Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 21 Novembro, 2018
    A Xunta impulsa a modernización do comercio de proximidade con achegas de máis de 330.000 euros na provincia
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria achegou máis de 330.000 euros en axudas entre 72 comerciantes da provincia para a modernización e dixitalización das súas empresas e para medidas de expansión comercial. Este montante supón o 50 por cento do investimento subvencionable. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu a coñecer hoxe estes datos durante a visita a varios establecementos de Sarria, municipio no que hai 15 comercios beneficiarios que reciben unha contía global de preto de 32.000 euros. Balseiro sinalou que os comerciantes lucenses demostraron nesta convocatoria un notable interese por incorporar a venda en liña, mellorando a súa presencia na internet. “Os empresarios están a realizar un importante esforzo de modernización e adaptación para poder competir no novo modelo de mercado -afirmou-, e a Xunta respalda ese esforzo para garantir o futuro do comercio de proximidade, que é a alma das nosas vilas e cidades”. O delegado detallou que as axudas atenderon a un ou varios conceptos segundo o solicitado polos comerciantes, que nun bo número de casos sumaron apoios para distintas actuacións. En xeral, o 75 por cento das solicitudes están orientadas a mellorar a presencia na internet e as ferramentas de xestión. Así, entre as medidas máis demandadas figuran 25 proxectos de implantación ou actualización de páxinas web e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos, e 26 proxectos para a implantación de ferramentas como sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa. Tamén se impulsan catro proxectos de deseño e implantación de packaging para a venda en liña, e dous para novas fórmulas de comercialización. Ademáis, 25 solicitantes engadiron os servizos de xestión de redes sociais; neste caso, a axuda da Xunta consiste nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Por último, 15 solicitantes reciben achegas para a modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo. Sufraganse obras como a reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial, adquisición de moblaxe e equipamento, e mellora da fachada exterior. Máis información
  • 20 Novembro, 2018
    A Xunta suma ás prazas de abastos galegas á campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
    A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentaron hoxe en Sanxenxo a campaña da Xunta con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do Día internacional contra a Eliminación da Violencia de Xénero, á que a partir de agora se adhire a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal). A administración autonómica puxo en valor esta nova adhesión, en tanto a Federación aglutina un total de 13 prazas que constitúen un espazo fundamental de encontro a nivel local e que, polo tanto, suporán unha importante contribución á divulgación da campaña. A través desta colaboración, as prazas disporán de material relacionado coa campaña institucional do 25 de novembro, que ten como mensaxe principal: “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON” Con este lema, a Xunta quere dicirlle NON a todas a formas de violencia de xénero que están recollidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e que se recollen no seu artigo 3: Violencia física, Violencia psicolóxica, Violencia económica, Violencia sexual e abusos sexuais, Acoso sexual, e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. Ademais, a Xunta tamén facilitou á Federación outro material relacionado coa concienciación nesta materia, como trípticos con información coas preguntas máis frecuentes ou consellos relacionados coa seguridade, así como carteis para dar a coñecer a aplicación “AgresionsOFF”. Máis información
  • 15 Novembro, 2018
    A Xunta impulsa a modernización e o asociacionismo do comercio de proximidade con achegas de case 240.000 euros na Mariña
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu apoios na comarca da Mariña por importe de preto de 240.000 euros para impulsar a modernización e o asociacionismo do comercio de proximidade. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, expuxo este dato na presentación dunha campaña para dar visibilidade ao pequeno comercio local organizada pola Federación de Comercio da Mariña. Balseiro gabou o labor da Federación comarcal, “propulsora de iniciativas que amparan a todos os asociados como si, efectivamente, formaran un único proxecto, un gran centro comercial aberto”, afirmou. Na mesma liña, lembrou que a entidade conta co apoio da Xunta “porque compartimos obxectivos” e que recibe financiamento para iniciativas como a que hoxe se presenta, en concreto este ano 33.600 euros. Co mesmo obxectivo, engadiu, a Xunta distribuíu 130.000 euros en apoios para a Asociación de Comerciantes de Ribadeo, a Asociación de Vendedores da Praza de Abastos da mesma localidade, o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro e a Asociación de Comerciantes de Foz. Igualmente, recibiron axudas por importe de 75.000 euros once comercios da Mariña para a realización de obras de modernización ou proxectos de dixitalización e comercialización en liña. O delegado subliñou que o comercio de proximidade “é a alma das nosas vilas e cidades; en torno aos comercios articúlanse espazos de ocio e de reunión que son un polo de atracción para veciños e visitantes”. Neste sentido, destacou o importante de esforzo de modernización e adaptación que están a facer os comerciantes para poder competir no novo modelo de mercado. Balseiro detallou que as axudas da Xunta para os once proxectos de mellora promovidos polos comerciantes mariñáns supoñen o 50 por cento do investimento subvencionable que declararon. “Os empresarios demostran un notable interese por incorporar a comercialización online, mellorando a súa presencia na internet e as ferramentas de xestión”, manifestou. Apoios por varios conceptos As axudas poden atender a máis dun concepto. Así, a práctica totalidade dos beneficiarios demandan a implantación ou actualización de páxinas web e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos, e catro solicitantes engaden proxectos para a implantación de ferramentas como sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa. As achegas da Xunta tamén impulsan un proxecto de deseño e implantación de packaging para a venda en liña, outro para novas fórmulas de comercialización, e un terceiro beneficiario solicita os servizos de xestión de redes sociais; neste caso, a axuda da Xunta consiste nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Por último, dous solicitantes reciben achegas para a modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo. Sufráganse obras como a reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial, adquisición de moblaxe e equipamento, e mellora da fachada exterior. Máis información
  • 09 Novembro, 2018
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou na inauguración da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funergal), en cuxa décima edición participan 111 exposi
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe na inauguración da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funergal) o importante papel que desenvolve Expourense na dinamización económica da provincia. Na súa intervención, Vázquez Abeal sinalou que o recinto é capaz de congregar a miles de persoas cada ano en eventos de relevancia internacional. Así, na décima edición de Funergal, que se celebra hoxe e mañá, participan 111 expositores de 14 países. No marco de Funergal, ponse en marcha unha misión comercial inversa que trae a feira a importadores de Brasil, Colombia e Guatemala, países en pleno proceso de modernización do sector e que teñen ás empresas galegas e españolas como referentes. A directora xeral de Comercio e Consumo lembrou que, co obxectivo de continuar a impulsar a actividade feiral ao tempo que se favorece a multifuncionalidade do recinto, a Xunta vai investir preto dun millón de euros en Expourense. Así, a achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria permitirá ampliar o aforo da pista de atletismo hidráulica ata as 1500 persoas coa instalación de novas gradas, o que permitirá acoller competicións de maior prestixio; e incrementar o espazo expositivo en 400 m2, de forma que se poidan celebrar de xeito simultáneo no tempo actuacións deportivas e de carácter feiral. As obras, que se prevén executar este ano, realizaranse mediante un convenio de colaboración con Expourense. Este acordo tamén comprende melloras na eficiencia enerxética do edificio, así como a instalación de diverso equipamento de imaxe e proxección. Máis información
  • 08 Novembro, 2018
    A Xunta destaca en Ourense a aposta do comercio de proximidade polas novas tecnoloxías para chegar a nova clientela
    Comerciantes e artesáns desenvolverán 313 actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña. Así mesmo, poñeranse en marcha 63 iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Doutra banda, activaranse 144 proxectos de ferramentas de xestión, e modernizaranse 112 locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, máis de 100 comercios contan co asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. Máis información
  • 07 Novembro, 2018
    A Xunta apoia con 80.000 euros o labor que desenvolven as asociacións de comerciantes da zona sur de Lugo no impulso á competitividade do sector
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por 80.000 euros ás asociacións de comerciantes de Monforte de Lemos e Chantada para o desenvolvemento dunha vintena de accións de dinamización comercial. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha reunión de traballo en Monforte coa presidenta e o xerente do Centro Comercial Urbano, María José Senra e Ángel Folgueira respectivamente. Posteriormente desprazouse a Chantada, onde se reuniu con Néstor Quiroga, presidente do Centro Comercial Aberto, e a xerente Leticia Díaz. O obxectivo das xuntanzas foi coñecer o tipo de accións que desenvolven ambas entidades ao abeiro desta liña de axudas, que son de carácter anual; as actividades “benefician ás 300 empresas asociadas e ao conxunto dos veciños e veciñas, que son os destinatarios finais das campañas que se levan a cabo”, afirmou Balseiro. Así, o comercio de proximidade organiza en ambas localidades feiras de oportunidades, accións de fidelización e actividades de fomento das vendas en datas puntuais como o Nadal. Igualmente, axudan a mellorar a sinalización comercial e a formación dos empresarios do sector. Ademais, contribúen á dinamización social do entorno, ofrecendo oportunidades para o tempo de lecer. A modo de exemplo, a asociación chantadina organizou nos últimos meses a campaña Peque Chef para os nenos e nenas, e a de Monforte instalou temporalmente un rocódromo e unha tirolina. Balseiro sinalou que o respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, na procura de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado, impulsar o smart commerce e o comercio electrónico, e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Neste sentido, este programa de achegas contribúe a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico fomentandoa revitalización dos centros comerciais abertos e a súa adaptación ao contorno, creando espazos confortables e de lecer para realizar compras que xeren polos de atracción comercial nas cidades e vilas. Máis información
  • 06 Novembro, 2018
    A Xunta destaca en Cariño a aposta do comercio de proximidade pola dixitalización para ofrecer novos servizos aos clientes
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe en Cariño (A Coruña) nun networking sobre innovación, renovación e consolidación comercial, celebrado en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a aposta que está a realizar o comercio de proximidade pola dixitalización e o uso das tecnoloxías para ofrecer novos servizos aos clientes e chegar a un maior público. Na xornada, na que se abordou de xeito específico o impacto do novo regulamento europeo de protección de datos no sector, destacando as novidades máis importantes desta normativa, Vázquez Abeal sinalou que a dixitalización é un reto que pode potenciar as fortalezas do pequeno comercio, como son a proximidade, o trato personalizado e a calidade. Neste contexto, a Xunta está a mobilizar este ano máis de 4 millóns de euros na dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais para a implantación de solucións que permitan os beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral de locais. Así, cuns apoios públicos de 1,5 millóns de euros, beneficiaranse destas axudas un total de 471 comercios e obradoiros artesanais. O investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%. Así, comerciantes e artesáns desenvolverán 313 actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña. Así mesmo, poñeranse en marcha 63 iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Doutra banda, activaranse 144 proxectos de ferramentas de xestión, e modernizaranse 112 locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, máis de 100 comercios contan co asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. Máis información
  • 05 Novembro, 2018
    A Xunta destaca en Padrón a importancia de achegar á cidadanía a calidade e a profesionalidade das prazas de abastos galegas
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na entrega de premios da segunda edición do concurso fotográfico Quere o teu mercado a importancia de achegar á cidadanía a calidade e a profesionalidade das prazas de abastos galegas. O certame fotográfico, impulsado pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal), tivo lugar do 20 de abril ao 15 de xullo de 2018, co obxectivo de premiar as mellores imaxes que reflectisen os valores que achegan as prazas de abastos, destacando os produtos frescos, a súa calidade, ou a atención personalizada, entre outros aspectos. A fotografía gañadora, que recibiu un smartphone, foi elixida por un xurado de entre as máis votadas nas redes sociais. O concurso formou parte das actividades organizadas por Fepragal con motivo da campaña internacional Quere o teu mercado, que en Galicia promove cada ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Na última edición, que tivo lugar en maio deste ano, sumáronse á iniciativa un total de 86 prazas e mercados galegos e 3.000 praceiras e praceiros. Máis información
  • 31 Outubro, 2018
    A Xunta destaca en Lugo a aposta do comercio de proximidade pola tecnoloxía para ofrecer novos servizos aos clientes
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe en Lugo nun networking sobre innovación, renovación e consolidación comercial, celebrado en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a aposta que está a realizar o comercio de proximidade polo uso das tecnoloxías para ofrecer novos servizos aos clientes e chegar a un maior público. Na xornada, na que se abordou de xeito específico o impacto do novo regulamento europeo de protección de datos no sector, destacando as novidades máis importantes desta normativa, Vázquez Abeal sinalou que a dixitalización é un reto que pode potenciar as fortalezas do pequeno comercio, como son a proximidade, o trato personalizado e a calidade. Neste contexto, a Xunta está a mobilizar este ano máis de 4 millóns de euros na dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais para a implantación de solucións que permitan os beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral de locais. Así, cuns apoios públicos de 1,5 millóns de euros, beneficiaranse destas axudas un total de 471 comercios e obradoiros artesanais. O investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%. Así, comerciantes e artesáns desenvolverán 313 actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña. Así mesmo, poñeranse en marcha 63 iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Doutra banda, activaranse 144 proxectos de ferramentas de xestión, e modernizaranse 112 locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, máis de 100 comercios contan co asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. Máis información
  • 25 Outubro, 2018
    A Xunta apoia con máis de 260.000 € o labor das asociacións de comerciantes de Vigo no impulso á competitividade do sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron hoxe o mercado vigués de Teis, a cuxa asociación de praceiros a Xunta vén de conceder apoios por 9.800 euros para a posta en marcha de diferentes accións de dinamización co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. En total, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 260.000 euros ás asociacións de comerciantes de Vigo para colaborar no importante labor que desenvolven no impulso á competitividade do comercio de proximidade na cidade. A través dos mesmos a Xunta colabora, ademais de coa asociación de praceiros de Teis e o centro comercial aberto do mesmo barrio, cos centros comerciais abertos do Calvario, Travesas e Príncipe; así como coas asociacións dos mercados das Travesas, do Calvario e do mercado do Progreso. É tamén beneficiaria a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, que ten sede na cidade. Os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros, en función do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso da federación, o apoio, de máis de 43.000 euros, alcanza o 70% do investimento a realizar. As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos. O respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Máis información
  • 23 Outubro, 2018
    A Xunta apoia con 104.000€ a labor que desenvolven asociacións de comercio de Lugo e Sarria no impulso da competitividade do sector
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 104.000 euros ás asociacións locais de comercio das cidades de Lugo e Sarria e á Federación de Comercio da provincia de Lugo para impulsar a competitividade do comercio de proximidade. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu hoxe conta destas axudas acompañado por José María Seijas, presidente da Federación de Comercio de Lugo; José Luis Pérez López, presidente de Lugo Centrum, e Ricardo Arias, da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria- Centro Comercial Urbano (CCU). En concreto, Lugo Centrum recibe unha achega de 33.000 euros e a asociación de comerciantes de Sarria outra de 22.200 euros a través do programa para a dinamización dos centros comerciais abertos. A Federación percibe 49.000 euros, que supoñen o 70% do investimento subvencionable, a través doutra liña de axudas. Os apoios que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa. En conxunto, estas entidades desenvolverán unha quincena de accións co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Balseiro sinalou que o respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, na procura de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado, impulsar o smart commerce e o comercio electrónico, e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Neste sentido, este programa de achegas contribúe a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico fomentando a revitalización dos centros comerciais abertos e a súa adaptación ao contorno, creando espazos confortables e de lecer para realizar compras que xeren polos de atracción comercial nas cidades e vilas. Máis información
  • 22 Outubro, 2018
    O 15 de outubro de 2018 publicouse no DOG a Orde pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2019
    ORDE do 11 de outubro de 2018 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2019 Máis información
  • 22 Outubro, 2018
    A Xunta apoya con máis de 305.000 euros a mellora da competitividade do comercio de proximidade na comarca do Barbanza
    O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro informou da orde de axudas que a Consellería de Economía e Emprego vén de resolver, coas que se apoia ás asociacións de comerciantes e ao comercio de proximidade da comarca do Barbanza. Así, con apoios públicos de máis de 305.000 euros concédense un total de 38 axudas das que se benefician comerciantes, artesáns, centros comerciais abertos, asociacións das prazas de abastos, federacións e asociacións de ámbito superior ao municipal, mobilizando un total de máis de 466.000 euros, co obxectivo de fomentar un novo modelo comercial intelixente, competitivo e adaptado ás novas necesidades que reclaman os clientes. Concretamente, destacou que a Xunta apoia, dunha banda, con de 160.000 euros, actuacións de dixitalización e de modernización desenvoltas por 33 comerciantes e artesáns. Ademais, destínanse outros 233.000 euros nesta área para apoiar o labor que desenvolven 5 asociacións e federacións de comerciantes no impulso da competitividade do sector. Comercio de proximidade No caso das axudas a comerciantes e artesáns o investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%. Así, un total de 33 comerciantes e artesáns da comarca desenvolven actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña, así como iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Tamén se activarán proxectos de ferramentas de xestión, e de modernización de locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, os comercios tamén poden contar con asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado. Asociacións de comerciantes En relación coas axudas ás asociacións de comerciantes os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos en que están situados e do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso das federacións, os apoios poden chegar ata os 49.000 euros, alcanzando a axuda o 70% do investimento a realizar. As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. Máis información
  • 08 Marzo, 2018
    Hoxe publícase a orde pola que se regulan as subvencións aos obradoiros artesás para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices

    ORDE do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201K).

    Máis información
  • 01 Febreiro, 2018
    INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE DO CARÁCTER PÚBLICO DO FINANCIAMENTO DAS ACTUACIÓNS DE DIXITALIZACIÓN E MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS COMERCIAIS E ARTESANAIS (IN201H)

    ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201H)

    De conformidade co establecido no artigo 16 da orde de referencia, os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, empregando o seguinte modelo.

    Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares en tamaño DIN A5

  • 01 Febreiro, 2018
    Hoxe publícase a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais
    ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201H). Máis información
  • 01 Febreiro, 2018
    INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE DO CARÁCTER PÚBLICO DO FINANCIAMENTO DAS ACTUACIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL Y NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIAL ARTESANAL (IN228A)

     

    De conformidade co artigo 16 da ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A), os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, empregando o modelo seguinte:

    Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares en tamaño DIN A5

  • 01 Febreiro, 2018
    Hoxe publícase a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal
    ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A). Máis información
  • 01 Febreiro, 2018
    Hoxe publícase a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade
    ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201G). Máis información
  • 29 Xaneiro, 2018
    A Xunta destaca en Ourense os novos programas de dixitalización e comercialización para impulsar o comercio e a artesanía

    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou en Ourense nun encontro con comerciantes no que lles informou sobre as axudas da Xunta para apoiar este ano, con preto de 4,5 millóns de euros, a modernización e impulso do pequeno comercio e dos obradoiros artesanais galegos. A través de tres iniciativas, financiaranse desde proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización; dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais; ata programas da competitividade da artesanía galega. O obxectivo destas convocatorias, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) esta semana, é ofrecer, segundo destacou Vázquez Abeal, un valor engadido ao comercio galego, vencellando o seu crecemento, expansión e modernización ás novas canles de comercialización, utilizando a innovación, o social commerce, e a mellora da imaxe, como factores para facer máis competitivo o tecido comercial de Galicia. Deste xeito, impúlsase entre o comercio e os obradoiros artesáns galegos a súa presenza na rede, a incorporación de ferramentas TIC de xestión e a mellora da loxística coa implantación do packaging axeitado. Por unha banda, a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará con máis de 3,1 millóns de euros a dixitalización e modernización de empresas comerciais e, como novidade deste ano, tamén artesanais para a implantación de solucións dixitais que permitan os beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral dun local. O investimento subvencionable, segundo o tipo de axuda solicitada, poderá ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda será en todos os casos do 50%. A Xunta incrementa o orzamento destinado para esta convocatoria en preto dun 59% con respecto ao ano pasado, cando se dedicaron dous millóns de euros. Doutro lado, en canto á liña dedicada á expansión comercial e novas fórmulas de comercialización, contará cun orzamento dun millón de euros e poderanse beneficiar pemes e, no caso do desenvolvemento dun proxecto pop up, tamén comerciantes on line e, como novidade, fabricantes. A directora xeral de Comercio explicou que o que se pretende é impulsar a apertura de novos establecementos comerciais por titulares doutro comercio cun mínimo de dous anos de antigüidade, así como proxectos pop up por un prazo máximo de dous meses nun concello distinto onde se veña exercendo a actividade. No primeiro caso o investimento subvencionable máximo vai dos 3000 aos 60.000 euros e no caso das iniciativas pop up vai ata os 8000 euros. En todos os casos cóbrese o 50%. Por último, apoiarase con 255.000 euros o fomento da comercialización da artesanía e o impulso da actividade do sector. As axudas, dirixidas á promoción a través da participación en feiras e certames e a organización de eventos feirais, están destinadas a obradoiros artesanais, asociacións profesionais de empresarios e artesáns e concellos. As axudas máximas serán de 8000, 30.000 e 15.000 euros respectivamente e a intensidade pode chegar ao 80%. O orzamento aumenta en máis dun 18% con respecto ao ano pasado. Con estes tres programas, a Xunta, segundo salientou Vázquez Abeal, agarda impulsar o comercio e a artesanía galegas coa finalidade de potenciar un tecido comercial diverso, moderno, competitivo e de calidade; adaptalo ás novas realidades co obxectivo de gañar en competitividade e mellorar a imaxe dos centros urbanos das cidades facéndoos máis atractivos. Estas liñas permitiron, en 2017, apoiar preto de 375 proxectos con case dous millóns de euros. Estas axudas reforzaranse con outras accións dirixidas a potenciar os espazos comerciais e o asociacionismo cun orzamento adicional de catro millóns de euros e enmárcanse no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia, que contempla 55 accións específicas ata 2020.

    Máis información

  • Páxina 6 de 85

  • Mostrando do 101 ao 120 dun total de 1690 rexistros