamentos. Tanto no caso dos centros comerciais abertos como no das prazas de abastos poténciase tamén a xestión, con apoios para o funcionamento das súas unidades xerenciais.

    As axudas para cada centro comercial aberto poden chegar ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos nos que están situados e do número de establecementos asociados. No caso das asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, sendo a subvención máxima de 9.800 euros.

    Na seguinte relación detállase o importe das subvencións concedidas na provincia da Coruña:

    CCA Compostela Monumental - Santiago de Compostela 40.005 euros
    Fundación Santiago Centro - Santiago de Compostela 33.000 euros
    Distrito Mallos - A Coruña 33.000 euros
    Rúa Barcelona - A Coruña 33.000 euros
    Zona Comercial Obelisco - A Coruña 33.000 euros
    Arteixo CCA - Arteixo 22.240 euros
    Acebe - Betanzos 39.102 euros
    CCA A Magdalena - Ferrol 40.005 euros
    CCA Carballo - Carballo 33.000 euros
    Asetem - Melide 22.240 euros
    ABE-Boiro Aberto CCU - Boiro 40.005 euros
    Asociación comerciantes Noia Histórica - Noia 40.005 euros
    Asociación Rianxeira de Empresarios - Rianxo 22.240 euros
    Asociación empresarios Ribeira - Ribeira 40.005 euros
    Asociación profesional da praza de abastos de Padrón - Padrón 9.800 euros
    TOTAL   480.647 euros

    O programa para centros comerciais abertos e prazas de abastos enmárcase na estratexia da Xunta para impulsar a mellora competitiva do comercio de proximidade como un importante elemento dinamizador das vilas e cidades galegas e un sector de relevancia para a súa reactivación económica. Dentro desta estratexia no conxunto de Galicia lévanse activado ao longo deste ano máis de 8,5 millóns de euros en axudas para impulsar o asociacionismo comercial, fomentar a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e apoiar aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais, un programa no que tamén se presta unha especial atención ás prazas de abastos. Estas xogan un papel central no comercio de proximidade, e tal e como salientou Do Campo, o departamento autonómico aposta por consolidalas como referentes na venda de produto fresco e de calidade, apostando por prazas onde se leve a cabo unha venda moderna, con servizos, diversidade e excelencia, ao tempo que se dá resposta ás novas demandas dos consumidores.

    Máis información
  • 14 Outubro, 2013
    ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2014.

    A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (DOG do 28 de decembro), modificada pola Lei 1/2013, do 13 de febreiro (DOG do 14 de febreiro) determina no artigo 5 que os domingos e días festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano.

    O artigo 6 do mesmo texto legal sinala que os domingos e festivos de apertura serán determinados para cada período anual mediante orde da consellería que posúa as competencias en materia de comercio, que se publicará no Diario Oficial de Galicia antes do 15 de outubro do ano anterior ao da súa aplicación, logo da consulta ás asociacións de consumidores máis representativas con implantación en toda a comunidade, ao Consello Galego de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e ás demais organización empresariais e sindicais do sector comercial máis representativas de Galicia.

    Con independencia do establecido na liña anterior e co obxectivo de protexer os intereses comerciais nos diferentes concellos, unha vez publicadas no Diario Oficial de Galicia as datas a que fai referencia este artigo, calquera concello poderá solicitar da consellería competente en materia de comercio a modificación de dúas datas para o seu termo municipal.
    Esta solicitude deberá ser motivada e realizarse antes do 15 de novembro, tendo que se presentar acompañada dos informes emitidos pola cámara de comercio, industria e navegación da zona e polas organizacións empresariais e sindicais do sector comercial máis representativas. A consellería resolverá no prazo de quince días, contados desde a presentación da solicitude. De transcorrer o devandito prazo sen resolución expresa, considerarase estimada a petición. Con anterioridade ao 15 de decembro serán publicados no Diario Oficial de Galicia os cambios que se aprobasen.

    A Consellería de Economía e Industria ten competencia en materia de comercio de acordo co disposto no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

    En aplicación dos citados preceptos, logo de consulta efectuada aos axentes socioeconómicos determinados pola lei, e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos 10 domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2014.

    Polo tanto, en uso das facultades que teño conferidas,

    DISPOÑO:


    Artigo único. Os domingos e festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o ano 2014 son:

    5 de xaneiro.
    12 de xaneiro.
    17 de abril.
    18 de maio.
    6 de xullo.
    1 de novembro.
    6 de decembro.
    14 de decembro.
    21 de decembro.
    28 de decembro.

    Máis información
  • 12 Outubro, 2013
    Comercio unido á caza de clientes

    Profesionais galegos poñen en marcha na cidade unha plataforma para dinamizar o sector.

    A Federación Galega de Comercio e a Xunta escollen A Coruña para lanzar Comerciogalicia, unha ferramenta que conecta profesionais con consumidores mediante servizos electrónicos co obxecto de competir coas grandes superficies e captar de entrada 140.000 clientes.

    Por separado, o pequeno comercio non pode competir coas grandes superficies e as máis coñecidas cadeas comerciais. Por iso necesita fomentar a unión entre comerciantes tradicionais para adaptarse a unha nova realidade de consumo e constituír unha ferramenta coa que captar e fidelizar clientes mediante a utilización das novas tecnoloxías. "Unión" foi un termo resaltado onte no Salón Real do Concello, onde se presentou a plataforma de servizos Comerciogalicia, unha aposta da Federación Galega de Comercio e a Xunta que inicia a súa primeira fase na cidade co obxectivo inicial de aglutinar 4.000 comercios e 140.000 clientes.

    O lanzamento de Comerciogalicia, un proxecto "ambicioso e relevante", como resaltaron onte os seus promotores, responde á necesidade de combinar as vantaxes do comercio tradicional coas comodidades do comercio electrónico; é dicir, "a proximidade e a calidade" que proporcionan as tendas de toda a vida coa inmediatez e a facilidade para superar límites dos novos negocios a través da Rede, sinalou José María Seijas, presidente dos comerciantes galegos.

    A plataforma de servizos permitirá aos seus usuarios, a través do seu soporte electrónico, fomentar a cooperación entre comerciantes coa integración de todos os colectivos do sector, mellorar a competitividade, reter clientes unha vez que os atraia con campañas de información e vantaxes á hora de consumir, poñer en contacto os que non coñecen as actividades dos comercios e interrelacionar os clientes cos comerciantes.

    Entre outras vantaxes, os impulsores de Comerciogalicia ofrecerán unha tarxeta gratuíta que converte un mínimo do 3,5% cen (1,75% en alimentación) do importe da compra en puntos, e cada un deles equivale a un euro, cantidade que o cliente poderá gastar na tenda onde compre ou en calquera outra. A carga de puntos efectúase de xeito automático e o cliente, a través da páxina web www.comerciogalicia.es, pode consultar os seus puntos, ver os establecementos asociados ou acceder a sorteos. "Hai que competir en prezos e en variedade de produtos cos grandes establecementos", destacou Seijas.

    A Coruña é o primeiro escenario no que operará a plataforma de servizos, aínda que Comerciogalicia "chegará a todas as cidades" da comunidade, asegurou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, co propósito de que o sector se recupere e experimente crecemento e a actividade mellore as súas vendas.

    As primeiras expectativas, marcadas para os próximos meses, apuntan á captación de polo menos 140.000 clientes que xa utilicen a tarxeta club Comerciogalicia.

    Fonte: La Opinión A Coruña

    Máis información
  • 10 Outubro, 2013
    Economía e Industria destina preto de 22.000 euros ao concello de Gondomar para reformar e mellorar a súa praza de abastos

    • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, percorreu esta mañá as instalacións que van ser obxecto de renovación e ampliación.

    • A subvención outorgada ao Concello de Gondomar forma parte do programa de axudas aos concellos galegos para a mellora competitiva do comercio.

    • A través desta iniciativa impúlsase a renovación e a mellora das rúas e zonas comerciais e a potenciación dos mercados.

    Gondomar, 10 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá un percorrido pola praza de abastos do concello para coñecer as instalacións e dar conta da reforma e mellora que vai a acometer o goberno local grazas á axuda que ven de recibir da Consellería de Economía e Industria. Na visita, a delegada estivo acompañada polo alcalde da localidade, Fernando Guitián, polo xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Rial, e varios membros da Corporación municipal.

    Ao abeiro do programa de axudas aos concellos galegos para a mellora competitiva do comercio de proximidade que convocou a Dirección Xeral de Comercio, o Concello de Gondomar foi un dos beneficiarios deste tipo subvencións recibindo así preto de 22.000 euros. Segundo explicou a delegada da Xunta, o mercado de Gondomar “cumpre cunha función esencial ao constituír un espazo de centralidade comercial, aspecto que se quere reforzar coa renovación dos seus accesos”.

    O proxecto pretende acometer o deseño e renovación das portas da praza de abastos. Na actualidade conta con seis portas de acceso, catro dan ás rúas Rosalía de Castro e a Manuel Alonso, e as outras dúas dan ao aparcadoiro, ao lado do río Zamáns. Tras a reforma, as catro portas de acceso público estarán completamente renovadas, e as outras dúas (as do aparcadoiro), se pretende que sexan persianas para estar abertas soamente en horario comercial. “A Xunta aposta por promover un mercado aberto, participativo e dinámico, máis próximo aos veciños e veciñas”, considerou.

    Por último, a representante da Administración autonómica en Vigo sinalou que se trata dunha importante iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio coa finalidade de impulsar a renovación e a mellora das rúas e zonas comerciais e a potenciación dos mercados e prazas de abastos, sempre co obxectivo de promover a súa excelencia e posicionalos como líderes na venda de produto fresco e perecedoiro.

    O programa de axudas aos concellos galegos enmárcase na estratexia da Xunta de impulso ao comercio “como elemento vertebrador das vilas e cidades galegas e sector de relevancia para a reactivación económica”, dixo Bravo Bosch. Contou cun orzamento global de 4,5 millóns de euros e a finalidade deste tipo de axudas céntrase na adecuación e modernización das rúas e zonas comerciais ou a potenciación das prazas de abastos. Dentro desta estratexia de apoio ao comercio, a Consellería de Economía e Industria leva convocado ao longo deste ano axudas por un total de 8 millóns de euros para mellorar a competitividade do comercio de proximidade.

     

    Máis información
  • 10 Outubro, 2013
    Raquel Arias revisa co alcalde do Vicedo a parcela na que se construirá a nova zona de encontro comercial co financiamento da Xunta de Galicia

    • proxecto, que suporá un investimento de 98.000 euros, será financiado a través da Consellería de Economía e Industria e permitirá a creación dunha área multiúsos na que se poderán desenvolver, entre outras actividades, accións que promovan o comercio de proximidade.
    • Con esta obra acometerase tamén unha mellora nas condicións de accesibilidade e seguridade da zona, así como a creación de novas zonas verdes.

    O Vicedo, 10 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou co alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez, a parcela na que se realizará a nova zona comercial da localidade.

    A representante do Executivo galego e o rexedor vicedense revisaron a área, de arredor de 500 metros cadrados, na que está prevista unha actuación que facilitará a adecuación deste punto de encontro comercial aberto mediante un investimento de preto de 100.000 euros (98.812 euros).

    Arias considerou que o proxecto, que será financiado na súa meirande parte pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, representa “unha oportunidade para impulsar o comercio na localidade e axudar a vertebrar as actividades que se desenvolvan no núcleo urbano arredor  dun novo eixe, situado nunha parcela contigua á casa consistorial do Vicedo”. En total, o departamento autonómico realizará unha achega de 74.109,09 euros para esta mellora, o que supón o 75% do total da actuación.

    O proxecto, de carácter interprovincial, foi presentado mediante a opción de agrupación de concellos entre O Vicedo e o municipio coruñés de Mañón, suporá a pavimentación mediante formigonado da parcela, na que se instalará alumeado público e rede de sumidoiros e recollida de pluviais.

    Así mesmo, disporase mobiliario urbano e a procederase á plantación de árbores. A zona de acceso a esta área será mellorada e, para reforzar a seguridade, instalarase tamén un novo paso de peóns, sinalizacións luminosas e paneis de indicacións comerciais.

    Coa creación deste novo punto de encontro comercial, o concello do Vicedo, en colaboración co de Mañón, pretende dispor dunhas instalacións multiúsos, que entre outros servizos, servirá para poder levar a cabo xornadas gastronómicas con produtos da zona, feiras de artesanía nos que se vendan produtos que aínda se elaboran no contorno, concursos e festas para favorecer o desenvolvemento da actividade mercantil na contorna.

    Raquel Arias trasladou que a Dirección Xeral de Comercio, que é o departamento que directamente se encarga de xestionar estas axudas, persegue con estas colaboracións o obxectivo de “crear contornos comerciais atractivos” que se convertan en polos de atracción para veciños e visitantes, sobre o convencemento de que o comercio “contribúe en gran medida á dinamización dunha localidade”.

    Máis información
  • 09 Outubro, 2013
    A Xunta apoia con máis dun millón de euros o labor dos comerciantes

    A Consellería de Economía e Industria acaba de conceder axudas por máis dun millón de euros a un total de 20 federacións de comerciantes e asociacións de ámbito superior ao municipal para a posta en marcha de máis dun centenar de actuacións de dinamización da demanda comercial e iniciativas encamiñadas á promoción das vendas.

    A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que presentou a resolución deste programa, remarcou o importante labor que desenvolven as asociacións de comerciantes no fortalecemento do sector.

    Neste sentido, destacou que con este programa que acaba de resolverse a Consellería de Economía e Industria suma preto de 3,5 millóns de euros destinados no que vai de ano ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixes da estratexia integral de apoio ao comercio de proximidades.

    A través das axudas presentadas onte concédense apoios que chegan ata os 112.000 euros no caso das federacións que contan con 30 ou máis asociacións federadas.

    Para ás federacións que non alcanzan este número de membros, ás axudas chegan ata vos 32.000 euros. Non caso dás asociacións, vos apoios son de ata 10.500 euros.

    En todos vos casos, a axuda dá Consellería de Economía e Industria supón un 70% do investimento a realizar.

    Das 20 entidades beneficiarias, que agrupan a máis de 15.000 pequenos comercios, catro son de ámbito autonómico: a Federación Galega de Comercio, a Federación de Prazas de Abastos de Galicia, a Federación de Libreiros de Galicia e a Federación de Autónomos de Galicia, que recibirán en total preto de 290.000 euros.

    Ademais, resultaron beneficiarias unha organización da provincia de Lugo, á que corresponden preto de 110.000 euros; 2 de Ourense, con máis de 122.000 euros; e 8 de Pontevedra, que suman apoios por 280.000 euros.

    As axudas alcanzan preto de 80.000 euros no caso de 4 federacións de comerciantes e asociacións de ámbito superior ao municipal da cidade de Vigo e a súa área territorial para a posta en marcha dun total de 20 actuacións.

    Ademais das axudas para federacións e asociacións supramunicipais, no campo do asociacionismo comercial a Consellería de Economía e Industria tamén destinou preto de 2.000.000 de euros ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e das prazas de abastos.

    Tamén está en marcha un acordo de colaboración coa Federación Galega de Comercio co que se promoven diferentes actuacións para o impulso ás vendas e o emprendimiento no sector.

    Xunto co asociacionismo comercial, o fomento da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación ou o apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais son outros dos piares da estratexia de apoio ao comercio de proximidades da Xunta, dentro da cal se levan activado ao longo deste ano programas de axudas por un total de máis de 8,5 millóns de euros.

    Sol Vázquez Abeal presenta las ayudas al sector del comercio

     

    Fonte: El Ideal Gallego (A Coruña)

    Máis información
  • 04 Outubro, 2013
    Conde di que empresas pontevedresas mobilizan 43% de fondos Innterconecta

    A segunda convocatoria do programa de innovación Innterconecta mobilizou 65 millóns de euros na provincia de Pontevedra con 64 proxectos empresariais, o que supón 43% do total de Galicia, afirmou hoxe o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

    O representante da Xunta indicou estes datos nunha reunión con empresarios pontevedreses na que explicou as políticas do gabinete.

    Equipos de traballo de dez centros tecnolóxicos da provincia, oito deles vigueses, recibirán 21 millóns de euros para abordar proxectos innovadores dentro do programa Interconecta.

    O conselleiro considerou "clave" o investimento en innovación empresarial para mellorar a competitividade e favorecer a internacionalización, e destacou que a Xunta investiu niso 20 millóns de euros este ano.

    Neste ámbito, Conde recalcou a importancia do programa Innterconecta no sur de Galicia e apuntou a Vigo como "líder" provincial ao mobilizar o 82% do investimento da provincia.

    Resaltou tamén a necesidade de colaboración entre empresas, universidades, asociacións empresariais e centros tecnolóxicos para fomentar o desenvolvemento económico.

    O programa Innterconecta 2 prevé un investimento de case 153 millóns de euros, dos que a Xunta achega 20%, en proxectos dos sectores de enerxía, medio, naval ou automoción.

    As exportacións das compañías pontevedresas, cun crecemento do 19%, supoñen un "reflexo" da importancia dos investimentos en innovación, dixo o conselleiro.

    Fonte: ABC

    Máis información
  • 03 Outubro, 2013
    O Concello de Vigo amplía as licenzas expresas para abrir negocios de ata 500 m2

    Cada ano aumentan este tipo de solicitudes para reformas de casas, comerciais e apertura de locais: dende 2011 concedéronse preto de 900 - Urbanismo aproba unha ordenanza para unificar os cambios legais recentes.

    As interminables esperas para obter permisos de obra ou actividade pola lentitude burocrática pasaron á historia para centos de emprendedores que queren abrir ou reformar negocios, veciños que proxectan melloras nas súas propiedades e compañías de telefonía que acumulaban anos de trámites para lograr os permisos de instalación de antenas (ou promoven outras en novas localizacións). O Concello empezou a aplicar as licenzas expresas en febreiro de 2011 e dende entón, segundo datos da Xerencia de Urbanismo, concedéronse case 900.
     

    Os negocios de alimentación, algúns dos cales se beneficiarán das licenzas expresas // Gonzalo Núñez 

     

    Fonte: Faro de Vigo

    Máis información

  • Páxina 26 de 85

  • Mostrando do 501 ao 520 dun total de 1686 rexistros