10 Setembro, 2012
"Os afectados das preferentes non pechan a vía xudicial ao pedir o arbitraxe"
María Jesús Muñoz. Xerente do Instituto Galego de Consumo
"Se ao cliente non lle gusta a oferta de NCG, pode declinar ir á vista"

Dezaseis mil dos 43.000 afectados pola venda de preferentes de NCG Banco solicitaron o artitraje da Xunta. A entidade financeira aceptou resolver por esta vía, coa intención de reintegrar o diñeiro, ata o momento 1.100 casos, e xa hai dictados 530 laudos, que obrigaron a Novagalicia a devolver 15,5 millóns de euros, o 1,7% dos 910 millóns comercializados pola entidade galega.
A xerente do Instituto Galego de Consumo, María José Muñoz, anima aos afectados a solicitar a vía do arbitraxe porque "non perden nada", xa que só coa petición non se pecha a vía xudicial, e pode suceder que o banco acepte o seu caso e estea diposto ao rembolso do diñeiro. NCG xa advertira de que non accederá a todas as reclamacións.
O arbitraxe presentouse como unha solución para os casos de preferentes onde houbo unha evidente mala comercialización deste produto. Como e quen decide que houbo unha mala comercialización?
O arbitraje é un sistema voluntario que teñen que aceptar as dúas partes. Neste caso, hai un cliente que considera que foi enganado, que houbo unha mala comercialización e solicita o arbitraxe. E polo outro lado, está a empresa que acepta o arbitraxe. Non é a Xunta a que decide se hai mala práctica.
Coñece os criterios que utiliza NCG Banco para aceptar os casos?
Non o sabemos.
O arbitraxe é como un xuízo, pero ...
O arbitraxe é unha vía extrajudicial para resolver un litixio entre un consumidor e unha empresa. Unha vez que as partes están de acordo convócaselles a unha vista, que é a porta pechada. E hai un árbitro, que na vía xudicial é o xuíz. As partes alegan ante o árbitro, separadamente da documentación que entreguen por escrito, e o árbitro pode facer preguntas. Unha vez que se celebra a audiencia, o árbitro emite un laudo que ten o mesmo valor que unha sentenza xudicial firme. Significa que non se pode recorrer.
As partes, no caso das preferentes, están levando aos seus avogados?
Non é necesario ir acompañado de avogado ou procurador. Ata podes non ir á vista, e esta celébrase igual, pero antes aceptaches o arbitraxe. Unha das vantaxes do arbitraxe, ademais da súa rapidez, é que non ten custo. Nun xuízo, tes que pagar ao avogado e ao procurador, e se perdes, pagas as costas. Nas vistas celebradas ata agora, case o 99% dos clientes das preferentes acoden sen avogado.
E NCG Banco?
Acode co seu avogado que defende o caso ata o final. Mandan alegacións por escrito e na vista presentan alegacións.
Sabemos que xa hai 530 laudos, todos a favor do cliente, pero NCG Banco rexeitou ata o momento algunha solicitude?
Ata agora non. E se o fai a nosa obriga é informar ao cliente de que a súa solicitude foi denegada.
Visto que en todas as solicitudes de arbitraxe contestadas ata agora, a entidade mostrouse disposta a devolver o diñeiro, cabe supoñer que os laudos que quedan por dictar serán tamén favorables ao cliente?
Os árbitros son independentes e soberanos. Ata agora todos os laudos foron a favor do cliente e non do banco. É o único que podo dicir. O normal é que o árbitro non dicte en contra do que pacten as dúas partes. O cliente pide o arbitraxe e o banco cando responde que si xa fixa as súas condicións, e si o cliente acepta estas condicións, entón celébrase a vista.
E cales están sendo estas condicións por parte de NCG Banco?
Ofrécese a devolver o 100% do valor nominal do investimento en preferentes ou subordinadas cun axuste dos intereses que cobraran, adaptándoos aos intereses dun prazo fixo.
O arbitraje segue suscitando receos entre os afectados, aínda que as peticións creceron ...
Creo que os receos débense ao descoñecemento do sistema de arbitraje de consumo. E as persoas que supuestamente foron enganadas volvéronse máis desconfiadas. En todo caso, eu dígolles a todos os afectados que o feito de facer a solicitude non pecha a vía xudicial. Nós trasladamos a solicitude á entidade, e a entidade si acepta faio cuns condicionantes e llos traslamos de novo ao cliente, e si este finalmente rexeita as condicións e ir á vista, non hai arbitraje e entón pode acudir á vía xudicial. A vía xudicial péchase cando o cliente asina que vai ir á vista de arbitraje, non cando solicita o arbitraje. Non perden nada por facer a petición. "Axiña que o banco acepta o arbitraxe, chamamos ao cliente"
Desde as plataformas de afectados denunciáronse casos de enchufismos, cal son o criterios para chamar aos afectados e celebrar as vistas?
Cando NCG Banco acepta o arbitraxe, chamamos ao cliente, pero pode suceder que tardemos en localizalo ou que esa persoa o pense uns días antes de aceptar ir ao arbitraxe e por iso sucede que outra persoa que entregou a súa solicitude máis tarde ve como se celebra a súa vista antes. Seguimos unha rigorosa orde de chegada.
Para atender os casos de preferentes, eleváronse a 23 os ábitros e os sindicatos cuestionaron a súa formación académica ...
Todos os árbitros son licenciados en Dereito, como esixe a normativa, e previamente reciben un curso de formación dunha semana mínimo.
Fonte: Faro de Vigo