Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 19 Novembro, 2011
    Hostaleiros e comerciantes apostan pola innovación para combater a crise

    Os pequenos empresarios arousáns forzan máquinas e tratan de facer fronte ás minguadas ganancias recorrendo a reformas en locais e a actividades promocionais.  

    Vista dunha céntrica rúa de Vilagarcía de Arousa // Iñaki AbellaReinventarse ou morrer no intento. Esa é a fórmula coa que unha boa parte do comercio e a hostelería arousana trata de facer fronte ás consecuencias da crise, que para ambos sectores supuxo unha baixada de ingresos que rolda o 30%. Aínda que moitos han ter que axustarse o cinto e prescindir de persoal, non renuncian a poñer toda a carne no asador, e buscan recuperar o favor do público recorrendo a reformas, concertos ou desfiles promocionales que aumenten o seu atractivo e atraian clientes.

    Os malos resultados que os pequenos establecementos arousáns veñen arrastrando desde hai xa varios anos obrigaron a botar a pechadura a moitos hostaleiros, e tamén a vendedores do sector do moble, do téxtil e ata da alimentación. No entanto, os pequenos empresarios da comarca do Salnés non se resignan, e cos seus recursos ao límite buscan alternativas.

    Nos últimos días un local nocturno e unha tapería de Cambados solicitaron licenza de reforma, e en Vilagarcía está en marcha a apertura dun novo bar. Pero ademais, cada vez son máis os que recorren á organización de actuacións musicais que lles outorguen un plus. Onte mesmo, dous locais do Grove ofrecían concertos aos seus clientes, e ao término da actuación de Flip Corale e os Macabros nunha cervecería da rúa Montiño, noutro establecemento de Jaime Solá comezaban a tocar Fantasmage e Lobishome.

    Aínda que os bares de tapas están conseguindo manterse con máis ou menos dificultades, a baixada de clientes nótase especialmente nos restaurantes e nos locais de copas, aos que a poboación arousá asiste con menor asiduidade desde que empezou a sentirse o azoute da crise. O presidente da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (Ahituvi), Roberto Gerpe, ten claro que apostar por actividades complementarias é, nestes momentos, a única alternativa do sector. E tamén os vilagarciáns subiron a este carro, incrementaron os seus esforzos promocionales a través de internet e comezaron a impulsar concertos.

    O comercio busca igualmente novas vías para achegar os seus produtos ao público e reactivar as súas vendas. Nos últimos meses os establecementos da capital arousá organizaron desfiles. E onte pola noite unha óptica e unha tenda de moda do Grove facían o propio.

    Tanto a presidenta da asociación de comerciantes Zona Aberta, Rocío Louzán, como o do Consorcio de Comercio do Salnés, Marcos González, corroboran as dificultades que atravesa o sector. Nese sentido, non pasan por alto que as aperturas de establecementos correspóndense máis a un intento desesperado por buscar alternativas de autopemprego e facer fronte ao paro que por unha situación real de bonanza que está moi lonxe de darse. Entre os que están a piques de iniciar a súa andadura figura unha escola de danza e pilates en Vilagarcía.

    As pólizas de crédito son o recurso do que a maioría se ven obrigados a tirar para afrontar reformas ou, ata, para adquirir mercadorías. No entanto, a resistencia das entidades bancarias a dar préstamos cada vez é maior.

    Fonte: Faro de Vigo. (Ed. Arousa)

  • 19 Novembro, 2011
    O Concello inspírase en La Boquería para modernizar os mercados municipais

    O tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, visitou onte pola mañá o mercado de La Boquería, en Barcelona, onde mantivo un encontro de traballo cos responsables do centro.

    O director, Agustí Herrero, o presidente da asociación de comerciantes, Salvador Capedevila, e o xerente da entidade, Óscar Gil, acompañaron a Luisa Cid no percorrido que o tenente de alcalde realizou polos diferentes postos.

    O motivo da visita enmárcase dentro dos obxectivos da Tenza de Alcaldía de Emprego e Empresa de poñer en valor os mercados municipais como dinamizadores da súa área de influencia.

    Para iso, segundo informan dende o goberno municipal, levarase a cabo un traballo de modernización en todas as prazas de abastos co fin de que, preservando a súa identidade, sirvan de escaparate da calidade dos produtos galegos. Preténdese darlles un impulso para que se convertan un reclamo turístico, como é o caso de La Boquería, na cidade condal, poñendo en marcha distintas tácticas e estratexias. 

  • 19 Novembro, 2011
    A fusión das tres asociacións empresariais foi decisiva para Noia

    A Belén Arroniz gústalle abeirarse baixo os soportais da Tasca Típica

    Nome: Belén Arroniz

    Idade: 42 anos

    Profesión: Xerente do centro comercial aberto Noia Histórica

    Recuncho: O casco histórico noiés, «porque ten un valor patrimonial e histórico impresionante e é un gran empuxe comercial».

    Arribou a Noia por motivos estrictamente laborais, co fin de darlle un empuxe ás tendas tradicionais mediante a posta en marcha dun centro comercial aberto. Desde entón, pasou case unha década, e Belén Arroniz móstrase encantada coa experiencia vivida no Barbanza. Di que non errou cando valorou a oferta de traballo que chegou ás súas mans: «Parecíame un proxecto innovador, liderado por xente comprometida e avalado por liñas de axudas da Administración». E as súas primeiras impresións non tardaron en verse reflectidas na realidade diaria: «É un traballo multidisciplinar, que toca distintos temas e no que me sinto moi a gusto».

    Belén Arroniz recorda que, cando aterrou na localidade noiesa, suscitouse como máximo reto cambiar e mellorar a situación do comercio. Agora, pasado o tempo, asegura que este obxectivo cumpriuse en parte: «Non nos conformamos. Agora, máis que nunca, é o momento de arrimar o ombreiro e de traballar».

    Iso si, á hora de destacar un logro nesta década á fronte do centro comercial Noia Histórica, non necesita máis que un segundo para afirmar con rotundidade que o máis importante foi a unión do sector: «A fusión das tres asociacións empresariais foi decisiva para Noia. Neste sentido, creo que somos eixe e pioneiros a nivel de España, porque é algo moi complicado conseguir que colectivos que funcionan de forma paralela se sumen a un proxecto común».

    En busca de máis apoios

    Pero como, en certa medida, é unha inconformista, Belén Arroniz non parará ata acadar a que se fixou como nova meta: «A asociación fíxose forte e potente. De feito, recibimos o tope de axudas e Noia é referente a nivel comercial, pero quédanos involucrar a todo o sector empresarial do municipio».

    A xerente do centro comercial aberto noiés considera que esta vila ten unha serie de puntos fortes que debe explotar aínda máis: «Por unha banda están as boas comunicacións con Santiago, que debemos aproveitar para atraer a clientes, e por outra, o feito de abrir os domingos. Esta é unha vantaxe a nivel competitivo que non ten case ninguén».

    Gran coñecedora das características do pequeno comercio noiés, Belén Arroniz sinala que unha das grandes calidades do sector é a fusión de experiencia e modernidade: «Non é que Noia teña un tecido empresarial bestial, pero ten como punto forte a comerciantes de toda a vida que deron paso a novas xeracións dispostas a adaptar os negocios aos tempos actuais».

    Pero, por encima de todo, a xerente de Noia Histórica destaca a ilusión que desbordan os seus aliados: «Os comerciantes estaban deseosos de unión e agora, o que temos son moitas ganas de traballar, de cambiar as cousas e de melloralas».

    Ademais de para coñecer e compartir os obxectivos dos comerciantes da localidade, a década que Belén Arroniz leva en Noia serviulle para descubrir varios recunchos. Un dos seus preferidos é o casco histórico da vila: «Ten un valor patrimonial e histórico impresionantes e é un gran empuxe comercial». Do centro noiés, gústanlle sobre todo os soportais da Tasca Típica.

    Pero hai un segundo escenario que é para ela igual de importante, a contorna da central eléctrica do Tambre: «Coas súas rutas e a súa ponte colgante é unha contorna impresionante».

    Fonte: La Voz de Barbanza

  • 19 Novembro, 2011
    Nava Castro resalta en Tomiño o papel do pequeno comercio

     

    A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, destacou onte en Tomiño o papel que desempeña o pequeno comercio na dinamización das vilas galegas, durante o acto de entrega de agasallos e sorteo da campaña “As compras na túa vila teñen premio”. Nava Castro recordou que o apoio a este tipo de iniciativas enmárcase na aposta estratéxica de Economía e Industria pola modernización e impulso ao comercio de proximidade. Animou aos comerciantes tomiñenses a utilizar o Portal do Comerciante, unha web para a dinamización comercial que facilita novos negocios.
     

    Fonte: Faro de Vigo
     

     

  • 19 Novembro, 2011
    "Un para todos" do comercio local

    Entretendas organiza o deseño do folleto de ofertas presentado por un pequeno empresario da localidade para converter nunha realidade o centro comercial aberto.

    Consolidar un gran centro comercial no que, aínda que os produtos non estean separados por plantas e para levarse unha nevera e uns vaqueros haxa que percorrer algúns quilómetros en coche, a experiencia compense ao cliente e lle anime a volver a comprar á rede de pequenos comercios locais. Esa é a intención coa que nace o proxecto dun empresario de Noalla, un folleto de descontos que aspira a unir aos asociados de Entretendas para superar xuntos a crise.

    Tras ver como a situación económica as afasta da posibilidade de competir coas ofertas das grandes cadeas (de alimentación fundamentalmente) que se están facendo un oco no tecido comercial do municipio e nos hábitos dos clientes, desde o mostrador do seu pequeno supermercado en Noalla, Juan José Portela ideou a creación dun folleto de descontos aberto a todos os socios de Entretendas que, ademais de reducir considerablemente o seu investimento en publicidade, beneficie aos consumidores.

    Unha especie de un para todos e todos para un, aínda que en versión pequeno comercio sanxenxino, que lles permita apoiarse no negocio do veciño para soportar do mellor xeito a crise, que xa obrigou a varias tendas de pobo a baixar a persiana definitivamente.

    Aínda que o folleto está aínda en fase inicial nos despachos de Entretendas podería implantarse en febreiro, cando pasen as rebaixas, porque a lei impide facer descontos nesa época, o boca a boca fai que o cen por cen dos compañeiros que o coñecen queiran participar.

    A idea é afianzar a imaxe de centro comercial real entre o cliente potencial, coa salvedade de que en lugar de ter que baixar unha planta para comprarse un pantalón, por exemplo, terá que ir ata Portonovo ou Sanxenxo. Todo para fortalecer a súa coordinación e imaxe por se chega o desembarco das grandes superficies comerciais, onde o pan ou o leite están a só dous corredores da roupa de rúa e a droguería.

    Os pequenos empresarios, sinala, poden ter dous ou tres produtos en oferta ao mes, pero non se pode saír á rúa cun folleto así.

    Para iso, cada establecemento asociado -como tendas de roupa e complementos, menaxe, alimentación ou agasallos- poderán renovar mensualmente os dous ou tres artigos que teñan en promoción, que serán controlados polos editores para que non se solapen.

    Para facer un folleto de ofertas unha tenda pequena como estas fanche falta uns 600 euros, ademais do traballo de poñerche de acordo cos proveedores e estudar as promocións dos demais, explica Portela, recordando que a achega económica por saír no folleto sería case irrisoria en comparación, entre 20 e 40 euros.

    Da iniciativa beneficiaranse todos os sectores de negocio xa que necesitamos desde unha imprenta para sacalo a fotógrafos e na contratación, estarían antes os que formen parte de Entretendas.

    Aínda que o custo reducirase eliminando o buzoneo -os folletos estarán en cada tenda, fomentando a publicidade cruzada- Portela sinala que será necesaria a colaboración das administracións porque estamos fomentando e reactivando o consumo local, unha receita que nos últimos meses se repite como un mantra.

    Tarxeta desconto

    O seguinte paso, aínda afastado no tempo pero no que xa traballa Portela, sería a implantación dunha tarxeta que bonificase as compras realizadas polos veciños na rede de establecementos do concello con descontos dun tanto por cento ao facer a compra nos pequenos supermercados ou de “x”  nas tendas de roupa.

    Fonte: Faro de Vigo (Ed. Pontevedra)

     

  • 18 Novembro, 2011
    Un punto de atención interactiva enriquece a oferta da praza de abastos grovense

     

    O tótem estreado onte é o primeiro dos cinco que está previsto colocar na provincia

    Os cidadáns grovenses e os seus visitantes dispoñen dun punto de información interactiva no que poden coñecer que produtos están á venda na praza de abastos, pero desde o cal tamén é posible acceder a información turística da localidade, a un recetario de cociña e ata aos menús saudables elaborados pola Consellería de Sanidade.

    Isto é só un exemplo do moito que pode aportar ao usuario o tótem estreado onte no mercado municipal grovense, sendo este un servizo ao que se sumarán en breve as prazas de O Porriño, Portonovo, Bueu e Caldas de Reis.

    Coa inauguración do tótem de O Grove, o primeiro dos cinco que está previsto colocar na provincia antes de que finalice o ano dentro deste ambicioso proxecto piloto, a Consellería de Economía e Industria trata de impulsar a modernización dos mercados.

    As instalacións queren captar clientes e satisfacer aos xa habituais

    Por medio da oficina provincial de Comercio, e representada pola directora xeral do departamento, Nava Castro, a Consellería dá un salto de calidade neste tipo de instalacións municipais que, como ocorre coas do Concello meco, levan tempo buscando o apoio da Administración local e autonómica para saír adiante e facer fronte á competencia das grandes superficies.

    Nava Castro, que estivo arroupada polo director xeral de Innovación, Manuel Antonio Varela, e polo alcalde grovense, Miguel Angel Pérez –entre outras autoridades, como a concejala de Mercados, Marta Domínguez–, quixo destacar a importancia deste punto de información interactivo.

    Considérao unha ferramenta capaz de revitalizar os mercados municipais para convertelos en puntos de referencia para a compra de produtos frescos e de calidade, ao que engadiu que lonxe do que algúns poidan pensar, este tipo de mercados son capaces de ofertar unha venda moderna en canto a servizos, diversidade e excelencia.

    Durante a posta de largo do tótem da praza de abastos meca incideuse en que a Consellería de Economía e Industria, que dirixe Javier Guerra, tamén busca a potenciación dos mercados municipais mediante axudas económicas coas que dinamizar a actividade e modernizar as instalacións.

    A este respaldo súmase o ofrecido mediante o Portal do Comerciante, con presenza nas redes sociais, e tamén o desenvolvemento de campañas promocionais como a titulada “Este inverno presume de praceiro”, que pretende recuperar a imaxe dos mercados.

    En definitiva, que o que fixo onte a Consellería de Economía en O Grove foi escenificar a súa proposta para a adecuación das prazas e a fidelización dos seus clientes, aproveitando para promocionar máis si cabe a rede de dinamización comercial, que consta de 52 puntos de información en toda Galicia (22 deles na provincia) e foi creada co propósito de abrir canles de comunicación directa e eficaces entre os comerciantes e a Administración.

    Fonte: Faro de Vigo (Ed. Arousa)

  • 18 Novembro, 2011
    Acaba en Tomiño a campaña "As compras na túa vila teñen premio"

    Na Praza de O Seixo terá lugar  hoxe o acto final da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenvolveuse en Tomiño entre os días 7 e 18 de novembro.

    Ás 19:30 horas comezará o programa coa actuación da cantante Mariana.

    Ás 20:00 horas terá lugar o Sorteo dos 3.000 euros en premios, acto que contará coa asistencia do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López; o seu homólogo na Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera; o presidente da Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto), Manuel Pérez Riveiro; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Alvarez e a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez.

    Fonte: Atlántico Diario

     

  • 18 Novembro, 2011
    O CCA dinamiza Caldas de Reis polo Nadal

    A asociación de comerciantes inicia a campaña navideña cun evento gastronómico o próximo fin de semana

    Os comerciantes de Caldas de Reis miran con esperanza cara ás iniciativas da asociación, confiando en que estas supoñan un incentivo para o comercio local.

    Para comezar, nada mellor que un aperitivo composto polas mellores tapas da vila, ofrecidas por varios establecementos: Tapería Bar Luya ofrecerá Tosta con cebola confitada, o Bar Bimbieiro, Tapería A Real desvelaranos Segredo de calamar;  Parrillada Vila deleitará con mexillón  á mariñeira; o Café Bar Taino servirá Codillo asado con guarnición; o Bar Castro ofrecerá Tira de bacallao ao mel con pemento; o Café Bar O Torque sorprenderá con Crocante torquado; a Cervecería 5 Jotas servirá Delicias Divinas  e o Restaurante Roquiño poñerá Cachopo de pataca e zorza ao queixo de tetilla, a disposición dos seus clientes.

    O evento, que comezará o venres 25 de novembro, durará ata o domingo 27 e brindará a todos os presentes a posibilidade de gañar varios premios consistentes en 8 vales de 20 euros para consumir nos establecementos participantes. Para optar ao premio só hai que selar o boleto que se entregará en cada local cada vez que se realiza unha consumición nos mesmos. O boleto que teña os selos dos nove establecementos entrará no sorteo.

    Dada a aceptación do pasado concurso de tapas realizado en marzo, o CCA e os hosteleiros decidiron poñer en marcha unha segunda edición, aínda que esta vez sen concurso.

    Como na anterior convocatoria, os locais serán amenizados con música tradicional a cargo do grupo As Espiñas de Caldas de Reis e as tapas serán gratis con cada consumición.

    Sorteo de 4.000 euros. O sorteo de Nadal de Caldas de Reis, aínda que non reparte premios tan cuantiosos como os da lotería, é acolleito coa mesma ilusión, pois serán corenta persoas as agraciadas con vales de compra de 100 euros que poderán trocar nos establecementos, unha vez realizado o sorteo. Como novidade, este ano  decideuse por a condición de gastar o vale no mesmo comercio que o outorgou, coa finalidade de favorecer ao propio comercio, e premiar así a adquisición de boletos de participación, que este ano son reciclados doutras edicións anteriores, como medida de aforro.

    A mecánica do  sorteo é idéntica aos anos pasados, por comprar nos establecementos asociados a Caldas CCA serán entregados boletos de participación  nos que o cliente escribirá o seu nome, apelidos e número de teléfono para que, en caso de resultar agraciado, poidan localizalo e entregarlle o premio.

    Os boletos de participación serán depositados nas urnas habilitadas en cada establecemento e, unha vez finalizado o período de compras do nadal, despois do 6 de xaneiro, realizarase o sorteo públicamente, ao que poden asistir todos os que o desexen. A data e lugar comunicaranse uns días antes.

    Tralo sorteo, o persoal do CCA comunicará telefónicamente a boa noticia aos premiados, que poderán pasar a recoller o premio pola sé de Caldas CCA e posteriormente trocalo no establecemento afortunado.

    Un decembro de cine. Para os amantes do cine, a asociación pon á súa disposición o Cine Avenida, que ofrecerá catro películas gratis durante todo o mes de decembro.

    As sesións serán todos os xoves de decembro, excepto o día 8 por ser festivo, e comezarán tralo horario comercial, en torno ás 21,15 h.

    Os títulos das películas iranse confirmando segundo se acheguen os días da súa proxección e anunciaranse no taboleiro do Cine Avenida, pero serán películas moi novedosas e moi taquilleras, que seguro gustarán a todos. A entrada é libre para todos os asociados e clientes.

    Fonte: Faro de Vigo (Ed. Pontevedra)

  • 18 Novembro, 2011
    A tenda de oportunidades de Acigu suma 1.000 amigos

     

    A tenda de oportunidades da Asociación de Comerciantes de A Guarda (Acigu) acadou os 1.000 amigos durante a pasada semana. En agradecemento, Acigu realizou un sorteo de cinco vales de dez euros entre as persoas que clikaron no botón "Me gusta".

    Os vales serán para gastar mercando en dita tenda. O día 30, dentro da campaña do Nadal, realizarase o sorteo  de cheques regalo por valor de 3.000 euros, para gastas en establecementos asociados.

    Fonte: Faro de Vigo

  • 17 Novembro, 2011
    Fexdega mostra unha nova imaxe ao simultanear tres eventos feriales

     

    Esta é a primeira ocasión na que o recinto da Maroma acolle tres feiras de forma simultánea. Os problemas rexistrados no recinto no último ano fixeron que a actual xerencia en funcións, ocupada polo presidente  da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía, Carlos Oubiña, adoptase a decisión de encomendar á empresa Muéstralo a recuperación da actividade feiral. A situación requiría unha resposta inmediata, posto que se atopaba en xogo a non celebración da marca por excelencia de Fexdega,  A Multisectorial.

    Superado este bache, hoxe abrirá as súas portas unha nova edición deste salón. Con el Fexdega iniciará unha nova etapa que se plasmará nun recinto totalmente ocupado con tres salóns. Deles un está plenamente consolidado e dous ábrense camiño no mundo feiral e na axenda dos vilagarciáns e residentes na comarca. En definitiva, a Fundación Fexdega pretende desta forma pasar páxina á súa etapa máis conflitiva da última década, tendo en conta que hai pouco máis de 10 anos que se inaugurou o recinto feiral da Maroma.

    Galinfancia celebrarase entre o 26 e o 30 de decembro

    A nova etapa da Fundación Fexdega reafirmarase coa recuperación de Galinfancia, outra das marcas por excelencia do recinto feiral de Vilagarcía. Hai que recordar que o ano pasado decidiron non celebrar o evento ao considerar que non era rendible e ao non atopar a ningunha empresa que quixese facerse cargo desta proposta. Esta situación cambiou e o actual xerente en funcións, Carlos Oubiña, confirmou que este salón dedicado aos máis novos ofertará numerosas actividades entre os días 26 e 30 de decembro, tempo de vacacións para os escolares.

    Fonte: Diario de Arousa

  • 17 Novembro, 2011
    Unha exposición na Praza de Abastos conciencia sobre o problema da fame no mundo

    O andar baixo da Praza de Abastos de Pontevedra acolle dende onte, e ata fin de mes, unha exposición, “Hambre 0”, que alerta sobre o problema da fame no mundo. Trátase dunha iniciativa de Intervida que foi inaugurada onte pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e a representante da ONG Paula Rojas.

    Fonte: Diario de Pontevedra

  • 17 Novembro, 2011
    Concello e Xunta colaboran na formación do pequeno comercio de Compostela

    Elena Fabeiro, xerente de Artesanía de Galicia; Reyes Leis e Nava Castro durante a rolda de prensaA concelleira de Comercio, Reyes Leis, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, presentaron o curso de paquetería creativa e a campaña de escaparatismo que organiza a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Economía e Industria, en colaboración co Concello de Santiago. O obxectivo destas iniciativas é achegar as claves para dinamizar o pequeno comercio en Compostela.
    Reyes Leis agradeceu a colaboración da Xunta nesta materia e recalcou a importancia da formación entre os comerciantes. Neste sentido, recordou as iniciativas formativas xa postas en marcha na últimas datas, cunha moi boa aceptación, polo que agarda tamén o "éxito" destes dous cursos.

    Segundo explicou Nava Castro, o curso Paquetería creativa está dirixido ao pequeno comercio de Santiago e a establecementos comerciais adheridos á marca Artesanía de Galicia. Preténdese ensinar as últimas tendencias en empaquetado, o uso das formas creativas e o aproveitamento dos recursos que ofrece o produto para destacar a paquetería como a difusión dunha marca. A presentación dun artigo cun empaquetado orixinal está moi valorado polo consumidor. Unha embalaxe diferente e coidada achega un valor engadido ao produto que se vende. A percepción do envoltorio ofrece unha imaxe que reforza a marca.

    Consultoría no espazo de venda
    Ademais, baixo o lema "Valora o único, compra Artesanía de Galicia", a Fundación e o Concello presentan a Campaña de Escaparatismo de Artesanía de Galicia. Esta proposta desenvólvese nos meses de novembro e decembro, coincidindo coa campaña de Nadal, e a súa intención é a de potenciar a imaxe do establecemento comercial fronte ao consumidor e reforzar a marca Artesanía de Galicia como referente de valor único. A intención é atraer clientes e xerar novas vendas.

    Este novo proxecto ten como destinatarios os establecementos adheridos á marca Artesanía de Galicia e os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia que conten co uso da marca. Consiste nunha consultoría individualizada no propio espazo de venda para a realización dun escaparate, achegando claves para sacar o máximo partido e obter unha correcta iluminación, co fin de conseguir que sexa un elemento de forte atracción.

    Un dos obxectivos fundamentais da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño é o de promover a artesanía galega en todas as súas vertentes, poñendo especial énfase na vinculación da actividade artesanal cos hábitos comerciais ao uso, mellorando e potenciando a presenza dos seus produtos nos mercados. A finalidade principal da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta, é dar a coñecer o sector artesán galego no seu conxunto baixo unha imaxe común que actúe como aval de prestixio.

    Concurso de Escaparatismo
    A concelleira aproveitou tamén para anticipar que en breve se presentará a edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo. Non obstante, anunciou que esta será a última edición do certame co formato actual, xa que considerou que son poucos os establecementos que se presentan ás convocatorias. 

    Máis información do curso de fotografía

    Máis información da campaña de escaparatismo

  • 17 Novembro, 2011
    Un escaparate en Nova York vale 15.200 euros o metro cadrado

    A cidade estadounidense, diante de Hong King, Sidney e Londres, é a urbe coas rúas comerciais máis caras do mundo. Madrid e Barcelona sitúanse no posto 28 e 33, respectivamente.

    Nova York e máis concretamente a súa famosa Quinta Avenida segue sendo o destino rei das compras mundiais. Así se desprende do último informe presentado en Cannes, durante a celebración do salón inmobiliario internacional Mapic, pola consultora CB Richard Ellis.

    Segundo este ránking, Nova York é a cidade máis cara de implantación para as firmas comerciais. A súa fama como destino internacional de compras convértelle nunha cita obrigada para todos os operadores, que para instalarse nas súas rúas, non dubidan en pagar 15.244 euros por metro cadrado. Dentro das dez primeiras, atópanse tres cidades australianas: Sidney, a terceiras máis cara,cunha renda media de 9.823 euros o metro cadrado; Melbourne, a oitava, cuxos alugueres ascenden a 6.230 euros e Brisbane, a nove, cun prezo medio de 4.958 euros.

    Neste ránking, que inclúe as corenta cidades comerciais máis caras do mundo, atópanse dúas españolas: Madrid e Barcleona. A capital española sitúase na posición número 28, cunha renda de 2.500 euros. A Cidade Condal é a 33, cun aluguer medio de 2.200 euros, cunha subida do 7,8%.

    España atrae polo seu clima e a fama de firmas nacionais como Loewe, Zara e Desigual

    A nivel europeo, Madrid e Barcelona comparten o segundo posto como destino favorito para ir de compras, segundo o programa de investigación de EIU (Economist Intelligence Unit) patrocinado por Global Blue “O punto forte de Madrid é unha combinación do clima, a ampliación das campañas de rebaixas e as marcas españolas mundialmente coñecidas como Loewe, Zara e Desigual. Barcelona, pola súa banda, ocupa o posto máis alto na categoría de hoteis e a calidade do transporte público”, explican desde o informe.

    Operadores

    Os locais das mellores rúas comerciais españolas continúan espertando o interese dos operadores. Así máis do 34% das firmas internacionais ten intención de expandir o seu negocio en España. “O mercado español é un mercado de oportunidades: as rendas dos locais caeron pero, sobre todo, flexibilizouse moito o mercado, con condicións máis razoables ás que se esixían en anos anteriores”, explica Ion Saralegui, director de High Street de CB Richard Ellis. Segundo este índice, España é o cuarto mercado máis interesante para os plans de expansión dos operadores internacionais. O podio deste ránking o lidera Italia, que pasa do oitavo ao primeiro posto nun ano, seguido de Alemaña e Rusia. “O caso de Italia é moi parecido ao de España: as rendas están máis baixas que nunca e as firmas aprovéitano para lograr contratos a longo prazo”, subliña Saralegui.

    Desde o estallido da burbulla inmobiliaria, moitas marcas internacionais, sen presenza aínda no mercado español, apostaron por entrar neste mercado, copado ata agora por firmas españolas como Inditex, Blanco e Mango, ou algunhas europeas  como H&M e Primark. “España é un país aburrido en oferta comprado co resto de Europa. Hai moi poucas marcas”, asegura Saralegui.

    Segundo o informe, os operadores máis interesados en España proceden de Estados Unidos e Asia, especialmente no sector da moda. Proba diso son a chegada de Abercrombie&Fitch (Madrid) ou coa apertura de varias tendas baixo a súa marca Abercrombie e Hollister ou o aluguer  de Serrano 32 por parte da firma de lugo Michael Kors.

    Con todo, non todos os plans de expansión chegan a bo porto. “España non é jauja e un local na rúa Serrano nunca valerá 30 euros o metro cadrado ao mes”.

    Pola súa banda, os operadores españois son os europeos que máis se expanden internacionalmente; así, o 50% ten previsto incrementar a súa rede de tendas en América e o 55% quere abrir novos establecementos en Asia.

    Fonte: Expansión

     

  • 16 Novembro, 2011
    Inicio do prazo de presentación de solicicitudes de subvencións para actuacións de internacionalización de empresas do sector téxtil-moda-confección

     

    No  Diario Oficial de Galicia de data 15 de novembro publicouse a Orden do 10 de noviembre de 2011 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de subvenciones a empresas gallegas del sector textil-moda-confección para la realización de actuaciones y estrategias de promoción e internacionalización, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) en el marco del Programa operativo Feder Galicia 2007-2013  y se procede a su convocatoria para el año 2011.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciase o16 de novembro e remata o15 de decembro de 2011

  • 16 Novembro, 2011
    Cambados: Aragunde toma nota das prazas de Santiago e A Coruña para completar o proxecto do novo mercado

     

    O alcade de Cambados, Luís Aragunde, visitou prazas de abastos doutras cidades para tomar nota de cuestións que serían aplicables no mercado que a Xunta ten previsto construír na capital do albariño.

    O regidor municipal, acompañado pola directora xeral de Comercio, Nava Castro, o delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a concejala de Comercio de Baiona María Jesús Garbín, visitou as instalacións da Coruña, Ferrol e Santiago nestes días.

    O obxectivo desta ocasión é, segundo o Concello cambadés, solicitar información e ideas aplicables á futura praza de abastos. A da Coruña foi remodelada recientemente, a de Ferrol fai máis tempo e a da capital galega atópase actualmente en reformas.

    Aragunde mostrouse “satisfeito” pola visita efectuada a estas tres prazas “punteiras” de Galicia pois observou detalles das  instalacións e xestión nas tres que “ben puideran ser aplicables ao futuro mercado de Cambados”.

    De feito, o goberno local estuda a posibilidade de efectuar unha visita a algún destes centros de compra, acompañando ás praceiras  cambadesas que serán as principais beneficiadas do novo inmoble que se construirá no mesmo lugar.

    Nesta mesma liña cabo recordar que un grupo de 30 vendedoras visitaron o ano pasado o mercado da Pobra onde coñeceron as novedosas instalacións que, segundo o Concello, “poden servir de guía nalgúns aspectos para o proxecto do mercado de abastos que se prevé construír en Cambados”.

    As traballadoras  xa lle trasladaron ao rexidor municipal algunhas suxestións e inquietudes sobre a ubicación, dimensións e limpeza dos postos, así como sobre a mellora dos servizos que debe conlevar unha instalación moderna. Ata lle pediron algunhas melloras mentres que non se constrúa o novo, pequenas reparacións e o coidado de detalles.

    Asociación > Así mesmo cabo recordar que os traballadores constituíronse recentemente en asociación e estrearon unha nova imaxe corporativa na que a emblemática Torre de San Sadurniño e o vermello son os seus principais referentes.

    O supermercado previsto non venderá carne, peixe e verdura

    O novo mercado de abastos contará cun aparcamento  soterrado con capacidade para 400 vehículos e un supermercado. Con todo, para evitar unha competencia entre este e os praceiros, este non poderá vender carne, peixe e verdura. Este modelo xa se segue noutros mercados recentemente reformados como o da Coruña. Polo momento descoñécense os prazos para que este inmoble sexa unha realidade pois forma parte dun ambicioso proxecto. O que non quita que, en máis dunha ocasión, os praceiros  pidan que se tramite con urxencia porque o actual mercado presenta deficiencias varias.

    Fonte: Diario de Arousa

  • 16 Novembro, 2011
    Un taller amosa o uso de ferramentas 2.0 a emprendedores

     

    A Consellería de Economía e Industria celebra hoxe, en colaboración coa Fundación CEL, un taller destinado a formar a emprendedores no uso de ferramentas 2.0. Entre outras cuestións, abordarase o posicionamento web e a importancia do marketing virtual.

    Fonte: El Progreso

  • 15 Novembro, 2011
    Comeza o VI Congreso de Compostela Monumental

    Compostela Monumental, a asociación de comerciantes, empresarios e profesionais do centro histórico da capital galega, celebra, hoxe, ás 11.00 horas, no salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia, en plena Rúa do Vilar, o seu VI Congreso de Comercio, considerado o máis importante de Galicia e un dos mellores de España, dentro do sector comercial.
    No acto inaugural estarán presentes o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roia, José Manuel Belo Rei, presidente da patronal do centro histórico; Santiago Martín Subirats, presidente da Confederación Española de Centros históricos; Nava Castro, directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, e Reyes Leis, concelleira de Economía Turismo e Comercio de Santiago.
    O relatorio de apertura desta edición correrá a cargo de Juan Pablo Izquierdo, xerente do centro comercial aberto Palencia Aberta, actual Premio Nacional de Comercio do Ministerio de Industria Turismo e Comercio de España, quen disertará sobre o labor levado a cabo pola asociación palentina e que lle valeu o recoñecemento a nivel nacional.

    Fonte: El Correo Gallego
     

  • 15 Novembro, 2011
    Os comerciantes de Chantada premian aos clientes que compren ata o día 25

    A asociación de conmerciantes chantadinos agrupados no Centro Comercial Urbano participa dende onte na campaña "Ás compras na túa vina teñen premio" que pon en marcha por toda Galicia a Federación Galega de Comercio.

    Por iso, ata o día 25, as persoas que compren nos establecementos adheridos poderán optar a distintos premios por un total de 3.000 euros en compras. En concreto, sortearanse dúas tarxetas de 300 euros e 24 máis por valor de 100 euros.

    A presentación da iniciativa realizouse onte nun caseto que instalou a federación no centro da vila. Ao acto asistiron o presidente da entidade, José María Seijas, e o responsable do CCU de Chantada, José Manuel Lage, ademais do alcalde, o independente Manuel Varela.

    O día 25 sortearán os premios nunha festa infantil. Os números premiados coñeceranse sobre as 20.00 horas. 

  • 15 Novembro, 2011
    Encomian o traballo realizado polos comerciantes do centro histórico de Santiago

     "Hoxe volveremos reunir en Santiago aos mellores especialistas do sector comercial", sinalou Xosé Manuel Bello, presidente de Compostela, ante o inicio desta sexta edición do congreso que organiza a asociación, que el dirixe.

     Bello tamén destacou o mérito que ten conseguir reunir a tantos premiados. "Somos a única organización comercial que logrou contar coa presenza en todos os seus congresos co Premio Nacional de Comercio do ano en curso”, sinalou Bello.

     Pola súa banda, Enrique Núñez, xerente do CCA Zona Príncipe de Vigo, que tamén participará nestas xornadas,  apuntou que "Galicia conta con xerentes de primeirísimo nivel á fronte dos seus centros comerciais abertos" e avogou pola asociación dos pequenos empresarios. "Os pequenos comerciantes deben asociarse para poder ter máis forza e obter uns resultados que por si sós serían imposibles de conseguir para a zona onde se atopan situados".

    Xosé Bangueses, presidente da Federación Foro Galego do Comercio, indicou que o pequeno comercio ten que recibir apoios e colaboracións institucionais constantes, do mesmo xeito que se fai con outros sectores ameazados. “Somos un alicerce fundamental da economía galega", dixo.

     GRAN TRABALLO. Por último, Santiago Martín Subirats, presidente da Confederación Española de Centros históricos destacou o labor realizado por Compostela Monumental na capital galega nesta época de crise económica. "Compostela Monumental está a facer un gran esforzo e un inmellorable traballo nuns tempos moi duros para o sector".

     Tamén incidiu na importancia deste sector para contribuír ao desenvolvemento de Santiago. "O comercio é unha Coche sorteo por Compostela Monumental en Navidadesfonte de viabilidade, dinamismo e rendibilidade para a cidade. Contribúe á calidade de vida dos residentes, é un motor doutras actividades económicas e de lecer, e supón unha fonte de atracción turística".

    Esta sexta edición do Congreso de Compostela Monumental celebrarase no salón da sede da Confederación de Empresarios de Galicia, que está situada na Rúa do Vilar.

     Fonte: El Correo Galego

  • 15 Novembro, 2011
    Campaña comercial en Tomiño ata o venres

    A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto) continúan desenvolvendo a campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo a lema “As compras na túa vila teñen premio”, celébrase en Tomiño ata o venres 18. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dous cartóns regalo de 300 euros e 24 cartóns de 100 euros.

    Os consumidores de Tomiño están a mostrar gran interese por esta campaña, presentando  os seus tickets de compra na carpa situada na Praza do Seixo (fronte ao Concello) ou ás promotoras que se atopan polas rúas da vila, quen lles entregan boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o vindeiro venres na mesma Praza do Seixo, dentro do acto final de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos O sorteo será ese día ás 20,00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

    Os clientes que acheguen ás promotoras o xustificante de pagar co Cartón Mastercard do Comercio Galego e o Cartón Comercio de Novagalicia Banco, duplican a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

    A campaña publicítase nos establecementos de Tomiño, que contan con carteis e reparten entre os seus clientes trípticos informativos.

    A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Este ano, desenvólvese en oito localidades galegas, entre elas Tomiño, contando para iso coa colaboración de Adeto, que preside Manuel Pérez Riveiro.

    Fonte: Atlántico Diario


  • Páxina 75 de 85

  • Mostrando do 1481 ao 1500 dun total de 1686 rexistros