A xoiaría, premiada pola Xunta, está dirixida pola bisneta do fundador, que é bióloga
Tras máis de 100 anos de dedicación e esforzo, a xoiaría Ramón Fernández na rúa Príncipe recibiu onte un diploma en recoñecemento pola súa traxectoria profesional e comercial.
Sol Vázquez, a directora xeral do Comercio, entregou o distintivo acompañada pola delegada da Xunta, María José Bravo Bosch e o xerente do Centro Comercial Aberto Príncipe, Enrique Núñez.
Todos resaltaron o traballo de catro xeracións de familias que traballaron no establecemento dende 1910, nada menos que 103 anos de funcionamento.
Este título inclúese no marco da campaña "A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia" na que Economía e Industria reitera o seu 'compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica das vilas e cidades galegas'.
Unha iniciativa que por medio dunha páxina web (portaldocomerciante.blogspot.com.es ) a Xunta busca destacar o comercio de proximidade e o papel clave que xogan os centros comerciais abertos, así como distinguir os establecementos de máis traxectoria que souberon adaptarse aos novos tempos grazas á calidade, proximidade e a innovación.
É o caso da xoiaría Ramón Fernández, unha empresa familiar que empezou a súa andaina no comercio vigués o 25 de xullo de 1910 da man do seu fundador, Ramón Fernández Barreiro e que dende 1922 se converteu en provedora da Casa Real. Agora, diríxea a súa bisneta Verónica Cuíñas, bióloga e experta en xemoloxía e diamante.
A Consellería de Economía e Industria achega axudas de case 2 millóns de euros para implusar accións de dinamización do comercio de proximidade e prazas de abastos, sendo o centro comercial aberto Centro Príncipe un dos beneficiarios, con máis de 30.000 euros.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, resaltou o importante papel que desenvolve a asociación, que ten a súa orixe en 1976 e cuxo obxectivo é 'crear un espazo comercial diferenciado e dinámico na posta en marcha de diferentes servizo e iniciativas'. Así mesmo mostrou a súa satisfacción por entregar o diploma e recordou aos veciños que o comercio de proximidade 'é un comercio da xente de vigo'. Para finalizar tamén agradeceu o labor que fan todos os comerciantes vigueses para que estas rúas teñan 'tanta vida '.
Pola súa banda, a Xunta leva destinado no que vai de ano 8,5 millóns de euros a programas de apoio ao comercio de proximidade e o incetivo das vendas, impulsado tamén o asociacionismo, promovendo a incorporación das TIC, ou ben apoiando aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais.
A delegada da Xunta, María José Bravo Bosch aproveitou para felicitar igualmente o xerente de Centro Príncipe Enrique Núñez. 'Eles están empeñados en revitalizar a zona Príncipe', nunha época que non é doada. A delegada tamén fixo fincapé na pubicidad que o centro fai tosos os días, 'alentan aos comerciantes vigueses para que poñan o seu negocio en Príncipe e que anime toda a zona do Casco Vello,Príncipe tine moito futuro' concluíu.
A xoiaría Ramón Fernández que nos seus inicios se localizaba na rúa Elduayen para posteriormente establecerse en 1925 en Príncipe soubo adaptarse á época cunha fachada clásica e vistosa, o interior vístese dunha modernidade que xeración tras xeración souberon adaptar. Ademais, engádese o bo gusto por unhas pezas únicas unha herdanza do prateiro e fundador da joyería,Ramón Fernández.
Con motivo deste recoñecemento por parte da Xunta durante estes seis días, a xoiaría ofrece un 10% de desconto, un regalo para os seus clientes.
Sol Vázquez (izda.) entrega diploma a Verónica Cuiñas acompañada de Mª José Bravo (dcha)
Fonte: Atlantico Diario
Máis informaciónAcollerá entre os días 20 e 23 Peque-xefe de cociña, impartido por José Luis Iglesias, para mostrar a calidade dos seus produtos
A praza de abastos de Lalín converterase entre os próximos días 20 e 23 nun taller de cociña para os máis pequenos. Trátase de Peque-xefe de cociña, unha iniciativa na que se formarán unha vintena de rapaces de ata 15 anos, que poden inscribirse xa e solicitar máis información na mesma praza sobre a iniciativa, que será impartida polo cociñeiro José Luis Iglesias. Explicaba onte na presentación da actividade que «a finalidade máis importante é fidelizar aos próximos consumidores, que vexan que na praza vos produtos teñen nome e apelidos, que aquí se dá calidade, servizo e amabilidade».
Igrexas defendeu a calidade do produto que se vende na praza, que se rendibiliza na cociña polo seu rendemento superior. O curso será nas catro xornadas de 17 a 19 horas, e o responsable do restaurante Cabanas prometeu que os participantes «van a pasalo ben, será moi dinámico»: haberá unha cociña instalada nun dos postos para as clases.
Un ano de asociación
O acto de presentación contou coa presenza de Miguel Rodríguez, presidente da Asociación Praza de Abastos de Lalín, así como co tesoureiro Marcos Gutiérrez, xunto coa concelleira María José Batán.
A edila quixo destacar que o colectivo acaba de cumprir o seu primeiro ano de existencia, con varios obxectivos cumpridos. Apuntou desta forma a consolidación de Hortiña dá praza, a creación dunha imaxe corporativa da asociación, e as campañas promocionais desenvolvidas, en colaboración coa federación de prazas, Comercio e co propio Concello. Aludiu tamén á compra conxunta de embalaxes e bolsas ou negociación con provedores para lograr prezos máis competitivos..
Todo iso, concluíu, co obxectivo de afianzar e fidelizar a clientela, así como incrementala. Referiuse a novos proxectos solicitados á Dirección Xeral de Comercio, para unha praza pequena ?13 postos? pero única por abrir as súas portas tamén en horario de tarde.
Fonte: La Voz de Galicia (Deza e Tabeirós)
Máis informaciónA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o presidente da Federación, José María Seijas, presentan un novo acordo ao que se destina medio millón de euros
Poténciase así o traballo de apoio ao comercio de proximidade que desenvolve a Federación
A través do servizo de asesoramento da entidade achégase información sobre as posibilidades de negocio e os pasos necesarios a dar para abrir novos establecementos
Apóiase a posta en marcha de campañas de promoción do consumo nas vilas galegas, así como a actualización e difusión do portal de comercio electrónico http://www.comerciogalicia.es/
Santiago, 5 de agosto de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentaron esta mañá o novo acordo de colaboración mediante o cal a Xunta de Galicia, no seu impulso ao comercio galego como unha das actividades fundamentais para a reactivación económica, cooperará un ano máis coa Federación Galega de Comercio co obxectivo de desenvolver diversas actuacións encamiñadas á dinamización comercial das vilas galegas.
Este acordo de colaboración, para o cal o Goberno galego destina 450.000 euros e a Federación 50.000 euros, permite, entre outros aspectos, o mantemento do servizo da Federación para asesoramento e información aos comerciantes, no que este ano destaca, como novidade, o fomento do emprendemento. Así, a través deste gabinete de asistencia facilítase información sobre as posibilidades de negocio e os pasos necesarios a dar para abrir novos establecementos, fomentándose deste xeito o emprendemento no ámbito comercial.
Por outra banda, o convenio favorece a posta en marcha de distintas campañas de promoción e de dinamización do consumo nas vilas galegas, ao tempo que continuará impulsando o portal do comercio electrónico, http://www.comerciogalicia.es/, unha plataforma posta en marcha en colaboración coa Federación e que permite que os establecementos de proximidade galegos combinen a súa actividade tradicional coa venda a través de internet nun escaparate conxunto.
Deste xeito, refórzase a aposta da Consellería de Economía e Industria polo venda on line, complementando ao programa para o fomento do comercio electrónico e a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación, que suma 500.000 euros para facilitar unha mellor atención ao público que repercute directamente nas vendas dos comerciantes.
Ambas actuacións enmárcase dentro da estratexia de impulso ao sector que desenvolve o Goberno galego, á que no que vai de ano se levan destinado 8,5 millóns de euros para impulsar o comercio de proximidade e a incentivación de vendas.
Nesta estratexia ten tamén especial importancia o impulso ao asociacionismo comercial, coa recente resolución de axudas por preto de 2 millóns de euros para o desenvolvemento de máis de 200 accións de dinamización nos centros comerciais abertos e as asociacións das prazas de abastos, ou a convocatoria de axudas por máis de 1,2 millóns de euros para apoiar o labor que desenvolven as federacións de comerciantes e asociacións de ámbito superior ao municipal.
Máis información
Santiago, 31 de xullo de 2013.- A Consellería de Economía e Industria apoia a posta en marcha de máis de 200 accións de impulso ao comercio de proximidade con preto de 2 millóns de euros en apoios para as asociacións de comerciantes das prazas de abastos e os centros comerciais abertos. Así o sinalou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que presentou hoxe en rolda de prensa a resolución destas axudas, da cal se benefician 47 centros comerciais abertos e 23 asociacións de mercados galegos.
Vázquez Abeal, que estivo acompañada polos presidentes de dúas das asociacións beneficiarias, José Manuel Bello, de Compostela Monumental, e José María Fernández, de Santiago Centro, sinalou que con este programa de axudas, cuxa resolución se publicará en próximas datas no Diario Oficial de Galicia, se potencian dúas figuras clave para o pequeno comercio galego, a través de actuacións que permitirán atraer nova clientela e mellorar os servizos que ofrecen.
Así, 47 centros comerciais abertos obtiveron apoios para máis de 150 actuacións entre as que se inclúen campañas de dinamización, sistemas de fidelización de clientes ou sinalización comercial, mentres que 23 asociacións das prazas de abastos obteñen axudas para unha cincuentena de actuacións, entre as que se inclúen tamén campañas de dinamización e melloras en instalacións e equipamentos. Tanto no caso dos centros comerciais abertos como no das prazas de abastos se potencia tamén a xestión, con apoios para o funcionamento das súas unidades xerenciais.
As axudas para cada centro comercial aberto poden chegar ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos nos que están situados e do número de establecementos asociados. No caso das asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, sendo a subvención máxima de 9.800 euros.
O programa para centros comerciais abertos e prazas de abastos enmárcase na estratexia da Xunta para impulsar a mellora competitiva do comercio de proximidade como un importante elemento dinamizador das vilas e cidades galegas e un sector de relevancia para a súa reactivación económica. Dentro desta estratexia lévanse activado ao longo deste ano axudas un total de máis de 8 millóns de euros en axudas para impulsar o asociacionismo comercial, fomentar a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e apoiar aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais, un programa no que tamén se presta unha especial atención ás prazas de abastos. Estas xogan un papel central no comercio de proximidade, e tal e como salientou Vázquez Abeal, a Consellería de Economía e Industria aposta por consolidalas como referentes na venda de produto fresco e de calidade, apostando por prazas onde se leve a cabo unha venda moderna, con servizos, diversidade e excelencia, ao tempo que se dá resposta ás novas demandas dos consumidores.
Máis información
En Os Pendellos arranca hoy la actividad en torno a 16 oficios tradicionales, aderezado con múltiples actividades
En Agolada haberá hoxe unha maridaxe entre oficios tradicionais, música e gastronomía na xornada inaugural da segunda edición de Corazón de Artesanía. Os Pendellos converterase ata o domingo en centro neurálxico do quefacer de medio centenar de creadores que representan a dezaseis oficios tradicionais, dende a xoiaría á forxa, a cantería ou a elaboración de zocos, entre outros.
A apertura dos postos será ás 11.00 horas, mentres a inauguración oficial terá lugar ás 13.00 horas. Este primeiro día está programado un encontro en torno ás emocións e o oficio arredor do granito en Galicia, visto dende unha perspectiva multidisciplinar. A nivel fotográfico con Vari Caramés, mentres que o aspecto construtivo e estético queda en mans do arquitecto Andrés Patiño, o histórico en Pablo Cobas e o de restauración en Juan María García Otero, director da revista Restauro.
No campo gastronómico celebraranse distintas catas de produtos con denominación de orixe, dende queixos a viño ou augardente. Ás 12.00 horas presentarase o proxecto Regal Gourmet.
Para os amantes da música haberá senllos concertos. Ás 21.30 horas actuará en acústico o dúo formado por Mónica de Nut e Virxilio dá Silva. Presentarán unha proposta que aposta polo jazz contemporáneo que fusiona tradición galega, música de raíz, música electrónica e clásica. Mentres, ás 23.00 horas será o dúo Fernández e Quinta, integrado polo zanfonista Óscar Fernández e o acordeonista lalinense Carlos Quintá os que reinterpreten músicas tradicionais galegas, sumando composicións orixinais e temas adaptados doutras culturas europeas.
A proposta de Corazón de Artesanía, ademais das demostracións en vivo dos distintos oficios tradicionais e a venda de pezas, incluirá degustación e comercialización de produtos gastronómicos. Haberá unha trintena de participantes sobre todo das denominacións de orixe galegas. E non faltarán exposicións de interese, como unha de instrumentos musicais tradicionais galegos comisariada por Manuel González.
Para os máis pequenos promóvense talleres de elaboración de seda e de papel, entre as 17.00 e as 20.30 horas.
Fará dous showcookings nos pendellos de agolada, este domingo, ás 13.30 e 15.00
Héctor López cociña no Restaurante España de Lugo. O próximo domingo estará nos pendellos de agolada, en plena mostra de artesanía este fin de semana, para deleitar aos asistentes con dous showcookings nos que mostrará a súa cociña. Fará as súas demostracións no encontro Corazón dá Artesanía, este domingo, ás 13.30 e ás 15.00. A asistencia é gratuíta, pero é necesario inscribirse no teléfono 881 999 173.
-¿Como naceu a súa vocación de cociñeiro? Vostede ía para veterinario, non é así?
-Estiven toda a miña vida en contacto coa cociña dende o negocio familiar, é algo moi presente na miña vida dende sempre Mis pais tiñan un restaurante no Club Fluvial de Lugo ao que iamos os veráns, e eu, cando me cansaba de xogar, seguía xogando, pero na cociña. Nunca mo formulara como futuro laboral, pero, no mesmo ano en que me matriculei en primeiro de Veterinaria asistín a unhas xornadas no Restaurante España con Tomás Urrialde, que é un gran cociñeiro de Casa Cándido, en Segovia, e me enganchou.
- ¿E cal é a súa aposta como cociñeiro no seu traballo no Restaurante España?
-Nós facemos unha cociña galega moi posta ao día": que quen coma cos ollos pechados sexa consciente de que está a comer en Galicia. Por "posta ao día" quero dicir que se aproveitan ao máximo as novas tecnoloxías, e posibilidades como sacar o peixe xusto no seu punto.
-¿Con que fará as delicias das persoas asistentes aos showcookings?
-Teño intención de facer varios pratos: un tataki de tenreira, de loura galega, da que a maior produción está en Lugo; despois, unhas fabas de Lourenzá con bonito de Burela, que está agora mesmo no mejorcito da súa época; tamén lombo de sardiña con maionesa de carbón; e presentaremos unha empanada de berberechos con pan de broa cunha particularidade: presentámola en lata.
-¿Con que tipo de produtos lle gusta traballar?
-Galegos de tempada, e me entantan a caza e os cogomelos.
-¿En que medida significa unha oportunidade poder estar nos pendellos de agolada, en "Corazón dá Artesanía"?
-todo o que sexa darse a coñecer sempre gusta, pero ademais, nesta ocasión non é o mesmo que nun artigo ou recensión de revista, senón que temos a oportunidade de cociñar en directo. Ao poder mostrar o teu traballo diante da xente, esta vai coñecer de primeira man xa non o que digas, senón o que fagas.
Máis información
A Consellería de Economía e Industria vén de dar a coñecer os profesionais escollidos polos clientes como o mellor praceiro ou praceira de cada mercado galego dentro da campaña 'Presume de praceiro/a', que ten por obxectivo poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade.
Os profesionais escollidos a través dos votos dos clientes en cada un dos mercados galegos participantes na campaña, que se desenvolveu entre o 18 de marzo e o 3 de maio, recibirán o vindeiro 1 de xullo unha homenaxe pública na que se dará a coñecer cal deles é o mellor praceiro ou praceira de Galicia, tendo en conta criterios como a antigüidade no posto ou o relevo xeracional.
Durante o desenvolvemento de 'Presume de praceiro/a' os clientes dos mercados de toda Galicia puideron votar polo seu praceiro ou praceira favorita por cada compra realizada. Entre todas as votacións recibidas celebráronse dous sorteos, un, o día 12 de abril e, outro, o 3 de maio, nos que se premiaron en cada praza de abastos tres papeletas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra para impulsar as vendas dos propios mercados.
A iniciativa enmárcase na aposta da Consellería de Economía e Industria por potenciar as prazas de abastos, apostando por mercados onde se leve a cabo unha venda moderna con servizos, diversidade e excelencia capaz de conservar a tradición de compra ao tempo que se dá resposta ás novas necesidades dos consumidores.
Coa campaña 'Presume de praceiro/a' quérese recoñecer aos praceiros e praceiras, destacando a súa profesionalidade, consello e asesoramento, e premiando tanto a clientes como a comerciantes. Ao mesmo tempo, ponse de relevo a importancia dos mercados e prazas de abastos como pezas clave da estrutura comercial e dinamizadores das vilas e cidades galegas, así como escaparates do produto galego para visitantes e turistas.
Neste enlace poderá consultar os praceiros gañadores do ano 2013:
http://portaldocomerciante.xunta.es/index.php/gl/articulo/mellores-praceiros-2013
O programa, dotado con 440.000 euros, contribúe á mellora competitiva do pequeno comercio a través da incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación e o fomento do comercio electrónico
Financiarase ata o 75% do custe das actuacións, entre as que destacan a adquisición de equipamento tecnolóxico e a creación de páxinas web
No que vai de ano, o Goberno galego leva activado programas por máis de 8 millóns de euros para potenciar o comercio de proximidade e a incentivación das vendas
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioCA04-120613-0002_gl.html
O Plan de Fomento das Exportacións Galegas suma este ano 2 millóns de euros para facilitar a saída das empresas a mercados internacionais.
Inclúense 84 actuacións nas que se prevé a participación de 700 pequenas e medianas empresas.
Apóiase a posta en marcha de misións empresariais en mercados de interese, así como a acollida de misións de países que visitan a nosa Comunidade e a participación de empresas galegas en grandes feiras internacionais.
A iniciativa inclúese na aposta da Xunta pola internacionalización como clave para reactivar a economía galega.
A Xunta cubrirá o 100% do custe das revisións obrigatorias ás que teñen que someterse as básculas dos praceiros dos mercados de abastos galegos, segundo avanzou hoxe a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, durante unha visita ao Mercado de San Agustín. Vázquez Abeal subliñou que a iniciativa da Consellería de Economía e Industria responde á estratexia de especial apoio á revitalización dos mercados de abastos galegos.
“A Xunta está a realizar un importante esforzo en momentos de austeridade para dinamizar as prazas”, subliñou Vázquez Abeal. Das axudas para sufragar os controis, que teñen como obxectivo garantir a protección do consumidor e incrementar a calidade e a competitividade das prazas de abastos, beneficiaranse todas as praceiras dos mercados de titularidade municipal, que usen as súas básculas para a pesa de alimentos destinados ao consumidor.
O respaldo da Xunta responde ao especial esforzo que está a facer o goberno galego para apoiar aos praceiros. Neste senso, a Consellería de Economía e Industria ven de convocar dúas liñas de axudas que terán un importante impacto positivo nos mercados de abastos. A primeira delas suporá un investimento de 4,5 millóns de euros, destinados a apoiar aos concellos galegos na posta en marcha de actuacións para mellorar a competitividade do comercio de proximidade, especialmente as prazas de abastos. E a segunda recolle axudas de 2,2 millóns de euros para as asociacións de comerciantes, destinada á dinamización das prazas de abastos e dos centros comerciais abertos.
Esta orde diríxese ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, de ámbito superior ao municipal ou federacións, que desenvolvan actuacións de incentivación da demanda comercial, a través de fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal, dando así resposta ao contido do Plan Ágora, Agora Re-comercia 2010-2013.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130524/AnuncioCA04-160513-0002_gl.html
O actual escenario de crise económica que afecta tamén os concellos obriga a impulsar medidas relativas á xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles, co obxecto de poder continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades, polo que resulta preciso minimizar custos e xestionar de forma compartida para actuacións públicas.
Neste senso, a Consellería de Economía e Industria con esta convocatoria dará cumprimento ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013 polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
Polo tanto, resulta oportuno establecer unha liña de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e as corporacións locais para posibilitar medidas e actuacións que sirvan para a mellora dos espazos comerciais urbanos, a modernización da estrutura comercial en municipios tipificados como rurais, a adecuación dos espazos do comercio non sedentario e, especialmente, a potenciación dos mercados municipais para acadar un modelo de calidade baseado nos principios de accesibilidade, sustentabilidade ambiental, organización e xestión de servizos, en definitiva, unha rede galega de mercados de abastos excelentes.
Para a concesión destas subvencións destínase un crédito de 4.500.00,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751-A 761.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta aplicación orzamentaria está cofinanciada nun 80 % para o exercicio 2013 polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 08, actuación 08.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130508/AnuncioCA04-020513-0001_gl.html
Mediante a Orde do 11 de xuño de 2012 convocáronse seis bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio coa finalidade de que as persoas que tivesen unha titulación universitaria de segundo ciclo ou grao superior complementasen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permitise afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.
Abórdase a necesidade de dar continuidade a esta actuación formativa, desde una dobre perspectiva. Por un lado, consolidar este mecanismo como un sistema eficaz de formación previo ao acceso á vida laboral. Por outra banda, neste contexto de crise económica, permitir aos/ás mozos e mozas con titulación universitaria de segundo ciclo ou grao superior obter unha formación practica no campo da actividade comercial que lles permita un mellor acceso ao mercado laboral.
Neste senso, por medio desta orde establécense as bases da convocatoria de catro bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio para o ano 2013 co mesmo ámbito subxectivo de aplicación que a de 2012.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130508/AnuncioCA04-300413-0002_gl.html
O obxectivo é aumentar a súa competitividad, os seus servizos e atraer a máis clientes. Se fomentarán as campañas que impliquen beneficios para familias numerosas
A Xunta destinará este ano 2,2 millóns de euros á liña de axudas específica para os centros comerciais abertos e as prazas de abastos galegas, unha cantidade que é un 10% superior á reservada para este fin o ano anterior. O obxectivo das subvencións é, segundo a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, mellorar a súa competitividade e servizo e atraer clientes. En roda de prensa, Vázquez Abeal sinalou que os obxectivos son «aumentar a capacidade competitiva de máis de 5.000 comerciantes que traballan nos centros comerciais abertos e nos mercados» galegos.
O ano pasado, cando a liña de axudas estivo dotada con 2 millóns de euros, lograron axudas un total de 52 centros comerciais abertos e 24 asociacións de prazas de abastos de Galicia. En total, consumíronse 1,96 millóns de euros. Deste xeito, leváronse a cabo máis de 300 actuacións de dinamización comercial. Por provincias, na Coruña recibiron subvencións 14 centros comerciais abertos; en Lugo foron seis e unha praza de abastos; en Orense, sete centros e unha praza; e en Pontevedra, 25 centros comerciais abertos e 22 prazas de abastos. A orde de axudas publícase este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o prazo para solicitalas estará aberto desde este martes ata o 22 de maio, indicou Vázquez Abeal, que indicou que as actuacións subvencionables son as que aumentan a dinamización comercial, os sistemas de fidelización, a sinalización comercial externa para ter imaxe homoxénea entre os comercios ou a potenciación de unidades xerenciais profesionalizadas.
Nas prazas de abastos tamén cóbrense gastos para instalacións e equipamiento. Entre os criterios para a concesión das axudas inclúense este ano dúas novidades. Unha delas consiste en primar a autofinanciación destas estruturas asociativas, coa promoción do asociacionismo e captación de novos socios; e outra é o fomento da realización de campañas que impliquen beneficios para familias numerosas. Tamén se terá en conta o grado de implicación dos comerciantes nos proxectos, o respecto a política ambiental, ou as iniciativas que sexan máis novedosas ou que nunca se levaron a cabo.
En canto aos importes, a directora xeral sinalou que, no caso dos centros comerciais abertos, varían en función da poboación dos concellos e do número de establecementos asociados. Deste xeito, o investimento pode chegar ata os 57.150 euros e o apoio da Xunta podería chegar aos 40.000 euros. A porcentaxe de subvención será de entre o 70% e o 80%. Para as prazas de abastos a porcentaxe de subvecinón é do 70% e os investimentos máximos son de 14.000 euros. Neste caso, o apoio do Goberno galego podería ser de ata 9.800 euros. Vázquez Abeal destacou que nos últimos catro anos destináronse 10 millóns de euros a axudas deste tipo, coas que a Xunta aspira á modernización do comercio nas cidades e as vilas e a que ofreza un servizo de calidade.
Máis información
O Goberno galego incrementa un 10% as axudas dentro da estratexia de impulso e protección do comercio de proximidade
Os apoios máximos poden chegar ata os 40.000 euros no caso dos centros comerciais abertos e ata 9.800 para as asociacións das prazas de abastos
Entre as actuacións subvencionables atópanse a renovación de equipamentos, o desenvolvemento de campañas de dinamización ou a posta en marcha de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes
A Xunta de Galicia pon en marcha este ano unha nova convocatoria de axudas ás asociacións de comerciantes. O programa, do que se informou hoxe ao consello da Xunta, está dotado con 2,2 millóns de euros, o que supón un incremento do 10% con respecto ao exercicio anterior, permitindo a dinamización dos centros comerciais abertos e das prazas de abastos galegas e beneficiando a máis de 5.000 pequenos comercios integrados nos mesmos.
Esta liña de axudas, que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia, forma parte da estratexia comercial do Goberno galego, centrada no impulso e protección do comercio de proximidade, no que o fomento do asociacionismo comercial é un dos eixos principais.
A convocatoria potencia dúas figuras estratéxicas do comercio de proximidade con apoios que, para os centros comerciais abertos, poden chegar ata os 40.000 euros e ir desde o 70% do investimento subvencionable ata o 80%, dependendo da densidade comercial dos concellos nos que están situados. Ademais, este ano prímase de xeito especial o fomento da súa autofinanciación, valorando aqueles centros que buscan a súa propia financiación a través da promoción do asociacionismo, a captación de socios e o abono de cotas.
Neste caso, impúlsase a importante actividade de dinamización do pequeno comercio que realizan os centros comercias abertos así como o funcionamento das súas unidades xerenciais. Deste xeito, se poderán solicitar axudas para o desenvolvemento de sistemas de promoción de vendas directas e atracción de consumidores, sinalización comercial, proxectos de creación ou posta en funcionamento de centrais de compras e servizos, a creación de redes de comunicación e a organización de xornadas técnicas e congresos.
No caso das asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9.800 euros. Impúlsase aquí a renovación de instalacións e equipamentos, o desenvolvemento de campañas de dinamización ou a posta en marcha de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes.
Tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de prazas de abastos que soliciten a axuda deberán presentar un informe dos seus proxectos de dinamización elaborado pola Mesa Local de Comercio do seu respectivo concello. Estes organismos, que están en marcha en toda a xeografía galega trala súa creación na Lei do Comercio Interior de Galicia, son foros de participación do sector no ámbito local e serven para coordinar o traballo das asociacións coas administracións.
A través deste programa de axudas o Goberno galego leva investidos nos últimos catros anos máis de 10 millóns de euros no impulso do comercio de proximidade, apoiando a actividade comercial como elemento dinamizador das vilas e cidades galegas. Deste xeito, os 52 centros comercias abertos de Galicia, e máis de 24 prazas de abastos, téñense beneficiado desta liña que, so no último ano, facilitoulles o desenvolvemento de máis de 300 actuacións de dinamización comercial.
Así mesmo, e dentro da estratexia integral de apoio aos mercados galegos que está a desenvolver a Consellería de Economía e Industria inclúense, ademais deste programa de axudas, iniciativas como as campañas “Este inverno presume de praceiro/a”, orientada á posta en valor do traballo destes profesionais, ou “A semana do teu comercio”, que pretende realizar o labor dos CCAs destacando a importancia dos comercios máis lonxevos.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, defende a Lei de emprendemento como unha "ferramenta clave" para "revitalizar" o comercio galego.
Conde analizou a futura normativa co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e outros representantes da entidade, nunha reunión que se enmarca dentro da ronda de contactos para alcanzar o máximo consenso posible no texto final da lei.
Ademáis, o titular de Economía destacou, segundo informa a Xunta, a "vocación empregadora" da nova lei e fixo especial referencia a que o texto proxecta alcanzar a cifra de 130.000 emprendedores en catro anos, moitos deles comerciantes.
O anteproxecto da norma, segundo explica a Xunta, inclúe a movilización de 15 millóns de euros en axudas destinadas a capital de risco e microcréditos, estes últimos de "importancia clave" para o nacemento de novas iniciativas comerciais.
A Xunta resaltou que estará presente no apoio aos novos comerciantes "desde o primeiro momento". Segundo matiza, a lei recolle o asesoramento en todas as fases do negocio: a formación de emprendedores, a elaboración dos seus plans de negocio, o proceso de maduración das novas sociedades e a a venta internacional.
Así, Conde resaltou a importancia de que "ningunha boa idea debe deixar de convertirse nun proxecto viable por falta de apoio" e trasladou aos representantes da Federación Galega de Comercio o respaldo da consellería para a creación dunha nova xeración de comerciantes galegos.
Fonte: Europa Press
Máis informaciónSerá entregado persoalmente, polo seu titular, María Sol Vázquez Abeal, nun acto que forma parte da campaña 'A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia', que promove a Consellería de Economía e industrial. A empresa barquense é a socia máis antiga do Centro Comercial Aberto.
Fonte: La Región (Orense)
Máis informaciónPresume de praceira e praceiro tamén en Facebook
Envíanos unha fotografía onde saias coa túa praceira ou praceiro favorito imitando o cartel da campaña a cei.dxc.prazas@xunta.es autorizándonos a publicala nas redes sociais.
Colgaremos as fotos recibidas no facebook da redic (es-es.facebook.com/portaldocomerciante) e as seis que reciban máis "me gusta" gañarán cheques de compra para mercar nos nosos mercados e prazas de abastos de Galicia.
Participa, e presume de praceiro tamén no facebook!!!.
Máis información
GALICIA. -Santiago acollerá este xoves a segunda edición de programa ' ¿Vendes en Internet? ' para pemes do téxtil e calzado.
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 (EUROPA PRESS) Este xoves, 21 de marzo, ás 10.00 horas, no Centro Demostrador TIC de Galicia, en Santiago de Compostela, terá lugar a sesión formativa da segunda edición do programa ' ¿Vendes en Internet? ' destinado a formar as pemes do sector téxtil e de calzado en comercio electrónico.
Trátase dunha iniciativa impulsada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, en colaboración coa Xunta de Galicia, co obxectivo de apoiar ás pemes e autónomos no uso do comercio electrónico como novo canle de venda.
Estas actuacións contan coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio Interior e a Dirección Xeral de Industria, segundo explica a organización.
A formación, que é gratuíta, ten un enfoque sectorial e está dirixida ás empresas do sector téxtil e de calzado que queiran iniciarse na venda por Internet. No taller, de oito horas de duración, está previsto abordar os diferentes aspectos a ter en conta para o establecemento dunha tenda online, como o modelo de negocio, plan de mercadotecnia, loxística, medios de pagamento, aspectos legais e plataformas de e-commerce.
Os interesados poden inscribirse a través do formulario online dispoñible na web www.vendeseninternet.es, que inclúe, ademais da información relativa aos talleres, contidos formativos sobre distintas temáticas do comercio electrónico, un catálogo de provedores e produtos tecnolóxicos, información sobre o sector, estudos e casos de éxito.
VIDEOCONFERENCIA A formación tamén poderá seguirse de forma simultánea por videoconferncia dende as aulas dos centros CeMIT da Coruña, Pontedeume, Padrón, Ortigueira, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Celanova.
Os autónomos e pemes que asistan a esta sesión formativa poderán optar tamén, sen custo ningún, a un servizo de asesoramento personalizado de 40 horas de duración por empresa (presencial e telemático), que se desenvolverá para un total de 100 empresas, para o lanzamento e potenciación da súa tenda virtual.
Adicionalmente, a través do portal do programa (www.vendeseninternet.es) ou enviando un correo electrónico a asesoramiento@vendeseninternet.es, calquera empresa pode acceder ao servizo de asesoramento online, independentemente do sector ao que pertenza.
As redeiras de Malpica e Corme (Ponteceso) poñen á venda os seus propios traballos e outros produtos de nove talleres artesanais inscritos no rexistro de Artesanía de Galicia onde se inclúe todo tipo de oficios tradicionais. A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitaron onte os novos puntos de venda instalados nos portos das dúas localidades. Esta iniciativa forma parte do programa Enredadas. Cultura e oficio dás redeiras promovido pola Xunta para recuperar e poñer en valor estes traballos artesanais con cursos de formación para redeiras.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Máis información© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia