Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 02 Novembro, 2011
    Cinco galegos optan este mércores aos Premios Nacionais de Artesanía 2011

    Ao acto acudirá a directora xeral de Comercio, Nava Castro, nuns premios que chegan á súa sexta edición.

    Cinco galegos están entre os finalistas que este mércores concorrerán aos Premios Nacionais de Artesanía 2011, que se celebrarán na cidade de Madrid.

    Galicia é a comunidade con máis artesáns entre os finalistas desta edición, entre os que se encontra Arturo Álvarez Calor que opta ao Premio Nacional, Elena Ferro Lamela na categoría de Premio Produto, Idoia Cuesta en Premio Innova; mentres que Regal Cerámica SL pode gañar o Premio Promoción para Entidades Privadas, e a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria compite polo Premio Promociona para Entidades Públicas.

    Ao acto acudirá a directora xeral de Comercio, Nava Castro, nuns premios que chegan á súa sexta edición co fin de recoñecer a aquelas propostas exemplares no campo da artesanía contemporánea. 

    Fonte: El Correo Gallego

     

  • 02 Novembro, 2011
    «Non somos Steve Jobs, pero si bos profesionais»

    Tres exemplos de éxito de sociedades laborais fundadas en Galicia

    Os seus cinco socios viñan dunha firma do sector que pechou no 2009 por mor da crise.
    Nas empresas laborais, a maioría do capital social debe estar en mans dos traballadores, que, se son socios, deben ser indefinidos. Teñen que contar cun mínimo de tres fundadores, e polo menos dous deben ser empregados da firma. Aínda que gozan de certas vantaxes fiscais e nas cotizacións á Seguridade Social, funcionan como calquera sociedade mercantil. En Galicia hai varios exemplos exitosos de empresas laborais en varios sectores produtivos.

    Torsolcal (VIGO)
    «Non hai mellor fórmula para fomentar a creación de emprego estable e de calidade»
    Eduardo Saído é avogado, ten 41 anos e fai dez decidiu apoiar ao seu pai e ao seu irmán, que traballaban nunha industria naval de Vigo, para formar xunto a outro compañeiro unha empresa auxiliar do sector. O primeiro ano, cando fundaron Torsolcal cun capital social de 15.100 euros tras acollerse ao pago único do subsidio de desemprego, facturaron 57.000. Hoxe xa son 22 socios traballadores, porque foron ampliando a firma abrindo o seu capital a outros empregados, e o ano pasado facturaron 1,14 millóns. «Non hai mellor fórmula que esta para fomentar a creación de emprego estable e de calidade», conta Eduardo. Non é empregado de Torsolcal, senón socio capitalista, e preside a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal). Asegura que moitas empresas convencionais da comunidade xa teñen «de feito», todas as características desas firmas: «No 95 % das empresas galegas, os socios son tamén traballadores».

    Corplama (FERROL)
    «Hai que confiar nun mesmo, merece a pena pelexar polo teu»
    Alberto Praza fundou Corplama hai ano e medio xunto con outros cinco compañeiros, que viñan de dúas empresas da construción afectadas pola crise. Ten 39 anos, leva traballando desde os 16, e afirma que todo marcha mellor ata do que pensaran. «Hai que confiar nun mesmo, merece a pena pelexar polo teu», conta, para explicar como se atreveron a lanzar unha empresa de materiais xusto no peor momento para o sector do ladrillo. Defende que a fórmula das sociedades laborais é a idónea para profesionais como el e os seus compañeiros, pero advirte que «está pensada para xente traballadora». «Hai moito máis compromiso. Eu levo cuestións administrativas, pero se teño que saír da oficina e porme a cargar sacos, fágoo», apunta. Ademais dos seus fundadores, Corplama conta hoxe cun traballador indefinido e outros dous eventuais, que levan seis meses na compañía. «E estamos a pensar en convertelos en socios», conclúe Alberto.

    Firmoldes (OURENSE)
    «Se empezas de cero, polo menos que sexa para pór en marcha o teu propio proxecto»
    A empresa de Antonio Vello, no polígono ourensán de San Cibrao, pechou no ano 2009, e, no medio da crise, deixou no paro aos seus 35 traballadores. Pero Antonio e catro dos seus compañeiros, empregados en distintos departamentos da compañía, decidiron que tiñan que aproveitar os seus coñecementos e a súa experiencia no sector dos moldes e da inxección de plásticos para a automoción. Sinxelamente, pensaron que podían saír adiante e vivir do seu oficio. «Tiñamos unha media de 43 anos, e a certa idade non che apetece moito empezar desde cero. Se o fas, polo menos que sexa para pór en marcha o teu propio proxecto», narra.
    Ao principio non tiñan clara a forma xurídica que máis lles conviña, pero finalmente optaron por facer de Firmoldes unha sociedade laboral porque se axustaba á idea que eles tiñan de compartir o traballo, o risco e a responsabilidade.
    «A gran vantaxe é que calquera decisión a tomamos por maioría, e por iso hai unha implicación total de todo o persoal da sociedade. A desvantaxe é que a toma de decisións é un pouco máis lenta, pero o feito de crear debates non é do todo malo. Catro ollos sempre ven máis que dous», argumenta.
    Antonio ten claro que el e os seus compañeiros son emprendedores, aínda que non dubida en desmitificar a imaxe que se deu a esa figura.
    «Hai que ter un proxecto, pero tamén estar disposto a sacrificarse e a traballar duro, porque unha idea, por se mesma, non vale de nada. O 99 % de quen montamos unha empresa non somos Steve Jobs, pero a maioría si somos bos profesionais. E diso trátase: de que poidamos seguir séndoo», subliña.
    As oficinas do Servizo Público Estatal de Emprego (SPEE) ofrecen información completa sobre como poden acollerse os traballadores ao sistema de pago único da prestación por desemprego, que permite obter nun só abono a suma dos pagos mensuais do subsidio. Tamén se pode recorrer ao servizo de atención telefónica no 901 119 999 ou visitar a web do servizo na dirección http://www.sepe.es/contido/prestacións/ag00e.html.
    Os requisitos do pago único son ser beneficiario dunha prestación contributiva e ter pendentes de recibir polo menos tres mensualidades; non haberse acollido a esa fórmula os catro anos anteriores; e acreditar a incorporación como socio traballador a unha cooperativa ou sociedade laboral, ou demostrar a realización dunha actividade como autónomo.

    Capital social
    O diñeiro recibido debe destinarse a cubrir a achega social obrigatoria no caso de cooperativas ou sociedades laborais, ou ao investimento necesario para desenvolver a actividade no caso dos autónomos.
    Unha vez percibido o pago da prestación, o traballador debe iniciar a actividade laboral no prazo máximo dun mes, e debe ademais de comprometerse a presentar a documentación que acredite a posta en marcha da actividade que vai desenvolver.

    Os seus cinco socios fundadores viñan de dúas empresas relacionadas co sector da construción.

    Fonte: La Voz de Galicia

  • 02 Novembro, 2011
    A Plataforma da Costa da Morte busca solución á crise do comercio retallista

    O punto de partida serán os estudos sobre a situación do sector que farán as asociacións de empresarios

    Despois de centrar os seus esforzos no abaratamento do prezo das parcelas dos polígonos industriais da zona, de loitar por facer realidade a estación de ITV concedida para Baio e pola legalización das naves e edificacións que están fóra de ordenación, a Plataforma polo desenvolvemento da Costa da Morte parece decidida agora a saír en axuda do comercio tradicional da comarca, que está a atravesar serias dificultades tanto pola crise económica global como pola competencia das grandes superficies comerciais.

     A Comisión Permanente do organismo que lideran Neria e a Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom), abordou o tema hai uns días nunha reunión celebrada nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo), na que se decidiu convocar aos representantes das vinte e dúas entidades que conforman a plataforma a unha asemblea xeral, reunión que tivo lugar na noite do pasado luns e que se prolongou por espazo de varias horas.

    Segundo sinalou o secretario da entidade supramunicipal, varias foron as conclusións que se sacaron desa convocatoria, aínda que a principal foi que cada asociación de comerciantes se encargue a nivel interno de elaborar un estudo sobre a situación concreta na que está o comercio polo miúdo no seu ámbito de actuación. Os resultados deses estudos deberán ser remitidos á plataforma, que despois se encargará de pór en común as conclusións ás que se cheguen nos distintos ámbitos, así como de valorar a posibilidade de acometer as medidas paliativas que se acorden para o conxunto do territorio, o que dependerán en boa parte dos condicionantes orzamentarios.

    Situación grave>Xan García, secretario de Neria, ten claro que “non podemos quedarnos cruzados de brazos ante a grave situación pola que está a pasar o comercio tradicional, con moitos negocios que están a pechar as súas portas e outros que languidecen aos poucos pola competencia das grandes superficies”.

    XAN GARCIA: “De Muros a Malpica hai 100.000 habitantes e é necesario conciencialos para que compren na zona”.

    Baixo o seu punto de vista, nin a plataforma nin o propio sector poden permanecer impasibles e, aínda que di ser consciente de que non poden crearse falsas expectativas “porque non existen varitas máxicas”, entende que hai que tentar reverter a situación dándolle un enfoque conxunto. “Desde Muros a Malpica hai unha poboación de 100.000 habitantes e de potenciais consumidores aos que hai que concienciar e sensibilizar para que compren na Costa da Morte e axuden a crear entre todos as sinerxías necesarias para reactivar a comarca”, di un Xan García que considera que o enfoque “Merca non teu concello” xa está trasnoitado. “A solución non pode vir a nivel de cada concello, senón que hai que buscar unha saída conxunta para todo o territorio porque o comercio é agora mesmo a industria máis importante da Costa da Morte, no que a mantemento de postos de traballo se refíre”, engade.

     Con todo, incide na necesidade de abordar o tema con frialdade e esperar a ver o resultado das análises que van realizar as distintas asociacións de comerciantes, análises nos que deberán terse en conta posibles fortalezas e debilidades, ademais de exporse ideas que axuden a superar a mala situación pola que atravesa o sector.

    Dúas das opcións  que se barallan son os cartóns de desconto e un plan estratéxico

    “Á espera do que deparen as conclusións dos estudos que deberán remitirse á Plataforma pola Defensa da Costa da Morte antes de finais de ano, Xan García apunta que na asemblea celebrada na noite do pasado martes xa se puxeron sobre a mesa algunhas posibles solucións, aínda que antes de principios de anos non se concretará ningunha. Entre as ideas apuntadas para buscar a reactivación do comercio tradicional de toda a vida está a de ofertar cartóns de desconto á clientela, crear centros comerciais abertos como o que xa funciona en Carballo, organizar dous ou tres eventos de carácter anual que teñan incidencia sobre distintos sectores de actividade, programar xornadas con especialistas que asesoren e contribúan a elaborar un plan estratéxico de dinamización do comercio da Costa da Morte, etc. Outra das alternativas pasa por prodigar máis os encontros entre os comerciantes dos distintos municipios que conforman a Costa da Morte, motivo polo que se programou para o 14 de xaneiro unha cea para a que aínda non hai lugar elixido, pero si que está moi clara a filosofía perseguida: “Queremos aproveitar para que os integrantes das distintas asociacións se coñezan, intercambien impresións sobre os seus negocios e axudar a que se vexan, non como competidores, senón como titulares de negocios que poden complementarse entre si” declara Xan García.

    Para este integrante da Plataforma  o fundamental é madurar ideas e dar pasos sen risco “polo que esperaremos a ter eses estudos e logo valorarémolos detidamente”.

    Fonte: El Ideal Gallego

     

  • 02 Novembro, 2011
    O comercio aguanta mellor a crise no casco histórico que nos arrabales

    O centro recupera a actividade

    En rúas como Raíña, Progreso, San Pedro ou Bispo Aguirre os contados locais que quedan valeiros polo fin dunha actividade comercial ocúpanse novamente no prazo de tres ou catro meses e incluso en menos tempo.

    A crise non entende de sectores, pero parece que si de localizacións. Nestes tempos de vacas fracas o comercio está a manter mellor o tipo, dentro do que cabe, no recinto histórico que fora da muralla, con excepción de Camiño Real ou a Avenida da Coruña. Proba diso é que os contados baixos que están libres nas rúas que conforman a milla de ouro comercial da cidade, como Raíña, Progreso, San Pedro ou Bispo Aguirre, seguen sendo cobizados.

    «Se non piden un aluguer estratosférico ocúpanse rapidamente. Na rúa San Pedro pecharon seis ou sete establecementos nos dous últimos anos e volveron estar ocupados en tres ou catro meses e mesmo en menos. No arrabalde, o local que pecha queda practicamente pechado para a perpetuidade», asegura o presidente do centro comercial aberto Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños.

    Un dos locais que quedou desocupado en xuño pasado, na Rúa San Marcos, tras a reorganización das sucursais que levou a cabo pola fusión das caixas de aforros galegas acollerá proximamente a clínica dental dunha compañía de seguros médicos.

    A pesar de que no centro están a aguantar mellor tamén buscan alternativas para reducir gastos. O presidente da asociación de comerciantes da Rúa Bispo Aguirre, Miguel Bourio, explica que hai inquilinos que negocian cos propietarios que «non se actualicen os prezos dos alugueres, ano a ano» para ir capeando a crise.

    Esa localización faise aínda máis apetecible porque o prezo do aluguer de locais baixou entre un 10 e un 20% no centro, segundo inmobiliarias consultadas. Pero hai casos no que é máis acentuado. Un baixo duns 100 metros cadrados na Rúa San Pedro arrendouse recentemente en menos de 2.000 euros, cando fai catro anos custaba 4.500 máis Ive.

    Facer o agosto

    Sánchez Bergantiños considera que en xeral «había unha petición desmedida por parte dos propietarios porque crían que podían vivir eternamente do aluguer dun local». Advertiu ademais que calquera emprendedor «o ten cada vez máis difícil se cando empeza faino cuns custos tan altos».

    Pero hai aínda o exemplo contrario. Os prezos non se axustan aos tempos que corren. Na Rúa San Pedro pídense 1.500 euros mensuais por un local de menos de 25 metros cadrados e 2.300 por outro cuxa superficie supera lixeiramente os 50.

    O presidente de Lugo Centrum destaca que as cidades nas que funciona o comercio están «máis vivas, máis limpas, máis coidadas e non se degradan tanto os seus centros históricos».

    CENTRO HISTÓRICO. Un crisol de bares e comercios

    En todo o centro histórico de Lugo hai uns 220 comercios de calzado, téxtil e complementos. A rúa que ten máis é San Pedro con case unha trintena. O outro negocio por excelencia é o de hostalaría cuns 120 establecementos -unha cuarta parte deles na Rúa Nova-. Ademais, hai preto de 30 oficinas bancarias e máis dunha ducia de ópticas.

    Baleiros eternamente

    Dos preto de 800 baixos que hai no centro que algunha vez albergaron algún tipo de establecemento de atención ao público, uns 140 están desocupados. A Rúa Nova tamén leva a palma con máis dunha vintena. Aínda que a maioría levan lustros nesa situación e atópanse en edificios abandonados».

    Fonte: El Progreso

     

  • 31 Outubro, 2011
    Humanizar as urbes, un reto aínda pendente

    Un estudo do Colexio de Arquitectos revela non só as deficiencias da cidade da Coruña, senón tamén os hábitos dos seus habitantes

    Un 47% dos habitantes da cidade herculina camiñan habitualmente para desprazarse pola urbe, un 30% utiliza o vehículo particular, un 22% fai uso do transporte público, e o 1% restante sóbese a unha bicicleta. Non é de estrañar que a política de humanización da cidade que está a levar a cabo o Concello sexa aprobada polo 61% dos cidadáns que prefiren nos seus barrios beirarúas máis anchas antes que zonas para aparcar os coches.

    Son datos extraídos da cidade dos barrios, unha mirada complementaria da Coruña. Este libro non é ningún PXOM alternativo, é a voz da rúa resumida en case medio milleiro de páxinas. O estudo, froito do traballo de 90 membros da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) que durante dous anos analizaron a fondo a urbe herculina, e solicitaron unha importante información de hábitos dos seus habitantes, recolle a realidade das 36 zonas nas que divide á cidade.

    O urbanita herculino quere respirar e desexa fuxir do formigón armado, desa cidade insustentable creada nas catro últimas décadas do pasado século. A coruñesa, cun cuarto de millón de habitantes, é do tipo medio das que hai en España e este informe pode ser significativo e servir de orientación para outras. O propio Concello tomou boa nota do mesmo, e desde Urbanismo sinálase que a maior parte das suxestións están recollidas no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), actualmente na fase final de tramitación na Xunta.

    Nunha enquisa, moi significativa dos hábitos dos cidadáns, compróbase que o 40% que se despraza a pé percorre uns 2 quilómetros ao día, distancia que supera o 16%, e só o 15% non pasa dos 500 metros. Está claro que hai barrios nos que máis do 70% das persoas superan esa camiñada de dous mil metros, indistintamente de se son chairos ou teñen costas.

    Un lugar emblemático para camiñar é o paseo marítimo, sobre todo na zona Orzán-Riazor, pero en canto a lugar de paso case obrigado por outras cuestións non lúdicas é o Obelisco do Cantón Grande. O 62% dos habitantes da urbe herculina como mínimo visítano unha vez á semana, e o resto divídense nunha por quincena ou mes, a pesar do tirón dos centros comerciais.

    Os centros comerciais só atraen ao 41% da poboación que compra nas tendas máis próximas

    É coñecido que A Coruña é unha das cidades españolas que ten máis centros comerciais por quilómetros cadrados. Estes, no entanto, só atraen ao 41% da poboación –e iso que o de Catro Camiños co Corte Inglés encostado está  no novo centro urbano- xa que o 42% segue comprando nos diversos supermercados de barrios, e o 17% continúa confiando nas pequenas tendas máis tradicionais.

    O 43% dos coruñeses dedican de media de unha a dúas horas a transitar por espazos públicos, e o 25% de dúas a tres horas. Un 15% non chegan a unha hora e o 17% restante superan o tres. Pero non é unha poboación estática, porque o 41% trasládase a outro barrio afastado principalmente para gozar do día, e menos por traballo e compras. O 23% faino ao barrio contiguo, mentres que o 36% queda no seu hábitat.

    O 84% dos coruñeses enquisados non cambiaría de barrio para vivir, e só o 5% iríase da cidade

    En canto a que precisa o barrio en que habitan, por orde destacan as necesidades sociais, mellorar as rúas e os problemas de mobilidade e os equipamentos, mentres que o que máis lle gusta aos urbanitas da súa contorna é o ambiente, os lugares de estancia como parques, prazas ou zonas verdes, e os centros cívicos. É máis, o 84% dos enquisados non cambiaría de barrio para vivir, un 11% iríase a outras partes da cidade, e só o 5% marcharíase aos municipios limítrofes.

    En suma, unha precisa radiografía dunha urbe, algo que sería interesante facer noutras para saber as necesidades reais que expoñen os cidadáns. Estes pídenlle a palabra aos políticos.

    Fonte: El Correo Gallego

  • 31 Outubro, 2011
    Dez consellos para unha innnovación responsable

    FÓRMULA I+D+I+R/ A unión entre desenvolvemento de produtos e a RSE convértese nun factor de competitividade.

    Pautas a seguir:

    1.           Planificar a innovación na empresa cun horizonte a longo prazo.

    2.           Impulsar a innovación aberta e o seu desenvolvemento sectorial

    3.           Xestionar a innovación na empresa de maneira integral.

    4.           Pór en valor a importancia económica da innovación

    5.           Canalizar o compromiso coa innovación a través do liderado

    6.           Desenvolver unha cultura innovadora e sustentable nas empresas

    7.           Investir en investigación e desenvolvemento

    8.           Favorecer a formación e cualificación dos traballadores

    9.           Fomentar a interacción entre innovación e responsabilidade social

    10.         Vincular a innovación cos novos retos da economía sustentable

    Planificar a I+D a longo prazo, desenvolver unha cultura innovadora e sustentable ou vinculala coa economía sustentable son algunhas das recomendacións que as empresas deben ter en conta para lograr un bo equilibrio entre a innovación e a responsabilidade social empresarial (RSE), segundo o libro Innovación e responsabilidade social: tándem da competitividade. O estudo, elaborado por Carlos da Torre e Itziar Maruri Palacín, forma parte do proxecto Innovación Sustentable, organizado polo Observatorio Zeltia, Philips e Forética, coa colaboración de RDiPress, que ten como obxectivo impulsar a I D vinculada á RSE como factor crave para mellorar a produtividade e a competitividade empresarial.

    O documento inclúe tamén recomendacións para as administracións públicas e outras dirixidas a distintos grupos de interese (directivos, accionistas, consumidores, centros de I D e ONG, entre outros), así como casos de éxito de empresas que innovaron nos seus produtos e servizos de forma rendible.

    Papel: Da Torre destacou o moderado papel de España no terreo da innovación, que representa o 1,38% do PIB, fronte ao 2,01% da media europea, e que as empresas xogan un papel esencial, xa que “é un axente de cambio, unha panca de supervivencia e de saída da crise”.

    Os autores afirman que a innovación e a RSE poden construír un círculo virtuoso no que conflúan factores de competitividade e que a innovación responsable pode ser rendible e producir tantos beneficios económicos, como de reputación e aceptación social. A interacción entre ambas, engaden, abre novos horizontes para o desenvolvemento do negocio na xestión empresarial a través da fórmula I D I R (responsable), que supón a procura de modelos de negocio innovadores e sustentables que cren valor económico.

    Entre as áreas temáticas da innovación responsable, que poden xerar unha nova vía de crecemento do negocio das empresas, figuran, entre outras, o ecodeseño, a saúde e benestar, o deseño de produtos e servizos dirixidos á base da pirámide e o investimento socialmente responsable (ISR), así como as enerxías renovables e o cambio climático.

    Cultura: Dentro dos plans de incorporar nas organizacións unha cultura de innovación baseada na sustentabilidade, tamén se presentou a web sobre a innovación sustentable, que inclúe unha análise da situación do principais clúster empresariais de innovación que están a incorporar unha visión responsable e sustentable na súa estratexia de negocio.

    Fonte: Expansión

  • 31 Outubro, 2011
    Soutomaior entrégase co seu comercio grazas a Merca na rúa

    Tras quince días de intensa campaña cunha carpa situada na alameda de Talorío, en Arcade, os veciños de Soutomario recibiron onte os cheques de agasallo cos que o concello, a asociación de comerciantes locais e a Xunta premia a fidelidade.

    A mesma alameda acolleu onte o sorteo e a entrega de premios da campaña Merca na rúa, financiada con fondos da Xunta e a Deputación e coa que se están incentivando a actividade nas zonas comerciais dos concellos da provincia.

    O alcalde, Agustín Reguera, a directora xeral de Comercio Nava Castro e o deputado provincial Alberto Pazos, entregaron onte todos os vales de compra por valor total de 3000 euros.

    Castro sinalou ao termo do evento que este programa de dinamización"beneficia dobremente ao comercio local, porque se dinamiza a súa actividade ao longo de quince días e unha vez finalizada a campaña ou impòrte dous premio reinvístense nos seus establecementos"

    Fonte: Diario de Pontevedra
     

  • 29 Outubro, 2011
    Salceda entrégase para dinamizar o comercio da vila

    < < O peche da campaña celebrouse con actuacións de maxia e música, e sorteos de premios>>


    A Praza do Concello de Salceda de Casela acolleu o día 21 pasado, o acto final da campaña de dinamización comercial, levada a cabo nas vilas galegas, baixo o lema "A compras ns na túa vinlteñen premio".

    A campaña de dinamización desenvolveuse na localidade entre os días 10 e 21 de outubro. Durante estes días, comerciantes e consumidores de Salceda acolleron a iniciativa con grande entusiasmo. Proba diso é que se recolleron na urna habilitada para o sorteo, máis de 20.300 boletos, o que representou, en opinión dos organizadores, un éxito toal de vendas e de participación.

    O final da campaña tivo un atractivo programa de actuacións para nenos e adultos durante toda a xornada. A  festa comezou ás 12 e media e prolongouse durante o día con pasarrúas, pernilongos, malabarista, maxia cómica, a cargo do Rei Midas, e pola tarde, actuou en directo a cantante Mariana. A continuación tivo lugar o sorteo de 3.000 euros en premios (dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros).

    Fomentar as compras

    O sorteo contou coa asistencia do presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), José Álvarez González e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas. Tamén estiveron presentes o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera, o Xefe Territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e o alcalde de Salceda, Marcos Baseada, así como a concelleira de Comercio e Consumo, Loli Castañar, e representantes de entidades bancarias. Castañar explicou que esta campaña "serviu para fomentar as compras no pequeno comercio da vila, pois eran os comercios de Salceda que daban os billetes de compra que depois se canxeaban por boletos na carpa instalada na Praza do conello".

    A responsable da área de Comercio, mostrouse satisfeita polos resultados conseguidos "xa que as mesmas persoas que se encargan da campaña non resto de vilas seleccionadas, se amosaron moi sorprendidas pola grandisima cantidade de boletos repartidos en Salceda"

    Fonte: Faro de Vigo. 

  • 29 Outubro, 2011
    Camariñas, na semana da moda de Galicia

    1 Levamos un bo tempo falando da promoción internacional do encaixe de Camariñas, grazas sobre todo ao traballo de grandes e moi coñecidos modistos. Fai nada, Modesto Lomba en Nova York, sen ir máis lonxe, que xa é bastante. E oxalá sigamos falando moito máis tempo sobre o mesmo tema.

    Farémolo, polo menos, a semana que vén, porque o martes inaugurarase no Hostal dous Reis Católicos de Santiago unha mostra de encaixe camariñán dentro da programación da Galicia Fashion Week, a semana da moda de Galicia. Foi presentada onte no gran hotel do Obradoiro polo responsable dos actos, Jose Matteos; o director do Hostal, o fisterrán (de Sardiñeiro) Xullo Castro Marcote; Reyes Leis, concelleira de Economía, Turismo, Comercio e Mercados do Santiago (creo lembrar que ten raíces na Costa da Morte), e Manuela Campos, do Igape. Tamén estaba prevista a presenza da directora da Mostra, Dores Lema, aínda que finalmente non puido facelo. Si estará o luns, durante a montaxe, xunto á concelleira da área, Sandra Insua. En principio, levarán dous traxes, un moi moderno (pero moito: traxe de noiva transparente con abrigo) e outro máis clásico. E talvez algo máis. O luns saberémolo.

    Visita á Fundación Fernando Branco

    2 Aínda que pareza incrible, aínda hai algúns veciños de Cee que non coñecen o legado da Fundación Fernando Branco. Nunca é tarde e este ano é unha gran ocasión para achegarse ata alí, porque están a celebrar o 125.º aniversario do nacemento do filántropo. O vello instituto é precioso e a exposición permanente do Museo magnífica, así que non hai escusa para non visitalos. Esta semana fixérono, por exemplo, os alumnos de primeiro de secundaria do veciño instituto Agra de Raíces. Os rapaces, acompañados polo seu profesor Fernando Casanova e polo coordinador do museo, Darío Areas, recibiron unha amena explicación sobre quen foi o mecenas ceense e a importancia da institución que fundou. Os estudantes percorreron o museo e tamén se achegaron ao vello instituto (incluído o fermoso xardín botánico que o rodea) e chamoulles moito a atención a capela do centro, onde repousan os restos de Fernando Branco nun impresionante sarcófago. Tamén lles encantou o altar dedicado a San Fernando III o Santo. Foi unha clase de historia de Cee única.

    Unha merenda moi divertida en Cerceda

    3 É ao ver iniciativas como a do Concello de Cerceda cando a un éntranlle ganas de volver á infancia e gozar de programas como o de Merendas na Biblioteca, unha maneira fantástica de achegar os libros aos máis pequenos. O proxecto chegou onte ata as instalacións da Silva e da capital municipal, onde os escolares gozaron dos divertidos contos de Trinke Trinke e de Trasgo Sico, que lles demostraron o xenial que pode ser ler un bo libro. Ademais, os mozos espectadores merendaron convidados polo Concello, que lles obsequiou con doces, bocadillos e refrescos. A próxima cita será o 25 de novembro, así que non se esquezan de lembrarllo aos nenos porque pasarán unha tarde inesquecible.

    Relatos terroríficos en Zas

    4 Hai uns días presentabámoslles aos gañadores do concurso de cabazas organizado polos departamentos de Normalización Lingüística e de actividades extraescolares do Concello de Zas e hoxe tócalle a dúas novas escritoras, vencedoras do certame de relatos de terror organizado polos responsables da biblioteca municipal, que dirixe Rosalía Espasandín. Todos os novos escritores participantes esforzáronse moitísimo, así que os membros do xurado non o tiveron nada fácil e, aínda por riba, tamén pasaron moito medo con algunha das historias, porque xa se sabe que os nenos teñen unha imaxinación sorprendente.

    Finalmente as gañadoras foron Alba Rama Castiñeira, na categoría de educación primaria, e Ana María Gil Rei, na de secundaria. Ana, ademais, venceu o curso pasado no certame de relatos Ou Facho, no que participaron estudantes de toda Galicia, así que queden co seu nome, porque seguro que pronto nos dá máis sorpresas. Ambas levaron un premio de 50 euros que poderán gastar na libraría da localidade, así que quizais se animen a comprar algún libro de medo para inspirarse para o concurso do próximo ano

    Fonte: La  Voz de Carballo

  • 29 Outubro, 2011
    O sorteo de tres mil euros atestou a praza da Mariña, en Burela

    A Federación de Comercio repartiu dúas tarxetas dúas tarxetas de 3000 euros e 24 de 100.

    O sorteo de tres mil euros en tarxetas regalo, co que culminou a campaña As compras na túa vina teñen premio, espertou enorme expectación onte en Burela. Os veciños abarrotaron a praza da Mariña, onde se instalou a carpa da Federación Galega de Comercio, artífice desta iniciativa, e onde se efectuou o esperado sorteo.

    A actuacion da cantante Mariana fixo máis levadeira a espera, ata que se deron a coñecer os nomes dos gañadores de dúas tarxetas regalo por valor de 300 euros, os burelenses María Lourdés Gómez Almeira e Francisco Javier Rodríguez Rodríguez; e doutras 24 de cen euros. Os afortunados poderán utilizar estes vales para pagar as súas compras no comercio local. A Federación Galega de Comercio conta coa colaboración das federacións provinciais do ramo, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Marco Antonio Insua, presidente da recén creada Acia de Burela, tamén asistiu ao acto. Os billetes que daban dereito a optar ao sorteo de onte foron entregados nas tendas burelenses nos últimos días.

    Foz repartirá 1.200 euros no bingo

    Está a punto de arrancar unha nova edición do Campañazo do Bingo, promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Foz. O empresariado local repartirá 1.200 euros a través desta iniciativa. Os catro sorteos previstos celebraranse os días 4, 11, 19 e 26 de novembro, ás 23.00 horas e poderán seguirse en directo a través de Radio Foz. En cada sorteo entregarán 300 euros en vales de compra. O gañador recibirá un talonario con 15 cheques por valor de 20 euros, que poderá gastar nos establecementos asociados ata o 31 de decembro. O Acia de Foz editou 25.000 cartóns para o bingo. Por outro lado, o colectivo Acisa, de Ribadeo, ten decidido aprazar a segunda festa dedicada aos viños galegos, que estaba prevista, inicialmente, para este fin de semana. Notificarán novas datas. 

  • 29 Outubro, 2011
    Fecimo aposta pola presencia nas redes sociais

    O Morrazo: O colectivo empresarial promove accións en Internet e cursos para os asociados

    A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo leva a cabo un amplio programa de iniciativas para aproveitar os recursos que aportan as redes sociais na Internet, tanto para o uso da propia entidade como á hora de facilitar ós seus asociados a súa actividade comercial diaria e potenciar estas ferramentas como estratexia de márketing de cara a unha maior competitividade.

    Fonte: Diario de Pontevedra

  • 29 Outubro, 2011
    Os comerciantes intenta que as súas actividades se libren da crise

    Charo LópezOs socios do Centro Comercial Aberto do Barco tratarán de que a poboación poida seguir gozando con actividades como a Pasarela de Moda ou a 'Feira da Oportunidade'. Anunciouno onte a súa presidenta, Rosario López García. 'Intentaremos manter o feito', dixo, para inmediatamente indicar que a crise obrigará a rebaixar os gastos de edicións anteriores.

    Esta aposta polo programa anual do colectivo será trasladada á asemblea anual, á que foron convocados os 106 socios e que se desenvolverá o próximo 4 de novembro, na Casa Riocigüeño, do Barco.

    Ao acto de clausura da asemblea foi invitada a Banda de Música do Barco. 'Todos os anos pretendemos apoiar algunha persoa ou agrupación', dixo Rosario López. As dimensións do local impiden a asistencia de todos os músicos. Si estará o seu director, Manuel Prada, quen realizará un breve repaso da historia da agrupación, para seguidamente ofrecer un concerto con varios dos seus integrantes.

    Outro aliciente introducido polos comerciantes nesta cita deixará un bo sabor de boca aos asistentes. O televisivo cociñeiro David Guzmán organizará unha degustación de pratos, en cuxa elaboración participarán os alumnos do 'Operacións básicas de cociña', que desenvolveu a Asociación Empresarial de Valdeorras. 

     

    Fonte: La Región

     

  • 29 Outubro, 2011
    Unha ducia de artesáns asistiu a un curso de xoiaría aplicada en cerámica

    A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, da Consellería de Economía e Industria, clausurou onte un curso en Monforte de iniciación á xoiería aplicada na cerámica, impartido pola artista Nuria Soley. As clases foron seguidas por unha decena de persoas.

    A responsable da fundación, Elena Fabeiro, que organiza cursos deste tipo por toda Galicia, destacou a «importancia da actividade formativa sobre todo por combinar o sector da xoiaría e o da cerámica».

    Para Fabeiro, que realizou onte unha visita ás clases, que se impartiron no Taller Nós, o curso permitirá aos asistentes coñecer as claves do deseño de pezas de cerámica para xoiaría e dos metais, así como as técnicas de traballo máis prácticas en torno ao metal e a decoración de pastas para a súa colocación sobre o metal.

    No mes de novembro a fundación ten previsto organizar unha nova actividade formativa. Será a cabo da artesá Idoia Costa que se encargará de impartir un curso sobre técnicas de cestería aplicadas ao sector téxtil. A actividade desenvolverase en Ourense.

    Fonte: El Progreso

  • 29 Outubro, 2011
    Noite de tendas abertas na Semana da Moda de Galicia

    A Semana da Moda de Galicia, Galicia Fashion Week (GFW) presentará entre o 1 e o 7 de novembro en Santiago as últimas propostas dos deseñadores e firmas dos sectores da moda e os complementos radicados na Comunidade. O certame engloba desfiles en pirmicia, exposicións e unha apetura de tendas nocturnas, denominada Fashion Night, na que o comercio santiagués unirase ao evento. A Semana Internacional da Moda de Madrid premiará á mellor colección  emerxente na Zona E cunha Caseta no Espazo Ego os próximos 2 e 4 de febreiro. O xurado que escolla ao mellor novo talento estará formado por profesionais da moda e a prensa galega.

    Os pases celebraranse nun do espazo máis emblemeáticos e singulares da capital galega, o Parador Hostal dos Reis Católicos. Serán 35 participantes galegos os que dean a coñecer as súas coleccións nas seccións Galicia Moda, Zona E, Zona Zero e Espazo Now Out. Ademais, dentro da programación difundirase o encaixe de Camariñas.

    A actriz e cantante Alba Messa, protagonista xunto a Luís Tosa de "A ópera do tres reás", será a presentadora dos desfiles (emitidos posteriormente pola TVG). Por orde cronolóxica, os pases de Galicia Moda arrincarán ás 19.00 horas do 5 de novembro (entrada libre), con coleccións de Uxía Cardoso, Maiko, María Almazán, José Matteos, e Olga Martínez. Un día máis tarde, desde as 20.00 horas, serán as quendas de Katuxa Platero e Vitoria Mosteiro.

    Dentro do Espazo Now Out (cuxa localización, a día e hoxe está por confirmar), e baixo o concepto de desfile-guerrilla, haberá espectáculos sen limitacións onde os deseñadores terán absoluta liberdade á hora de presentar os seus traballos. Aí estarán os modelos de Perdona Bonita e Divina de la  Muerrte. A Zona E e Zona Zero, o 6 de novembro (19.00 horas), están destinadas a estilismos, no primeiro caso, e aos alumnos de escolas de deseño e creadores autodidácticas. Por último, a Fashion Night de Santiago abrirá os comercios, o día 4, entre as 20:30 e as 24.00 horas.

    Fonte: ABC (Ed. Galicia)

  • 28 Outubro, 2011
    Os autónomos e microempresas terán descontos para participar en Expourense

    Un convenio para fomentar a presenza dos autónomos e as microempresas nas feiras de Expourense. Ese foi o motivo da visita da directora xeral de Comercio, Nava Castro, ao recinto ourensán. O acordo establece que en cada feira poranse a disposición destes colectivos un total de doce expositores de nove a doce metros cadrados.
    Representantes de recintos feriais reunironse en Ourense.Segundo se detallou nunha rolda de prensa posterior á firma do acordo, os autónomos e as microempresas aboarán tan só o 40% da taxa xeral de cada feira. A proposta, segundo indicaron fontes de Expourense, terá unha duración dun ano, sendo prorrogable, e porase en marcha xa nas próximas citas feirais de Expourense: A miña Casa, salón do moble, decoración e antigüidades, e no Salón Inmobiliario (do 24 ao 27 de novembro) e en Celebra, salón de vodas, bautizos, comuñóns e actos sociais (26 e 27 de novembro).
    Ambas institucións destacaron onte a importancia do acordo, xa que permitirá acudir aos eventos en igualdade de condicións a estes empresarios: «Expourense celebra na actualidade unha media de dez feiras ao ano». Segundo datos oficiais, en Galicia hai máis de 47.000 microempresas e 219.000 autónomos, dos que 26.421 están na provincia de Ourense.
    Foro feiral
    Na xornada de onte, Expourense acolleu un encontro ao que acudiron os directivos dos recintos feirais de Galicia para reunirse coa directora xeral de Comercio, Nava Castro. Na mesa de debate estaba a proposta de abordar a constitución dun clúster de feiras, congresos e eventos de Galicia.
    Na cita tamén se falou da posibilidade de crear unha Asociación de Feiras de Galicia e outra da Eurorrexión. Ademais, presentáronse os calendarios feirais dos recintos para o próximo ano.
     

    Fonte: A Voz de Ourense
     

     


     

  • 27 Outubro, 2011
    A Xunta dará continuidade ao plan Empregatex en 2012

    Na actualidadeson 37 persoas as que participan na segunda parte do programa de inserción laboral

    CIFRAS:  Na primeira fase do plan acadaron emprego 161 persoas do textil, o 31%

    O plan para parados do téxtil arrincou no 2010, coa presentación en marzo en Lalín (na foto).A procura de saídas laborais para os desempregados do sector téxtil, moi afectado nos últimos anos pola crise e que supuxo no caso de Lalín o peche de varias empresas, continuará no 2012. Así se deduce dos Orzamentos da Xunta para o próximo ano e pola licitación que acaba de anunciar a Consellería de Traballo a través do Diario Oficial de Galicia. Será a través do programa Empregatex, que na súa primeira fase logrou unha inserción do 31% dos 161 parados do téxtil que participaron, entre eles 72 da provincia pontevedresa, maioritariamente de Lalín.

    Traballo sacou a concurso o desenvolvemento do programa de inserción laboral, tanto por conta allea como propia, dirixido a participantes en Empregatex. Debe executarse entre a rúbrica do contrato e o día 30 de xaneiro, cun orzamento máximo de 226.418 euros, segundo recollía onte o DOG. Ademais, súmase un segundo contrato, neste caso un servizo de consultoría para o seguimento e xustificación do cumprimento deste plan, cun importe de 100.505 euros.

    Fonte: A Voz de Deza e Tabeirós

  • 27 Outubro, 2011
    A Mariña: Hostalaría e comercio móvense

    Fronte á crise, ideas e movemento continuo. As asociacións de comerciantes e hostaleiros da Mariña parecen ter clara a importancia de incentivar o consumo en todas as súas vertentes, tanto comercial como gastronómico, en tempos de vacas fracas. Numerosas iniciativas están a porse en marcha na comarca para dinamizar ao sector.

    En Burela chega mañá ao seu fin a campaña «As compras na túa vila teñen premio» cunha macrofesta para adultos e pequenos, e o sorteo co que se pretende premiar a confianza dos clientes no comercio burelense.

    En Viveiro a hostalaría do centro histórico transfórmase baixo a lema «Aquí non hai truco, senón trato: ven á Halloween Party co teu disfrace e a túa segunda consumición será gratis». Cabazas, esqueletos e vampiros tomarán os establecementos hostaleiros implicados.

    En Ribadeo Acisa decidiu atrasar a celebración da festa dos viños galegos, unha iniciativa de éxito o pasado ano, e que podería facer coincidir coa dedicada aos bígaros.

    E en Covas, hoxe comeza o concurso de tapas denominado Outono Gastronómico, no que os clientes de quince establecementos hostaleiros asociados á ACET Praia de Covas terán que probar e votar a mellor tapa, e con sorte, un deses clientes gozará dun fin de semana de relax nun hotel.

    Dinamizar as compras foi o obxectivo da campañaBurela: Tres mil euros no sorteo do comercio

    A Praza dá Mariña acolle mañá, ás 20 horas, a festa de fin de campaña da Federación de Comercio de Lugo e o Concello de Burela para dinamizar as compras. Celebrarase en directo o sorteo de dous cartóns regalo de 300 euros e 24 de cen euros, 3.000 euros en total.

     

    Burela: Comeza a andar a nova Acia

    A nova directiva co alcalde e edís da oposiciónOnte presentouse en sociedade a nova asociación que agrupa a comerciantes, autónomos e industriais do municipio. A directiva, presidida por Marco Antonio Ínsua, comezou a traballar xa en proxectos para os seus asociados, coa vista máis inmediata posta na campaña de Nadal.

     

    Viveiro: Halloween chama á porta

    A hostalaría programa citas gastronómicas diversas

    En Viveiro, unha ducia de hostaleiros do centro histórico celebran desde mañá ata o o 31 o Hallowen Party, coa segunda consumición gratis para os clientes que acudan disfrazados. A ambientación dos doce locais de hostalaría será «de medo».

    Fonte: A Voz da Mariña

     

  • 26 Outubro, 2011
    A asociación de comerciantes Acebe celebra eleccións para renovar a xunta directiva

    A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe) convoca eleccións este mes para renovar a xunta directiva, xa que expira o segundo mandato consecutivo do actual corpo directivo.
     

    Os socios da entidade que así o desexen dispoñerán dun prazo de presentación das súas candidaturas que lles comunicará carta aos titulares dos comercios e as empresas asociadas.

    Presentación > Fontes da asociación indican que unha vez aberto o período de presentación de candidaturas se sinalará unha data para a celebración das eleccións que serán, previsiblemente, a finais deste mesmo mes de outubro.
     

    A actual directiva de Acebe, presidida por Antonia Anido, anima aos socios a que formen os seus grupos de traballo e presenten as súas respectivas candidaturas para optar a formar parte da dirección deste colectivo con máis de tres décadas de traxectoria e que congrega na actualidade a uns 250 establecementos e empresas de Betanzos.

    Colectivo > Asimismo Anido anima aos asociados a participar nas votacións para elixir a xunta directiva do colectivo para os próximos dous anos.
    As bases da convocatoria e os prazos electorais serán comunicados aos asociados por carta e permanecerán publicadas na web da entidade, www.comerciodebetanzos.com.
    Os socios que o desexen poden recibir máis información chamando ao número de teléfono 981 774 574, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas ou por correo electrónico acebe@comerciodebetanzos.com .
     

  • 26 Outubro, 2011
    Duascentas sinaturas xurdiron grazas ao plan Nova Empresa

    O servizo telemático da Xunta busca aforrar trabas aos emprendedores
    Ser emprendedor é unha boa forma de eludir a crise nestes tempos de paro desbocado. A Xunta quere fomentar que aqueles que teñen ideas innovadoras decidan poñelas en marcha e autoempregarse. Por iso é polo que o Día do O Día do Emprendedor de Galicia celebrouse onte en Santiago con máis de 2.000 participantesEmprendedor de Galicia deste ano, que onte se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago, teña unha especial significación. Polo menos para o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, pero tamén para as máis de 2.000 persoas que acudiron a asesorarse e a escoitar as historias dos sesenta empresarios de éxito que acudiron ao evento.
    Guerra lembrou que el mesmo foi no seu día un emprendedor. «Hoxe son conselleiro, pero hai só uns anos estaba no voso lado, como emprendedor, por iso é polo que teña unha maior autoridade  moral para falar destes asuntos», afirmou. Neste sentido asegurou que a Xunta está «envorcada» co emprendimento porque considera que a recuperación da economía chegará «asociada ao talento, a iniciativa e ao esforzo dos emprendedores» e sinalou que por iso a Xunta ten tres fondos de capital risco con 23 millóns de euros para apoiar ás persoas que queiran crear novas empresas.
    Tamén destacou o conselleiro o plan autonómico asociado á nova fórmula xurídica da Sociedade Limitada Nova Empresa, un servizo telemático que busca eliminar todas as trabas posibles na creación de novas firmas e que no que levamos de lexislatura, co PP en San Caetano, permitiu -afirmou Javier Guerra- a creación de duascentas novas compañías.
    Reivindicar o fracaso
    No seu discurso, Guerra tamén animou aos asistentes ao Día do Emprendedor de Galicia a pór en marcha os seus proxectos aínda que fracasen. «Todos os grandes empresarios teñen unha longa historia de fracasos, de erros, que son necesarios para chegar a triunfar», asegurou. Para o conselleiro,  ademais do apoio financeiro da Administración, é necesario un «cambio de mentalidade e de cultura» para facer que os empresarios teñan o apoio e o agradecemento social que el considera que se merecen. «Estamos envorcados nesta tarefa, porque cremos nos empresarios e porque, en contra do que moitos cren, as enquisas demostran que en Galicia hai máis vocación empresarial que na media de España, especialmente as mulleres», engadiu.

     

    Fonte: La Voz de Galicia
     

  • 25 Outubro, 2011
    «Queremos constituír unha comisión do comercio como se fixo coa hostalaría»

    O Centro Comercial Aberto conta actualmente con máis dun cento de socios dá comarca que poderán participar en actividades formativas e promocionais

    A secretaria técnica dá Asociación de Empresarios de Deza, Chus García Diéguez, é a encargada tamén de coordinar ou Centro Comercial Aberto de Lalín (CCA) para ou que a Consellería de Economía e Industria acaba de destinar algo máis de 34.000 euros.

    Chus García, coordinadora do CCA de Lalín-Existen varias iniciativas desta índole funcionando na comunidade pero, ¿que son?

    -Son espazos urbáns abertos pensados para potenciar e dinamizar a actividade comercial.

    -E, que obxectivos son vos que se pretenden acadar?

    -Hai tres piares fundamentais sobre vos que se vai a traballar. Ou primeiro é tentar mellorar a competitividade do comerciante a través dá formación. Por outra banda está a posta en marcha de campañas promocionais que permitan incrementar a afluencia de clientela aos establecementos e, para rematar, está a representatividade do sector. Dárlles máis voz aos comerciantes é ou que se pretende tamén.

    -Para tomar parte en todas as actividades do CCA é preciso estar asociado, ¿con que volume estanse manexando?

    -Salientar que as actividades destinaranse aos socios do CCA e tamén dá AED. Empezamos cun volume bastante axeitado de 75 socios do sector comercio pero en total, a nivel dá comarca, son 165 asociados. Estamos agora mesmo cunha campaña de explicación sobre ou que é ou CCA e tamén de captación de novos socios.

    -Vos centros comerciais abertos delimítanse territorialmente e ou caso de Lalín non é unha excepción...

    -É un requisito legal que hai que cumprir e en Lalín delimitar ao casco urbán. Son en total 32 rúas que abranguen ou centro pero tamén outras zonas como A Corredoira ou a Bos Aires. Na vindeira asemblea que celebremos un dous temas que se prevé abordar é a ampliación de rúas.

    -¿E a posibilidade de crear unha comisión de comercio?

    -Queremos constituír unha comisión do comercio como se fixo coa hostalaría, non seu momento, e que está a funcionar moi ben. Unha comisión de traballo que prantexe iniciativa e poña sobre a mesa as súas inquedanzas é ou que se busca.

    -Haberá unha próxima convocatoria?

    -Desexamos que haxa unha comisión xa. Na vindeira reunión dá xunta directiva dá AED, que é tamén á do CCA, xa se prantexará unha futura convocatoria. Aproveito de todos vos xeitos para facer xa un chamamento a aqueles comerciantes interesados en formar parte dá futura comisión que non dubiden en pórse en contacto connosco. Vos tempos son vos que son... Non son vos máis propicios pero con criterio, tesón, vontade e gañas de traballar penso que dende ou CCA pódense lograr interesantes obxectivos.

    Fonte: La voz de Galicia, Ed. Deza-Tabeirós

     


  • Páxina 78 de 85

  • Mostrando do 1541 ao 1560 dun total de 1686 rexistros